Antonio Olives Quintás
Antonio Olives Quintás, nado en Ferrol en 1952 e finado na Habana o 16 de novembro de 2009, foi un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 |
Morte | 18 de novembro de 2009 (56/57 anos) |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarDiplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía inglesa pola UNED, exerceu como profesor durante 26 anos no sector privado, antes de dar o paso á actividade política.[1]
Integrante do Partido Gallego Independiente, foi deputado do Parlamento de Galicia por UCD en 1981, do que foi secretario dende o 21 de outubro de 1982. En 1983 foi un dos promotores de Coalición Galega con Pablo González Mariñas e Xosé Henrique Rodríguez Peña. Volveu ser deputado na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Galega e pasou a Grupo Mixto en novembro de 1986.[2] Posteriormente integrouse no PNG sendo o seu número dous e portavoz parlamentario. En 1989 encabezou a lista do PNG na candidatura da coalición Europa dos Pobos ao Parlamento Europeo.
Abandonou a vida política e dirixiu varias empresas de relacións internacionais que tiñan a súa dirección centralizada en Cuba, onde faleceu o 16 de novembro de 2009.[3]
Notas
editar- ↑ Datos biográficos de Olives Quintás Arquivado 10 de abril de 2017 en Wayback Machine. en Galicia Política.
- ↑ López Latorre, Rafael. Trinta anos do Parlamento de Galicia. Parlamento de Galicia. 2011. Páxinas 16, 17, 48, 69. [ISBN 978-84-7836-097-0]
- ↑ Noticia do seu falecemento Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego. 17 de novembro de 2009.