Partido Gallego Independiente

O Partido Gallego Independiente (PGI), nado como Agrupación Electoral Gallega Independiente (Agrupación Electoral Galega Independente en galego), foi un partido galego de centro promovido por José Luis Meilán Gil, David Pérez Puga e José García García, fundado en xaneiro de 1977 e considerado a plataforma de Adolfo Suárez[1] en Galicia.

Partido Gallego Independiente
Tipopartido político español
Data de fundación1977
Data de disolución1983
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Foi cancelado en 1978 para formar parte da UCD e refundouse en 1982 logo da desfeita desta nas eleccións xerais pero cun ton máis autonomista alentado por Pablo González Mariñas. O PGI foi un dos promotores de Coalición Galega en 1983, conseguiu 40 concelleiros[2] nas eleccións municipais dese ano, en maio de 1984 desapareu para se integrar en Coalición Galega cando esta se transformou en partido.

Entre os seus membros figuraron Carlos Mella, Enrique Marfany, José Antonio Souto Paz, Ramón Pais Romero, Nona Inés Vilariño ou Antonio Olives Quintás

  1. Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988, páx. 158
  2. Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1984-1963), Laiovento, 2003, páx. 166