José García García

político galego

José García García, nado en Silleda o 13 de febreiro de 1922 e finado na mesma vila o 28 de outubro de 2007, foi un político galego.

Modelo:BiografíaJosé García García
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Silleda, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 2007 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Silleda, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982
Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou o bacharelato no Instituto da Estrada. Foi delegado da Organización Juvenil Española (1943-1947) e secretario do Sindicato Vertical de Silleda (1946-1951). Funcionario do concello de Silleda, foi secretario da Junta Municipal do Movimiento (1951-1976). Formou parte dos grupos directivos de Acción Católica e de Cáritas Diocesana. A partir de 1946 promoveu o cooperativismo agrario, sendo presidente de dúas cooperativas provinciais e de UTECO-Pontevedra. Promoveu a Asociación Agraria Provincial (GAP) da que foi vicepresidente, federada na Rexional e Nacional UFADE.

Na Transición foi elixido membro do Comité Executivo do Partido Gallego Independiente no seu primeiro Congreso Federal constituínte en febreiro de 1977. O PGI integrouse na UCD e foi elixido senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1977. Nas eleccións de 1979 volveu ser elixido para o Senado tamén pola UCD. En 1984 integróuse en Coalición Galega.[1] Finou en Silleda o 28 de outubro de 2007.[2]

Vida persoal

editar

Casou con Lidia Otero Alonso e tivo nove fillos.

  1. La Voz de Galicia, 26-2-1984, p. 16.
  2. "Adiós al silledense que fue senador en dos mandatos" La Voz de Galicia, 30/10/2007 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar