Ramón Pais Romero

político español

Ramón Pais Romero, nado en Corcubión en 1906 e finado en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 2001, foi un mestre e político galego.

Ramón Pais Romero
Nacemento1906
Lugar de nacementoCorcubión
Falecemento8 de marzo de 2001
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1936 foi sancionado polos franquistas por haber repartido propaganda en favor do Si no Referendo de autonomía de Galicia. Mestre, exerceu en Asturias nos anos corenta, ata que en 1951 obtivo a praza da escola de Orientación Marítima en Corcubión. Máis tarde foi director do Colexio "José Carrera" da mesma vila. Foi nomeado alcalde de Corcubión en 1959. Pertenceu ao Partido Gallego Independiente e o 18 de abril de 1978 foi nomeado conselleiro de Educación no primeiro goberno preautonómico presidido por Antonio Rosón. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a lista de UCD en Corcubión, pero perdeu a alcaldía fronte Rafael Mouzo, do PTG. Nun principio foi elixido deputado provincial, pero trala anulación dos resultados por parte da Audiencia Territorial (tras un recurso dos centristas) e a non concorrencia da UCD á repetición electoral dada en outubro, supuxo que se retirase tanto do concello como da deputación.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Corcubión
 
1959 - 1979
Sucesor:
Rafael Mouzo

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar