Partido del Trabajo de España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
O Partido del Trabajo de España (PTE) foi un partido maoísta español activo durante o tardofranquismo e a Transición. En febreiro de 2009, un grupo de exmilitantes refundou o partido.
Partido del Trabajo de España (PTE) | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | José Sanroma Aldea |
Mocidades | Joven Guardia Roja |
Historia | |
Fundación | 1968 (refundado en 2009) |
Disolución | 1980 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-leninismo Republicanismo Maoísmo[1] |
Publicación | La Unión del Pueblo Jeiki (País Vasco) Avant (Cataluña) |
Na rede | |
http://www.pte-jgre.com/ | |
Historia
editarO partido foi fundado en 1967 co nome de Partido Comunista de España (Internacional) como unha escisión do PSUC na cal se integraron outros pequenos grupos escindidos do PCE. En 1975 cambiou o seu nome e acordou adoptar unha estrutura federal e integrar a Junta Democrática de España, mais un pequeno número de militantes escindiuse e formou de novo o Partido Comunista de España (Internacional). O partido impulsou a fundación da Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores (CSUT) como brazo sindical en 1976. As súas mocidades organizábanse na Joven Guardia Roja, ata 1973 denominadas Juventudes Universitarias Revolucionarias.[2]
En 1977, incorporouse o Partido Comunista de Unificación e como aínda non estaba legalizado para as eleccións xerais dese ano tivo que organizar coalicións con outros pequenos partidos da esquerda como o Frente Democrático de Izquierdas e a Coalició Electoral Esquerra de Catalunya con ERC que conseguiu 1 deputado.
En 1978 un sector da organización catalá do partido, o Partit del Treball de Catalunya, rompeu co PTE e formou un PTC independente que acabaría dando lugar ao Bloc Català de Treballadors. Nas eleccións de 1979 presentouse coas súas siglas, obtivo 200.000 votos pero ningún deputado. Nese ano fusionouse coa Organización Revolucionaria de los Trabajadores para formar o Partido de los Trabajadores de España que desapareceu ao ano seguinte.
Notas
editar- ↑ Wilhelmi, G. (2016). Romper el consenso: la izquierda radical en la Transición española (1975-1982). Siglo XXI de España Editores.
- ↑ Laiz Castro, C. (2002). La izquierda radical en España durante la transición a la democracia. Universidad Complutense de Madrid, Servicio de Publicaciones.