Abrir o menú principal

Raquel Arias

política galega
(Redirixido desde "Raquel Arias Rodríguez")

Raquel Arias Rodríguez, nada en Proendos (Sober) o 2 de abril de 1966, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Raquel Arias
Nacemento2 de abril de 1966
 Proendos, Sober
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en Radiocadena Española e Radio Nacional de España. Foi redactora de informativos na Radio Galega en Santiago de Compostela. Tamén colaborou nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e foi correspondente de El Mundo na provincia de Ourense. De 1996 a 1999 foi responsable do gabinete de prensa do concello de Monforte de Lemos.

Foi alcaldesa de Sober polo PPdeG entre 1999 e 2009 e deputada provincial entre 1999 e 2003 e 2007 e 2008. Foi elixida deputada no Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008. Dimitiu como deputada en 2009 para desempeñar o cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.


Predecesor:
Jesús Vázquez Pérez
  
Alcaldesa de Sober
 
1999 - 2009
Sucesor:
José Gómez Vázquez

Na actualidade exerce o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia e forma parte da Executiva do PPdeG como coordinadora de Medio Rural. Tamén optou á presidencia provincial do Partido Popular de Lugo, pero resultou derrotada pola actual alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar