Antonio Carro Fernández-Valmayor
Antonio Carro Fernández-Valmayor, nado o 16 de setembro de 1945 na Coruña, é un avogado, profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1945 (78 anos) A Coruña, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , avogado |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEstudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e mais é diplomado en urbanismo e ordenación do territorio e técnico da Administración Civil do Estado, alén de profesor de dereito constitucional na USC e membro da Asociación Española de Ciencia Rexional, da Asociación de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos de Galicia, da loxa Renacemento 54 e da loxa Curros Enríquez da masonería[1] e da Fundación Pablo Iglesias.
Nas eleccións xerais de 1979 resultou elixido senador pola provincia da Coruña polo PSOE. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia de 1981 a 1997 polo PSdeG-PSOE, parte deses anos actuou como voceiro do seu grupo parlamentario e vicepresidente da cámara. Asumiu os postos de Secretario Xeral da Grande Área de Expansión Industrial de Galicia e subdelegado provincial do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo.
Notas
editar- ↑ Xosé Manuel Pereiro (8 de febreiro de 1990). "Los hermanos pródigos". El País (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Senado (en castelán)