Bautista Álvarez
Bautista Goyel Álvarez Domínguez, nado en Loucia (Las, San Amaro) o 30 de marzo de 1933 e finado en Beariz o 16 de setembro de 2017, foi un político galego de ideoloxía nacionalista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1933 San Amaro, España |
Morte | 16 de setembro de 2017 (84 anos) Beariz, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , historiador |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego Unión do Povo Galego |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria
editarBautista Álvarez naceu en Loucia, pequena aldea da parroquia de Las, no concello de San Amaro. Foi o menor de tres irmáns dunha familia humilde. Aos 10 anos ingresou no Seminario de Ourense, onde estudou Humanidades e Filosofía. A principios da década dos 60 foi estudar a Madrid, onde fixo amizade entre outros con Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Fernández Ferreiro, fundadores do grupo Brais Pinto.
En 1964 foi membro fundador da Unión do Povo Galego, ocupando a presidencia desde 1977 até 2008, data na que se celebrou o XII Congreso Nacional da UPG[1]. Participa da redacción dos 10 puntos da UPG. Participou na fundación do BNG en 1981. Nese mesmo ano, nas primeiras eleccións ao Parlamento galego saíu electo deputado pola circunscrición da Coruña, sendo expulsado do Parlamento, xunto cos compañeiros da coalición electoral BNPG-PSG, Lois Diéguez Vázquez e Claudio López Garrido por negárense a prestar xuramento á Constitución española de 1978, con carácter retroactivo, pois xa levaban varios meses exercendo o seu labor como representantes nacionalistas [2]. Volveu ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 1989 ata 2005[3].
En 2004, na celebración do 40 aniversario da constitución da UPG, o partido promove a constitución da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, que pasa a presidir desde o primeiro momento [4]. En 2013, unha grupo de dirixentes nacionalistas organizou unha homenaxe para conmemorar os seus 50 anos de militancia nacionalista, coa finalidade de ″facermos pública a necesidade de coñecermos e recoñecérmonos na figura de Bautista Álvarez″[5]. Nese mesmo ano obtivo o Premio Brais Pinto.
Faleceu o 16 de setembro de 2017.[6]
Predecesor: Cargo creado |
Presidente da UPG 1977 – 2008 |
Sucesor: Vacante |
Predecesor: Cargo creado |
Presidente da Fundación Bautista Álvarez 2004 – 2017 |
Sucesor: ? |
Obras
editarEnsaio
editar- Álvarez Domínguez, Bautista Goyel (2013). Obras Escollidas. Volume I. Santiago de Compostela: Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. ISBN 9788461631049.
- Teseo loitando contra o Minotauro (2023). Consorcio Editorial, Terra e Tempo nº184-185-186-187.
Narrativa
editar- Retallos daquela infancia, 2013, Xerais. ISBN 978-84-9914-530-3.
- Cuarto minguante, 2015, Xerais. ISBN 978-84-9914-809-0.
Conversas
editar- García Negro, María Pilar (2005). 40 anos da UPG, 40 perguntas. Santiago de Compostela. ISBN 2-910010-40705-9.
Notas
editar- ↑ UPG. "XII Congreso 2008.". Páxina oficial da UPG. Congresos. Arquivado dende o orixinal o 02-06-2013. Consultado o 13-05-2013.
Recóllense no libro as Teses aprobadas, o discurso de apertura a cargo de Bautista Álvarez, e no que anuncia a súa vontade de non presentarse á reelección como Presidente do Partido e o discurso de clausura do Secretario Xeral -novamente electo- Francisco Rodríguez Sánchez.
- ↑ Anxel., Vence (25-10-1982). "Incidentes en el Parlamento de Galicia por la expulsión de tres parlamentarios nacionalistas". El País. Consultado o 13-05-2013.
- ↑ "Páxina do Parlamento de Galicia". Composicións anteriores. Arquivado dende o orixinal o 19-06-2013. Consultado o 13-05-2013.
- ↑ Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. "Páxina da Fundación Bautista Álvarez". Presentación. Arquivado dende o orixinal o 21-05-2013. Consultado o 13-05-2013.
- ↑ R., O. (09-02-2013). "Preparan unha homenaxe a Bautista Álvarez polos seus 50 anos de militancia nacionalista". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 02-06-2013. Consultado o 13-05-2013.
- ↑ "Fallece el histórico nacionalista Bautista Álvarez"
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 27. ISBN 84-8064-113-4.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editar- Bautista Álvarez: unha vida para a Nación (Documental), 2/4/2011.
- Conferencia inaugural da exposición "Brais Pinto, o afiador revolucionario" organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña, 2/4/2010.