José Manuel Balseiro
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Manuel Balseiro Orol, nado en Ferreira do Valadouro o 2 de xullo de 1962, é un político galego do PPdeG e deputado no Parlamento de Galicia.
José Manuel Balseiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xullo de 1962 |
Lugar de nacemento | Ferreira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi director comercial de ALCO S.A. durante 16 anos, e coordinador do equipo de venda en España e Portugal.
Está casado e ten dous fillos.
PolíticaEditar
Militante activo do Partido Popular desde o ano 1994 en Cervo, o seu municipio de residencia, exerce desde 1999 o posto de 1º Tenente de Alcalde do concello, ocupándose tamén da portavocía do Grupo Municipal Popular.
Dentro do Grupo Parlamentario Popular responsabilízase da portavocía do Mar (pesca) e Montes (forestal e incendios). Forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo desta formación política na provincia de Lugo. Dende o 21 de novembro de 2016 ata o ano 2020 foi o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo[1]. Na actualidade ostenta os cargo de Coordinador comarcal do PP na Mariña lucense[2].
Foi secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo.
NotasEditar
- ↑ "Balseiro tomó posesión como delegado de la Xunta y Vega hoy como diputado". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-22. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ Cuadrado, M.: "Balseiro, elegido coordinador comarcal del PP, «no congreso da unidade»" 16/5/2016, La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Manuel Balseiro |
BibliografíaEditar
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Balseiro Orol, José Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 51. ISBN 84-8064-113-4.