Manuel Núñez Carreira
Manuel Núñez Carreira, nado en 1948, é un político galego.
Manuel Núñez Carreira | |
---|---|
Nacemento | 1948 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Núñez.
TraxectoriaEditar
Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela (1972) e técnico superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares (1985). Foi xefe de persoal en COMPLESA (1969-85). Foi concelleiro de Lugo (1984), tenente de alcalde e responsable de persoal. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 1985 pola Coalición Popular. Foi elixido secretario da mesa do Parlamento. Foi director de persoal do grupo Lactaria Española (1986-90) e director de Recursos Humanos no Grupo RAM (1990). Traballa como asesor laboral de empresas.