Montse Prado Cores

política galega
(Redirección desde «Montserrat Prado Cores»)

María Montserrat Prado Cores, nada en Cambados o 9 de xaneiro de 1965, é unha política galega do BNG, sendo na actualidade secretaria de organización e membro da executiva nacional de dita formación.

Infotaula de personaMontse Prado Cores

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: montse.prado.12 Twitter: montseprado Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É diplomada en Maxisterio e licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Traballaba como celadora do Sergas até a súa dedicación exclusiva á política.

Estivo desde nova vencellada ao movemento veciñal e cultural. Foi membro da executiva da Asociación de Veciños de Oubiña entre 1984 e 2006, presidiu a Asociación Cultural Sete Pías e participou na fundación da Asociación Cultural Xironsa.

Formou parte da primeira dirección nacional de Galiza Nova. Foi concelleira de Cambados entre 1991 e 2005. Tralas eleccións autonómicas de 2005 foi nomeada delegada da Consellería de Innovación e Industria na provincia de Pontevedra. Tralas eleccións autonómicas de 2009 foi nomeada membro do consello de administración da CRTVG. Forma parte do Consello Comarcal do Salnés do BNG. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012

Colabora coa publicación Terra e Tempo.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[1]

Notas editar

  1. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar