Djalminha
Djalma Feitosa Dias, coñecido como Djalminha, nado en Santos o 9 de decembro de 1970, é un ex futbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira. Está considerado un dos mellores futbolistas do mundo grazas a súa técnica individual [Cómpre referencia].
Djalminha | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome completo | Djalma Feitosa Dias | ||
Nacemento | 9 de decembro de 1970 (49 anos) | ||
Santos | |||
Nacionalidade | Brasil | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1976–1988 | Flamengo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
1988–1993 | Flamengo | 22 | (2) |
1993–1995 | Guarani | 33 | (15) |
1994 | → Shimizu S-Pulse (cedido) | 11 | (4) |
1996–1997 | Palmeiras | 22 | (12) |
1997–2004 | Deportivo da Coruña | 138 | (38) |
2002–2003 | → Austria Wien (cedido) | 10 | (2) |
2004 | América | 5 | (1) |
Total | 241 | (74) | |
Selección nacional | |||
1996–2002 | Brasil | 14 | (5) |
* Partidos e goles só en liga doméstica. |
CaracterísticasEditar
É fillo de Djalma Dias, un dos mellores defensas do Brasil dos anos sesenta. Cando Djalminha só tiña 16 anos foi chamado para completar unha selección brasileira coa que foi a grande estrela do partido eclipsando ó mesmísimo Pelé. Iniciouse no Flamengo xuvenil, gustándolle moito regatear, sendo capaz de inventar un novo regate en cada partido e facer un fútbol vistoso, buscando sempre o "cano". Para o recordo quedan as súas lambrettas como a que lle fixo ó Real Madrid no 2000, ou os seus penaltis ó estilo Panenka.
TraxectoriaEditar
Formouse nas categorías inferiores do Flamengo brasileiro, debutando co primeiro en 1988 e permanecendo no club cinco anos. Entre 1993 e 1995 xogou no Guarani, logrando un balance de 31 goles en 33 partidos. En 1994 xogou cedido no Shimizu S-Pulse xaponés. En 1996 foi contratado polo Palmeiras, club no que só permaneceu un ano.
De cara á tempada 1997–98 deu o salto a Europa para xogar no Deportivo da Coruña, club no que permaneceu até 2004. Foi no club galego onde desenvolveu o seu mellor xogo, logrando a Liga 1999–00, a Copa do Rei 2001–02 e as Supercopas de 2000 e 2002. Debido ao seu xogo, pola súa maxia e as súas espectaculares xogadas, regates e goles fíxose un ídolo entre a afección branquiazul, sendo tamén coñecidas as súas discrepancias con Mostovoi, ex xogador do Celta de Vigo. Debido ao seu carácter problemático, foi cedido na tempada 2002–03 ao Austria Wien, contribuíndo cos seus goles á consecución de Liga do club austríaco.
En 2004 desvinculouse do Deportivo e foi contratado polo Club América, mexicano, onde xa no seu debut conseguiu marcar, pero as continuas lesións fixeron que decidira colgar as botas despois de xogar cinco partidos.
En 2007 formou parte da selección brasileira de fútbol indoor nos campionatos organizados para este deporte, sendo un dos xogadores máis destacado do torneo. Tamén xoga no equipo de veteranos do Deportivo da Coruña de fútbol indoor, equipo co que se proclamou campión de Liga e Supercopa na tempada 2007–08.
Na actualidade forma parte da selección brasileira de showbol na Superliga 2010.
Selección nacionalEditar
Djalminha foi internacional coa selección brasileira entre 1996 e 2002, sendo máis activo durante os seus anos no Deportivo da Coruña. Xogou 14 partidos e logrou 5 goles. Formou parte do equipo que gañou a Copa América de 1997.
PalmarésEditar
- 1 Campionato Carioca: 1991
- 1 Liga brasileira: 1992
- 1 Campionato Paulista: 1996
- 1 Bola de Ouro: 1996
- 1 Copa América: 1997
- 1 Liga española: 1999–00
- 1 Copa do Rei: 2001–02
- 2 Supercopas de España: 2000, 2002
- 1 Liga austríaca: 2003
EstatísticasEditar
InternacionalEditar
Ano | Apps | Goles |
---|---|---|
1996 | 3 | 1 |
1997 | 7 | 3 |
1998 | 0 | 0 |
1999 | 0 | 0 |
2000 | 2 | 0 |
2001 | 0 | 0 |
2002 | 2 | 1 |
Total | 14 | 5 |