Acea de Ama, Rutis, Culleredo
lugar da parroquia de Rutis, no concello de Culleredo
Coordenadas: 43°19′07″N 8°22′17″O / 43.318705555556, -8.3714277777778
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acea de Ama.
Acea da Ama é un lugar da parroquia de Rutis no concello coruñés de Culleredo na comarca da Coruña. Linda coa Acea de Ama do Burgo. Tiña 302 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE, dos cales 144 eran homes e 158 mulleres.
Acea da Ama | |
---|---|
Acea de marea, sede do Museo dos Muíños de Acea de Ama. | |
Parroquia | Rutis |
Concello | Culleredo |
Coordenadas | 43°19′07″N 8°22′17″O / 43.318705555556, -8.3714277777778 |
Poboación | 302 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Topónimo Editar
O topónimo Acea de Ama fai referencia a unha acea (do árabe as-saniya, "roda hidráulica" ou "muíño").[1] Ama vén do prerromano*am-, refererido a unha canle de augas, como son na Acea de Ama o río Mero ou a ría do Burgo.[2]
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Rutis Editar
Lugares da parroquia de Rutis no concello de Culleredo | |
---|---|
Acea de Ama | Castro | Conduzo | Cordeda | A Corveira | Fonteculler | A Laxe | O Portádego | Vilaboa |