Abrir o menú principal

Liga española de fútbol indoor

O Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor é unha competición xogada por varios clubs da liga española de fútbol. Está organizada pola Asociación de Fútbol Indoor. Os xogadores desta liga son veteranos, ex-profesionais da liga española de fútbol 11. Ademais do trofeo de gañador, a clasificación nesta competición dá dereito a participar na Copa de España.

O torneo está organizado polas distintas asociacións de veteranos dos equipos participantes, sendo destinados os ingresos dos partidos a axudar aos futbolistas retirados. Alfredo Di Stéfano preside de forma honorífica o campionato.

EquiposEditar

A liga de fútbol indoor comezou a disputarse na tempada 2007-08, quedando formada polos 9 clubs que gañaron nalgunha ocasión a liga española de fútbol: FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Athletic de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, Deportivo da Coruña, Sevilla FC e Real Betis. Posteriormente uníronse o Celta de Vigo, RCD Espanyol, Sporting de Xixón, CD Málaga e FC Porto.

PalmarésEditar

Tempada Campión Subcampión
2014 FC Porto Real Madrid
2013 Celta de Vigo Real Valladolid
2012 Real Madrid FC Barcelona
2011 Sporting de Gijón RCD Mallorca
2010 Deportivo da Coruña Betis
2009 Barcelona Real Madrid
2008 Deportivo da Coruña Real Madrid

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar