Conversa usuario:Norrin strange/arquivo 1

Benvido á Galipedia, Norrin strange!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • lembroche que as imaxes que estas a cargar deben de posuir a licenza GFDL, porlo que debes de segui-las políticas especifadas na páxina de cargar ficheiro (e páxinas complementarias) asimesmo é conveniente que a imaxe teña unha ligazon o artigo correspondente. (no teu caso o escudo que cargaches ten pouca definición e pode prover dunha paxina co CopyRight. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 14:41, 25 marzo 2006 (UTC)
  • Benvido/a á Galipedia Norrin strange. O artigo Wikipedia:Axuda e unha páxina de axuda non un espazo para editar outros artigos. Temos Wikipedia:Zona de probas para facer todo tipo de probas que non afectan ao contido da enciclopedia, unha vez teñas listo o artigo podes publicalo finalmente. Se necesitas axuda e/ou orientación sobre como editar na Galipedia sigue o enlace talk da miña sinatura e deixame unha mensaxe na miña páxina de discusión coas túas dúbidas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:33, 13 maio 2006 (UTC)
  • Xa corrixín o enlace Edmund Hillary. Edítase coma calquera outro artigo, buscas no texto onde está o erro, corrixelo e ao gardar xa está. Unha pregunta, que pasou exactamente con Hindi? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:15, 20 maio 2006 (UTC)
  • Agradézoche a mensaxe que deixaches hoxe na taberna relacionada co tema de Slade. Na miña opinión ese xeito de actuar é o que permite que neste wiki haxa boa relación entre os colaboradores e iso se traduza nunha mellora da Galipedia en todos os sentidos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:33, 24 maio 2006 (UTC)
  • Cando atopes algo entre chaves {{}} non podes facer correccións do texto. É unha característica do software MediaWiki que activa unhas funcións do sistema. Chámanse templates. Ao modificar o que está dentro das chaves deixa de funcionar. Saúdos. --Prevert(talk) 19:03, 24 maio 2006 (UTC)
  • Ola, desfixen os teus cambios en Cuba xa que para galeguizar a toponimia estranxeira ten que haber fontes fiables que a corroboren e casos como o de Cenfogos ou Cego de Ávila non os atopei en ningures, se tes referencias que corroboren esas formas podes poñer as referencias na páxina de discusión, saúdos--Rocastelo(fálame aquí) 16:37, 12 xuño 2006 (UTC).


  • Ola Norrin strange, desfixen os cambios en Estados Unidos porque os nomes galegos non son eses. Aquí tes o sitio web que uilizamos como referencia: Galego en liña, en concreto neste enlace podes verificalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:09, 16 xuño 2006 (UTC)

Artigos sobre países, lugares,.... editar

Ola Norrin strange, a licenza (GFDL) baixo a que están acollidos todos os artigos deste wiki obriga a manter os historiais de cada un dos artigos. Polo tanto, calquera edición que non respecte o historial está violando a licenza. Quero dicir con iso que a páxina Cataluña-Catalunya non cumpre coa licenza (ademais hai un erro no título), e non cumpre coa licenza porque para mover unha páxina hai que utilizar a pestana mover, dese xeito garantese que o historial permaneza. O mesmo pasa con Sardeña - Sardegna e todas aquelas páxinas que foran creadas polo mesmo sistema. Por outra banda, se hai un erro no título da páxina é convinte avisar antes na páxina de discusión para que o resto dos usuarios poida comentar o que sexa preciso (ten en conta que con respecto á dupla de nomes moitas veces cómpre aclarar a elección do segundo nome). Nos wikis hai unha serie de procedementos establecidos, no noso caso algúns deles están na páxina Wikipedia:Política e normas, cando non temos algo escrito expresamente remitímonos á versión en inglés da Wikipedia. É moi importante que cando teñas dúbidas e non coñezas o procedemento establecido preguntes ou ben na Taberna ou a outros colaboradores da Galipedia. Finalmente vou propor para borrar a páxina Lista das nacións do mundo, o motivo é que non segue o punto de vista neutral. Como dixen noutras ocasións é un dos principios fundadores da Wikipedia e non permite que os artigos se baseen en interpretacións personais. Dita páxina de existir probablemente implicaría que houbese un debate previo sobre cada entrada. Quero insistir en que non se trata de que a enciclopedia reflicta o punto de vista de ningún de nós, iso non só viola a política da Wikipedia en xeral senón vai contra o sentido da propia Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:50, 21 xuño 2006 (UTC)

  • En primeiro lugar a miña mensaxe fai referencia a máis temas que ás nacións. Aclarar que aquí non se trata do que ti ou eu prefiramos (a Wikipedia non permite facer proselitismo das propias ideas). O artigo segundo os parámetros da Wikipedia sen lugar a dúbidas non é neutral. Noutra mensaxe puxen o enlace á redacción do punto de vista neutral (en:Wikipedia:Neutral point of view) iso é o que temos que seguir cada un de nós. O que indicas na túa mensaxe non nos corresponde decidilo a nós. Como non podemos ser fonte primaria, nós non podemos incluir ningún dato que non estea claramente refrendado por outras fontes. Para finalizar novamente quero insistir que o que expreso arriba non quere dicir que eu sosteña unha ou outra postura senón que manter ese artigo vai contra o sentido deste proxecto. Por certo para nós é tan importante o tema da GFDL coma o das nacións, se non máis. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:17, 21 xuño 2006 (UTC)
  • O problema coa redacción que propós é que "considerada por moitos..." é un dos xeitos de redacción que na Wikipedia en inglés están expresamente desaconsellados (intentarei no futuro facer a tradución de máis páxinas de políticas da Wikipedia para aclarar estes puntos). Quizais o caso de Cataluña sexa o máis claro porque no estatuto de 2006 hai unha referencia ao tema. Literalmente: "El Parlament de Catalunya, recollint el sentiment i la voluntat de la ciutadania de Catalunya, ha definit Catalunya com a nació d’una manera àmpliament majoritària. La Constitució espanyola, en l’article segon, reconeix la realitat nacional de Catalunya com a nacionalitat." O termo Nacionalidad Histórica para outros casos pode ser suficiente e en canto a outras situacións debería abrirse un debate na Taberna para chegar a unha conclusión sobre se hai que realizar ou non cambios. A lista crea un problema enorme en canto á clasificación ou non en nacións. En canto ás páxinas movidas xa intentarei arranxalo, non obstante podes contar sempre coa nosa axuda para coñecer os distintos elementos de funcionamento do wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:59, 21 xuño 2006 (UTC)
  • Non lembro de memoria todos os artigos que temos sobre os territorios que mencionas pero paréceme que se diferencia claramente o status duns lugares dos outros. En canto a se hai que usar algunha fórmula concreta na redacción debe ser obxecto de debate. Personalmente váleme calquera fórmula sempre que cumpra as políticas da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:12, 21 xuño 2006 (UTC)
  • Os logotipos dos partidos políticos non están no dominio público, pódense cargar co marcador de {{ImaxeProvisoria}} ata que decidamos a política sobre o fair use.--Rocastelo(fálame aquí) 17:22, 21 xuño 2006 (UTC)

Imaxes marcadas por ausencia de datos imprescindibles editar

Imaxe, falta información de Image:Frente polisario.png editar

  Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Frente polisario.png , Image:Nos.jpg, Image:Partc.gif e Image:Logopreeuu.jpg cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe. É preciso que se indique nas mesmas a orixe da imaxe, de onde foi tirada

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 22 xuño 2006 (UTC)sinatura do usuario que deixa o aviso

Partido Carlista editar

Ola, Norrin strange. Acabo de reparar no artigo Partido Carlista e nas variacións que fixeches. A estrutura do artigo, tal e como o deixaches, é insólita na Galipedia e, polo mesmo, inadmisible. Se queres engadir datos, tes que fusionalos co artigo de xeito que continúe sendo posible realizar unha lectura do mesmo que desenvolva un proceso coherente. De ningunha maneira é aceptable colocar un cabezallo ó comezo do artigo titulado Revisión actual con catro liñas que doadamente se poderían ter incorporado noutro lugar. Agrádame a túa contribución, paréceme interesante, pero resúltame curioso que aquilo que podería ser nun último caso un apéndice estea colocado en primeiro lugar rompendo calquera coherencia expositiva. Rógoche que o remodeles. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:35, 22 xuño 2006 (UTC)

Ola Norrin strange, sinto ter que dicir isto pero prégoche que leas con atención as páxinas de axuda do wiki antes de seguir editando. O mesmo con respecto á carga de imaxes, ata que coñezas como funciona o sistema non cargues novas imaxes. Na mensaxe que hai na parte superior da páxina indica claramente que non se poden cargar imaxes sen a información completa, iso implica coñecer con exactitude a orixe, autor e licenza da imaxe. Hai certos coñecementos sobre o formato, o que se debe e non debe facer, sobre as directrices de funcionamento do wiki que é preciso que coñezas con máis detalle antes de continuar. Para facer probas está Wikipedia:Zona de probas, na Taberna (axuda) poden facerse preguntas. Estamos dispostos a axudarche pero non podemos facelo se non consultas a documentación e te familiarizas co funcionamento do wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:39, 22 xuño 2006 (UTC)

  • Hai dous tipos de problemas: uns referido a cuestións técnicas e outros referidos as directrices de funcionamento dos wikis. Referidos a cuestións técnicas hai edicións que ou ben desfan a composición das páxinas ou fan que un contido se situe por riba doutro como na variación do dato da imaxe de Rianxo. Outras veces o problema está coas redireccións ou os nomes dos enlaces. En particular o tema das imaxes é moi importante, non se pode coller unha imaxe nunha páxina web e logo publicala aquí. Só pode facerse se a imaxe é libre e cumpre unha serie de condicións. A licenza da Wikipedia para os textos é GFDL, iso significa que os materiais se poden reutilizar mencionando a autoría, poden facerse obras derivadas e tamén uso comercial dos contidos, iso aplicado ás imaxes supón unha serie de restricións. Se o sitio web de onde se obtén a imaxe non ten ningún aviso debe asumirse que a imaxe non é libre. A lei de propiedade intelectual indica que non é preciso mostrar ningunha marca de autor (entendendo entre elas o signo do copyright ©) para sinalar a propiedade dos dereitos, asúmese que pola mera publicación xa o autor dispón da propiedade intelectual dese material. Hai páxina que amosan licenza Creative Commons, pero só parte delas son apropiadas para a Wikipedia. No caso da Wikipedia en inglés a lei estadounidense permite certos usos chamados Fair Use onde se limitan as restricións do copyright, por iso pode haber unha imaxe na wikipedia en inglés que non se poida publicar aquí. Os logos dos partidos políticos non teñen porque estar no dominio público, se ti lle asignas unha licenza dese tipo sen ter a seguridade absoluta despois de verificalo de que é así estás falsificando a licenza. Por outra banda o funcionamento dos wikis implica que hai unha comunidade onde se toman decisións e se chegan a acordos, é moi importante coñecer cales son os acordos que se plasman en políticas e normas, algunhas propias de cada wiki, outras do conxunto das Wikipedias. Por suposto que en todos os wikis hai persoas que editan por libre —por chamalo dalgún xeito—. Iso significa que non toman parte activa na comunidade pero que coñecen e seguen as regras decididas en común. O normal ao principio é editar con certa prudencia vendo o que se está facendo e observando o que fai o resto, lendo a axuda, e consultando os debates que se fan. Pouco a pouco vaise conseguindo seguridade e profundizando no coñecemento do wiki. Se fas moitas edicións que non seguen as directrices de funcionamento do wiki, tanto desde o punto de vista técnico como refiridas aos acordos, obrigas a que moitas persoas estean revisando o que editas e iso fai que se desvien esforzos dunha tarefas a outras do proxecto. O proxecto da Wikipedia en galego abraca non só a Galipedia, tamén outros proxectos en galego e ás veces proxectos multilingues. Por ese motivo moitas veces estamos editando en diversos wikis e se varios editores teñen que desviar esforzos complícase moito o traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:12, 22 xuño 2006 (UTC)
  • Podes seguir editando pero tes que verificar que fas as cousas ben, por exemplo se fas un cambio relacionado coa composisicón dun artigo asegurarte de que se ve ben. Ás veces nun navegador pode verse ben pero noutro non. Tamén comprobar que segues o formato, tomando sempre como referencia aqueles artigos que sexan os máis destacados de determinado tema. Ir lendo cada día un pouco da axuda para comprender mellor o funcionamento do wiki. En canto as imaxes recomendaríache que nos cargases ningunha, é un tema demasiado complexo para o comezo nun wiki. Para que unha imaxe se poida publicar non basta que estea noutra Wikipedia porque hai imaxes provisorias á espera de ser borradas, nós mesmos estamos nun proceso de revisión no que temos que eliminar imaxes sen orixe ou sen licenza. O que podes facer se localizas unha imaxe noutra Wikipedia, que sexa interesante para ilustrar un artigo no que esteas traballando, é deixar o enderezo na miña páxina de discusión para que o poida verificar e se a imaxe é válida explícoche todos os pasos que debes seguir. E se necesitas preguntar algo podes facelo ao colaborador que esté nese momento na Galipedia, así ao cabo de certo tempo xa dominarás os rudimentos do wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:23, 22 xuño 2006 (UTC)
  • Tiven que desfacer a edición no artigo A Coruña polo seguinte motivo: a caixa de información que hai no lateral esquerdo (chamada template) ten unha serie de campos prefixados para que funcionen con todos os concellos (é a mesma caixa nos 315 concellos). Ocorre que coa provincia da Coruña e as comarcas que inclúan A, O, As, Os hai que eliminar o artigo para que non se rache o enlace. Pero o enlace sí é correcto. En canto a edición de polbo desfixena porque cando son posibles dous xeitos de expresar algo como coas terminacións en -ble ou -bel, ou con Galicia e Galiza ou cousas semellantes desfacemos todas aquelas correccións que se fagan a posteriori, deixando o texto como foi escrito por primeira vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:23, 22 xuño 2006 (UTC)

Ola Norrin, estiven lendo o artigo Eusko Alkartasuna e pareceume interesante e ben elaborado. Diríxome a ti só para indicarche que corrixín slgúns erros de lingua. Quizais che interese saber que se vas a dito artigo e fas click na pestana historial e logo en comparar versións seleccionadas podes percibir as correccións que fixen. Se algunha che parece rara ou non sabes a causa, non dubides contactar comigo (son profesor de galego), se ben ás veces podo cambiar palabras para que non se repitan. Estou á túa disposición. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:07, 22 xuño 2006 (UTC)

Perdoa pero esquecera darme de alta --Lmbuga Commons - Galipedia 23:07, 22 xuño 2006 (UTC)

  • Desfixen os cambios que ti fixeches en Galicia (homónimos). Nesta páxina puña: Unha rexión chamada Nueva Galicia, nada como parte da Nova España, que no S.XVIII pasou a formar parte da Intendencia de Guadalajara, (actual México). Non é válido traducir Nueva Galicia por "Nova Galicia", non tódolos topónimos españois ou hispano-americanos teñen tradución ó galego. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:38, 22 xuño 2006 (UTC)

Benvida editar

Ola, ante todo benvido á Galipedia. Quería aclararte que os títulos de artigos sobre partidos políticos deben estar co seu nome orixinal e non traducidos. Xa no corpo do artigo podes facer unha mención o nome en galego. Véxase:Frente Revolucionario Antifascista y Patriota. Grazas.--AlberteSi, digame? 18:53, 23 xuño 2006 (UTC)

  • A galipedia ten unha estratexia:se non sabes unha cousa, pregúntalla a Prevert ou a Rocastelo. E iso vou facer.--AlberteSi, digame? 19:00, 23 xuño 2006 (UTC)

correccións de lingua editar

Agradeceríache que lle botases un serio vistazo a isto para que non ocorra o que en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rep%C3%BAblica_Socialista_Sovi%C3%A9tica_de_Armenia&diff=156440&oldid=156417. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:20, 25 xuño 2006 (UTC)

catalán/català editar

Por qué sempre cambias a palabra catalán por català? En galego dise catalán. --PortoFaládeme aquí 19:49, 27 xuño 2006 (UTC)

Parabéns editar

Ola Norrin, felicítote pola actividade que estás desenvolvendo. As túas contribucións sonme de grande interese. Observo ademais unha progresiva e moi considerable mellora no uso da escrita. No último artigo, o único que che variei foi a construción "sin embargo" pois non se acepta na última revisión das normas; tampouco se acepta "con todo", polo que as alternativas son "así a todo", "así e todo" e "porén". Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 09:02, 29 xuño 2006 (UTC)

Garda Suíza editar

Ola, xa existe o artigo Garda Suíza Pontificia, que é o correcto xa que suíza debe ir con til, se podes integrar o que escribiches no artigo procederei a unir os historiais dos dous artigos, únome as felicitacións de Lmbuga, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 16:23, 29 xuño 2006 (UTC)

Tradicións de es.wiki editar

Ola Norrin. Vexo que continúas a ter unha enorme actividade. Con moitos coma ti pillariamos en pouco tempo á wikipedia española.

O motivo desta mensaxe é pedirche que, se fas un artigo que é tradución doutra wikipedia, indiques na caixa final "resumo" (ó final da páxina de edición) precisamente iso, que é tradución de, por exemplo, a wikipedia española. Indicar as fontes axuda a coñecer a credibilidade que ten un arquivo e, por outra banda, en caso de que un artigo presente un erro grave, a que ninguén poida "responsabilizar" ó creador.

Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 13:40, 30 xuño 2006 (UTC)

A información deste ficheiro é incompleta. Debe incluir información sobre a fonte de orixe da imaxe para poder comprobar o status do copyright. A non ser que se engada a información da fonte o ficheiro debe ser eliminado. Esta imaxe está marcada como sen orixe desde o 09-07-2006.

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:39, 9 xullo 2006 (UTC)

Ola Norrin, o artigo Illa da Irlanda ten pinta de che ir quedar precioso. Así a todo observei un problema:

En Template:Bandeiras de Irlanda poderás observar que a bandeira Image:Irishrep.jpg non está cargada en Commons nin na Galipedia. Mirei de sibila eu da wikipedia inglesa (en:Image:Irishrep.jpg) pero non se pode porque é es:fair use. Só quería indicarcho. Quizais a mellor solución sexa eliminar a referencia a esa bandeira da template. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:47, 10 xullo 2006 (UTC)

Problemas continuados editar

Ola Norrin. Creo que o esforzo que estás facendo na Galipedia é sorprendente, pero empezo a estar farto da falta de seriedade coa que te moves:

A imaxe Image:Ireland-Capitals.PNG está marcada para ser borrada coa etiqueta {{SenOrixe|09-07-2006}}

Certamente a situación comeza a ser insostible. Semella que non che interesa trraballar ben. Ti verás, pero eu non vou aturar moito que actúes como che dea a gana, sen consideración para aqueles que nos preocupamos polo futuro deste proxecto. ESTOU FARTO --Lmbuga Commons - Galipedia 23:03, 11 xullo 2006 (UTC)

  • En primeiro lugar pedirche desculpas polo ton da mensaxe anterior. Non é xusto que me dirixa así a ti. Síntoo moito; tiña un mal día. Logo, estiven mirando a imaxe http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Michel_Salgado.jpg e fun á páxina en que aparece http://soccer-europe.com/. Nesa páxina pon © 1998-2006 soccer-europe.com. The contents of this site may not be used without written permission of the webmaster (O contido deste sitio non debe ser usado sen permiso do ...). A imaxe polo tanto ten coyright. É por iso polo que non está en Commons nin nas outras Wikipedias (http://es.wikipedia.org/wiki/Michel_Salgado) e é por iso polo que non se pode subir a Commons.

Cando subas unha imaxe de en.wiki (Wikip. inglesa), tes que mirar que nós teñamos a licenza coa que aparece alí, porque hai que poñer os mesmos datos. Se non temos esa licenza, non se pode subir. Ese é o caso desta foto, ten como licenza {{CopyrightedFreeUseProvidedThat|http://soccer-europe.com is credited}} debido ás peculiaridades da lexislación en EEUU.

Non teñas tanto apuro, sube ti as imaxes, has facelo ben, pero pregunta non caso de que teñas a menor dúbida. Eu estou encantado de botarche unha man cando sexa preciso. Perdón, de novo, e un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:27, 12 xullo 2006 (UTC)

Atendendo encantado á túa solicitude de axuda, creei a táboa de información da imaxe Image:Isle of Man.png, agora está correcta. Se queres ver como se escribe dita táboa preme aquí.

Para subir unha imaxe de en.wiki só tes que copiar no campo resumo da imaxe que estás subindo a táboa anterior e facer as seguintes variacións:

  • Ó final da segunda liña cambiar o nome da foto (os espazos entre palabras cámbianse por _ )
  • Na terceira liña, colocar o link/enlace ó lugar orixinario da foto
  • Na cuarta liña indicar o autor
  • Na quinta poñer a licenza
  • Variar a data
  • Ó final vai a template da licenza. Hai que respectar a licenza que teñen en en.wiki (se é PD pon PD; se é GFDL, pon GFDL;...). As licenzas PD-self e GFDL-self implican que o que fixo a imaxe é o que a subíu. Se sobes unha foto cunha licenza {{GFDL-self}}, dado que o autor non é o mesmo que a subiu (agora es ti), debes poñer unha template {{GFDL-user-w|en|English Wikipedia|Nome do usuario, sen a palabra User:}}. Non sería maior problema que puxeses únicamente {{GFDL}} se a táboa anterior ten os datos do autor

Quero que saibas que sinto aínda a necesidade de me desculpar contigo. Vou pasar a buscar agorta as outras imaxes de Irlanda en en.wiki e ver se podo facer o mesmo ca nesta. Non dubides en contactar comigo. É moi raro, inda que comprendo que che poida parecer mentira, que manifeste un talante inadecuado ou agresivo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:57, 12 xullo 2006 (UTC)

Como diversos colaboradores teñen dito noutras ocasións, certos cambios requiren facer comprobacións previas e coñecer as políticas da Galipedia antes de facelos. Mover Cervo a Cervo (concello) é un deses casos. Ao movelo pérdense imaxes e rachanse ligazóns. Por outra banda é necesario lembrarche, en relación con certos comentarios, que a Wikipedia non é un lugar para promocionar as ideas propias, polo tanto hai que ter especial coidado en garantir o respecto ao Punto de Vista Neutral. Saúdos. --Moderador 11:46, 13 xullo 2006 (UTC)

  • Volvo a insistir en que existen unhas políticas e hai que respectalas. Diversos usuarios teñenche axudado a comprendelas. Ata agora consideramos que se non respectabas as políticas era por descoñecemento, a partir de agora entendemos se non o fas é de xeito consciente. O comentario anterior no punto sobre o Punto de Vista Neutral non tiña que ver coa páxina Cervo. Saúdos. --Moderador 11:59, 13 xullo 2006 (UTC)

RE:Confuso editar

Entendo que esteas confuso. Por medio das túas contribucións e comentarios fun percibindo como es ti, e mesmo che vou collendo un algo de cariño, probablemente porque me lembras a algúns dos meus alumnos do instituto. Estou convencido de que queres facer as cousas ben. Vexo ademais que evolucionas a mellor, inda que lentamente. Estou tamén convencido de que podes chegar a ser, se non o es xa un pouco, un dos mellores colaboradores da Galipedia.

Un dos problemas que eu che encontro é que descoñeces bastante a estrutura e o estilo da Galipedia (que non é moi diferente das que poida haber noutra enciclopedia calquera). Semella que tes pouca experiencia en follear libros deste tipo. Iso provoca que ás veces cando escribes se perciba ó individuo que escribe. Abonda unha valoración innecesaria, un leve cambio de palabras para que iso ocorra. Nisto vas mellorando. Un exemplo claro de mellora é este parágrafo A illa é normalmente nomeada como parte das Illas Británicas. Isto é rexeitado polos irlandeses, xa que isto suxire que ambas illas pertencen ó Reino Unido. Por ista razón, "Illas de Gran Bretaña e Irlanda" é usada normalmente como unha alternativa máis neutral. Outra suxerencia, empregada de todos modos moito menos, é a de "Illas do Atlántico Norte".

Probablemente, cando estabas comezando, terías expresado o mesmo tomando partido claramente. Agora está correcto. O aviso que che fai User:Moderador vai neste sentido.

Pero, a meu xuízo, esa falta de experiencia provoca algún outro pequeno problema. Estou esperando a que acabes co artigo da Illa da Irlanda para facer algún comentario e variación. Unha das variacións que vén ó conto agora corresponde ás primeiras liñas, é unha cuestión de estilo:

Este artigo trata da Illa de Irlanda, como unidade xeográfica, incluindo o estado chamado Irlanda (ou República de Irlanda) e Irlanda do Norte. Ireland ( en Irlandés: Éire) é a terceira illa máis grande de Europa. Está situada entre o océano Atlántico e o Mar de Irlanda.

Tal como empeza o artigo, polo pouco frecente que é, chama a atención e percíbese que foi realizado por un usuario diferente do habitual. ¿Cal é o problema? Na entrada dun artigo dunha enciclopedia non se aclara de que vai o artido, dise directamente de que vai, por exemplo (é un exemplo, non é para que o poñas así):

A Illa de Irlanda, terceira illa máis grande de Europa, está situada entre o océano Atlántico e o Mar de Irlanda e dividida polítca e xeograficamente. Cinco sextas partes do territorio da illa pertencen a ....

Outro problema que se pode dar neste artigo é que, cando fales da historia da illa, fales desde a perspectiva dos irlandeses (quizais por aí poderían ir os tiros do que dicía User:Moderador. É difícil, xa sei. Eu situaríame do mesmo lado ca ti; pero hai que intentar ser obxectivos. Se non o conseguimos, o valor que ten a Galipedia diminúe grandemente: Moitos usuarios, en desacordo con nós abandonarían a súa lectura por estaren os textos ideoloxizados, e nunca participarían no proxecto.

Espero que estas reflexións che axuden a superar o estado de confusión. Procura ir con calma e escribir pensando en que ninguén co que escribes se poida sentir molesto. Se eu escribise a historia da illa, intentaría que non lles parecese mal a ningún dos dous bandos. Conseguilo, é outra cousa; pero cando menos aproximarse. Non dubides en contactar comigo. A pesar de que podes non facer correctamente algunhas cousas, tes moitas calidades: non te rebotas, queres facer as cousas ben, es un traballador incansable, non te desanimas por recibir críticas, intentas mellorar,... Só falta, ó meu xeito de ver, que sexas un pouco máis reflexivo, menos impetuoso. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:47, 14 xullo 2006 (UTC)

Táboas de resumo editar

As imaxes Image:Ireland-Capitals.PNG e Image:EU Constitution Ratification Map.png ca teñen a táboa de información con tódolos datos correctos. Se desexas que suba eu imaxes de en.wiki mentres non teñas máis seguridade, non hai problema (salvo que estea de vacacións). Espero que aceptes as desculpas dos dúas anteriores mensaxes eou que mediante a colaboración diaria a cousa se vaia esquecendo. Sinceramente, penso que estás a realizar un traballo fantástico. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:50, 13 xullo 2006 (UTC)

Bordes para as bandeiras con branco editar

Ola Norrin, é unha cousa pequena o que che vou dicir, pero como ti traballas con bandeiras frecuentemente, pode serche útil. Se unha bandeira ten unha zona branca, quedan mal delimitados os seus límites na visualización. Fíxate en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Valery_Karpin&diff=163792&oldid=163736 que se lle pode engadir un suave borde en gris. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:19, 14 xullo 2006 (UTC)

Dúbida editar

Non domino o tema do Nacionalismo andaluz. Quizais estea ben como o puxeches, pero no seguinte pé de foto pos Asamblea de Roda e inmediatamente Asamblea de Ronda

[[Image:Andalucía flag.jpg|miniatura|Bandeira de Andalucía creada na Asamblea de Roda]] Foi en 1918 cando volvería a alzarse na Asamblea de Ronda,...

Por certo, en galego é asemblea, inda que non teño claro que proceda, pero creo que si. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:02, 18 xullo 2006 (UTC)

  • Imos tomalo cun pouco de calma. Polo de agora bloqueei a IP por unha semana, pero permitindo que o usuario se rexistre, é dicir, que se se rexistra pode traballar normalmente. Agora procedo a deixar nova mensaxe nesa IP, xa deixara unha advertencia antes de recibir o teu aviso. Nun anaco podes observar esa advertencia. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:59, 18 xullo 2006 (UTC)
  • Cometemos os dous un erro, non é o mesmo usuario o da páxina Galicia có que fixo alteracións vandálicas na túa páxina, aquel era o do título desta mensaxe, o da túa páxina era User:83.37.9.68--Lmbuga Commons - Galipedia 17:02, 18 xullo 2006 (UTC)

Así a todo, bloquei os dous usuarios polo parzo dunha semana. Tes unha semana (espero) de tranquilidade. Se volves percibir problemas, ponte en contacto comigo e mirartemos de tomar máis medidas. Quede claro que considero inaceptable que te insulten, moito máis ca que fagan variacións ideolóxicas na páxina Galicia. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:41, 19 xullo 2006 (UTC)

Estella editar

Creo que tes moita razón. Así fixen.--Xabier Cid 21:19, 18 xullo 2006 (UTC)

Sinatura editar

Vou borrar Template:NORRIN porque non se poden crear ese tipo de modelos no espazo template, o lugar apropiado é User:Norrin strange/Sinatura (no canto de sinatura podes poñerlle o nome que queiras). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:52, 23 xullo 2006 (UTC)

Sinatura editar

Ola, Norrin Strange. Vexo que fixeches un template, supoño que será para asinar, que dirixe á túa páxina de usuario e á túa páxina persoal. Non é necesario facer un template para asinar, é moito máis sinxelo - eu tardei en aprender como se facía :-). Mira, para personalizar a sinatura, tes que abrir a opción de preferencias, que está ó lado de "as miñas de discusións" e de "a miña lista de vixilancia". Unha vez aí, onde pon O seu alcume (para sinaturas), pos [[User:Norrin strange|Norrin_strange]] ([[User talk:Norrin strange|Talk]]). Comproba que o botón de abaixo, Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature), está en activo. Así poderás firmar dándolle ó botón de sinatura sen molestarte en escribir ese template.

Bueno, de paso que che envío este comentario, gustaríame saber por curiosidade de onde vén o teu nick, Norrin Strange... Perdoa a miña indiscreción :-). Saúdos. --O TinContradíceme se te atreves 20:03, 23 xullo 2006 (UTC)

Cheién editar

Subín a imaxe, non había problemas: Image:Cheyenne lodges with buffalo meat drying, 187.jpg

Encontrei outra: Image:Cheyenne indian encampment 1909.jpg

Podes mirar tamén se hai algunha en Commons:Category:Native Americans. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 24 xullo 2006 (UTC)

Nacionalismo galés editar

A pesar da nota de que o artigo estaba sendo editado, posto que eran as 2:45 da mañá e ti non estabas presente na Galipedia, fixen unha pequena corrección ligüística e categoriceino como podes ver en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nacionalismo_gal%C3%A9s&diff=169392&oldid=169291. Non variei nada.

Así a todo, hai unha oración ó comezo que non entendo. Ó mellor podes aclarala. É a seguinte: Xeralmente avoga pola independencia de Gales dentro do Reino Unido ou fóra del. Non entendo que quere dicir a independencia de Gales dentro do Reino Unido, cando Gales xa está recoñecido como tal dentro do Reino Unido. Probablemente sexa descoñecemento meu, pero, aínda así, non me parece unha frase moi afortunada (de tódolos xeitos, non é moi importante).

O artigo é moi interesante. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:48, 24 xullo 2006 (UTC)

O artigo do título foi proposto para ser borrado, véxase Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:55, 24 xullo 2006 (UTC)

Acábanme de comunicar que en realidade estabas traducindo o artigo de en.wiki en:List of active autonomist and secessionist movements. É recomendable, cando fagas unha tradución doutra wikipedia, -xa cho dixera- que indiques no resumo (a caixiña que hai ó final da caixa de edición) que é unha tradución e a wikipedia da que traduces. Se así o tiveses feito a argumentación que fixen para o borrado da imaxe sería diferente pois non te implicaría tanto. Recoñezo que fixen unha argumentación dura, pero a meu xuízo realista.

Vou facer unha aclaración na argumentación indicando que ti o que facías era copiar dito artigo (sen nomearte directamente, pois me parece de mal gusto). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:19, 24 xullo 2006 (UTC)

Sabela, Isabel editar

Ola, polo que eu sei as dúas son formas válidas, agora ben si é certo que non se utilizan indistintamente, agora non os teño aquí pero estou case seguro que a tradución da Biblia emprega Isabel e en case todos os libros de historia que recordo aparece o nome das raíñas (tanto as de Inglaterra como as de España) como Isabel, non recordo de ler en ningunha obra de historia ou de literatura recente (dos últimos 30 anos) a forma Sabela (aínda que a verdade é que non os lin todos, por suposto) para referirse ás raíñas. Realmente non sei o porqué desta especialización, quizais Lmbuga ou Xabier Cid teñan máis información sobre isto ou mesmo outros argumentos que invaliden os meus, dende logo teñen máis formación filolóxica ca min.--Rocastelo(fálame aquí) 16:41, 24 xullo 2006 (UTC)

  • Entendo que é totalmente incorrecta a tradución de Isabel (vocábulo galego) por Sabela. Do mesmo xeito que sería David por calquera das súas variantes (Dauli, Davide). Mesmo eu non recoñecería de quen se está a falar. Os dous nomes teñen a mesma orixe, son variantes, pero son nomes diferentes, é dicir, unha persoa que se chame Sabela non se chama Isabel; e ó revés. Ese cambio só obedecería a unha actitude hiperenxebrista que hoxe, levada ata tal extremo, está en desuso. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:26, 24 xullo 2006 (UTC)

Este artigo foi proposto para ser borrado. Podes defender a súa presenza en Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de grupos étnicos. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:19, 24 xullo 2006 (UTC)

Re: Lista de movementos secesionistas e autonomistas editar

Recibín unha mensaxe túa que pon:

Penso que é necesaria a presenza deste artigo, xa que no artigo Nacionalismo hai un apartado chamado Nacionalismos actuais. Pode que fose máis útil ter todo iso noutra páxina, xa que nacionalismos hai unha morea deles, e non penso que sexa bo meter todos alí

Sinceramente, estou moi interesado en saber se a escribiches antes de ler os razoamentos para borrar o artigo ou despois.

Por certo, desde o momento en que o propuxen para borrar, eu desentendinme da decisión. A decisión está en mans dos usuarios da Galipedia. Se algo tes que dicir, non mo tes que dicir a min, dío en Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:46, 25 xullo 2006 (UTC)

Sobre algunhas listas editar

Ola Norrin. Desde hai moito tempo hai un numeroso grupo de persoas que está traballando para que este proxecto saia adiante, para acadar un certo nivel de calidade e para conseguir que sexa últil para Galicia. Crear páxinas como Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas e Lista de grupos étnicos supón unha especie de sabotaxe desde dentro ao esforzo que se está facendo. Afirmacións coma as que se fan nesas páxinas requiren un proceso de reflexión anterior á publicación, como xa dixen moitas veces hai unha serie de políticas da Wikipedia (neste caso non falo da propia Galipedia) que están por riba das opinións de cada un de nós. Iso quere dicir que sempre temos que ter en conta en primeiro lugar eses principios fundadores da Wikipedia e non os intereses propios. Como ben sabes sempre hai colaboradores dispostos a bótarche unha man, unha ollada a túa páxina de discusión confírmao. Por favor non fagas edicións coma as das páxinas citadas porque minan a credibilidade do proxecto e debilitan os nosos esforzos, ten presente sempre o traballo colectivo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:47, 26 xullo 2006 (UTC)

Aquí non sobra ninguén, penso que está claro que a comunidade deste wiki traballa para integrar os esforzos individuais de todos os compoñentes do proxecto. O artigo Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas xa supón un problema no propio título, Lmbuga argumentou moi ben os motivos. Cando editamos aquí non somos nin Norrin strange, nin Lmbuga, nin Prevert, nin calquera outro, somos a Galipedia. Iso representa que temos unha responsabilidade co que publicamos maior que se expresaramos en exclusiva as nosas opinións. Unha responsabilidade que non só implica cumprir os principios da Wikipedia inclúe tamén un especial coidado na exactitude do que dicimos, na precisión dos datos, na validez das nosas afirmacións,... (aínda así cólanse erros dabondo). Podes estar seguro de que valoramos todo o que avanzaches no coñecemento do proxecto desde que comezaches e todas as mensaxes que che deixamos foron para axudarche a mellorar. Polo tanto non interpretes ningunha das mensaxes como unha invitación a marchar, para nós que un usuario deixe de colaborar é unha enorme pérdida. Ao contrario debes interpretalo como unha petición de que profundices no coñecemento do funcionamento da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:19, 26 xullo 2006 (UTC)
  • Eu tampouco creo que sobres. Ó revés, creo que fan falta máis coma ti. Eu onte metín moi ben metida a pata; iso si, aprendín para outra vez; pero son humano e non podo asegurar que non a volva meter, desde logo teño xa unha experiencia que me axudará a non facelo.
Preocupeime por facer unha fundamentación detallada sobre Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas non para que te sentises agredido, senón para evitar discusións e perdas de tempo, e para intentar que captases en toda a súa dimensión o que quere dicir punto de vista neutral (Lembra que me preguntaras por iso). Os avances que tes son innegables, pero estás traballando temas políticos. Iso é moi duro para empezar, é conflitivo e ademais, aínda que as cousas estean noutra wikipedia, non teñen por que estar ben, por outra banda é impensable que un artigo de política suxira o mesmo aquí e en EEUU.
Sígoche recomendando que, se traduces doutra wikipedia ou engades datos doutra wikipedia, o indiques no cadriño final da páxina de edición que pon resumo. Cando se mira o historial do arquivo, vense eses datos. A valoración que se fai da túa responsabilidade no artigo é diferente: non é o mesmo que crees datos inadecuados ca que os traduzas doutra wikipedia, cousa que se pode facer case inconscientemente. A fundamentación que eu fixen para o borrado tería sido diferente se nese momento soubese que era unha tradución. A meu xuízo, e creo que para outros, o feito de que sexa unha tradución implica que os criterios con que se elaborou a páxina non son os teus, todo o máis poden ser asumidos por ti, e, ó mellor, nin asumidos, simplemente pouco reflexionados.
Cando eu meto máis ou menos a pata, ó final, o que me digo a min mesmo é ánimo e sentidiño. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:20, 26 xullo 2006 (UTC)

Biquipedia editar

Hola, sí sí me parecia bien la propuesta. He creado la plantilla de traducción y luego te lo iba a comentar, pero te me has adelantado :-), bueno pues eso, puedes crear los artículos que quieras en galego o castellano en la biquipedia y ponles la plantilla {{Traduzión}}, así luego ya los traduciré. Un saludo --Willtron 19:19, 31 xullo 2006 (UTC)

Ola Norrin. Cambiei a licenza desta foto que ti subiches de en.wiki (aquí ve-lo cambio)

A orixe da bandeira é, como ti ben indicaches, http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Flag_of_the_Aosta_Valley.png . Procura non trocar as licenzas. Non se pode. Se copias unha imaxe PD de en.wiki, na Galipedia ten que ser PD. Se copias unha GFDL, ten que ser GFDL, non pode ser PD.

Ánimo, que cada vez o fas mellor e cada vez o farás mellor. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:17, 1 agosto 2006 (UTC)

RE:Image:Logos XMX editar

A lexislación de EEUU e a italiana son diferentes da nosa. A lexislación de EEUU permite a presenza de fotos por es:fair use. A italiana tamén ten diferencias, é menos restritiva do que a nosa, nós precisamos para publicarmos unha foto que o fotógrafo morrese hai 70 anos, eles 20 anos. Subir fotos doutras wikipedias ten as súas dificultades. Pódoche dicir case con total seguridade que non se poden subir.

Podo comprobar as fotos unha a unha, se o desexas; pero ponme,por favor, a ligazón a elas.

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:13, 5 agosto 2006 (UTC)

Subir imaxes editar

Primeiro creo que compre estar rexistrado e facer a entrada co teu contrasinal. Debaixo da caixa de busca están:

  • Páxinas que ligan con esta;
  • Cambios relacionados;
  • Contribucións do usuario;
  • Enviar un correo-e a este usuario;
  • Cargar un ficheiro;
  • Páxinas especiais;

Pois desta lista escolle a penúltima, "Cargar un ficheiro" e entras na páxina de subida de arquivos. Escolle o arquivo co botón "Examinar" no teu disco duro, na segunda caixa dáslle o nome co que queiras que apareza da Galipedia (supoño, nunca probei pois sempre utilicei o nome orixinal), logo fas unha pequenas descrición de que vai na terceira caixa e na final escolles a licenza que lle queres dar. As imaxes deben estar libres de CopyRight e lembra, cando remates, poñerlle os comentarios a maiores que queiras editando a propia imaxe onde saia a imaxe. Podes logo facer que apareza co seu nome iniciado coa secuencia [[image:.

  • Despois do nome do arquivo podes pórlle características de presentación na páxina: centrado, texto, tamaño, etc.
  • Para referirse á páxina onde está a imaxe úsase un código coma este: [[:image:Sobreira01.png]] e sairá este texto: image:Sobreira01.png
  • se a foto é túa e dáslle uso libre, podes abreviar o da licenza co template:DescricionDeImaxeGFDL
  • máis información en wikipedia:Como engadir imaxes

Encantado de saudarte. --Sobreira (parlez) 12:45, 7 agosto 2006 (UTC)

    • Coidado coas ligazóns das XMX que deixaches en italiano. Xa puxen eu ben as que me decatei.

Categorías editar

Ola Norrin, para a creación de categorías é preciso que haxa un acordo previo. As que estás desenvolvendo dentro de Category:Zooloxía non son a única alternativa. Pode ser conveniente utilizar nomes técnicos. Así a todo, os artigos que estás creando teñen moita calidade.

Algunha outra que creaches terá que ser tamén discutida, entre elas:

Probablemente, algún día, habería que crear esas categorías, pero hoxe poden non proceder. ¿Debemos crear categorías con dous artigos ou tres sen estar moi cargada de artigos a categoría principal? Facelo así, ademais de dar mala impresión, dificulta unha localización de artigos que se podería facer cun só golpe de vista. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:20, 12 agosto 2006 (UTC)

Flags of the world editar

Os datos de copyright están en http://flagspot.net/flags/disclaim.html#cop. Ti dominas mellor o inglés ca min. Eu entendo que non se permiten obras derivadas nin uso comercial, polo que non se poden subir, pois as imaxes teñen retricións que son incompatibles coa wiki. En Commons serían borradas inmediatamente por copyvio.

Síntoo. Ás veces, todo isto pode semellar excesivo. O celo que se pon nos dereitos de autor vén obrigado polo temor a agresións externas dos moitos grupos ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:53, 13 agosto 2006 (UTC)

PD. Por certo, estás facendo uns artigos preciosos (Aliados da Segunda Guerra Mundial)--Lmbuga Commons - Galipedia 16:56, 13 agosto 2006 (UTC)

  • Non sei de ningunha imaxe de Vicente Risco. Mirei por internet e non encontrei nada que subir. Probablemente a mellor idea sería ir ó seu lugar de nacemento (Ourense) pois ha de haber algunha estatua e fotografala. O malo é que me queda moi lonxe. Iso si, podería conseguir a información sobre onde queda calquera estatua. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:58, 13 agosto 2006 (UTC)


Creo que xa che respondín. Fai como queiras, ti mesmo. Eu non teño por que ter toda a razón, e respecto o teu criterio; agora ben -e non estou enfadado, nin quero facerche unha crítica, simplemente creo que esta é a miña obriga-, vou marcar para borrado toda imaxe que non permita obras derivadas e uso comercial (esas son as condicións necesarias), de xeito que haberá un espazo para discutir se se debe ou non borrar a imaxe. Non vou decidir eu, estou canso de facer de malo.
Apuntamentos:
  • É certo que ti non vas alterar nin comercializar as imaxes, pero todo o mundo sabe que as imaxes que se expoñen na Galipedia poden ser traballadas, transformadas e comercializadas. É certo que nós non violamos subindo esas imaxes os dereitos directamente, pero si indirectamente, porque ofrecemos as imaxes para que se violen os dereitos de autor, o cal pode ser máis grave porque é incontrolable.
  • Non creas que é doado manter, sen que haxa agresións externas, un proxecto que inclúe as Wikipedias e Commons ante tantos intereses creados que non desexan que a cultura sexa do dominio público. Actitudes como a que ti dis que vas tomar, de subir as imaxes porque simplemente che parece ben, aínda cando previamente se che di que non se pode, dinamitan o proxecto.
Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:02, 15 agosto 2006 (UTC)
  • Xa sei que non fas as cousas por mal, téñoo moi claro, o problema é que non podo vaticina-lo futuro. Hai cousas que están por discutir. O tema das imaxes está na Galipedia case no seu inicio. Quizais algún día acordemos subir esas imaxes que ti queres subir creando unhas condicións determinadas para elas (o esforzo de control será enorme e terase que implicar máis xente). Sen embargo, mentres non deamos solucionado os problemas que inda temos pendentes coas imaxes, sería un esforzo excesivo, para os poucos que nos dedicamos ó mantemento, abrir unha discusión que, ó final, nos levaría aínda a ter unha maior dedicación. Non dariamos abasto.

Se queres ver o que está aínda pendente coas imaxes, bótalle unha ollada a Category:Mantemento de imaxes. Polo xeral, andamos a buscar polas wikipedias as imaxes que aí hai para incorporarlle os datos que lle faltan e así non incordiar ós usuarios. Reducimos o número moitísimo e, certamente, créame un algo de angustia pensar en que poida subir de novo, pois non é un traballo nada gratificante.

Isto faime caer na conta de que levo xa bastante tempo sen me preocupar por baixar o número. Teño tantas frontes de actuación que nin me acordan. Espero que isto che sirva para comprender e ler entre liñas a anterior mensaxe. O caso é que non podemos permitir que se nos desmande ou complique a problemática das imaxes mentres non poñamos orde no que hai. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:53, 15 agosto 2006 (UTC)

Imaxes editar

Engadín datos que faltaban a Image:Bandeira imperial Irán.png e arranxeille a licenza.

Á caixa de datos das imaxes que sobes fáltalle unha liña :Orixe/''Source'':. Nesa liña tes que colocar un link (ligazón) á páxina orixinal para que a licenza sexa comprobable (xa o fixen eu).

Ademais, arranxei a licenza. Se editas a imaxe verás o xeito de escribila. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:54, 15 agosto 2006 (UTC)

Comentario ás puntualizacións (non son especialista nisto e considero que só un especialista debería tocar ese artigo. Vendo as túas aportacións creo que tampouco deberas tocalo):

  • NON foi un conflito entre dereitas e esquerdas: dereitas as había nos dous bandos.
  • Obvio e pouco serio. Foi unha guera civil non unha guerra entre Francia e Inglaterra (serbios, bosnios e croatas había en tódolos lados, o cal non quere dicir que eses non fosen os bandos contrincantes). O que podería ser serio sería facer un artigo ou un apartado sobre o concepto Guerra Civil as súas características e as súas repercusións.
  • NON foi un conflito entre catolicismo e ateísmo: católicos os había nos dous bandos, e os réximenes nazi e fascista que apoiarosn a Franco non eran precisamente pro-católicos.
  • O mesmo có anterior, pero ademais o catolicismo e o ateísmo foron utilizados como bandeiras antes, durante e despois da confrontación. Na miña opinión poderíase reformular cara a esta idea, pero non negar cunha obviedade.
  • As clases conservadoras do país non só eran a Igrexa e a Falanxe, isto é xeneralizar, cousda que non convén facer nunca. Ademáis, a Falanxe non era precisamente conservadora: tiña un programa social moi amplo, ao estilo da Carta di Laboro italiana.
  • Se se xeneraliza, expande a enumeración ata facer que non se xeneralice, pero non empeores o texto
  • Teño entendido que o contrario de conservador é liberal (non sei moito do tema), e a falanxe española, aínda que socialmente presentaba innovacións que a min me lembran curiosamente ó socialismo (seguramente digo unha barbaridade), era anticomunisma, antianarquisma, anticapitalista e tiña unha enorme aversión polo liberalismo.
  • Mais adiante di: ...a toma de poder por parte da esquerda(nacionalistas, comunistas e anarquistas). Penso que isto é moi deficiente: de feito, a maioría dos partidos nacionalistas daquela eran de corte centro-dereitista, e a esquerda non só eran comunistas e anarquistas, de feito eses eran minoría.
  • Creo que hai que engadir ós republicanos (pero non o vou facer eu)
  • Entendo que os nacionalistas estaban aliados cos republicanos, e aínda cando non estaban aliados, facían fronte común.

Cando vin que algúns dos teus cambios foran revertidos, observei con detalle a situación. Custoume moito ver o por que foran retiradas algunhas secuencias por Moderador, corrixín erros no artigo e intentei recuperar agunha aportación túa.

Considerando a calidade das túas contribucións, non me parece que sexas un especialista no tema, así que, por favor, non toques artigos de política que poidan ser controvertidos en que non sexas especialista, se algo tes que dicir faino na páxina de discusión como todo o mundo e deixa que os que estudaron a fondo esa parte da historia de España compoñan o artigo. Outro tipo de actuación, na miña opinión é case vandálico. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:01, 17 agosto 2006 (UTC)

Caixas de usuario editar

A política definitiva sobre as caixas de usuario está pendente de discusión, mentres tanto hai un período de espera no que non se deben crear novas caixas no espazo template. O tema das caixas de usuario foi motivo de conflitos noutras Wikipedias, en especial na Wikipedia inglesa e na Galipedia queremos evitar que iso se reproduza. En particular hai que evitar aquelas caixas que non sexan exclusivamente informativas e fagan referencia a opinións, crenzas, etc. Ten en conta que non é o mesmo unha caixa do tipo Babel que aquelas que manifesten as opinións dos usuarios. A existencia dese tipo de caixas contradice o sentido da Galipedia, unha enciclopedia na que poden colaborar persoas de orixes, opinións, crenzas,... moi diferentes e na que manifestar e clasificar os colaboradores segundo certas categorías resulta expecialmente inadecuado. Vou proceder ao borrado inmediato desas caixas, se queres mantelas tes que pasalas ao teu espazo persoal pero insisto en que teñas en conta o manifestado enriba e procures non entrar nesa vía que pode ser moi prexudicial para este wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:17, 18 agosto 2006 (UTC)

Con poñer o código que púxeches nos templates na túa páxina de usuario xa está, é mellor que o fagas ti porque por regra xeral non tocamos as páxinas de usuario salvo que sexan de bots ou cando hai un vandalismo ou algunha situación excepcional. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:04, 18 agosto 2006 (UTC)
  • Ola Norrin. Comprendo o das caixas de usuario: A min tamen me gusta coleccionar selos e moedas, e noutro tempo coleccionei cromos. Pero pretendemos que na Galipedia impere a seriedade e o punto de vista neutral. Quero que saibas que, mentres manteñas moitas das caixas de usuario que expuxeches na túa páxina de usuario, pois implican que necesitas autoafirmarte publicamente, eu non considero adecuado que edites en temas relacionados con esas caixas:
  • o feito de que tomes partido expresamente a favor da Irlanda libre na túa páxina de usuario e edites en páxinas sobre nacionalismos atenta contra o espírito do que é o punto de vista neutral e deixa quedar pesimamente mal o noso proxecto. Se non es capaz de non ter que autoafirmarte na túa páxina de usuario, non edites, por favor, en arquivos relativos a nacionalismos.
  • Se es católico romano, e precisas expresalo onde o expresas (o lugar menos adecuado), por favor non edites en páxinas sobre as relixións. Un usuario capaz de manter un punto de vista neutral, primaría ese punto de vista sobre a autoafirmación na súa páxina de usuario.

Colocar esas caixas na túa páxina de usuario significa minguar a credibilidade do proxecto. Por favor, retíraas ou deixa de editar neses temas para sempre.

Supoño que haberá xente que terá máis que dicir sobre outras caixas. Por certo, a da queimada, sabendo a problemática do alcoholismo na sociedade, é de pésimo gusto.

das outras non che vou dar o meu parecer porque me dá corte. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:51, 18 agosto 2006 (UTC)

  • Queríache explicar un pouco máis o por que me parece importante non autodefinirse en exceso en temas ideolóxicos ou relixiosos. Hoxe en día, o colocares as caixas que colocaches unicamente podería provocar que se lese entre liñas (con pouca confianza) as túas colaboracións; pero nun futuro, poderíanche traer problemas a ti e á comunidade da Galipedia. Explícome: Supón que entras nunha discusión importante sobre o punto de vista neutral dun artigo referido a calquera tema político. ¿Que vai ocorrer? O que vai ocorrer é que os usuarios que non teñan a túa visión ideolóxica vante "encasillar" antes de escoitarte. ¿E que fomentas coas caixas? Fomentas que en vez de sermos unha comunidade en que prime o diálogo, se creen grupos (así que outros usuarios as coloquen) ideolóxicos, relixiosos... en continua contraposición, e en contraposición non só nas discusións, tamén nas actuacións máis nimias. Sei que isto ocorre noutras Wikipedias, de aí que creo que teremos este ano que falar entre todos deste tema. Non debemos permitir que haxa factores que poidan quebrar a comunidade. Espero que o entendas agora un pouco mellor.

Quéroche tamén dar as grazas pola túa resposta. Non estaba enfadado cando che escribín a anterior mensaxe, nin moito menos, pero, como consideraba a cuestión moi importante, decidín facer unha intervención dura. Tiña temor de que te enfadases (estaba case seguro de que te ías enfadar), pero se ten enfadabas, xa vería logo de ir matizando como o estou facendo agora. A túa resposta supuxo para min unha agradable sorpresa. Penso que tan importante coma as colaboracións que estás a facer neste proxecto é que aportes o teu talante e a túa capacidade para recibir críticas. Non é frecuente e é un factor que pode facer de ti un valiosísimo usuario.

De tódolos xeitos, estou seguro de que algunha das cousas que dixen, polo que dixen ou por como as dixen, puideron ferirte. Síntoo. Xamais en min haberá ánimo de facerche dano persoalmente. Se trala intervención de Prevert tiveses reflexionado un pouco máis, ou simplemente preguntado a Prevert qué lle parecía a solución que adoptaches, eu non tería sido tan tallante. Quizais o meu maior defecto sexa que inda que no fondo e habitualmente son moi pouco agresivo, si o podo ser verbalmente en determinadas circunstancias. Evidentemente non é algo do que me orgulleza, inda que quizais algunha vez poida valer para facer un servicio á comunidade.

Grazas de novo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:02, 21 agosto 2006 (UTC)

Segundo a lexislación vixente, as fotos deixan de ter copyright 70 anos despois do 1 de xaneiro do ano seginte ó da morte do fotógrafo. O punto de partida non é o de realización da imaxe. Por outra banda a imaxe carece de orixe, polo que a licenza non é comprobable e nada sabemos do fotógrafo. Está marcada por non ter orixe.

Por desgraza a lexislación española é unha das menos permisivas (Italia, 20 anos; Arxentina, 25). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:09, 23 agosto 2006 (UTC)

  • É curioso o de pelegrín ou peregrín (non lembro ben cal dos dous), pois é a denominación dunha mascota dun ou varios anos santos. O vocábulo en galego é peregrino. Se non tivesen abandonado esa mascota, tería sido posible que, pasando moitos anos, tivese desaparecido a palabra peregrino da fala, pois a popularidade que tivo pelegrín foi asombrosa. Hai máis sucesos semellantes, que a min me resultan simpáticos, por exemplo, é xabaril, pero non sei como será o día de mañá de tanto xabarín club que escoitan os mozos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:18, 23 agosto 2006 (UTC)
  • Ola, púxente o punto pero non sae no seu sitio, revisa os teus cálculos. Saúdos e parabéns polo teu traballo.--AlberteSi, digame? 19:57, 23 agosto 2006 (UTC)

RE: Nacionalismo galego editar

Por suposto que non, adiante. --Fryant 18:52, 29 agosto 2006 (UTC)

Benvidas editar

Vexo que cada vez te preocupas máis -o cal che agradezo- por como traballan os novos usuarios. Agradeceríache tamén que procures antes de dicirlles aquilo no que non proceden correctamente que lles deses unha benvida. Para a benvida podes utilizar a template {{subst:Benvida}}, que é a que tes ti ó inicio desta páxina ou remodelar a que eu utilizo (User:Lmbuga/Avisos#Benvida, tes que cambiar a miña sinatura pola túa na penúltima liña).

Se algunha vez queres servirte da información que hai en User:Lmbuga/Avisos, non te cortes, coma se fose túa. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:39, 31 agosto 2006 (UTC)

Cando empezan a funcionar as búsquedas editar

Hola, queria preguntarche que hay que facer cando rematas un artigo . Para que apareza nas búsquedas. Ainda me faltan cousas ... pero por ir adiantando Un saudo --Asantinc 10:50, 1 setembro 2006 (UTC)

Aclaracion ... editar

Refirome a que para buscar o artigo hay que poñer exactamente o título ata con acentos ... , se embargo se busco por exemplo "Castelao" ... apareceme o seur artigo aínda que ese no sexa o titulo exacto. E dicir, quero que a xente que busque só Eduardo ... poida ver nos resultados este artigo. Non sei se me expliquei mellor ahora ... Moitas gracias.

Xa pero se pos a buscar "Eduardo" saenche .. moitos eduardos

  Eduardo Pondal , Eduardo etc etc etc.

En entre todos eses non sae o artigo de he como se ainda nos estivese indexado para que se poda buscar ou algo asi ... igual he que tarda un tempo en añadilo nos indices de búsqueda.

  • ok Moitas gracias.

Taizé editar

O Moderador é un usuario especial que non entra en debates, neste caso vou responder eu. Unha páxina creada por un anónimo que vai saltando polos wikis creando a mesma entrada, da que non hai posibilidade de verificación a non ser en páxinas web do propio grupo cumpre todos requisitos para ser considerada como posiblemente propagandística. Quizais tamén se deba valorar se hai que borrala, porque publicar artigos que non se poidan comprobar non axuda en nada a facer unha enciclopedia fiable. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:40, 1 setembro 2006 (UTC)

O artigo da Wikipedia inglesa semella do mesmo estilo que o creado aquí, con respecto ao da Wikipedia francesa semella un pouco máis completo, pero o problema non está en poder completalo con textos doutras wikipedias o problema é atopar fontes externas fiables para sustentar ese texto. É o mesmo criterio que temos que aplicar a todos e cada un dos artigos. Como a Wikipedia non pode ser fonte primaria temos que ter fontes que refrenden o aquí publicado. Non é suficiente o que poña a páxina web da comunidade Taizé, hai que atopar outras fontes externas fiables para considerar que a información pode ser válida. Se atopas esas fontes e consigues melloralo benvido sexa, lembra indicar na páxina de discusión unha referencia ás fontes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:14, 1 setembro 2006 (UTC)

Páxina desprotexida. --Moderador 15:49, 1 setembro 2006 (UTC)

Historia de Exipto editar

Grazas. Realmente aparentan moito máis asi como os preparei onte. O que fixen foi tomar o artigo Historia do Exipto Antigo e ilo subdividindo, o que xa pensaba facer desde hai tempo. Agora ireinos ampliando un pouco máis. Algo semellante farei con Grecia Antiga, ainda que o orixinal non o comecei eu. Por certo, para este tipo de mensaxes, que son máis ben persoais, talvez sexa mellor que cliques no meu nome e, á esquerda, verás a opción de mandarme un correo electrónico (ainda que tampouco me disgusta que me louven en público  :-D !!) Xosé (✉) 08:39, 2 setembro 2006 (UTC)

Ola Norrin, precisamente decidín presentar a miña opinión canto antes para que poidas ter en conta outros factores e críticas futuras. Creo evidente que, se non entendes, haberá discusión. Continúo en Talk:Nacionalismo galego--Lmbuga Commons - Galipedia 10:30, 3 setembro 2006 (UTC)

Re: Taizé e Template:Crono Tour editar

Esa é a liña que hai que seguir con Comunidade de Taizé, buscar outras fontes. A priori neste caso o Vaticano e a editorial Rialp semellan aceptables, en canto a revista Palabra non teño datos concretos sobre a súa fiabilidade, o que non resulta aceptable para a Galipedia como fonte é HazteOir polas súas características e obxectivos que contradín a necesaria neutralidade que debe ter este proxecto. En canto a Template:Crono Tour cando teña un momento vouno mirar. Por outra banda, tiven que respostar á túa intervención na Taberna no apartado Ano da Memoria porque afirma algo que non se axusta á realidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:57, 4 setembro 2006 (UTC)

Marquei a imaxe para borrar. Expuxen os argumentos ó final da páxina Template:Imaxes para borrar. Podes argumentar alí se o desexas (a favor ou en contra).

Outras cousas:

A pesar de todo o que poidan darche a entender as miñas accións, desexo manifestar que valoro positivamente a túa coaboración e a túa evolución como usuario (cousa que xa che indiquei máis veces). Non dubides en contactar comigo para o que desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:34, 5 setembro 2006 (UTC)

Homónimos editar

Por favor lembra para outra ocasión que usamos a palabra homónimos e non desambiguación, para designar as páxinas que inclúen unha relación de artigos que utilizan no seu título palabras semellantes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:53, 14 setembro 2006 (UTC)

Despedida editar

Ola Norrin strange!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

N.ismo catalán(ismo) editar

Como sei que traballas moito en temas de política, e moi ben, avísote para que non che collas de imprevisto e dupliques traballo: se pensabas crear nacionalismo catalán, que saibas que se creou un co título catalanismo. Ponte de acordo co outro editor ou comenta as preferencias do título na páxina de discusión, porque supoño que se poderían xuntar ou coordinar. --Sobreira (parlez) 00:27, 3 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Norrin strange. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 6 decembro 2006 (UTC)

Mira en User:Slade/Cartografia editar

Coido que tes mal o cálculo a partir das coordenadas en User:Slade/Cartografia: A Coruña sae no Atlántico sur. Saúdos.--Agremon(contacto) 21:26, 30 decembro 2006 (UTC)

Naranjo de Bulnes > Pico Urriellu editar

Por se se dá unha das dúas circunstancias que expresei en Talk:Pico Urriellu (non hai nome oficial ou Pico Urriellu é o nome oficial) procedo a indicarche que a para que sexa aceptado o cambio Naranjo de Bulnes > Pico Urriellu é necesario fundamentar con referencias a validez oficial do segundo topónimo.

Por falta de tempo non podo agora pescudar sobre o asunto. En caso de non se atoparen referencias, a acción de mover páxina debe desfacerse--Lmbuga Commons - Galipedia 19:28, 31 decembro 2006 (UTC)

Template:Galicia editar

Ola, alédome de verte outra vez por aquí. Esta mensaxe está relacionada co contido actual do Template:Galicia, non cumpre o requisitos de neutralidade que esixen as políticas da Wikipedia. Agora teño que marchar pero pola tarde terei que borralo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:43, 29 xaneiro 2007 (UTC)

Autonomismo e nacionalismo editar

Desculpa por meterme, pero teño unha opinión sobre o artigo. Está bastante ben e penso que se pode traducir, pero a súa neutralidade depende do título que lle deas. Eu propoñería: Lista de movementos autonomistas, federalistas e independentistas.--AlberteSi, digame? 23:43, 3 febreiro 2007 (UTC)

  • Hai que recoller tódalas sensibilidades, e é certo que hai moita xente que considera O Bierzo e aledaños territorio galego, ou con capacidade para o decidiren. Mais penso que o template foi borrado polo título que lle diches: Galicia. Ó mellor con outro título...--AlberteSi, digame? 12:19, 4 febreiro 2007 (UTC)
Non puiden responder ata agora, fareino nunhas horas. Non telo feito antes non significa máis que non tiven tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:36, 5 febreiro 2007 (UTC)
Non pensei nada en especial, só que nas últimas dúas semanas vou xusto de tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:44, 5 febreiro 2007 (UTC)


Resposta sobre en:List of active autonomist and secessionist movements

En xeral o uso de listas debe limitarse a aquelas que ofrezan unha información engadida a que pode dar unha categoría. Certas listas resultan problemáticas porque requiren un traballo de verificación excesivo ou porque fan afirmacións dubidosas. Revisei a que propós, que estea publicada na Wikipedia en inglés pode parecer que sexa unha xustificación para que poida publicarse aquí, pero revisando o historial vese que está cheo de edicións de enderezos IP, atopanse entradas e saídas de grupos, reversións,... ata a propia páxina ten unha aclaración ao principio. Todo iso é indicativo de que a clasificación non resulta tan clara. Mesmo os calificativos utilizados para nomear os diferentes grupos semellan apuntar un punto de vista. A nosa función non é tanto facer unha clasificación da realidade —máis alá do imprescindible— como ofrecer aos lectores instrumentos bastantes para que poidan tirar conclusións propias e non reducir os artigos á relacións de datos. Entendo a túa prevención neste tema, temos borrado varias das listas que creáches por diversos motivos. Tamén é certo que correspondían a temas ou asuntos "polémicos" (por chamarlle dalgún xeito) que soemos evitar. Evidentemente, que un tema poida dar pé a conflitos non quere dicir que se deba evitar sempre, pero si que hai que ter especial coidado en verificar que as afirmacións son certas e os datos reais. Se tivera que publicar eu a páxina pensaría cal é o título máis apropiado para a lista e comprobaría unha a unha cada entrada antes de poñela como certa. Semella un traballo moi laborioso, ao mellor xa tes datos sobre algunhas das organizacións reseñadas e é máis doado para ti. Para finalizar e como resumo, penso que a lista (o mesmo penso para outras listas e categorías) debe titularse buscando termos que non supoñan calificar dun xeito ou outro ditos movimentos e antes de publicala deben comprobrarse se os datos de cada entrada se corresponden coa realidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:36, 7 febreiro 2007 (UTC) Perdoa polo retraso na resposta. --Prevert(talk) 11:37, 7 febreiro 2007 (UTC)

Ten a precaución de verificar cada caso e especificar en cada entrada os datos precisos. Non te limites a facer unha tradución porque iso non resolvería o problema. Na páxina de discusión podes engadir información sobre as comprobacións feitas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:52, 7 febreiro 2007 (UTC)

Ola Norrin strange. Corrixín as licenzas das imaxes do artigo Manifestación polo Occitano porque segundo a ligazón que incluíches non están no Dominio público son GFDL. O marcador para estes casos é {{GFDL-user-w|oc|Wikipedia en occitano|ScArf}}, no que oc é o indicativo da Wikipedia, Wikipedia en occitano o texto que se visualiza e ScArf o autor. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:28, 27 xuño 2007 (UTC)

Re:Castelao editar

Por min encantado, ademais acabo de lelo, subliñando as frases máis "potentes". O malo é que deixei o libro en Madrid, pero algo poderei facer. AlberteSi, digame? 14:35, 1 xullo 2007 (UTC)

Re: Por favor editar

Ola Norrin. Mirareino esta tarde. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:10, 5 xullo 2007 (UTC)

Xa tiña a imaxe lista para cargar na Galipedia, mesmo fixen unha serie de marcadores para as imaxes procedentes de Flickr, cando me decatei de que a licenza na Wikipedia en inglés non concorda coa licenza en Flickr. En en.wp é CC-BY-2.0 mentres que en Flickr é CC-BY-NC-2.0 . A segunda non permite uso comercial polo tanto é incompatible coa Galipedia. Puido darse o caso de que o usuario de Flickr mudara a licenza con posterioridade á carga na Wikipedia en inglés (a licenza non é revogable, así que se en realidade fose CC-BY-2.0 non podería modificarse) ou que o usuario que a cargou se trabucara ao cargala (vin que foi bloqueado algunha vez por cuestións de copyright). Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:34, 5 xullo 2007 (UTC)

"Racismo"? editar

Porque "racismo" e não simplesmente racismo (no PNV)? Aquilo dos "maketos"... Obrigado/Graças. Sempre assino; aqui aconteceu que havia outro galipedista a editar e por isso, por ter que escrever duas vezes o mesmo, esqueci assinar. Desculpas. Quanto ao nosso amigo Arana, quando falava dos maketos... que era melhor ser basco e falar espanhol do que ser espanhol e falar basco... e coisas assim... Para mim isso é racismo. Também Franco, com leis anticiganas, era racista. Em geral, qualquer nacionalismo, sobre tudo se for tradicionalista, conservador, antiimigrantes, xenófobo... é racista. Um exemplo é o PNR português (neonazi), a PxC catalã, a UDC catalã (alguns da UDC), etc. Outros nacionalistas racistas bem conhecidos eram os fascistas e os nazis. Nunca estaremos de acordo, mas... por isso tirei as aspas no artigo do PNV (que parece que já deixou de ser racista, mas que foi). Graças. --Ibérico 20:05, 5 xullo 2007 (UTC) Já disse que o PNV não era racista, mas FOI racista. A UDC fala ultimamente muito de essências nacionais, de purezas... de impor catalanidades ou catalanices aos imigrantes, etc. Não são formas de racismo puro, mas estas coisas e a xenofobia, que é medo ao estrangeiro (muitas vezes "misoxenia", que é ódio) são maneiras de racismo talvez impuro, mas racismo. Muitas vezes também acontece que eles não falam claramente de "razas", o que não está bem visto nem é "politicamente correcto"; falam em eufemismos e circunlóquios, etc. O PNR, muito publicitado nos últimos meses na RTP: http://pt.wikipedia.org/wiki/PNR Saudações ibéricas. --Ibérico 11:01, 6 xullo 2007 (UTC)

Canarias e Intercélticos editar

Eu creo que non hai demasiado material, quizais algo si dos últimos anos. Pero vía libre pra facer spin-off, abofé, que a min non me dá a pacencia, ;) Con respecto a Canarias, é verdade a súa participación. Pero con respecto ao dos celtas, tampouco está Inglaterra, nin Suíza, nin Romanía, nin España, hehe, ;) Así que sempre será un celtismo estraño... --Xabier Cid 14:48, 12 xullo 2007 (UTC)

Re: Vandalismo editar

Moitas grazas. Xa o bloqueei, nuns minutos respondo á pregunta que me fixeches sobre o procedemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:32, 12 xullo 2007 (UTC)

O que fixeches é o correcto, desfacer a edición. Grazas por facelo porque resulta de grande axuda. Moitas veces con iso basta, pero noutras os vándalos seguen facendo edicións vandálicas. Nese caso dependendo do tipo de vandalismo protéxese a páxina ou bloquease a ese usuario. Teñeno que facer os administradores. Se localizas a algún activo nese momento faille saber o vandalismo (como fixeches hoxe) senón deixa unha mensaxe no Taboleiro dos administradores na sección vandalismo. No exemplo desta tarde se só fixera a primeira edición sen recuncar a cousa podería quedar así. No momento en que continúa é cando hai que bloquealo. Normalmente verificamos que tipo de IP usa, de onde procede, o historial de edicións (se o ten), a gravidade do vandalismo para determinar a duración do bloqueo. Sabemos que os IP que comezan por 200 e 201 na gran maioría dos casos fan edicións vandálicas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:50, 12 xullo 2007 (UTC)

Re: Vandalismo 2 editar

Ola Norrin. Estiven ausente e non bloqueei ata hoxe o IP que vandalizou Terra Galega. Xa pasaron algúns días e posiblemente na vindeira ocasión ese usuario utilice outro IP, así e todo un bloqueo curto serve para facer un seguemento dos IP relacionados co caso. Ademais serve de advertencia do rango de IP de orixe desas edicións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:05, 23 xullo 2007 (UTC)


Movimentos separatistas em Portugal editar

http://pt.wikipedia.org/wiki/Movimentos_separatistas_no_Portugal

Obrigado

Resposta do Chabi editar

Perdóa por escriver en castellán pero é que non falo moi ben galego. Perdona si he inclumpido alguna norma de la wikipedia, si es así, lo siento, no lo sabía. Lo hago desde que empecé a escribir en la wikipedia y, la verdad, no sé el porqué. Intentaré dejar de hacerlo y te pido paciencia, porque ya lo hago de forma automática en todos los artículos que edito (tampoco son muchos pero bueno). Aprovecho para pedirte ayuda. Esto editando el artículo Historia do pobo xitano y hay cosas que no sé traducir. Si quieres, yo lo traduzco a un "gallego aproximado" y tú me corrijes los fallos que pueda tener (que, seguramente, serán muchos). Grazas pela túa axuda e até máis ver. --Chabi 20:03, 15 agosto 2007 (UTC)

He visto que as tablas das línguas son sempre da mesma cor, aunque no sexan da misma familia ou rama. Quería-te preguntar por a política das tablas na galipedia porque noutras wikis, ha diferenzazón con cores. )Perdóa por a expresión e ortografía)--Chabi 21:03, 15 agosto 2007 (UTC)
  • Ola, retireille ao artigo Occitania o marcador de en uso por levar sen ser editado desde hai tempo, sempre podes volver poñer o marcador se vas traballar nel.--Miñato 17:34, 3 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:11, 3 outubro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:35, 25 novembro 2007 (UTC)


Non borres todo aquilo que non compartas editar

A wikipedia debe ser neutral, por iso tense que falar partindo de posturas maioritarias que poden (e deben moitas veces) ser matizadas por outras posturas. A túa visión sobre o País Vasco - Euskadi - Euskal Herria - Nacionalismo Vasco é respetable, non o duvido, pero non é maioritaria nin oficial Non podes pasar esa opinión polo que non é. Os retoques nos artigos foron feitos para que estivesen as principais opinións representadas. Borraches para que volte representar só unha. Non estamos aquí para facer propaganda ou apoiar movementos políticos. Un saúdo.Xermánico! 13:50, 31 decembro 2007 (UTC)

Creo lembrar que na localización de Windows Vista se usou Macau. Mañá comprobo. --  Sobreira (parlez) 22:03, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Garda Suíza editar

Ola, vin que andiveches nos artigos duplicdos da Garda Suíza. Unha vez fas a fusión dos contidos cambias o modelo a {{FusiónHistoriais}} e dese xeito os administradores decataránse máis rápidamente do choio que lles toca -). Bo traballo e a seguir nela. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 13:03, 3 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:58, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Aniversario editar

Ola Norrin strange. Mañá 27 de febreiro de 2008 cúmprense dous desque te rexistraches neste wiki, aínda que a túa primeira colaboración no proxecto en galego da Wikipedia foi un pouco máis tarde. Quero aproveitar o aniversario para lembrar e agradecer a túa contribución. Espero que continúes aquí durante moito tempo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:16, 25 febreiro 2008 (UTC)

De nada editar

  • Non hai de qué meu, de feito tiña pensado poñerme con elas, por eso de quitarlles o de "nacional", pero entroume a pereza... e hoxe vin que o fixeras ti e entráronme ganas de seguir un pouco e arranxar tamén a categoría :) faríao máis rápido có bot, pero non funciona ben e non lle gustan moito as tiles... :D grazas a ti polo teu traballo. Un saúdo --Banjo tell me 17:43, 10 xullo 2008 (UTC)

Mensaxe na taberna editar

  • Vin a mensaxe, vai ser un traballo duro, pero tes razón, hai que unificar os marcadores de cidades e demáis... teño que revisalo, pero vou necesitar algo de tempo, xa sabes que aquí as cousas van paseniñas... :D --Banjo tell me 18:09, 14 xullo 2008 (UTC)

Nacionalismo galego editar

O caso é que eu xa o propuxera hai uns meses con non bo resultado (Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas pechadas#Nacionalismo galego), e dende aquela non se modificou substancialmente, polo que de propoñelo agora xa saberíamos o resultado. Cómpre engadir referencias, fotografías (mañá é un bo día para facer unhas cantas, mágoa que eu non poida desprazarme até Compostela) e se cadra ampliar e mellora-lo artigo en xeral. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:36, 24 xullo 2008 (UTC)


Toponimia editar

Cal é o problema coa toponimia?--Hugo22 10:31, 26 xullo 2008 (UTC).

  • Eu tamén penso o mesmo ca ti. De feito dá bastantes problemas. Se queres traballar nos modelos de países, moitos dirixen ao nome da páxina, por exemplo Francia - France en lugar de Francia. Se quero que apareza en azul a bandeira de Francia, terei que redirixir Bandeira de Francia a Bandeira de Francia - France. Eu penseo que deberíamos deixar esa política pola que existe noutras wikis. Agora mesmo o nome que aparece ao carón do galego nos artigos, é a lingua máis falada no país e non a oficial (amín tamén mosqueoume nun principio porque, por exemplo en Bélxica só aparece o nome neerlandés, cando son 3 linguas oficiais)--Hugo22 11:02, 26 xullo 2008 (UTC).
  • Se queres facer unha proposta para deixar as formas duplas e quedar cunha soa, eu en principio estaría dacordo.--Arco de Rayne 11:07, 26 xullo 2008 (UTC)

Modelo editar

Non me atrevo moito a tocar no modelo porque é moi doado facer unha desfeita, e eu son moi dado a iso. Quizabes lle bote unha ollada máis adiante a ver se podo facer esas separacións que comentas (no da moeda) e eliminar unha separación de máis (antes do mapa sobra unha, creo). Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:43, 1 agosto 2008 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Norrin strange/arquivo 1".