Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Este artigo debe ser borrado por non respectar o dito en Wikipedia:Punto de vista neutral. O punto de vista neutral é unha ferramenta coa que tratar visións diferentes duns feitos. Esta política require que onde haxa ou houber puntos de vista en conflito, os feitos deben de ser presentados no canto de afirmados. Mais o problema neste artigo é que é o mesmo artigo o que crea conflito ("regodeándose" nel):
- Non se poden mesturar realidades tan diversas como as forzas políticas expresadas, identíficándoas, equiparándoas, sen ferir sensibilidades nos lectores implicados e sen supor unha fonte de descrédito para aqueloutros que o lean. O artigo, polo tanto, trivializa, reduce a realidade a unha percepción persoal, dificilmente compartible, insulsa e pueril.
- É profundamente parcial, deplorable e insultante a inclusión dos máis dos partidos -poida que de todos- presentes neste listado baixo o título Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas.
- A complexidade da realidade política, histórica e social dos diferentes países nomeados no artigo fai imposible concibir que haxa unha terminoloxía adecuada para os acoller cun único epígrafe.
- Este artigo é conflitivo por achegar fundamentalmente prexuízos que xorden da predilección por un particular punto de vista ou ideoloxía, de ideas preconcebidas. Non é un artigo obxectivo e, ademais, é simplista e irrepetuoso.
En conclusión, considero o artigo non neutral, extravagante, falto de potencial para converterse nun artigo enciclopédico, e produto da vaidade persoal. A Wikipedia non é un blog en que transmitir a propia identidade e ideoloxía (véxase Wikipedia:O que a Wikipedia non é)--Lmbuga Commons - Galipedia 14:39, 24 xullo 2006 (UTC)
Comentario O usuario que realizou este artigo estaba copiando unha páxina de en.wiki (cuestionada tamén en en.wiki): en:List of active autonomist and secessionist movements. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:21, 24 xullo 2006 (UTC)
Borrar Lmbuga expuxo razóns dabondo para borrala. --Prevert(talk) 21:42, 24 xullo 2006 (UTC)
- Borrar Hai un dito antigo que di "A Deus rogando e co mazo dando", pois por min que no quede, borrar. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:38, 24 xullo 2006 (UTC)