Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de grupos étnicos
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Lista de grupos étnicos editar
Sinceramente estou alucinado. Paréceme aberrante que se poida incluír os galegos como grupo étnico. Tras esa apreciación toda outra que se poida realizar no presente artigo carece de toda verosimilitude. Evidentemente, teño que solicitar o seu borrado.
As reflexións que podo facer son moi semellantes ás realizadas por min mesmo no artigo anterior, así que non as vou repetir.
Só vexo unha alternativa que pouco ten que ver con isto: converter esta páxina nun glosario de xentilicios. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:13, 24 xullo 2006 (UTC)
- Borrar Completamente de acordo coa exposición de Lmbuga tanto sobre está páxina como con Lista de movementos activos secesionistas e autonomistas. --Prevert(talk) 21:44, 24 xullo 2006 (UTC)
- Borrar Contades coa miña bendición para darlle os santos óleos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:42, 24 xullo 2006 (UTC)
DiscordoEsta páxina esta en proceso, pero é tradución da páxina da wikipedia en inglés. Se alí o poñen (e inclúen ós galegos) ¿por que non facelo nós?--Norrin_strange (Talk) 16:15, 25 xullo 2006 (UTC)
Neutro Estuven mirando a páxina en inglés, e está bastante ben. Sen embargo, paréceme que este artigo ten moi pouco valor se o comparamos co traballo que vai dar. Ademais, leín tamén a páxina en inglés dos grupos étnicos españois, e non sei ata que punto podemos considerar que nós somos un grupo étnico e non os casteláns ou os cataláns e non os aragoneses... Isto demostra que non podemos fiarnos de todo o que di a wikipedia en inglés. Volvo a repetir que a min tanto me ten se sacades o artigo ou o deixades. --O TinContradíceme se te atreves 12:00, 28 xullo 2006 (UTC)