Nacionalismo andaluz

Bandeira utilizada por algunhas organizacións nacionalistas

O nacionalismo andaluz é un movemento político e social que defende o recoñecemento de Andalucía como unha nación dentro de Europa.

Os principais partidos políticos que representan o nacionalismo andaluz son o Partido Andalucista (PA), o Partido Socialista de Andalucía (PSA) e outros partidos máis minoritarios e independentistas como Nación Andaluza (NA) e Asemblea Nacional de Andalucía (ANA). Tamén cómpre nomear o Sindicato de Obreros del Campo (SOC), o Bloque Andaluz de Izquierdas (BAI) e ó grupo xuvenil Jaleo!!!.

Historia do nacionalismo andaluzEditar

A orixe do andalucismo data arredor de 1870[1] cando un grupo de intelectuais comezou a interesarse polo folclore andaluz, frutificando na fundación do Ateneo de Sevilla, na aparición dalgunhas revistas e a primeira historia de Andalucía, publicada por Joaquín Guichot.

 
Bandeira de Andalucía recoñecida oficialmente na Asemblea de Ronda

A publicación do ensaio de Blas Infante, considerado polos andalucistas o pai da patria andaluza, Ideal andaluz en 1915 supuxo a saída do pensamento andalucista dun reducido núcleo de intelectuais[2], en 1918 convocouse a Asemblea de Ronda, que serviu para crear a bandeira e o escudo de Andalucía.

Na Segunda República Española o nacionalismo andaluz, da man de Blas Infante, consegue redactar un estatuto de autonomía para Andalucía, pero non chegaría a aprobarse debido ó estalido da guerra civil trala sublevación militar de 1936. Durante a guerra e o franquismo, moitos andalucistas foron fusilados (como Blas Infante) ou marcharon ó exilio.

Non sería ata 1973 cando rexurdiría o nacionalismo andaluz en Andalucía Occidental da man de Alejandro Rojas Marcos, fundador do Partido Socialista de Andalucía, que máis tarde pasará a denominarse Partido Andalucista.

O 4 de decembro de 1977 uns dous millóns de persoas saen á rúa por toda Andalucía pedindo a autonomía,[Cómpre referencia] convocados por tódolos partidos políticos salvo a Unión de Centro Democrático. Tralo referendo do 28 de febreiro de 1980, apróbase o estatuto de autonomía.

Actualmente o nacionalismo andaluz ten como emblema máis característico a bandeira nacionalista andaluza, que é a bandeira de Andalucía cunha estrela de cinco puntas vermella no centro, aínda que hai outras bandeiras nacionalistas, pero esta é a máis coñecida e empregada polos nacionalistas andaluces.[Cómpre referencia]

NotasEditar

  1. Rafael Sánchez Mantero Historia breve de Andalucía. Sílex Ediciones, 2001, páxina 148
  2. Eduardo Sevilla Guzmán Aproximación sociológica al andalucismo histórico. Ayuntamiento de Córdoba, 1990, páxina 21

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar