Abrir o menú principal

Conversa usuario:AMPERIO/Arquivo 6


Ano 2018


Índice

Wikirreto 2018Editar

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das LetrasEditar

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:56 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrataEditar

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Obradoiro WikidataEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversarioEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversarioEditar

Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Beatriz BenavidesEditar

Eu non o borraría. Engadiría a bibliografía que se indica no artigo de Cultura Galega, poría un enlace ao testamento e desenvolvería a redacción do artigo, pero non o vexo de borrado. Sobre a relevancia fálase nos parágrafos finais, algo que tamén cumpriría indicar no artigo da Wiki. --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xaneiro de 2018 ás 19:20 (UTC)

*presionar > facer/meter presiónEditar

Ola, Amperio. Premer é como oprimir. Por exemplo, premes no botón do ascensor para subir ao terceiro piso, ou non premes nun cardenal se non queres que che doa máis. Meter ou facer presión é o correcto para o castelán *presionar. Por exemplo, Metinlle presión a Fulano para que se poña a traballar, porque non vai dar entregado o traballo en prazo. Ou Que saibas que fixen presión entre os dirixentes, pero ao final non te escolleron para o posto. Tamén podes tirar por verbos con sentido figurado, como estrullar, espremer etc. Por exemplo, Por moito que Al Capone espremeu o matón do seu rival, non lle tirou nada novo. Ou, Estrulleino todo o que puiden, pero en balde. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2018 ás 12:15 (UTC)

RE:Artigos wikimaratón mulleresEditar

Púxenos ó chou, simplemente busquei os artigos de mulleres que son de calidade en es.wiki e metinos na lista sen mirar moito. Se xa os revisaches ti, entón quítaos sen problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 22:04 (UTC)

AliciaEditar

Ola, Amperio. A maioría dos erros que había eran froito do tradutor automático. Penso que quedou aqueladiño. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de febreiro de 2018 ás 20:39 (UTC)

Filipe I de BorgoñaEditar

Boas AMPERIO, o artigo Filipe I de Borgoña, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 13:05 (UTC)

Moitas grazas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:07 (UTC)
Boas de novo, ten o mesmo marcador Pravda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:44 (UTC)

@Elisardojm:   Feito!, tomeinas do artigo en inglés. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 19:11 (UTC)

Xenial! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 21:51 (UTC)

Inditex: PlagioEditar

Estimado AMPERIO: Veo que Ud. acaba de matizar una declaración en el artículo referente a Inditex (Nese mesmo ano, a empresa foi acusada de plaxio masivo). Tiene todo el derecho a proceder de ese modo, pero lo cierto es que las acusaciones de plagio no se circunscriben exclusivamente al año 2016. Este artículo es de 2011: http://www.periodistadigital.com/galicia/la-coruna/2011/02/15/inditex-acusada-de-plagio-otra-vez-retirada-camisetas-stradivarius-bloggers-moda.shtml Este otro es de 2017: http://www.flanderstoday.eu/living/limburg-artisan-wins-zara-plagiarism-court-case Este fue publicado hace solamente unos días: https://www.lainformacion.com/arte-cultura-y-espectaculos/moda/zara-y-sus-clones-de-gucci-en-la-coleccion-de-primavera-verano/6341348 Y se podrían aportar a la causa muchas más fuentes fiables (periódicos). Saludos cordiales.

Soleil222 (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 20:13 (UTC)

Re:MarcadorEditar

Boas, AMPERIO. Eu non atopei ningunha referencia para engadir ao artigo e non teño ningún problema contigo, concordo tamén co marcador no artigo, ata o minuto. Sen embargo, tamén creo que o asunto é para unha conversa no mesmo artigo. Desculpe os inconvenientes e as molestias que isto poide ocasionar pero é un artigo enciclopédico necesario, grazas e un saúdo cordial.--Bluestone Beagle (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 10:52 (UTC)

Si lees el mensaje de inicio hasta fin, entenderás la idea. Si no tienes problemas en que ocupe castellano, es un alivio porque no tengo tanto dominio del gallego que digamos.--Bluestone Beagle (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 11:18 (UTC)
Cuando la plantilla dice: "Cómpre revisar os contidos para adaptalos ao libro de estilo". Disculpa si es ignorancia pero ¿a qué se refiere exactamente?.--Bluestone Beagle (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 11:26 (UTC)
Ahora entiendo tu explicación y estamos más claros. Cuando tenga más tiempo visualizaré lo que puedo amplificar. Muchas gracias, un saludo y ha sido un gusto.--Bluestone Beagle (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 11:41 (UTC)

Pobo livonioEditar

Non te preocupes, sigo traballando no artigo. Grazas polo interese de todos xeitos.--Breogan2008 (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 12:59 (UTC)

Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018Editar

Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións pechadasEditar

Moitas grazas por facelo. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 21:56 (UTC)

RE:DúbidaEditar

É un trebello que cando teña tempo teño que poñer a punto e que pode ser unha pequena axuda para edicións rutineiras. O que fai é que cando lle das a editar unha páxina, creo que sae só nas de conversa pero agora non me lembro exactamente, fai que na caixa de ferramentas che saian outras ligazóns para engadir diferentes modelos. Teño que adaptalo á Galipedia porque agora mesmo é unha copia do orixinal de en.wiki, pero actualmente xa funciona para dar a benvida e para engadir o modelo de vandalismo (logo pódese cambiar o número na páxina para cambiar o nivel). Se queres podes usalo para iso, pero aínda non avisei á comunidade porque, como xa che digo, teño que traballar un pouco máis nel para adaptalo e engadirlle modelos que nos sexan útiles, pero ata despois do aniversario non me podo poñer con el. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 12:07 (UTC)

Protección de Carlos NegroEditar

De acordo. Espero que non faga falta protexela por máis tempo. Xa a vandalizaron onte desde unha IP diferente. De tódolos xeitos marquei o artigo na miña lista de vixilancia, así que estarei atento aos novos cambios. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 12:23 (UTC)

Deixámolo así polo momento. Se mañá volven ás andadas xa o protexemos por máis tempo. --Chairego apc (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 12:32 (UTC)

PoeEditar

Ola, Ampero. Creo que sei de quen ten o libro en papel. Mírocho mañá ou pasadomañá e xa che confirmo. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 26 de febreiro de 2018 ás 17:29 (UTC)

MediaWiki:SitenoticeEditar

Ola Amperio.

Creo que se falou de non meter máis avisos de ACs no sitenotice, non si?

Poderías retiralo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2018 ás 20:24 (UTC)

Bueno ;-) se nos poñemos niso, a iniciativa que deu lugar a poñer os avisos tampouco cumpriu a política de votacións. Foi pouco clara, precipitada e durou seis días. Tamén se podería dicir dela que non foi unha votación anunciada senón unha consideración que propuxo X a debate, na que algúns usuarios lles pareceu ben o que dicía. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2018 ás 20:41 (UTC)

Conflito ningún. Dior me libre! :-) --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2018 ás 20:55 (UTC)

Reino de Hungría (1920-1946)Editar

Boas AMPERIO! Vexo que andas dándolle duro ultimamente! Grazas pola proposta do artigo do Reino de Hungría, aínda que eu quizáis tería esperado un pouco a ver se as dúas últimas propostas conseguían algún voto antes de propoñelo, pero malo será, tampouco son artigos extensísimos. Non cho digo a mal, é a miña opinión, porque vimos duns meses con moitas propostas e igual a xente necesita baixar o ritmo... ou non. Teño pendente ler os artigos que propuxeches, estas semanas andei (e ando) liado con todo o relacionado con Eugenia Osterberger, pero espero rematar a lista entre hoxe e mañán. Unha aperta!! Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 21:41 (UTC)

Re:CorreoEditar

Xa me chegou, en canto teña un momento xa me poño con iso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 13:20 (UTC)

Wikirreto 2018 - FebreiroEditar

Parabéns! Gañaches o Trofeo de Ouro do mes de febreiro do Wikirreto 2018. --Chairego apc (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 12:07 (UTC)

 
Wikirreto 2018 Febreiro (Trofeo de Ouro)

Xoán IEditar

Ola, Amperio! Fixen unha revisión do texto. Creo que quedou ben, pero había parágrafos que lin en diagonal. Varios consellos:

  • cómpre distinguir a terminación -ase (subxuntivo) da terminación -ara (antepretérito). En moitas ocasións usas a segunda no lugar da primeira, e soa raro (pediulle que viñese, non *pediulle que viñera).
  • nas oracións subordinadas (as introducidas por "que", ou "cal") o pronome anteponse ao verbo (pediulle que o collese, non *pediulle que colléseo).
  • a preposición 'cara' vai sempre acompañada de 'a' (dirixíronse cara ao sur, non *dirixíronse cara o sur).
  • o complemento directo non leva diante a preposición 'a' (aparece explicado en complemento directo).

E creo que iso é todo :)

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2018 ás 12:45 (UTC)

IP UDCEditar

esta ip é da universidade da coruña e eu non creei ese artigo --193.144.61.240 1 de marzo de 2018 ás 19:03 (UTC)

RE:Urraca HenriquesEditar

Listo, só había que borrar a interwiki na páxina de wikidata do artigo en ruso e engadila na páxina onde estaban as outras interwikis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 00:12 (UTC)

Si..., ó mellor habería que borrar a páxina do artigo en ruso en Wikidata porque agora xa está ligada na páxina correcta, pero iso creo que xa se ocupa un bot de facer limpeza de cando en vez O:). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:30 (UTC)
Pois non, non o vira, non sei por que non me sae na lista de vixilancia, grazas por avisar. Era visto que nalgún momento pasaría iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 12:39 (UTC)

Premio Xoán Manuel Pintos para a GalipediaEditar

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

SitenoticeEditar

Boas AMPERIO, agora decátome de que puxeches o aviso do artigo de calidade e resulta que o luns habería que poñer un aviso do aniversario da Galipedia e do wikimaratón para que se vexa esa semana. Paréceche ben que o cambie e cando remate volva poñer o do artigo de calidade? Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 02:06 (UTC)

Moi ben, graciñas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 10:04 (UTC)

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzoEditar

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Aviso de Reino de GaliciaEditar

Boas AMPERIO, vin o aviso que engadiches no artigo do Reino de Galicia, pero, a non ser que consideres que fan falta moitas referencias ou moitos arranxos, eu penso que sería máis axeitado comentar os problemas na páxina de conversa. Hai que ter en conta tamén que o aviso non da gran información, co cal, é complicado amañar as eivas que teña. Pola contra, se na conversa indicas os apartados que precisen referencias e os que sexan problemáticos, será moito máis sinxelo traballar sobre eles.

Se realmente o que consideras é que o artigo precisa unha revisión e mellora de moitos apartados, en canto a contidos, non en canto a formato, o que habería que facer sería solicitar unha revisión da súa condición de calidade... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 19:44 (UTC)

Cabezallos dos portaisEditar

Ola AMPERIO! Mira unha cousiña, quería poñer cada caixa de cada sección do Portal:Diversidade sexual dunha das cores da bandeira LGBTQI+. Sabes como se pode facer? Habería que facer nove cabezallos con nove cores... Como o ves? Terá solución?? Graciñas! Piquito (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 22:27 (UTC)

Si, habería que crear eses cabezallos, o problema é que non encontro o xeito de que haxa varios cabezallos distintos, só aparece un ao poñer o modelo da selección aleatoria de portal... tes idea de como pode facerse?? Espero terme explicado. Un saúdo! Piquito (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 23:07 (UTC)

RE:ImaxeEditar

Pois non sei que lle pasa, o que atopei é que se no pé da imaxe se engade a ligazón ó ano, non se mostra. Provisionalmente quiteille a ligazón para que se visualice correctamente, cando teña máis tempo revisarei o que pode pasar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:17 (UTC)

Si, antes si, agora que lle quitei a ligazón no pé de imaxe xa me sae ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:27 (UTC)
Está amañado, faltaban uns corchetes noutra imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 23:21 (UTC)

Orixe da cienciaEditar

Ola AMPERIO. Moitas grazas por arranxares o artigo Orixe da ciencia, cousa que eu non souben facer. --XoioÉche o que hai 8 de marzo de 2018 ás 17:26 (UTC)

IP ofensivaEditar

Tamén eu o creo, AMPERIO, pero por cautela optei por darlle antes ese aviso na Taberna (non sei se faría ben deixándoo pasar, en fin...). O que é seguro é que non haberá unha segunda advertencia. Se persiste, o administrador de garda fará ben en bloquealo -sobran os motivos-. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 8 de marzo de 2018 ás 18:59 (UTC)

Ben o sei, perde coidado. Coido que foi todo unha confusión; son consciente de que o artigo vai necesitar un bo lavado despois das actuacións de Cossue, empezando polo cabezallo. Para o mes falamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de marzo de 2018 ás 19:09 (UTC)

Proposta de borradoEditar

Ola, AMPERIO, propuxen para o borrado un Modelo que ti creaches hai catro anos. Levo meses dándolle voltas, e ao final creo que mellor que amañalo é borralo. Pero quero que o saibas para que poida sparticipar no debate. Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 12:09 (UTC)

Reino de AsturiasEditar

Ola, AMPERIO, acordáramos fai unha semana (non atopo a conversa) que eu ía facer unha parte do artigo do reino de Asturias e ti outra (ou algo así...) O caso é que creo que afirmei que nunha semana estaría a miña parte e non dou feito. Enguedelleime un chisco, desculpa, esta fin de semana remato sexa como sexa. Saudos --Cossue (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 14:13 (UTC)

@Cossue:, sen problema. Adícalle o tempo que consideres oportuno para rematalo. Pola miña parte non hai presa xa que agora estou coa tradución de Henrique III de Inglaterra. --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 14:36 (UTC)
@AMPERIO:, boas noites. Non retirei o marcador de "en uso" do artigo porque xa que ti me cediches a edición, eu quero cedercha a ti e se o retiro e non o ves, talvez veño outro usuario polo medio a modificar a cousa. Asi que por min todo teu! :-) Saudos Cossue (conversa) 18 de marzo de 2018 ás 22:44 (UTC)

Resúmenes de edición: corrección de erroresEditar

¡Hola! Me consta que los administradores son capaces de corregir los resúmenes de edición (lo sé porque me borraron uno que inserté en el artículo de Inditex hace semanas). En el artículo se Stephen Hawking acabo de escribir: "Ateísmo. Artículo publicado en Time de hace 1 hora". ¿Podrías eliminar ese "de", por favor? Gracias de antemano. Soleil222 (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 17:14 (UTC)

@Soleil222: Me temo que no se puede hacer eso. Los administradores podemos ocultar el resumen de edición, pero hasta donde yo se, no podemos modificar el contenido del mismo. De todas formas no te preocupes, se entiende que es una errata. Saludos. --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 17:18 (UTC)
  • Gracias por la puntualización. Ya llevo publicados 3 resúmenes de edición erróneos. Es una pena que las propias editoras no los podamos modificar. Perdón por las molestias. Soleil222 (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 17:29 (UTC)
Soleil222 me temo que poco puedo hacer yo en ese aspecto, como ves no depende de ser administrador o no el hecho de que se pueda o no cambiar. La verdad es que yo no me preocuparía demasiado por los resúmenes de edición. En mi caso muchas veces me limito a dejar el que viene ya predeterminado si estoy editando en una sección o utilizo genéricos como retiro marcador, pongo marcador... sin calentarme mucho más la cabeza. --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 17:34 (UTC)

Xeneralmente - XeralmenteEditar

¡Hola! Conforme a lo dispuesto en el artículo Galegofobia, Rosalía de Castro escribió en el prólogo de "Cantares gallegos" la expresión "a quen xeneralmente xuzgan". En la actualidad el DRAG no contempla el término "xeneralmente". ¿En el siglo XIX sí? Soleil222 (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 19:08 (UTC)

  • Hola Soleil222! El gallego, como todos los idiomas, va cambiando constantemente con el paso de los años. Cuando Rosalía escribió su obra, la Real Academia Gallega (1906) aún no existía, por lo que imagino que cada uno escribía como le daba un poco la gana, o le sonaba mejor. Ten en cuenta que se venía de los Séculos Escuros en los que la lengua había caído en desuso en la literatura y solo se conservaba en la tradición oral. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 19:17 (UTC)
  • De acuerdo. Entonces no edito el artículo porque es muy probable que "xeneralmente", en este caso, no sea un error. Soleil222 (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 19:23 (UTC)

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global surveyEditar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)

Nikolai Rimskii-KorsakovEditar

Boas AMPERIO! Como ti andas máis posto en temas rusos poderías darlle unha revisión ao artigo de Nikolai Rimskii-Korsakov? Hai moitos nomes rusos que creo que puxen correctamente, pero non estou seguro. Graciñas, Piquito (conversa) 30 de marzo de 2018 ás 22:53 (UTC)

Grazas AMPERIO, quedará para máis adiante. Un saúdo, Piquito (conversa) 3 de abril de 2018 ás 14:41 (UTC)

Wikirreto 2018 - MarzoEditar

Parabéns! Gañaches o Trofeo de Prata do mes de marzo do Wikirreto 2018. --Chairego apc (conversa) 1 de abril de 2018 ás 14:14 (UTC)

 
Wikirreto 2018 Marzo (Trofeo de Prata)

RE:Elisa DíazEditar

Feito, grazas por indicarmo, non sabía como ía o modelo, era a primeira vez que o usaba. SaúdosMaria zaos (conversa) 1 de abril de 2018 ás 16:50 (UTC)

Informe sobre a bolsa da Fundación WikimediaEditar

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:56 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia surveyEditar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:39 (UTC)

RE:SitenoticeEditar

Boas AMPERIO, si, engadín o aviso a petición de Piquito e como aínda había tempo abondo para que se revisaran non vin problema, simplemente foi unha forma de dar aviso á comunidade de que eses artigos están propostos e animalos a participar na revisión e escolla. É certo que o ideal sería que os avisos se puxeran ó comezo de cada votación, pero se, polas razóns que sexa, non se fai, entendo que ese aviso pode seguirse poñendo se hai tempo para mirar o artigo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 09:38 (UTC)

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portadaEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia surveyEditar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:48 (UTC)

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portadaEditar

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:VotaciónsEditar

Boas, eu por min non vexo problema, pero a verdade é que non me lembro de que se fixera antes. Quizais o mellor sería preguntar na taberna. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2018 ás 00:03 (UTC)

Perfecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2018 ás 11:21 (UTC)

RE:Foto dos grandes duquesEditar

Ola AMPERIO! No tema das imaxes creo que hai unha diferenza considerable entre as imaxes de asasinatos, execucións e mortes violentas en xeral, e as imaxes de procesos biolóxicos normais. Unha exaculación é algo normal, un proceso que forma parte do corpo humano, pola contra, unha execución ou un asasinato non son procesos naturais, nin normais. Para min é naturalizar a violencia, e estou en contra diso, naturalizar o sexo non o vexo mal, se deixara de ser un tabú posiblemente habería menos problemas. Por outra banda, as persoas mortas non poden decidir sobre a súa imaxe, mentres que unha persoa viva que exacula pode decidir libremente subir un vídeo a Commons, é cousa súa. En definitiva, eu non creo que sexan cousas comparables. Vin que o artigo está tamén proposto para a portada, tentarei revisalo cando teña tempo, pero para min é difícil valorar tres artigos dese tamaño nun mes (dígoo polas dúas propostas de calidade e o artigo bo), recoñezo a miña parte de culpa ao facer dúas propostas o mesmo día, quizáis para aumentar a participación deberiamos agardar a que as votacións teñan apoios para non xuntalas moito e deixar respiro á xente, ou deixar que se pechen... non sei, non teño a fórmula, é complicado nunha comunidade tan pequena, quizáis a solución pase por conseguir que participe máis xente, ou por facer un Wikiproxecto no que a xente que participe revise os artigos antes das votacións para axilizar o proceso (isto faleino con Elisardojm hai tempo, pero non me decidín a facelo porque non estou seguro de que vaia conseguir un grupo de participantes suficiente como para ser realmente útil). Un saúdo, Piquito (conversa) 9 de maio de 2018 ás 11:52 (UTC)

Precisamente se normalizou a violencia poñéndonos en contacto con ela no día a día, a prensa ten moito que ver con esa normalización sacando imaxes de vítimas de atentados, catástrofes naturais... a constante exposición á violencia fainos insensibles a ela, a vemos como algo normal do noso día a día, e non debería ser así. Eu creo que sensibilizándonos con ese tema poderemos chegar a erradicalo, pero dende logo co traballo de normalización que está facendo a prensa non se conseguirá nada, é a miña opinión. Sobre a utilización das imaxes... é un tema alleo a min, eu non poría ese tipo de imaxes, e como creo que non deben aparecer tampouco me preocupa o que se poida dar a entender, de todos xeitos, como neste tema se mesturan temas políticos non me meto, porque é un tema que para min carece de interese. Polo tema dos "dereitos de imaxe" das persoas asasinadas, non sei se os dereitos de imaxe das persoas caducan, non caducan... eu o que penso é "gustaríame que se morro nun atentado ou me executan (cousas que espero nunca sucedan) gustaríame que a miña foto despois de que me mataran circulara (aínda que fora 100 anos despois) e ilustrara libros e enciclopedias que calquera persoa poida consultar ata que se extinga a especie humana?" A resposta é non, e en consecuencia eu tampouco o fago, no caso das momias é distinto, porque suponse que o que querían as persoas momificadas (canto menos no Antigo Exipto) era perdurar, e por outra banda, non estamos a falar de persoas que lles sacaran unha foto poucos minutos despois de meterlles unha bala na cabeza, por poñer un exemplo. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de maio de 2018 ás 21:09 (UTC)

Cambio de categoría na votaciónEditar

Ola Amperio, vin a túa mensaxe na miña conversa e tamén a mención na taberna. Paréceme ben que se faga o cambio que propós. Saúdos. --Gobraves (conversa) 9 de maio de 2018 ás 12:21 (UTC)

Re:AxudaEditar

Síntoo, pero xa me vou desconectar. Se cadra noutro momento se aínda non o remataches. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 13 de maio de 2018 ás 18:18 (UTC)

RE:parámetros para engadir no modelo biografíaEditar

Vale, botareille unha ollada cando remate un par de cousas pendentes, a ver o que podo facer. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 08:18 (UTC)

RE:Xoán I de InglaterraEditar

A ver se entre hoxe e mañá teño tempo a revisalo, grazas polo aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 11:51 (UTC)

Mira, estiven mirando o artigo o outro día e non puiden con el, é demasiado grande. Logo vin que está proposto para calidade e pensei que o mellor sería revisalo con tranquilidade e ben, non che parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 22:11 (UTC)

Ficheiro:Manif galego diadasletras 2018 compostela.jpgEditar

Ola, AMPERIO. Si, había bandeiras de sindicatos, partidos políticos e outras, tamén as independentistas. A asistencia era libre. Se fuches algún ano, verías que é algo habitual. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de maio de 2018 ás 18:27 (UTC)

Mapa de localizaciónEditar

Ola AMPERIO! Non concordo coa mudanza que fixeches no artigo de Hämeenkyrö‎, principalmente porque as coordenadas que dá adoitan ser onde está o centro da cidade, pero o certo é que en Finlandia frecuentemente hai concellos moi extensos (no caso de Laponia chega ao extremo) e moitos concellos fusionados que poden ter varios núcleos importantes. A imaxe do mapa creo que está ben porque ademais de verse a localización do concello, como na opción que puxeches ti, pode verse a extensión do concello. Por outra banda, vin en artigos doutras localidades que hai algún problema co mapa e as coordenadas, ata o punto de que no artigo de Almassora, o punto aparece no mar, por poñer un exemplo (xa advertín dese tema hai meses e ninguén o solucionou, por certo). Un saúdo, Piquito (conversa) 19 de maio de 2018 ás 20:27 (UTC)

Voo 139 de Air FranceEditar

Boas AMPERIO. Non te preocupes e deixa o artigo como o tes. Pódolle botar un ollo despois ás categorías e xa o amañamos así. Xa coloquei o aeroporto de Entebbe na cola, así que nuns días debería estar feito. Un saúdo! --Beninho (conversa) 21 de maio de 2018 ás 06:45 (UTC)

RE:Corrector ortográficoEditar

Pois penso que non se pode, polo menos eu non sei como facelo... Por outra banda, en que artigo atopas ese termo repetido? Non haberá que corrixilo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 21:30 (UTC)

Ah, xa vexo, pero non, non sei como pode facerse para que non dea eses falsos positivos. Ten en conta que esa ferramenta tan só é un revisor, detecta tódolos termos con posibles erros e márcaos, o editor é o que ten que comprobar se o termo atopado hai que amañalo ou non... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 21:52 (UTC)

Escudo oficial de CariñoEditar

Boas tardes Amperio,

Poñémonos en contacto desde o concello de Cariño xa que estamos tentando modificar o escudo actual dos perfís da wikipedia polo oficial e non o damos conseguido. O escudo verdadeiro é o que aparece como Escudo_Cariño.jpg e non Escudo_de_Cariño.svg .
O escudo actual estanos a ocasionar varios problemas debido a que as empresas de deseño gráfico e impresión escollen o escudo actual como verdadeiro, ocasionando demoras e erros en pedidos e produtos gráficos que o inclúen.
Solicitamos nos permitan cambiar o escudo actual polo verdadeiro e así incluír información axustada á realidade.

Moitas gracias por adiantado.

Simón Rey
Departamento de turismo - Concello de Cariño
Avenida da Paz 2, Cariño
--Turismocariño (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:13 (UTC)

Sen asuntoEditar

Nunca entenderei que pode levar a un usuario a votar a favor dunha proposta un día, consultar unha cousa do artigo nove días despois, recibir contestación ese mesmo día, e unha semana despois retirar o apoio á proposta para votar neutro... certamente non entendo por que alguén muda o voto sen dar explicación algunha a poucas horas de pecharse unha votación, para min iso é un feo, eu dende logo nunca o faría, antes de facer iso absteríame de votar. Non penses que te escribo para que mudes a túa idea e apoies a proposta, xa a pechei (rexeitada como querías, por certo). Non preciso que me contestes, certamente a estas alturas as túas explicacións xa non me interesan. Adeus. Piquito (conversa) 23 de maio de 2018 ás 23:04 (UTC)

Re: Modelo biografíaEditar

Grazas polo aviso Amperio. Foi unha cousa que me quedou pendente na editatón do 15 aniversario, e despóis esquezinme. Comentara con Elisardojm o tema do modelo biografía, porque a intención era a de ampliar o modelo para que servira para calquera biografía, en xeral, pero iso está ainda pendente y habería que amañar unhas cantas cousas, outra tarefa pendente máis. Lembro que o problema era na Raíña de Inglaterra, imaxino que o amañaches. Grazas de novo polo teu traballo. --Viascos (conversa) 28 de maio de 2018 ás 21:01 (UTC)

Leonor de CastelaEditar

Ola, Amperio; movín a Leonor de Castela a páxina de homónimos. Podes corrixir a ligazón en Leonor de Castela, raíña de Aragón? Como o tes en uso preferín non meterlle man para evitar conflito de edición.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de maio de 2018 ás 12:36 (UTC)

@Estevoaei: vale, pero hai unha Leonor de Castela que penso que debería ir nese artigo por ser quizais a máis coñecida. A que agora ten a ligazón como Leonor de Castela, raíña de Inglaterra, en castelán e inglés ocupa o artigo principal, pero supoño que da igual, a nova ligazón tampouco é errónea. --AMPERIO (conversa) 29 de maio de 2018 ás 16:02 (UTC)

Henrique III de InglaterraEditar

Hoxe, difícil. Pero mañá á mañá tratarei de buscar un momento para lelo a fondo. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 4 de xuño de 2018 ás 15:28 (UTC)

@Atobar:, sen présa, cando ti podas.--AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 15:30 (UTC)

ScórpioEditar

Boas AMPERIO, desfixen a túa edición no artigo porque non hai que adaptar as citas orixinais ó galego da RAG, só hai que traducir as que non estean en galego. Podes velo no artigo de Castelao e en moitos outros. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 17:31 (UTC)

@Elisardojm: pero nese artigo as citas están en portugués, ou nun galego moi semellante a esa lingua. Deberíase facer unha columna dobre na caixa de citas e poñelas en galego comprensible para todo o mundo. --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 17:40 (UTC)
Non está en portugués, está en galego reintegracionista, que usa unha grafía semellante á do portugués. Eu non vexo a necesidade de poñer o artigo en atención, tampouco en engadir unha adaptación ó galego da RAG, penso que pode entenderse sen problema... Pero se non concordas, falamos na páxina de conversa do artigo ou na taberna :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 18:08 (UTC)
@Elisardojm: a verdade é que tampouco me quita o sono o asunto. --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 18:37 (UTC)
Moi ben, que quede así entón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 18:54 (UTC)

NikeEditar

Ola, o principal que quería solucionar era que no Templo_de_Atenea_Nike había unha ligazón na que nike enviaba á marca. Lles (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:01 (UTC)

@Lles:, si si, xa dixen que me parecía ben, pero agora todas estas páxinas redirixen cara unha páxina de homónimos e a maioría falan de Nike, Inc. --AMPERIO (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:02 (UTC)
Mamasiña! Lles (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:10 (UTC). Non se podería facer un bot? Lles (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:14 (UTC)
@Lles: supoño que si, pero eu non sei facelo. Haberá que expoñer a cuestión na taberna, ou facelo a man. --AMPERIO (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:16 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @Lles: deixei un comentario en Wikipedia:A Taberna (axuda) a ver se alguén pode axudar. --AMPERIO (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 17:23 (UTC)

Grazas. Lles (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 11:44 (UTC)

RE:Javascript Wiki BrowserEditar

Mira, antes de nada dígoche que isto non é unha variña máxica, pode dar moito traballo, pero a vantaxe é que grazas a el o traballo que fas pode duplicarse ou triplicarse. É dicir, visto ó revés, o traballo que che levaría varios días podes facelo na metade ou na terceira parte de tempo.

A que ven isto? A que as edicións que se fan con este bot son semiautomáticas, é dicir, o programa vai buscando as páxinas a modificar, cando atopa unha, fai o cambio que lle dis e logo espera a que o editor confirme que ese cambio é correcto, cando o editor confirma o cambio, o bot garda a páxina. Isto implica que por cada modificación tes que revisar que o cambio está ben e darlle ó botón de gardar. Se tes que facer 1000 cambios, vas ter que darlle 1000 veces ó botón... Non che digo isto para botarte para atrás, dígocho para que saibas como funciona o trebello. Dis ti, pero se teño que darlle 1000 veces ó botón, que aforro? Aforras buscar o texto no artigo, cambialo a man, escribir o resumo de edición, etc, neses 1000 artigos..., un choiazo vamos.

Cando é un cambio moi sinxelo, unha cousa que sexa moi clara e que non precise revisión porque non está afectado por outros termos, e outras cousas (imaxina que quero cambiar exactamente o texto [[Pepe perez]] por [[Pepe Pérez]], un cambio que é unha cousa moi concreta por outra moi concreta), isto implica pouco traballo de revisión dos cambios do bot e podes cambiar 100 ou 100.000 artigos nunha patada.

Agora imos ó meollo. Para instalar o trebello tes que poñer o teu nome de usuario en Wikipedia:AutoWikiBrowser/CheckPage e engadir a chamada ó script no teu ficheiro common.js de xeito semellante a como teño eu en aquí.

Agora para executalo o único que tes que facer é acceder á páxina: Wikipedia:AutoWikiBrowser/Script, e prepárate para a "maxia" :).

Como funciona o script? Imos por pasos:

  • Primeiro tes que crear a lista de páxinas que se van a tratar, esa lista vai sair na caixa "Indicar lista de páxinas:". Para crear a lista tes que ir á pestana "Config.", e darlle ó botón Xerar, e na pantalla seleccionar como queres crear a lista de páxinas a tratar. O primeiro que hai que facer é seleccionar o espazo de nomes (a columna da dereita) e escoller "(principal)" para que o bot só traballe nos artigos (se nalgún caso se precisa traballar nos outros espazos, hai que cambiar isto, pero o normal é escoller "principal"). Logo, se tes que modificar os artigos que están nunha categoría, seleccionas esa opción, se queres modificar os artigos que teñen un modelo, seleccionas "Ligazóns a páxina" e "transclusións" poñéndolle o nome do modelo. Podes probar por exemplo a poñer "Modelo:Científico" e verás que crea unha lista de 648 páxinas, que se o comprobas verás que son case as mesmas que o inclúen, saen menos porque hai páxinas que o usan que non están en "principal".
  • Segundo, tes que indicar o cambio que queres facer. Para iso tes que ir á pestana "Edición", e no campo "Resumo:" pos o texto que queres que apareza, en "Substituír:" pos o texto que ten que atopar o programa e que se vai a cambiar, e en "Con:" pos o texto novo que vai quedar no artigo. Por exemplo, para o cambio que fixen de Nike puxen que buscara "[[Nike]]" e que o cambiara por "[[Nike Inc.|Nike]]" (previamente metera na lista de artigos os que ligaban coa páxina Nike).
  • Terceiro, tes que poñelo a traballar :). Para iso tes que premer en "Comezar", con iso o programa irá revisando os artigos da lista comprobando se teñen o texto a cambiar, cando atope un para e amósache na parte de arriba os cambios que vai facer, tes que revisalos, e, se son correctos, daslle a "Gardar", se non, daslle a "Saltar". Se os cambios que che amosa nun artigo están ben, pero hai que retocar algún detalle, podes modificar o artigo final na ventana da dereita "Área de edición - Está a editar:", esa pantalla ten o texto que se vai a gardar e podes modificala por se queres amañar algo. E isto é todo.

Outra vantaxe que ten o programa é que podes parar cando queiras e non tes que facer nada, simplemente pechas a páxina e listo, xa garda el todo. Cando volvas a abrir a páxina do JWB aparecerá no todo como o deixaches ó pechala e só terás que darlle ó botón de "Comezar" para seguir coa tarefa.

Moi importante, non debes usar isto co teu usuario porque podes encher a lista de cambios recentes xa que poden facerse centos de edicións en moi pouco tempo, se vas a usar esta ferramenta o que debes facer é: primeiro fai algunhas probas co teu usuario, por exemplo, busca un erro ortográfico que sexa moi claro que hai que cambiar, fai unha lista de páxinas o máis grande posible, e dalle a comezar. Cando leves cinco ou seis edicións, comproba que todo quedou ben, se todo está ben, continúa con outras cinco ou seis, se todo segue quedando ben, proba a amañar outro erro ortográfico e cambia outros poucos artigos.

Cal é a mala noticia? Que o programa é parvo, só atopa exactamente o que lle dis e cámbiao exactamente polo que lle dis. Por exemplo, eu teño pendente cambiar Instituto Nacional de Estatística por Instituto Nacional de Estadística, pero que pasa? Que ademais das páxinas que teñen iso atopa as páxinas que teñen "Instituto Nacional de Estatística de Portugal" ou "Instituto Nacional de Estatística de Bolivia"..., etc. Algunhas veces atopa moita "palla", e hai que darlle a saltar, pero aínda así paga a pena. Se te afás a usalo claro :)

Despois de facer as probas que che dixen, se queres continuar a usar o programa, o que debes facer é crear unha conta de bot. Isto é simplemente crear outra conta de usuario e solicitar a marca de bot para que as súas modificacións non saian nos cambios recentes. Isto podes facelo en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Xa che adianto que este é un choio bastante aburrido, pero é un gran traballo para a Galipedia e do que hai moita falta :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 13:23 (UTC)

Non é complicado, se queres que cho instale fágocho eu non me leva nin cinco minutos, e logo a idea resumo: o programa busca un texto nos artigos e substitúeo polo texto correcto, non hai máis. Logo o que da é traballo, pero é o que che digo, ese traballo rende por dous, por tres ou máis, dependendo da tarefa que teñas que facer... Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 15:43 (UTC)

ProtecciónEditar

Claro, dálle. Ben vista. --Atobar (conversa comigo) 11 de xuño de 2018 ás 15:11 (UTC)

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyrightEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Invasión turca a CangasEditar

Quiero saber por qué borradesme o traballo? Mateosx 21 (conversa) 6 de agosto de 2018 ás 18:09 (UTC)

Seguindo coa asociaciónEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradoresEditar

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociaciónEditar

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento EuropeoEditar

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)

Continuamos organizando a asociación de apoio á GalipediaEditar

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na GalipediaEditar

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Results from global Wikimedia survey 2018 are publishedEditar

1 de outubro de 2018 ás 19:25 (UTC)

Reino de Asturias e artigos similaresEditar

Ola, AMPERIO. Opino coma ti. Esa introdución que citas na miña páxina de conversa é un disparate, e mesmo a forma de poñer as notas/referencias a vulto sobre unha redacción tan pouco neutral (á marxe de que haxa ou non un pouso de verdade, como xa sinalas ti) é cando menos sospeitosa e non sei se non agochará unha folla de ruta (non entrei a revisar o historial de edición). Non obstante, estes días cóllesme de vacacións, e até finais da vindeira semana estarei o máis desconectado que me deixen. Importaríache solucionalo ti canda HombreDHojalata, que para estas cousas da neutralidade e o respecto á norma é un número un? Moitas grazas e desculpa que che devolva o morto, pero é que realmente estes días de portátil case nada... O que decidades, ben decidido ha estar. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 4 de outubro de 2018 ás 19:30 (UTC)

Modiificación en texto de portadaEditar

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pedro Ignacio Wolcan OlanoEditar

Muchas gracias por el contexto, hasta luego!!! Rei Momo (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 12:17 (UTC)

RE:URJCEditar

Boas AMPERIO, eu entendo que si dado que "Como regra xeral, os nomes das universidades e centros de ensino superior equivalentes tradúcense ao galego.". Do mesmo xeito que un topónimo se ten forma galega e forma parte do nome da universidade se traduce, se é o nome dunha persoa que se traduce (nomeadamente reis e santos) tamén. Outro exemplo disto sería a Universidade Católica de Lublin, de nome completo "Universidade Católica San Xoán Paulo II de Lublin", e non "Universidade Católica Jan Pawel II de Lublin". --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2018 ás 14:16 (UTC)

Futbol Club BarcelonaEditar

AMPERIO, revertín a túa edición no artigo da Supercopa 2018 de hóckey a patíns polos seguintes motivos:

  1. Hai un debate aberto sobre cal debe ser a forma do artigo.
  2. Puxeches só tin nunha das moitas veces que aparece a ligazón no artigo.
  3. Ao poñer o til dá a sensación erronea de que a Galipedia carece do artigo, cando o certo é que hai anos que está.
  4. No suposto de que o título da páxina se mudara a Fútbol Club Barcelona, a versión en catalán sería unha redirección cara á páxina co nome en galego, de feito hai ducias de páxinas co nome en catalán, dende as páxinas de competicións, algunhas de clubs, todas as tempadas de OK Liga e Copa de Rei, entre outras.

Prégoche que non mudes o nome mentres non haxa un consenso ao respecto. Piquito (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 13:29 (UTC)

Re: Borrado de artigosEditar

Boas, compañeiro!

Ando moito sen tempo, polo que, a pesar de querer demasiado, non teño condicións de facer o necesario para reparar tódalas deficiencias. Tamén vin que fai máis de ano que os artigos están marcados sen que alguén contribúa para melloralos, practicamente. Como son perfeccionista, por fin, lendo os artigos, vexo que poden ser moi mellorados, polo que entendo que é máis correcto borralos para seren refeitos no futuro máis breve. Por outro lado, podes marcalos para votación.

Saúdos. Judcosta (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 00:31 (UTC)

_

Bo día, en relación á "Votación para borrar Luiz_Caracol", se non fose por que me mencionou Hombre de Hojalata, non sabería desta votación. Mesmo así cheguei tarde para expresar o meu punto de vista.

Penso que todos artistas nos seus inicios teñen páxinas similares que van completándose a medida que pasa o tempo e van creando e publicando os seus traballos. Por exemplo, na páxina A_Viñeta_de_Schrödinger podemos atopar nomes de debuxantes noveis, algúns sen páxina e outros con ela, como Aldara. É difícil determinar o momento en que se poden considerar relevantes, mais desde o momento en que están relacionados con un produto que si o é, desde a miña modesta opinión, deberían poder ter a súa entrada na Wikipedia. En caso contrario podiamos caer no paradoxo de eliminar unha entrada para ter que creala de novo un ou dous anos máis tarde cando o/a artista "consolide" a súa carreira.

Eu propoño centrar os esforzos en completar publicacións sobre artistas recoñecidos que teñen páxinas cativas como por exemplo Pilocha en vez de buscar páxinas para o seu borrado ;-)

Grazas! Apertas! --Marcos Vence Ruibal

@Mvence: como comprenderás non vou buscando artigos para propoñer o seu borrado. Agora mesmo non lembro como cheguei ata o de Luiz Caracol, pero probablemente sería realizando algunha tarefa de mantenimiento. Se o propuxen foi por que o seu homónimo en portugués, de onde é orixinario este cantante foi borrado por eses motivos. Se aquí na galipedia os usuarios consideran que si ten relevancia, benvido sexa entón. Non é un tema que me quite o sono. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 17 de novembro de 2018 ás 18:07 (UTC)

Preparación do servizo ORES na GalipediaEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anosEditar

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Proxecto escolarEditar

Deses artigos sabe Estevoaei, pero eu penso que si que había que quitarlles o modelo, e, se se quere, poñelo na páxina de conversa para que quede constancia da súa procedencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 21:18 (UTC)

Capitán Xeneral de GaliciaEditar

Boas Amperio. Hai case cinco anos preguntáchesme sobre o tempo exacto no que Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas fora Capitán Xeneral de Galicia, e non che fun de moita axuda. Quedei de avisarche se atopaba algo. Pois ben, achei un libro na biblioteca do meu centro no que ven unha relacións dos CX e o tempo de mandato. Tamén veñen as cidades que foron sede das Capitanías e unha bibliografía ao final. O libro é:

Voulle botar unha ollada e, se acaso, vou completando o artigo. Saúdos. Xosé Antonio (fálame sempre) 22 de novembro de 2018 ás 16:32 (UTC)

Non hai de que! Por certo, estiven botándolle unha ollada á páxina Capitáns Xenerais de Galicia e comparando cos datos que veñen no libro citado. Observo que hai moitas diferenzas, por exemplo, creo que Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas non chegou a ser CX. Fora proposto nunha asamblea da nobreza en Melide pero non chegou a selo pola oposición de Betanzos. Haiche moito que pulir! Se non consegues o libro en Madrid, quizais podas conseguilo pola rede de bibliotecas públicas de Galicia. A biblioteca do meu instituto está nesa rede, e por medio dela (proxecto MEIGA) pódese pedir o préstamo de calquera libro que estea nalgunha biblioteca da rede. Temos dous exemplares!! Un saúdo, Xosé Antonio (fálame sempre) 22 de novembro de 2018 ás 19:21 (UTC)

Cuarta malla de artigos da GalipediaEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Cabezallos portadaEditar

Boas, ese "fonslogo" está en MediaWiki:Common.css, poderías engadilo aí..., pero case mellor pregúntalle a Banjo, que sabe máis destes temas, se ese é o mellor sitio para poñelo ou habería que metelo noutra páxina porque eu non estou seguro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:39 (UTC)

Aínda que agora que o reviso, aí metín uns formatos do proxecto 1000 artigos 12-16... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:41 (UTC)
Ollo, ese fonslogo non o podes tocar, o que terías que facer sería crear outra clase con outro nome! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:44 (UTC)
Pois agora mesmo non me dou conta, mellor pregúntalle a Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 10:57 (UTC)

Entrega do Premio Rosalía de CastroEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Tratado de Londres de 1915Editar

Por suposto, botareille unha ollada, perde conta. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 16:47 (UTC)

Boas, o modelo "data" que se emprega no artigo deixa un espazo en branco cando vai seguido dunha coma. Non sei se isto se pode arranxar facilmente dende o modelo pero habería que botarlle unha ollada.--Breogan2008 (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 16:58 (UTC)
Revisado. Dareille un par de lecturas máis, pero eu non atopei máis nada que corrixir.--Breogan2008 (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 17:32 (UTC)

Nova firma dos estatutos de A3GALEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Modelo:PrimeiraLigaEscocesaEditar

Eu diría que pode borrarse porque, segundo vin, esa liga xa non existe (uniuse con outra liga escocesa), co cal non ten moito sentido telo, o que habería que facer sería actualizar o artigo, principalmente para explicar que esa liga pechou. Pero mellor que o confirme Xabier Cid. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 19:59 (UTC)

Hummm, non é exacto. A ver, o modelo é correcto, porque nese ano os equipos eran eses e a liga chamábase así. Outra cousa é que teña sentido ter un modelo da división de honra escocesa do ano 2013. Que quizais non. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de decembro de 2018 ás 10:01 (UTC)
@Xabier Cid: Entón que facemos? Borramos ou o deixamos?--AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 10:03 (UTC)
Hehe non sei... non sei cal é a estratexia de todo iso, se normalmente se deixan ou se borran os modelos das ligas xa pasadas... en principio mal non está, pero tamén pode ser que non se estea usando para nada. Eu miraría que é o que se fai nas demais ligas, e conforme a iso, deixaríao ou actualizaríao. Pero non teño tempo diso hoxe. :( --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de decembro de 2018 ás 10:06 (UTC)
@Xabier Cid:, por polo que vexo hai de todo (supoño que dependerá do interese de quen a creou ou do público). Temos por exemplo Modelo:Primeira División ou Modelo:Premier League, que si se van actualizando e temos páxinas (sen o modelo) como Primeira División da Arxentina que teñen como artigo principal Primeira División da Arxentina 2012/13. Polo que tampouco sei moi ben que decisión tomar. Elisardojm devolvo a pelota ao teu tellado ;) --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 10:13 (UTC)

Vale Xabier Cid, o modelo non está desactualizado é dun evento pasado, pero como agora esa liga xa non existe, eu penso que non é necesario. Habería que quitalo dos artigos dos equipos, que xa non están nesa liga nin nesa tempada, e listo... Se quere amosarse un historial de equipos desa liga por tempada non se vai poder facer con ese modelo, habería que facer un artigo novo con esa información... Non lle vexo nada de futuro..., polo menos tal e como está agora... Mándolle a pelota a Xabier :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 11:16 (UTC)

Non, a liga mudou de nome unicamente. É como se retiras o modelo da Copa de Feiras do ano 47 porque agora se chama Copa da UEFA. Ou sexa, se temos modelos de ligas anteriores, para gardar nun arquivo ou algo, debería manterse. Non sei qué valor ten se non é como arquivo. A decisión debería afcetar a todos os modelos deste estilo, quero dicir, que se nos cargamos a Premier escocesa do ano 13, tamén a Segunda B do ano 16 e a Arxentina do ano 12 e sucesivamente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de decembro de 2018 ás 11:27 (UTC)
Xabier Cid e Elisardojm, eu penso que eses modelos si habería que eliminalos, xa sexa la liga escocesa, española ou arxentina. Cousa distinta son as páxinas sobre esas ligas, e tempadas, que si resultan de utilidade a quen lle poidan interesar. Pero os modelos penso que si habería que retiralos, xa que do contrario podemos chegar a situacións nas que haxa un modelo por tempada nos artigos e que ao final haxa máis modelos que texto no corpo do artigo. Creo... --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 11:33 (UTC)
Xabier Cid, vale, se queres mantelo eu non teño problema, pero habería que poñerlle o modelo de "historia da Galipedia" ou como se chame, e quitalo de tódolos artigos de equipos que agora xa non están nesa tempada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 11:47 (UTC)

  Concordo. --AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 11:55 (UTC)

  Concordo. Con retiralos todos. Ou con mandalos todos a "historia". A única dúdbida que me entra é se nalgúns artigos non se usará iso en vez de poñer os equipos que xogaban eses anos... pero como di Amperio, non deberiamos usar modelos pró que debería estar no corpo do artigo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de decembro de 2018 ás 12:00 (UTC)

Elisardojm podes ocuparte disto?--AMPERIO (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 12:02 (UTC)
  Feito!, engadinlle o Modelo:Xacemento wikipédico e quiteino dos artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 13:55 (UTC)

RE:WikidataEditar

Que elementos queres traducir? Para traducir a descrición só tes que darlle a editar. Outros elementos, como por exemplo o lugar onde está soterrada, tes que premer en cada un deles, darlle a editar e traducilos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 10:34 (UTC)

RE:1000 artigos para alumnos 12 a 16 anosEditar

Pois o criterio que seguín, xa que eu descoñezo o currículo galego, foi buscar artigos relacionados con Galicia para substituír ós correspondentes relacionados co País Vasco que había en eu.wiki en cada materia, os que me pareceron de carácter xeral deixeinos. Por iso pedín axuda varias veces para que xente con coñecementos do currículo galego botara unha ollada e axeitase mellor a lista e algúns usuarios fixeron algúns arranxos, pero entendo que aínda teñen que revisarse máis. Por iso é preciso contactar con xente que traballe con esas materias para que axuden a revisar a lista. Mirarei a páxina que me dis a ver se podo axeitar algo máis a lista, pero polo momento non teño moito tempo, a ver se un pouco máis adiante, pero moitas grazas pola ligazón que non coñecía :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2018 ás 21:36 (UTC)

Non me decatara porque no meu navegador sae ben, agora probei co Exploter e vexo que tes razón, tentarei amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 17:35 (UTC)

TrasladoEditar

Boas AMPERIO, podes mover Alexander Solzhenitsin a Aleksandr Solzhenitsyn pola política de romanizacións? Grazas! --Norrin (Fálame) 22 de decembro de 2018 ás 20:15 (UTC)

RE: FinlandiaEditar

Ola AMPERIO. Grazas pola páxina, o certo é que non a coñecía, tereina en conta para o futuro, polo momento a miña intención con respecto as artigos finlandeses é crear/ampliar contidos de diversa índole para que haxa variedade para o portal (poder destacar artigos históricos, xeográficos, culturais, biografías variadas, mellorar algunha cidade para que os artigos desa sección teñan algo máis de contido...) pouco a pouco, co Wikiproxecto que fixen xa hai unha serie de artigos a crear/mellorar encamiñada a iso, pero cando iso estea máis desenvolto está ben ter a páxina a man.

Aproveito para tentar relaxar un pouco a tensión, situación que a min persoalmente non me interesa. Xa che expliquei os motivos do meu enfado e pode que no seu día pecara de brusquedade na miña mensaxe, se te sentiches molesto pídoche desculpas, non me sentou ben como actuaches, máis aínda tendo como tiñamos unha relación normal, o certo é que o que máis me molestou é que o fixeras ti máis que o feito en si de mudar o voto sen dar explicacións. Non tomes as críticas que poida facer dos artigos que edites como algo persoal (creo que o da imaxe da guerra civil finlandesa o tomaches así), porque non o son. Espero que poidamos ter un trato cordial e que haxa unha comunicación fluida e construtiva. Bo Nadal a ti tamén. Piquito (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 18:16 (UTC)

Motín do BountyEditar

Penso que xa está. Bótalle un ollo, a ver como quedou. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de decembro de 2018 ás 20:39 (UTC)

Marcadores de WikiProxectoEditar

Ola AMPERIO. Vin que engadiches nas páxinas de conversa do artigo da guerra civil finlandesa e da rusificación de Finlandia o modelo de artigo de interese do WikiProxecto de Rusia. Creo que, se ben ambos artigos teñen relación cos contidos tratados nese WikiProxecto, quedan un pouco raros, especialmente no primeiro deles. No da rusificación véxoo axeitado porque Finlandia non era independente, pero no segundo a relación paréceme máis forzada porque cando tivo lugar o conflito Finlandia xa era un país independente recoñecido por outros moitos. O WikiProxecto de Finlandia aínda non ten marcador para os artigos (non o considerei -nin considero- algo urxente de facer), pero igual podería adaptarse o marcador do WikiProxecto ruso para que poida ser unha pequena barra que se despregue para ver a información como fan no artigo en lingua inglesa, e en xeral cando un artigo é de interese para moitos WikiProxectos, xa que agora queda un pouco raro un cartel tan grande sobre Rusia nun artigo de Finlandia... Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 00:34 (UTC)

Na miña opinión debemos evitar casos como o da conversa de Israel (7 marcadores!), certamente non vexo utilidade en que se vexan todos eses marcadores e podería simplificarse moitísimo de cara a que as discusións da páxina de conversa sexan máis visibles. Creo que a solución pasaría por simplificar todos, e quizais os dos WikiProxectos sexan os menos importantes, así que se podería comezar por eles, cos procesos de escolla de calidade, bos ou destacados na portada, creo que o que fan na Wikipedia en inglés é unha boa solución, poñendo nunha mesma caixa despregable todos os procesos de escolla aos que foi sometido o artigo e os seus resultados. Polo momento puxen os marcadores de Finlandia por riba dos de Rusia neses artigos, pero na miña opinión hai que ter en conta que eses marcadores son moi grandes, como haxa algún que sexa de calidade nunha segunda escolla, destacado na portada, polémico, teña achegas de varias Wikipedias e pertenza a dous ou tres WikiProxectos, os marcadores van ocupar moitísimo. Un saúdo, Piquito (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 15:25 (UTC)

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principalEditar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

O Artigo na Wikipedia en Galego encol da UDNG (Uniom por Umha Democracia Nacional Galega).Editar

Ola, legalizei ese partido no 14 de Xuño do ano 2006, o abandonei, segue a ser legal, e querería, ao menos coma algo testimonial, seguir agora dandolle algunha volta. De feito en Znet, onde publica moita xente de moito nivel,

non teñen problemas en que publique nela cousas, como entradas dun blog persoal, pero que soen aparecer en portada. O artigo The Sale of Galician Saving Banks

mesmo for incluido, con outros documentos, nunha denuncia presentada ante a OLAF, a Oficina Anti-Fraude da Comisión Europea, que activará nuns días unha conta para intercambiar información sobre o caso. Iso me dixeron. Na Galipedia non consigo que quiten a mensaxe de "publicación dubidosa" da entrada encol da UDNG. Poderías editalo ti, por exemplo? Ou procurarme algún consello. Non sei moi ben como funciona a tua páxina. Supoño que terei que volver a visitala. Ou na miña páxina de usuario. Se queres pasarme a información ao meu correo, é este: fernando.santamaria.lozano@gmail.com --Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 08:15 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:25 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:39 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:42 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:23 (UTC)

Mais sobre o Artigo encol da UDNG.Editar

Acho unha última solución: deixar o artigo como estaba antes de que eu redactara a sección "Ideoloxia." Alguén, non eu, redactou esa pequena entrada. Imagino que a teredes a versión nalgún arquivo. Encol da "teima," non sei ... A UDNG existe, ten acta notarial, acudin a Madrid a rexistrala na sede do Ministerio de Interior. Ten certa actividade na rede, como poidedes ver buscando en Facebook nas páginas de Anova-asamblea de Compostela, ou tecleando "Fernando Santamaria, Naomi Klein" no caxetín de búsquedas de Facebook. Presentei ultimamente escritos á WHO (Organización Mundial da Saude, encol dos presupostos da Sanidade Pública en Galicia), a Greenpeace International e dous eurodiputadas do grupo verde do Parlamento Europeo (Franziska Keller e Gabriele Zimmer) sobre a cuestión da Avaliación do Impacto Ambiental das plantas de Alcoa na Comunidade). E gustaría ter unha mención da UDNG, ainda que fose mínima, na Wikipedia em Galego.Fersanlo58 (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 12:06 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 12:13 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 12:15 (UTC)

Volver á páxina "do usuario AMPERIO/Arquivo 6".