Xosé Manuel Cabada
Xosé Manuel Cabada Vázquez, nado no lugar de Barro, parroquia de San Xurxo de Codeseda (A Estrada) o 6 de decembro de 1901 [1][2] e finado en Linares (Provincia de Xaén) o 2 de abril de 1936, foi un prosista, poeta e político galego, pertencente a Xeración de 1922, membro das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos.
Nome orixinal | Xosé Manuel Cabada Vázquez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de decembro de 1901 Codeseda, España |
Morte | 2 de abril de 1936 (34 anos) Linares, España |
Causa da morte | peritonite |
Lugar de sepultura | 1936: Cemiterio de Linares 1962: Cemiterio de Codeseda |
Relixión | católica |
Formación profesional | Maxisterio e Filosofía e Letras |
Educación | Seminario de Santiago U. de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Profesor de ensino secundario |
Empregador | Irmandades da Fala, Partido Galeguista, SEG |
Xénero artístico | Prosa e poesía |
Influencias | |
Influencias en | |
Obra | |
Obras destacables Vagalumes | |
Familia | |
Cónxuxe | non casou |
Fillos | non tivo |
Traxectoria
editarDe familia labrega, foi fillo de Manuel Cabada Prieto, natural de Marcenlos, e María Josefa Vázquez, de Barro. Xosé Manuel foi o segundo de tres irmáns. En 1918 entrou no Seminario de Santiago de Compostela ao mesmo tempo que estudaba Maxisterio e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou en contacto co galeguismo e asistiu á V Asemblea das Irmandades da Fala (1923). En decembro de 1925 morreu a súa irmán Emilia. Durante tres anos residiu no segundo andar do Pazo de Raxoi, como preceptor dos Nenos de Coro da basílica compostelá, alí vivía tamén Ángel Amor Ruibal (no primeiro andar), que era o cóengo encargado do coro. Dese xeito Cabada Vázquez foi discípulo, confidente, amanuense e secretario de Amor Ruibal.[3] Xosé Manuel foi ordenado diácono en xuño de 1930 e en novembro morreu Amor Ruibal.[3] En 1931 saíu da Imprenta, Lib. e Enc. do Seminario C. o seu poemario Vagalumes ilustrado por Camilo Díaz Baliño. Tamén en 1931 ingresou no Partido Galeguista. Ese mesmo ano obtivo o título de licenciado en Filosofía e Letras en xuño, abandonou definitivamente a carreira eclesiástica e ingresou, a comezos de outubro, como profesor no Colexio xesuíta Apóstolo Santiago de Teis, Vigo, onde coincidiu con Xesús Ferro Couselo. Asinou o 25 de outubro de 1931 o manifesto Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas.
Colaborou en El Emigrado, A Nosa Terra, Vida Gallega, Céltiga e Nós onde publicou varios poemas: "Na fala gallega", "O botafumeiro", "San Francisco pregando ós paxariños", "Festa en San-Iago"…[2]
Foi director dun instituto en Medina de Rioseco (Valladolid) en 1933, e trasladouse en 1934, tamén como director e profesor de latín, a outro de Linares (Xaén), onde compartiu aulas con Carmen Sierra Domínguez. Alí morreu prematuramente por mor dunha peritonite en 1936, antes de casar coa súa noiva a farmacéutica andaluza María Luisa López Jiménez.[3]
Vinte e seis anos despois, en 1962, os seus restos foron trasladados á súa Codeseda natal.[4]
Obra
editar- Iniciou a tradución ao galego do catecismo do Padre Astete.
- Vagalumes, verso galego, 1931. Con portada e varias ilustracións de Camilo Díaz.[5][6]
- Obra completa. Poemas e outros escritos, 2001 (edición de Manuel Cabada Castro).[7][8]
Galería de imaxes
editar-
Cos pais e irmáns.
-
Vagalumes, verso galego. 1931.
-
En Linares, Xaén.
-
Estatua na Estrada, por Maxín Picallo.
Notas
editar- ↑ Rodríguez Fraiz, A. Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Enciclopedia Galega Universal 4. p. 132.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Cabada Castro 2001.
- ↑ Blanco, M.; X. A. Fernández (2001). "A translatio dos restos do poeta Xosé Manuel Cabada Vazquez o cemiterio de Codeseda - A Estrada" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (4): 109–139.
- ↑ Versión escaneada na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Versión en PDF en TabeirosMontes.com.
- ↑ Escolma na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Versión dixital en TabeirosMontes.com.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alonso Montero, X. (1989). "Xosé Manuel Cabada Vázquez: O home e o poeta (cronoloxía, estudo e biografía)" en Vagalumes, reedición facsímile, A Estrada.
- Cabada Castro, M. (1990). "Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936), poeta, galeguista, educador. Representación dun anaco da nosa propia cultura". Grial n.º 105.
- Cabada Castro, M. (2001). Paixón poética e militancia galeguista. Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936). Do Castro. ISBN 84-8485-037-4.
- Cabada Castro, M. (2008). "Novos escritos de Xosé Manuel Cabada Vázquez" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (11): 109–139.
- Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 566. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, Francisco (1980). Poesía galega. Do posmodernismo aos novos. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-354-0.
- ——— (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 62. ISBN 84-7492-465-0.
- Fraguas Fraguas, Antonio (15/5/1990). "Da vida e da obra de Xosé Manuel Cabada". Faro de Vigo.
- Vilavedra Fernández, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Editorial Galaxia. p. 93. ISBN 84-8288-019-5.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Manuel Cabada |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Xosé Manuel Cabada |