Polonia nos Xogos Olímpicos

Polonia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1924, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos de Verán e de Inverno, agás en 1984, cando formou parte do boicot liderado pola Unión Soviética.

Polonia nos Xogos Olímpicos

Código COI POL
Comité nacional Comité Olímpico Polaco
olimpijski.pl (en polaco)
Medalleiro
Ouro
79
Prata
96
Bronce
145
Total
320

Os deportistas polacos gañaron un total de 320 medallas: 79 de ouro, 96 de prata e 145 de bronce. Polonia é o terceiro país máis exitoso (após Hungría e Romanía) que nunca foi sede dos Xogos Olímpicos.

O Comité Olímpico Polaco foi creado en 1918 e recoñecido en 1919.[1]

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  París 1924 65 0 1 1 2 22
  Ámsterdam 1928 93 1 1 3 5 21
  Os Ánxeles 1932 51 2 1 4 7 14
  Berlín 1936 143 0 3 3 6 22
  Londres 1948 37 0 0 1 1 34
  Helsinqui 1952 125 1 2 1 4 20
  Melbourne 1956 64 1 4 4 9 17
  Roma 1960 185 4 6 11 21 9
  Toquio 1964 140 7 6 10 23 7
  Cidade de México 1968 177 5 2 11 18 11
  Múnic 1972 290 7 5 9 21 7
  Montreal 1976 207 7 6 13 26 6
  Moscova 1980 306 3 14 15 32 10
  Os Ánxeles 1984 non participou
  Seúl 1988 143 2 5 9 16 20
  Barcelona 1992 201 3 6 10 19 19
  Atlanta 1996 165 7 5 5 17 11
  Sydney 2000 187 6 5 3 14 14
  Atenas 2004 194 3 2 5 10 23
  Pequín 2008 268 4 5 2 11 17
  Londres 2012 218 3 2 6 11 24
  Río de Xaneiro 2016 242 2 3 6 11 33
  Toquio 2020 210 4 5 5 14 17
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Total 72 89 137 298 19

Medallas nos Xogos de Inverno editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Chamonix 1924 7 0 0 0 0
  Sankt Moritz 1928 26 0 0 0 0
  Lake Placid 1932 15 0 0 0 0
  Garmisch-Partenkirchen 1936 20 0 0 0 0
  Sankt Moritz 1948 29 0 0 0 0
  Oslo 1952 30 0 0 0 0
  Cortina d'Ampezzo 1956 51 0 0 1 1 12
  Squaw Valley 1960 13 0 1 1 2 11
  Innsbruck 1964 51 0 0 0 0
  Grenoble 1968 31 0 0 0 0
  Sapporo 1972 47 1 0 0 1 13
  Innsbruck 1976 56 0 0 0 0
  Lake Placid 1980 30 0 0 0 0
  Saraxevo 1984 30 0 0 0 0
  Calgary 1988 32 0 0 0 0
  Albertville 1992 53 0 0 0 0
  Lillehammer 1994 28 0 0 0 0
  Nagano 1998 39 0 0 0 0
  Salt Lake City 2002 27 0 1 1 2 21
  Turín 2006 45 0 1 1 2 20
  Vancouver 2010 47 1 3 2 6 15
  Sochi 2014 58 4 1 1 6 11
  Pyeongchang 2018 62 1 0 1 2 20
  Pequín 2022 Evento futuro
  Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 7 7 8 22 24

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 29 20 17 66
  Boxeo 8 9 26 43
  Halterofilia 6 6 22 34
  Loita 5 9 13 27
  Esgrima 4 9 9 22
  Remo 4 4 11 19
  Tiro 4 3 5 12
  Judo 3 3 2 8
  Péntatlon moderno 3 0 1 4
  Hípica 1 3 2 6
  Natación 1 3 2 6
  Fútbol 1 2 0 3
  Vela 1 1 3 5
  Ximnasia 1 1 2 4
  Voleibol 1 0 2 3
  Piragüismo 0 8 14 22
  Ciclismo 0 7 4 11
  Tiro con arco 0 1 1 2
  Balonmán 0 0 1 1
Total 72 89 137 298
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Salto de esquí 4 3 2 9
  Esquí de fondo 2 1 2 5
  Patinaxe de velocidade 1 2 3 6
  Bíatlon 0 1 0 1
  Combinada nórdica 0 0 1 1
Total 7 7 8 22

Notas editar

  1. "History Polish Olympic Comitte". Consultado o 30 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar