Tiro con arco nos Xogos Olímpicos
O tiro con arco é un deporte que debutou no programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 1900 e que dende a edición de 1972 forma parte do programa de maneira constante. Durante as primeiras edicións, de 1900 a 1920, un competidor podía participar en máis dun evento. Ausente no programa dende 1924 a 1968, o tiro con arco foi reintroducido en 1972, en Múnic (República Federal Alemá) cunha proba masculina e outra feminina, ademais dunha normativa clara e precisa impulsada pola Federación Internacional de Tiro con arco (FITA). A partir de 1988 introducíronse as competicións por equipos.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | tiro con arco |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán |
Outro | |
Páxina web oficial | olympic.org… |
Os grandes dominadores deste deporte son Corea do Sur e os Estados Unidos de América.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |