Halterofilia nos Xogos Olímpicos

A halterofilia é un deporte que forma parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos dende os Xogos de 1896 celebrados na cidade de Atenas (Grecia). Ausente nos Xogos Olímpicos de 1900 realizados en París (Francia), volveu á competición nos Xogos Olímpicos de 1904 celebrados en Saint Louis (Estados Unidos de América). Posteriormente estivo ausente nas edicións de 1908 en Londres e 1912 en Estocolmo, volvendo definitivamente nos Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Antuerpen (Bélxica). A competición feminina non foi introducida até os Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney (Australia).

Logo olímpico da halterofilia.

Os grandes dominadores desta disciplina son a extinta Unión Soviética, a China e os Estados Unidos de América.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar