Cabalo

animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos
(Redirección desde «Poldro»)

O cabalo, ou egua se é femia, (Equus ferus caballus)[2][3] é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado. É unha das dúas subespecies existentes de Equus ferus ou cabalo salvaxe. O cabalo evolucionou ó longo dos pasados 45-55 millóns de anos dende o pequeno Hyracotherium ata o animal de hoxe en día. Os humanos comezaron a domesticar cabalos no -4000, e a súa doma crese que se estendeu no -3000. Os cabalos da subespecie caballus son domésticos, pero algunhas poboacións viven en liberdade ou semiliberdade. Estas poboacións de cabalos asilvestrados non son verdadeiros cabalos salvaxes, xa que este termo emprégase para describir cabalos que nunca foron domesticados, como o ameazado cabalo de Przewalski, unha subespecie separada e o único cabalo salvaxe que aínda existe.

A anatomía do cabalo permítelle facer uso da velocidade para escapar de depredadores e teñen un ben desenvolvido sentido do equilibrio e unha forte resposta de loita ou fuxida. Relacionado coa necesidade de fuxir de depredadores na vida salvaxe, os cabalos son quen de durmir tanto de pé como deitados. As femias, chamadas eguas, coidan das súas crías durante aproximadamente 11 meses, e un cabalo novo, chamado poldro, pode correr coa nai pouco tempo despois do nacemento. A maioría dos cabalos domesticados comezan a adestrarse coa cadeira de montar ou co arnés entre os dous e os catro anos. Acadan a madurez completa ós cinco anos, e chegan a vivir entre 25 e 30 anos.

As razas de cabalo divídense en tres categorías baseadas no seu temperamento: de "sangue quente e enérxicos" con velocidade e resistencia; "sangue frío", como o cabalo albardeiro e algúns ponis, axeitados para traballos lentos e pesados; e de "sangue morno", produto de cruces entre os de sangue quente e de sangue frío, centrándose a miúdo en crear razas para fins específicos de monta, especialmente en Europa. Existen máis de 300 razas de cabalo no mundo, desenvolvidas para diferentes usos.

Cabalos e humanos interveñen en gran cantidade de actividades competitivas e non competitivas, así como actividades de traballo como policía, agricultura, entretemento e terapia. Tamén foron historicamente usados na guerra, do cal desenvolvéronse unha ampla variedade de técnicas de equitación e condución, con moitos estilos diferentes de equipos e métodos de control. Por outra banda obtéñense moitos produtos destes animais, como a carne, o leite, pel, pelo, óso e os produtos farmacéuticos extraídos dos ouriños de eguas embarazadas.

Orixinalmente domesticado nas estepas do leste de Asia, a súa grande utilidade e alto valor militar propiciou que fose adoptado en toda Eurasia entre os anos 2.500 e 2.000 a. de C. Os exploradores europeos que invadiron América no século XVI levárono consigo, logrando a súa adopción tanto polos pobos nativos coma nos asentamentos europeos.

Taxonomía e evolución

editar
 
De esquerda a dereita: Desenvolvemento de tamaño, cambios biométricos no cranio, redución de dedas (perna dianteira esquerda)
Artigos principais: Evolución do cabalo, Equus e Equidae.

O cabalo adaptouse a sobrevivir en terreos abertos con vexetación escasa, habitando ecosistemas que outros grandes herbívoros, especialmente ruminantes, non poderían.[4] Os cabalos e outros équidos pertencen á orde dos perisodáctilos, un grupo de mamíferos que foron dominantes durante o período Terciario. No pasado, está orde contiña 14 familias, pero só tres delas —Equidae (os cabalos e especies relacionadas), o tapir, e o rinoceronte— sobreviviron ata a actualidade.[5]

O máis antigo membro da familia Equidae foi o Hyracotherium (denominado Eohippus nas clasificacións máis recentes), que viviu hai 45-55millóns de anos, durante o Eoceno. Tiña catro dedas en cada pata dianteira, e 3 nas traseiras.[6] A deda extra das patas dianteiras axiña desapareceu no Mesohippus, que viviu hai 32-37 millóns de anos.[7] Co tempo, os dedos laterais dos pés reduciron o seu tamaño ata desaparecer. Todo o que queda deles nos cabalos modernos é un conxunto de pequenos ósos vestixiais por debaixo do xeonllo,[8] coñecidos informalmente como ósos férula.[9] Debido a este feito, as súas patas alongáronse, converténdose nun animal ungulado capaz de correr a gran velocidade.[8] Hai 5 millóns de anos, o moderno Equus evolucionou.[10] Os seus dentes tamén evolucionaron para se adaptar ó pasto de material vexetal seco e as gramíneas duras das chairas. Deste xeito, estes proto-cabalos pasaron de comer as follas dos bosques á herba que comen os habitantes das rexións semi-áridas de todo o mundo, incluíndo a estepa de Eurasia e as Grandes Chairas de América do Norte.

Hai 15.000 anos, o Equus ferus foi unha especie holártica amplamente estendida. Ósos de cabalo deste período, o Plistoceno tardío, son atopados en Europa, Eurasia, Berinxia, e Norte América.[11] Entre 10.000 e 7.600 anos atrás, o cabalo extínguese en América do Norte e noutros lugares raros.[12][13][14] A razón da súa extinción é descoñecida, pero existe a teoría de que fose paralela coa chegada dos primeiros humanos ó continente.[15] Outra teoría apunta ó cambio climático, sinalando que hai aproximadamente 12.500 anos, os pastos característicos do ecosistema de estepa deron paso a arbustos propios da tundra, que estaba cuberta de plantas non comestibles.[16]

Especie salvaxe na actualidade

editar
 
Pequena manda de cabalos de Przewalski.
Artigo principal: Cabalo salvaxe.

Un verdadeiro cabalo salvaxe é unha especie ou subespecie con antergos que nunca foron domesticados. Polo tanto, a maioría dos cabalos "salvaxes" hoxe en día son en realidade cabalos silvestres, animais que escaparon ou foron ceibados, incluíndo tamén os seus descendentes.[17] Polo tanto só hai dúas subespecies que cumpren estas características, o tarpán e o cabalo de Przewalski, dos cales só sobreviviu ata a actualidade o segundo.

O cabalo de Przewalski (Equus ferus przewalskii), chamado así polo explorador ruso Nikolai Przhevalsky, é un animal raro e escaso. Tamén é coñecido como Cabalo salvaxe mongol; os mongois coñéceno como taki, e os kirguiz chámano kirtag. A subespecie extinguise en liberdade entre 1969 e 1992, só existindo pequenas poboacións en zoos por todo o mundo. En 1992, restableceuse en liberdade grazas ós esforzos de varios zoos por conservalo.[18] Hoxe, só hai unha pequena poboación reprodutora en Mongolia.[19][20] Tamén seguen habendo outros exemplares que aínda se manteñen nos zoolóxicos de todo o mundo.

O tarpán ou Cabalo Salvaxe Europeo (Equus ferus ferus) foi atopado en Europa e en Asia. Sobreviviu ata a era histórica, mais declarouse extinto en 1909, cando o derradeiro exemplar morreu nun zoo ruso.[21] Realizáronse numerosos intentos de recrear tarpán,[21][22][23] que deron lugar a cabalos con grandes similitudes físicas, pero que descenden de cabalos ​​domesticados e non son verdadeiros cabalos salvaxes.

Periodicamente, especúlase sobre o feito de que poboacións de cabalos en áreas illadas sexan os últimos redutos do cabalo salvaxe, pero sempre se probou que eran silvestres ou domesticados. Un exemplo disto foi o cabalo de Riwoche do Tíbet, o cal propúxose como tal,[20] pero as investigacións feitas non revelaron diferenzas xenéticas cos cabalos domesticados.[24] De forma similar, o Sorraia de Portugal propúxose como descendente directo do Tarpán baseándose nas características que comparten,[25][26] pero os estudos xenéticos amosaron que o Sorraia está máis estreitamente relacionado con outras razas de cabalos.[25][27]

Outros équidos modernos

editar
Artigo principal: Equus.

Alén do cabalo, hai outras sete especies do genus Equus da familia Equidae. Estas especies son a cebra de montaña, Equus zebra; cebra da chaira, Equus quagga; cebra de Grévy, Equus grevyi; o asno salvaxe africano (incluíndo o burro doméstico), Equus africanus; o kiang, Equus kiang; e o onagro, Equus hemionus.[28]

Os cabalos poden cruzarse con outros membros do seu genus. O híbrido máis común é a mula, un cruzamento entre un burro macho e unha egua. Un híbrido semellante é o burreño, un cruzamento entre un cabalo e un burro femia.[29] Outro híbrido é o cebroide, un cruzamento entre unha cebra e un cabalo.[30] Con raras excepcións, os híbridos son estériles e non poden reproducirse.[31]

Domesticación

editar
Artigo principal: Domesticación do cabalo.
 
Abeiros de pedra de Bhimbetka con pinturas de homes a cabalo, India

A domesticación do cabalo tivo lugar en Asia central no -3500. Dúas grandes fontes de información son usadas para determinar onde e cando foi domesticado por primeira vez e como o cabalo doméstico se espallou polo mundo. A primeira fonte está baseada en descubrimentos paleontolóxicos e arqueolóxicos, a segunda fonte é a comparación do ADN obtido de cabalos modernos e do obtido dos ósos e dentes dos antigos.

 
Alejandro Pérez Lugín a cabalo.

A máis antiga proba de domesticación do cabalo provén de Ucraína e Casaquistán, que data aproximadamente do -3500 ou –4000.[32][33] No -3000, o cabalo estaba completamente domesticado e no -2000 BC houbo un forte aumento no número de ósos de cabalo que se atoparon nos asentamentos humanos do noroeste de Europa, o que indica a extensión dos cabalos domesticados en todo o continente.[34] A máis recente pero máis irrefutable proba de domesticación provén de lugares onde foron enterrados con carros, como as fosas das culturas de Sintashta e Petrovka (c. -2100).[35]

A domesticación tamén é estudada usando material xenético dos cabalos modernos e comparándoo co presente nos ósos e dentes dos restos arqueolóxicos e paleontolóxicos das escavacións. A variación no material xenético amosa que moi poucos sementais salvaxes contribuíron á formación do cabalo doméstico,[36][37] mentres que moitas eguas foron parte dos primeiros rabaños domesticados.[27][38][39] Isto reflíctese nas diferenzas de variación xenética entre o ADN que se transmite pola liña paterna (cromosoma Y) contra o pasado por liña materna, (ADN mitocondrial). Hai niveis moi baixos de variabilidade do cromosoma Y,[36][37] pero unha gran cantidade de variación xenética no ADN mitocondrial.[27][38][39] Tamén hai variacións xenéticas no ADN mitocondrial debido á inclusión de eguas salvaxes en rabaños domésticos.[27][38][39][40] Outra característica da domesticación é o incremento da variación da cor do seu pelo.[41] Nos cabalos, incrementouse dramaticamente entre o -5000 e -3000.[42]

Antes da dispoñibilidade de técnicas de ADN para resolver as cuestións relacionadas coa domesticación do cabalo, propuxéranse diversas hipóteses. Unha clasificación baseábase nos tipos de corpo e na súa conformación, habendo catro prototipos básicos que se terían adaptado ó seu medio ambiente antes da domesticación.[43] Outra hipótese sostiña que os catro prototipos orixináronse a partir dunha única especie silvestre e que todos os diferentes tipos eran o resultado da cría selectiva após a domesticación.[44]

Poboacións silvestres

editar

Os cabalos silvestres nacen e viven en liberdade, pero son descendentes de animais domesticados.[17] Hoxe en día existen moitas poboacións de cabalos silvestres.[45][46] Os estudos dos rabaños salvaxes proporcionaron información útil sobre o comportamento dos cabalos prehistóricos,[47] así como unha maior comprensión dos instintos e comportamentos dos cabalos que viven en condicións domésticas.[48]

Existen tamén cabalos en réxime de semi liberdade en moitas partes do mundo, como en Dartmoor e New Forest no Reino Unido, onde animais que son de propiedade privada viven unha cantidade significativa de tempo en condicións de "salvaxes" en terras non produtivas, a miúdo públicas. Os propietarios destes animais pagan un canon polos dereitos de pastoreo nestas terras.[49][50]

O concepto de raza pura e o control e rexistro das razas chegaron a ser particularmente significativos e importantes nos tempos modernos. Algúns cabalos de raza pura son erroneamente chamados "purosangues". O purosangue é unha raza específica de cabalo, mentres que un "raza pura" é un cabalo (ou calquera outro animal) cun pedigree recoñecido por un rexistro de razas.[51] As razas de cabalos son grupos con características distintivas que se transmiten constantemente á súa descendencia, tales como conformación, a cor, a capacidade de rendemento ou a disposición. Estes trazos herdados son o resultado dunha combinación de cruces naturais e de métodos de selección artificial. Os cabalos foron seleccionados dende a súa domesticación. O exemplo máis antigo dun pobo que practicase a selección de raza foron os beduínos, que tiñan a reputación de seren moi coidadosos en manter extensas xenealoxías do seu cabalo árabe, e o gran valor das súas liñaxes puras.[52] Estes pedigrees foron orixinalmente transmitidos pola tradición oral.[53] No século XIV, os monxes cartuxos do sur de España mantiveron meticulosos pedigrees e liñaxes que deberon no cabalo andaluz.[54]

 
Cabalos tamén son usados en deportes.

As razas desenvolvéronse debido á necesidade de realizar un tipo particular de traballo.[55] Polo tanto, enténdese que unha raza poderosa e refinada como a andaluza creouse para a monta e aptitudes para a doma clásica.[55] Os grandes cabalo albardeiro respondían á necesidade de forza de traballo nunha granxa ou carretando.[56] Outras razas desenvolvéronse especificamente para traballos de agricultura lixeiros, o transporte, as diversas disciplinas deportivas ou simplemente como mascotas.[57]

Cabalo de pura raza galega

editar
Artigo principal: Cabalo de pura raza galega.
 
Cabalo de pura raza galega no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

O Cabalo de Pura Raza Galega (PRG) é o nome co que se coñece oficialmente[58][59] á raza equina autóctona de Galicia. Tamén chamado tradicionalmente cabalo galego de monte[60], cabalo galaico, poni galego, faca galiciana, faca galega ou, simplemente, cabalo do país [61].

A finais do século XX atopábase en estado de perigo de extinción: en 1999 o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de 2019 a poboación censada era de máis de 1 500 exemplares [62][63][64] distribuídos en 277 explotacións gandeiras.

Chámanselle aires aos diferentes xeitos de se desprazar que ten un cabalo. Fundamentalmente son 3:

  • Paso: aire moi lento, moi cómodo de cabalgar.
  • Trote: aire intermedio no que o cabalo avanza máis axiña cansando menos que a galope
  • Galope: o aire máis rápido, mais o cabalo esgótase máis axiña ao non ter independencia respiratoria.

O cabalo na mitoloxía

editar

Os relatos mitolóxicos gregos e romana recollen con frecuencia a cría de cabalos e algúns deles desempeñaron un importante papel en determinados mitos.

  • Os gregos crían que, na orixe do mundo, naceu Eurínome do Caos, o baleiro primordial,anterior a canquera outra cousa. Eurínome bailaba sobra as augas do océano porque non existía terra na que pousarse. Ó xirar, creou un forte vento do norte, Bóreas, e fretándoo entre as mans fixo aparecer a gran serpe Ofión. Eurínome e Ofión bailaron cada vez con máis intensidade ata que Ofión terminou copulando con Eurínome. Esta quedou embarazada e puxo un ovo do que saíron tódalas cousas que existen: sol, lúa, estrelas, terra, mar, árbores e animais. Bóreas ten a capacidade de fecundar as eguas que pacen ceibas no monte, que volven a grupa en dirección ó vento para quedaren preñadas[65].
  • Bóreas, transformado en cabalo, cubriu as eguas de Erictonio e enxendrou doce poldros que eran tan veloces que nin siquera dobraban as espigas de trigo cando galopaban sobre o campo, nin encrespaban o mar cando o facían sobre a súa superficie.
"Dárdano, á súa vez, tivo por fillo ó rei Erictonio, quen acabaría por se converter no máis rico dos mortais, pois contaba con tres mil eguas que pacían pola pradeira, orgullosas dos seus briosos poldros. Mentres estas se encontraban pastando ás beiras do río Escamandro, o Bóreas namorouse delas, e adoptando a figura dun cabalo de escuras crinas, cubriunas; preñadas del, pariron doce poldras que ... cada vez que xogaban sobre a terra, corrían sobre as méses sen quebrar as espigas, e cada vez que xogaban sobre o ancho lombo do mar, trotaban no alto da rompente da escumosa ondada"
(Homero: Ilíada XX, 219-230)
  • Cando a deusa Deméter andaba polo mundo adiante buscando á súa filla Perséfone, que fora raptada por Hades, ía seguida por Poseidón, namorado e obsesionado con ela. Para escapar deste acoso, Deméter converteuse en egua e ocultouse nunha eguada do rei Onco (na Arcadia). Esta camuflaxe foi inútil á hora de evitar ó deus, porque este, transformado en semental, terminou cubríndoa. Desta unión, Deméter tivo un fillo, Arión, un cabalo que corría tan rápido que podía ir sobre a auga.
  • Xanto e Balio foron dous cabalos inmortais, fillos do deus do vento Céfiro e a harpía Podarxe, que Poseidón regalara a Peleo cando casou con Tetis. Peleo regaloullos a Aquiles, o seu fillo, cando este foi á Guerra de Troia.
  • Pédaso foi outro dos cabalos no carro de Aquiles. Neste caso, Aquiles o tomou como botín de guerra tras conquistar Tebas nas campañas de castigo dos gregos contra as cidades que apoiaban a Troia[66]. Pédaso resultou morto cando Sarpedón fallou ó intentar alancear a Patroclo e a lanza alcanzou ó cabalo[67].
  • Xanto era tamén o nome dun dos cabalos do carro de Heitor, xunto a Podargo, Etón e Lampo[68].
editar

Refraneiro

editar
  • A besta e a muller, que a preste quen quixer.
  • A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga.
  • A cabalo alleo, espora propia.
  • Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono.
  • No pisar coñécese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo.
  • O que ten besta e anda a pé máis besta é.

Galería de imaxes

editar
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de cabalos de Galicia
  1. Linnaeus, Carolus (1758). Systema naturae per regna tria naturae :secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. 1 (10th ed.). Holmiae (Laurentii Salvii). p. 73. Consultado o 2008-09-08. 
  2. Grubb, P. (2005). "Order Perissodactyla". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 629–636. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  3. International Commission on Zoological Nomenclature (2003). "Usage of 17 specific names based on wild species which are pre-dated by or contemporary with those based on domestic animals (Lepidoptera, Osteichthyes, Mammalia): conserved. Opinion 2027 (Case 3010)". Bull.Zool.Nomencl. 60 (1): 81–84. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2007. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  4. Budiansky The Nature of Horses p. 31
  5. Myers, Phil. "Order Perissodactyla". Animal Diversity Web. University of Michigan. Consultado o 2008-07-09. 
  6. "Hyracotherium". Fossil Horses in Cyberspace. Florida Museum of Natural History. Consultado o 2008-07-09. 
  7. "Mesohippus". Fossil Horses in Cyberspace. Florida Museum of Natural History. Consultado o 2008-07-09. 
  8. 8,0 8,1 "The Evolution of Horses". The Horse. American Museum of Natural History. Consultado o 2008-07-09. 
  9. Miller Understanding the Ancient Secrets of the Horse's Mind p. 20
  10. "Equus". Fossil Horses in Cyberspace. Florida Museum of Natural History. Consultado o 2008-07-09. 
  11. Weinstock, J.; et al. (2005). "Evolution, Systematics, and Phylogeography of Pleistocene Horses in the New World: A Molecular Perspective". PLoS Biology 3 (8): e241. PMC 1159165. PMID 15974804. doi:10.1371/journal.pbio.0030241. 
  12. Vila, C.; et al. (2001). "Widespread Origins of Domestic Horse Lineages" (PDF). Science 291 (5503): 474–7. PMID 11161199. doi:10.1126/science.291.5503.474. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  13. Luís, Cristina; et al. (2006). "Iberian Origins of New World Horse Breeds". Quaternary Science Reviews 97 (2): 107–113. PMID 16489143. doi:10.1093/jhered/esj020. 
  14. Haile, James; et al. (2009). "Ancient DNA reveals late survival of mammoth and horse in interior Alaska". PNAS 106 (52): 22352–22357. PMC 2795395. PMID 20018740. doi:10.1073/pnas.0912510106. 
  15. Buck, Caitlin E.; Bard, Edouard (2007). "A calendar chronology for Pleistocene mammoth and horse extinction in North America based on Bayesian radiocarbon calibration". Quaternary Science Reviews 26 (17–18): 2031. doi:10.1016/j.quascirev.2007.06.013. 
  16. LeQuire, Elise (2004-01-04). "No Grass, No Horse" (registration required). The Horse, online edition. Consultado o 2009-06-08. 
  17. 17,0 17,1 Olsen "Horse Hunters of the Ice Age" Horses Through Time p. 46
  18. "An extraordinary return from the brink of extinction for worlds last wild horse". ZSL Press Releases. Zoological Society of London. 2005-12-19. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 2012-06-06. 
  19. "Home". The Foundation for the Preservation and Protection of the Przewalski Horse. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 2008-04-03. 
  20. 20,0 20,1 Dohner "Equines: Natural History" Encyclopedia of Historic Livestock and Poultry Breeds pp. 298–299
  21. 21,0 21,1 Dohner "Equines: Natural History" Encyclopedia of Historic Livestock and Poultry Breeds p. 300
  22. "Tarpan". Breeds of Livestock. Oklahoma State University. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 2009-01-13. 
  23. <Please add first missing authors to populate metadata.> (June 21, 2002). "Ponies from the past?: Oregon couple revives prehistoric Tarpan horses". The Daily Courier. Consultado o 2009-10-21. 
  24. Peissel Tibet p. 36
  25. 25,0 25,1 Royo, L.J., I. Álvarez, A. Beja-Pereira, A. Molina, I. Fernández, J. Jordana, E. Gómez, J. P. Gutiérrez, and F. Goyache (2005). "The Origins of Iberian Horses Assessed via Mitochondrial DNA". Journal of Heredity 96 (6): 663–669. PMID 16251517. doi:10.1093/jhered/esi116. Consultado o 2008-12-15. 
  26. Edwards The Encyclopedia of the Horse pp. 104–105
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 Lira, Jaime, et.al. (2010). "Ancient DNA reveals traces of Iberian Neolithic and Bronze Age lineages in modern Iberian horses". Molecular Ecology 19 (1): 64–78. PMID 19943892. doi:10.1111/j.1365-294X.2009.04430.x. 
  28. Pallas (1775). "Equus hemionus". Wilson & Reeder's mammal species of the world. Bucknell University. Consultado o September 1, 2010. 
  29. "Mule Information". BMS Website. British Mule Society. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 2008-07-10. 
  30. "Zebra hybrid is cute surprise". BBC News. June 26, 2001. Consultado o 2010-02-06. 
  31. "Befuddling Birth: The Case of the Mule's Foal". All Things Considered. National Public Radio. Consultado o 2008-08-16. 
  32. Outram, A.K., Stear, N.A., Bendrey, R., Olsen, S., Kasparov, A., Zaibert, V., Thorpe, N. and Evershed, R.P. 2009 The Earliest Horse Harnessing and Milking Science. 323(5919): 1332–1335
  33. Matossian Shaping World History p. 43 See also: "Horsey-aeology, Binary Black Holes, Tracking Red Tides, Fish Re-evolution, Walk Like a Man, Fact or Fiction". Quirks and Quarks Podcast with Bob Macdonald (CBC Radio). 2009-03-07. Consultado o 2010-09-18. 
  34. Evans Horse Breeding and Management p.56
  35. Kuznetsov, P. F. (2006). "The emergence of Bronze Age chariots in eastern Europe". Antiquity 80: 638–645. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  36. 36,0 36,1 Lau, A. N., Peng, L., Goto, H., Chemnick, L., Ryder, O. A. & Makova, K. D. (2009). "Horse Domestication and Conservation Genetics of Przewalski's Horse Inferred from Sex Chromosomal and Autosomal Sequences". Molecular Biology and Evolution 26 (1): 199–208. PMID 18931383. doi:10.1093/molbev/msn239. 
  37. 37,0 37,1 Lindgren, Gabriella; Niclas Backström, June Swinburne, Linda Hellborg, Annika Einarsson, Kaj Sandberg, Gus Cothran, Carles Vilà, Matthew Binns & Hans Ellegren (2004). "Limited number of patrilines in horse domestication". Nature Genetics 36 (4): 335–336. PMID 15034578. doi:10.1038/ng1326. 
  38. 38,0 38,1 38,2 Vilà, C.; et al. (2001). "Widespread origins of domestic horse lineages". Science 291 (5503): 474–477. PMID 11161199. doi:10.1126/science.291.5503.474. 
  39. 39,0 39,1 39,2 Cai, D. W.; Tang, Z. W.; Han, L.; Speller, C. F.; Yang, D. Y. Y.; Ma, X. L.; Cao, J. E.; Zhu, H.; Zhou, H.; et al. (2009). "Ancient DNA provides new insights into the origin of the Chinese domestic horse" (PDF). Journal of Archaeological Science 36 (3): 835–842. doi:10.1016/j.jas.2008.11.006. Consultado o 17 January 2011. 
  40. Olsen, Sandra L. (2006). "Early Horse Domestication: Weighing the Evidence". En Olsen, Sandra L; Grant, Susan; Choyke, Alice M.; Bartosiewicz, Laszlo. Horses & Humans: The Evolution of Human-Equine Relationships. Oxford, UK: Archaeopress. pp. 81–113. ISBN 1-84171-990-0. 
  41. Epstein, H. 1955 Domestication Features in Animals as Functions of Human Society Agricultural History Society. 29(4): 137–146
  42. Ludwig, A.; Pruvost, M.; Reissmann, M.; Benecke, N.; Brockmann, G.A.; Castanos, P.; Cieslak, M.; Lippold, S.; Llorente, L.; et al. (2009). "Coat Color Variation at the Beginning of Horse Domestication". Science 324 (5926): 485–485. PMID 19390039. doi:10.1126/science.1172750. 
  43. Bennett Conquerors p. 7
  44. Edwards, G. The Arabian pp 1, 3
  45. Edwards The Encyclopedia of the Horse p. 291
  46. Anthony "Bridling Horse Power: The Domestication of the Horse" Horses Through Time pp. 66–67
  47. Olsen, Sandra L. "Horses in Prehistory". Anthropology Research. Carnegie Museum of Natural History. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2008. Consultado o 2008-08-16. 
  48. Lesté-Lasserre, Christa (October 7, 2009). "Mares' Social Bonds Might Enhance Reproductive Success" (Registration required). The Horse. Consultado o 2009-10-21. 
  49. "Animals on the Moor". Dartmoor Commoners' Council. Consultado o 2012-03-29. 
  50. Fear New Forest Drift p. 75
  51. Ensminger Horses and Horsemanship p. 424
  52. Edwards The Arabian pp. 22–23
  53. "Is Purity the Issue?". WAHO Publication Number 21 January 1998. World Arabian Horse Organization. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 2008-04-29. 
  54. "Andalusian". Breeds of Livestock. Oklahoma State University. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2008. Consultado o 2008-04-29. 
  55. 55,0 55,1 Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" Horses Through Time p. 155
  56. Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" Horses Through Time pp. 156–57
  57. Sponenberg "The Proliferation of Horse Breeds" Horses Through Time p. 162
  58. Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de 4 de abril de 2001 pola que se establece a regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega (DOG nº 74, de 17 de abril).
  59. Orde APA/33/2002, de 2 de xaneiro, pola que se modifica o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, de conformidade co previsto no Real decreto 1682/1997, de 7 de novembro, polo que se actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España (BOE nº 13, de 15.01.2002).
  60. Esta foi a denominación coa que figuraba no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, no que se introduciu en 1997, ata a súa reforma pola Orde APA/33/2002.
  61. Pose e col. 2001; mediorural.xunta.es
  62. "CABALLO DE PURA RAZA GALLEGA". www.mapa.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-30. 
  63. [1]
  64. Da mestizaxe existente dá idea o feito de que en 2001 o censo de cabalos criados ceibos nos montes galegos ascendía a uns 22.000 exemplares.
  65. Graves, px. 35, citando unha lenda que xa recollera Plinio na súa Historia natural.
  66. Ilíada XVI, 152. Non se debe confundir esta Tebas, cidade situada no noroeste de Anatolia, próxima a Troia, da Tebas grega, situada en Beocia.
  67. Ilíada XVI, 468.
  68. Ilíada VIII, 184.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar