O cabalo andaluz (oficialmente Pura Raza Española) é unha raza de cabalo española orixinaria de Andalucía. Trátase dun cabalo ibérico de tipo barroco que está entre as razas equinas máis antigas do mundo. En España, tamén se lle coñece comunmente como "cabalo español" e denomínaselle oficialmente "Pura Raza Española" (PRE), porque se considera que o andaluz é o cabalo español por antonomasia, malia que existen moitas outras razas equinas españolas. Porén, na maioría de países recibe o nome de "cabalo andaluz".[1] O cabalo cartuxano é unha das liñas de cría máis importantes desta raza.

Cabalo andaluz.

Ó longo da historia o cabalo andaluz tivo un papel fundamental na formación de razas equinas europeas e americanas, como o cabalo hispano-árabe, o hispano-bretón, o frisón, o lipizzan, o kladruber, o crioulo, o paso fino, o peruano de paso, o mustang, o Alter Real e o lusitano.[2][3]

Notas editar

  1. "Estatutos de la Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2010. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  2. "Caballo hispano-árabe en el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino de España.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  3. "Caballo hispano-bretón en el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino de España.". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.