Hyracotherium

Hyracotherium
Rango fósil: 55 Ma-45 Ma
Hyracotherium leporinum.jpg
BMNH C21361, the second specimen
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Palaeotheriidae
Xénero: Hyracotherium
Owen, 1841
Especies
  • H. leporinum

Hyracotherium é un xénero extinto de mamífero ungulado perisodáctilo bastante pequeno (uns 60 cm de lonxitude) cuxo primeiro exemplar se encontrou fosilizado na formación London Clay (arxilas de Londres) do Eoceno temperán. Este pequeno animal do tamaño dun can foi outrora considerado como o membro máis antigo da familia do cabalo (Equidae) antes de que a especie tipo H. leporinum, fose reclasificada como paleoterio, é dicir, un animal perisodáctilo basal tanto respecto dos cabalos coma dos brontoterios, polo que non pertencería exactamente á familia dos équidos.[1] Unha vez que se produciron os cambios taxonómicos, a única especie que quedou dentro deste xénero foi Hyracotherium leporinum, mentres que o resto das especies que estaban antes nel foron trasladadas a outros xéneros, entre eles Eohippus, o antepasado do cabalo, que durante algún tempo fora considerado como sinónimo de Hyracotherium.

DescubrimentoEditar

 
Holotipo BMNH M16336

O primeiro fósil que se identificou como pertencente a este xénero foi o espécime holotipo BMNH M16336, que se atopou nos cantís de Studd Hill preto de Herne Bay, Kent, e foi descrito polo paleontólogo Richard Owen nun artigo que leu na Sociedade Xeolóxica de Londres o 18 de decembro de 1839 como un "pequno cranio mutilado aproximadamente do tamaño do dunha lebre". Identificouno como pertencente á orde extinta dos Pachydermata, con dentes que lembraban aos de Chseropotamus e a forma xeral do cranio "compartía un carácter intermedio entre o do porco e o damán, aínda que o gran tamaño do seu ollo debeu de darlle á fisionomía do animal un parecido con ese roedor". Referíndose á súa semellanza co damán (Hyrax), Owen propuxo que o novo xénero se chamase Hyracotherium.[2] Na súa descrición formal publicada pola Sociedade Xeolóxica en 1841, Owen escribiu: "Sen pretender implicar que o presente pequeno paquidermo extinto estaba máis estreitamente aliado co Hyrax como para ser un membro da mesma orde, e de tamaño similar, propoño chamar ao novo xénero o cal iso incuestionablemente indica, Hyracotherium, co nome específico leporinum."[3][4]

In 1876, en América, Othniel C. Marsh atopou un esqueleto completo, que situou no xénero novo Eohippus, (en grego 'cabalo do mencer'). As súas semellanzas cos fósiles descritos por Owen foron sinalados formalmente nun artigo de 1932 de Clive Forster Cooper. A única especie do xénero, E. angustidens, foi seguidamente trasladada ao xénero Hyracotherium, que tiña prioridade segundo as normas de nomenclatura, polo que Eohippus se converteu nun sinónimo júnior dese xénero.[4] Moitos outros équidos norteamericanos foron despois clasificados como especies de Hyracotherium; porén esta sinonimia foi recentemente cuestionada, e esas especies foron pasadas a outros xéneros e mesmo foi "resucitado" o xénero Eohippus, mentres que a única especie de Hyracotherium que quedou foi a inicial H. leporinum de Owen.[5]

Taxonomía e evoluciónEditar

A especie tipo H. leporinum é agora considerada como un paleoterio en lugar dun cabalo propiamente dito.[5][6] A maioría das outras especies que foran consideradas Hyracotherium aínda se consideran verdadeiros équidos, pero xa foron cambiadas a outros xéneros, como Arenahippus, Minippus, Sifrhippus, Xenicohippus, Pliolophus, Protorohippus e o resurrecto xénero Eohippus.[5] Nun tempo Xenicohippus era considerado un brontoterio temperán. A parte principal da evolución do cabalo ocorreu en América do Norte.

NotasEditar

  1. Florida Museum of Natural History and the National Science Foundation: Fossil Horses In Cyberspace Hyracotherium, páxina 1
  2. Owen, Richard (1840) “Description of the fossil remains of a mammal, a bird, and a serpent, from the London Clay.” Proceedings of the Geological Society of London, 3(66):162-166 pp. 64–65
  3. Owen, Richard (1841) “Description of the Fossil Remains of a Mammal (Hyracotherium leporinum) and of a Bird (Lithornis vulturinus) from the London Clay.” Transactions of the Geological Society of London, Series 2, VI: 203-208
  4. 4,0 4,1 Britain, Troy. "Feedback for June 2006". TalkOrigins Archive. Consultado o 4 May 2012. 
    A horse is a horse, unless of course… « Playing Chess with Pigeons, 25 de maio de 2008
  5. 5,0 5,1 5,2 Froehlich, D.J. (2002). "Quo vadis eohippus? The systematics and taxonomy of the early Eocene equids (Perissodactyla)". Zoological Journal of the Linnean Society 134 (2): 141–256. doi:10.1046/j.1096-3642.2002.00005.x. 
  6. Hooker, J.J. (1994). "The beginning of the equoid radiation". Zoological Journal of the Linnean Society 112 (1–2): 29–63. doi:10.1006/zjls.1994.1033. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Radinsky 1978. "Evolution of brain size in carnivores and ungulates." American Naturalist: 815-831.