Burreño
Burreño | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ningún | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A mula burreña ou besta burreña é o resultado da hibridación entre un cabalo e unha burra.
Para conseguir este cruzamento hai que adestra-lo cabalo desde novo, dando lugar a un tipo de semental denominado popularmente cabalo burreiro. Tampouco as burras aceptan facilmente ser cubertas por un cabalo. Coma a mula, que é o cruzamento entre un burro e unha egua, tamén é estéril.
Presenta características propias do cabalo: cabeza longa e delgada (pero menos ca na mula), crina máis abundante, rabo con pelo desde o nacemento; e do burro, as orellas longas. Tense descrito o burreño como un "burro con patas de cabalo", fronte á mula que viría ser coma un "cabalo con patas de burro".
A voz do burreño lembra máis o rincho do cabalo, aínda que é máis grave. En calquera caso, son animais predominantemente silenciosos, que rara vez emiten sons. A voz da mula semella máis o orneo do burro. A capa é moi variable pero a normal é a torda. O tamaño tamén varía moito, segundo fora o dos pais.
Canto ó seu aproveitamento como animal de traballo, o burreño ten menos forza e resistencia cá mula. Por esta razón, ademais da dificultade do cruzamento, sempre foron moito máis escasos.