Perisodáctilos
(Redirección desde «Perisodáctilo»)
Os perisodáctilos (Perissodactyla) son unha orde de mamíferos placentarios. Son mamíferos ungulados que se caracterizan pola posesión de extremidades cun número impar de dedas rematadas en pezuños, estando a deda central, que serve de apoio, máis desenvolvida cás demais. Son herbívoros. Na actualidade soamente inclúe os équidos, os tapires e os rinocerontes.
Clasificación
editarDivídense en tres familias:
- Familia Equidae
- Familia Tapiridae
- Familia Rhinocerotidae
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Perisodáctilos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perisodáctilos |
----
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |