Virtus Bologna

(Redirección desde «Kinder Bologna»)

O Virtus Pallacanestro Bologna, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Virtus Segafredo Bologna,[1] é un equipo profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Boloña, Emilia-Romaña. Fundado en 1922, é un dos clubs máis prestixiosos de Italia, como así o acredita o seu palmarés que, entre outros títulos, conta a nivel europeo con dúas Euroligas, unha Eurocup, unha Recopa de Europa, unha Champions League e un EuroChallenge, así como dezaseis Ligas e oito Copas a nivel local. Actualmente o equipo compite na LBA, máxima categoría do baloncesto italiano, e na Euroliga. Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler e Kinder.

Virtus Bologna
Información xeral
Nome Virtus Pallacanestro Bologna
Liga LBA / Euroliga
Alcume Vu nere
Fundación 1929
Cores           Branco, negro
Presidente Italia Massimo Zanetti
Adestrador Italia Sergio Scariolo
Patrocinador Segafredo
Himno Dai sali e vai
Localización
Cidade Italia Boloña, Italia
Pavillón Segafredo Arena
Capacidade 9 980
Inauguración 1993
Campionatos
Euroliga 2 (1998, 2001)
Recopa 1 (1990)
Eurocup 1 (2022)
BCL 1 (2009)
EuroChallenge 1 (2019)
Liga Italia 16 (1946−1949, 1955−1956, 1976, 1979−1980, 1984, 1993−1994, 1995, 1998, 2001, 2021)
Copa Italia 8 (1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002)
Supercopa 2 (1995, 2022)
virtus.it

Historia

editar

Fundación

editar
 
Equipo da Virtus na en 1945.

A Virtus foi fundada en 1871 como un club de ximnasia, formando o seu primeiro equipo de baloncesto en 1929. A pista do equipo era a antiga igrexa de Santa Lucia, no centro da cidade. O primeiro título oficial da Virtus foi en 1934, cando o equipo boloñés venceu o torneo da Segunda División e obtivo a promoción para a Primeira División italiana. Após a promoción, a Virtus se estabeleceuse de forma case permanentemente no cume da liga nacional de baloncesto e conseguiu unha longa serie de postos honrosos: nos nove campionatos disputados de 1935 até a eclosión da segunda guerra mundial, o club conseguiu seis segundos lugares, dous terceiros lugares e un sexto.

Ao final da guerra mundial, a pista de Santa Lucia deixou de estar dispoñíbel e, despois dun breve período de xogos ao ar libre nun campo na Vía del Ravone, o equipo mudouse para a Sala Borsa, a bolsa de valores da cidade, que era reaxustada á noite para acoller xogos de baloncesto. Nese local a Virtus conquistou seu primeiro título de liga, gañando tamén as tres edicións seguintes. Os boloñeses gañaron o título nacional novamente en 1955 e 1956. Nesta década de 1950 comezou a rivalidade co Olimpia Milano.

Debido á crecente fama da Virtus, a Sala Borsa xa non era axeitada para acoller os encontros do club. Así, en 1956, o prefecto de Boloña, Giuseppe Dozza, inaugurou unha nova arena, que era simplemente coñecida como "Sports Hall" e tiña capacidade para máis de 7 000 persoas.[2] Este pavillón foi posteriormente alcumado como "Il Madison", en referencia ao Madison Square Garden de Nova York, e en 1966, tras a xubilación de Dozza da política, foi renomeado como "PalaDozza".

Anos 1960 e 1970

editar
 
Jim McMillian no PalaDozza.

Na década de 1960 o equipo boloñés non conquistou ningún título nacional e o baloncesto italiano foi dominado polos seus rivais históricos, o Olimpia Milano e o Ignis Varese. O punto de virada veu en 1968, cando o avogado Gianluigi Porelli foi nomeado como director da sección de baloncesto. Alcumado "Torquemada" ou "Robespierre" polos seus métodos moitas veces ditatoriais ou, máis frecuentemente, L'Avvocato (do italiano: O Avogado), Porelli foi unha das figuras máis prominentes da historia da Virtus.

Así que chegou, con só 38 anos, Porelli vendeu o mellor xogador da época, Gianfranco Lombardi, desencadeando unha forte polémica. En 1970 a Virtus foi un dos principais proponentes e fundadores da Lega Basket. Ese mesmo ano, a Virtus separouse do club polideportivo e tornouse unha sociedade anónima. Grazas ás súas escollas, altamente criticadas, Porelli definitivamente curou as finanzas e en 1973 abriu unha nova xeira de triunfos grazas á colaboración de Sinudyne, unha famosa empresa italiana de electrodomésticos, e á chegada do adestrador Dan Peterson.

A Virtus conquistou inmediatamente a súa primeira Copa de Italia en 1973−74 e, tras dous anos, o seu sétimo campionato nacional, grazas ao liderado de xogadores como Marco Bonamico e Luigi Serafini. En 1978, o adestrador Peterson mudouse para o Olimpia Milano e o antigo xogador Terry Driscoll foi nomeado novo adestrador. So o seu comando, a Virtus conquistou dous títulos nacionais consecutivos en 1979 e 1980. Os xogadores máis importantes dese bicampionato foron Renato Villalta, Jim McMillian e Krešimir Ćosić.

Anos 1980

editar

Despois da volta ao cume en Italia, a Virtus tentou volverse tamén nun gran equipo en Europa. En 1981 o club chega á final da Copa de Europa en Estrasburgo. Porén, perderon por só un punto ante o Maccabi Tel Aviv, despois dun xogo moi disputado. Tras a derrota, Porelli contratou a Aleksandar Nikolić, mundialmente coñecido como "O Profesor", para ser o novo adestrador. A pesar da súa fama, Nikolić non conseguiu traer a Virtus de volta ao título, así que en 1983 Alberto Bucci tornouse o novo adestrador. So o comando de Bucci, a Virtus conquistou seu décimo campionato nacional, derrotando o Olimpia Milano nunha final histórica, sempre lembrada como unha das mellores da historia do baloncesto italiano. Ese mesmo ano, o equipo venceu tamén na Copa de Italia.

En 1988, Porelli contratou Bob Hill, que fora adestrador dos New York Knicks na temporada anterior. Hill trouxo para Italia dous ex xogadores da NBA: Micheal Ray Richardson, un All-Star que fora proscrito da NBA por violacións da política antidrogas da liga, e Clemon Johnson, campión da NBA en 1983 cos Philadelphia 76ers. Na temporada de 1988−89, a Virtus conquistou súa terceira Copa da Italia, mais foi derrotado na semifinal do campionato nacional. No verão seguinte, Hill dimitiu do seu cargo, e o seu asistente, Ettore Messina foi nomeado novo adestrador. Con Messina a Virtus conseguiu de novo a Copa de Italia novamente e o seu primeiro título europeo, a Copa Saporta, derrotando o Real Madrid na final. Na final destacou o desempeño de Richardson, capaz de marcar 29 puntos.

A década de ouro

editar
 
Micheal Ray Richardson

En 1991, Alfredo Cazzola, un empresario local, converteuse no novo presidente da Virtus. Despois de dúas derrotas consecutivas nas semifinais nacionais, Cazzola contratou Predrag Danilović, un novo xogador iugoslavo que viñar de gañar a última Copa de Europa co Partizan. Baixo o liderado de Danilović, o equipo inmediatamente gañou outro campionato nacional. O ano seguinte, Messina converteuse no novo adestrador da selección italiana e Alberto Bucci, quen xa gañara un o título de liga en 1984, retornou como adestrador. A Virtus gañou o scudetto de novo en 1994 e 1995. Durante estes anos o equipo participou no McDonald's Championship, unha competición entre os equipos da NBA e de Europa, onde a Virtus foi derrotada polos Phoenix Suns e os Houston Rockets.

Despois dos tres campionatos consecutivos, Danilović deixou a Virtus para irse os Miami Heat da NBA. Sen o seu líder iugoslavo, o equipo boloñés conseguiu tan só unha Supercopa italiana en 1995−96 e a súa quinta Copa de Italia o ano seguinte. En 1996, a Kinder, unha liña de produtos da confeitaría italiana de Ferrero, converteuse no novo patrocinador da Virtus. En 1997, o equipo mudouse para PalaMalaguti, un pavillón cuberto en Casalecchio di Reno con capacidade para máis de 8 000 persoas, deixando así o PalaDozza despois de case 40 anos. O mesmo ano, regresan ao club Messina e Danilović, chegando outros xogadores como Radoslav Nesterović, Antoine Rigaudeau e Hugo Sconochini.

O 23 de abril de 1998, a Virtus gañou súa primeira Euroliga derrotando o AEK Atenas en Barcelona. Ese mesmo ano a Virtus conquistou tamén o título de liga, derrotando na final os seus rivais cidadás do Teamsystem Bologna. Na temporada seguinte, a Virtus gañou a súa sétima Copa da Italia, mais perdeu na final da Euroliga ante o o Žalgiris Kaunas de Tyus Edney. Baixo o mando de Cazzola e grazas aos liderados de Danilović e Messina, a década de 1990 está considerada a "Idade de Ouro" da Virtus, que reuniu catro títulos nacionais, dúas Copas da Italia, unha Copa Saporta e unha Euroliga, tornándose nun dos máis notábeis equipos de Europa.

Gloria e caída

editar

No ano 2000 Marco Madrigali, un empresario de videoxogos, tornouse o novo presidente do club. Chegaron a Boloña novos xogadores como Marko Jarić, Manu Ginóbili e David Andersen, mentres que por outra banda Sasha Danilović anunciou súa retirada do baloncesto. A ausencia dun líder forte como Danilović e a subseguinte sanción sen xogar por dopaxe a Hugo Sconochini, forzaron todos os xogadores do equipo a asumiren máis responsabilidades. Despois dun comezo feble, a temporada tivo un punto de virada despois da vitoria durante o derbi contra o Fortitudo por 99−62. A partir de entón, o Virtus iniciou unha temporada excepcional. De feito, a Virtus conseguiu a tripla coroa ao gañar a Copa, a Liga e a Euroliga. Destacou sobre todo Ginóbili, quen foi elixido o MVP das Finais da Euroliga e MVP da Liga italiana.

O ano seguinte, a Virtus gañou unha nova Copa, mais despois dalgunhas derrotas, Madrigali dimitiu Messina. Con todo, após unha protesta dos seareiros da Virtus antes dun xogo contra o Pallacanestro Trieste, Madrigali foi forzado a volver atrás na decisión. A pesar diso, o equipo perdeu a final da Euroliga contra o Panathinaikos de Dejan Bodiroga, e foi eliminado nas semifinais do campionato nacional pola Benetton Treviso. En 2003, Ginóbili mudouse para a NBA, onde asinou polos San Antonio Spurs. Por outra banda, Ettore Messina foi contratado pola Benetton Treviso, sendo Bogdan Tanjević nomeado novo adestrador. Após unha serie de derrotas, Tanjević foi substituído por Valerio Bianchini, que non conseguiu chegar aos playoffs. No entanto, debido a serios problemas financeiros, causados principalmente polo fracaso da CTO SpA, empresa de Madrigali, a Virtus foi excluída da Serie A en agosto de 2003.[3] A quebra foi evitada grazas á intervención dun empresario local, Claudio Sabatini. Sabatini adquiriu tamén o equipo dunha pequena cidade do interior da Provincia de Boloña, o Progresso Castel Maggiore, que xogara na Serie A2 e patrocinou o novo equipo coa marca FuturVirtus, garantindo así a continuidade do nome "Virtus" a pesar da exclusión do campionato. En 2003−04, o FuturVirtus non alcanzou a promoción na Serie A, perdendo por 3-0 na serie final dos playoffs para o Aurora Jesi. Durante o verán de 2004, o club obtivo a reafiliación á Federación Italiana de Baloncesto e o dereito de usar o nome "Virtus Pallacanestro" novamente. Esta vez si, o equipo liderado por Lavelle Brewer e A.J. Guyton, retornou á primeira división en 2004, derrotando o Premiata Montegranaro nas finais.

Na temporada de 2006−07, a Virtus liderado por Travis Best e polo técnico Zare Markovski, chegou á final da Copa de Italia, onde perdeu ante a Benetton Treviso, alén de ter se clasificado para os playoffs tras unha ausencia de cinco anos e chegado á final, sendo derrotada polo Montepaschi Siena. En 2009, so o comando de Matteo Boniciolli, a Virtus volveu gañar de novo un trofeo após vencer na final do EuroChallenge ao Cholet Basket na final. Nas competición locais, o club perdeu a final da Copa ante o Montepaschi e foi eliminado na primeira rolda dos playoffs polo Benetton Treviso. Boniciolli foi inmediatamente dimitido polo presidente Sabatini e o equipo foi reformulado novamente durante o verán.

Descenso e volta a Europa

editar

En xullo de 2010, Sabatini vendeu a Virtus a empresarios locais, mais permaneceu como xerente xeral. Tras anos de feble desempeño, Sabatini saíu definitivamente do club e, en 2013, Renato Villalta, ex-estrela do club, foi nomeado presidente. En 2014, a Virtus retornou aos playoffs grazas a unha excelente temporada de Allan Ray, Jeremy Hazell e Okaro White. O ano seguinte, Villalta foi abruptamente despedido do seu cargo e Bertolini foi nomeado presidente. Despois dalgúns meses, Bertolini tamén foi substituído por Alberto Bucci, ex-adestrador da Virtus que gañara tres títulos nacionais co club entre os anos 1980 e 1990. Con todo, a temporada estivo marcada por unha lesión grave do capitán do equipo, Allan Ray, mentres que os xogadores substitutos non conseguiron o reemprazalo axeitadamente. O día 4 de maio de 2016, ao final da temporada regular, o equipo ficou en último lugar e por tanto foi rebaixado para a Serie A2.

No verán, o presidente Bucci anunciou a Alessandro Ramagli como novo adestrador. O club construíu un bo equipo para a liga, liderada por xogadores importantes como Guido Rosselli, Klaudio Ndoja, Michael Umeh e Kenny Lawson. Durante a temporada houbo tamén unha gran mudanza: o empresario do café e expolítico, Massimo Zanetti, propietario da Segafredo, que tamén era patrocinador do equipo, tornouse accionista maioritario do club. a Virtus terminou en segundo na temporada regular e gañou o título o ascenso derrotando o Trieste na final. Durante os playoffs, a Virtus volveu retornou despois de máis de vinte ao seu pavillón histórico, o PalaDozza. No verán de 2017, o club contratou dous destacados xogadores italianos, Pietro Aradori e Alessandro Gentile, alén de dous xogadores internacionais, Marcus Slaughter e Oliver Lafayette. A pesar de boas premisas, o equipo foi eliminado na primeira rolda da Copa e non conseguiu clasificarse para os playoffs do campionato nacional.

A temporada 2018−19 comezou co nomeamento de Alessandro Dalla Salda como director xeral do club e coa contratación de Stefano Sacripanti como novo adestrador. O club contratou, entre outros, a Tony Taylor, Kevin Punter, Amath M'Baye e Brian Qvale, para participar na Champions League, sendo a primeira participación do equipo en competición europea tras dez anos. Nesta competición o equipo acadou unha xeira de sete vitorias consecutivas nos sete primeiros xogos. En marzo desa mesma temporada o club contratou ao dous veces campión da NBA con Miami Heat Mario Chalmers. Ese mesmo mes, unha derrota contra o Pallacanestro Cantù levou ao despido de Sacripanti e ao nomeamento do serbio Aleksandar Đorđević como novo adestrador. Baixo o mando do serbio o club consegue gañar a Champions League tras vencer en Anveres ao Brose Bamberg e ao Iberostar Tenerife na Final Four. Este trofeo supuxo o quinto título europeo na historia do equipo e o primeiro tras dez anos. O seguinte título europeo non tardaría en chegar, xa que na temporada 2021−22 o club consegue gañar a EuroCup tras vencer na final ao Bursaspor. Este título permitiu o regreso da Virtus á Euroliga despois de quince temporadas.

Patrocinios

editar

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Minganti Bologna (1953–1958)
  • Oransoda Bologna (1958–1960)
  • Idrolitina Bologna (1960–1961)
  • Virtus Bologna (1961–1962)
  • Knorr Bologna (1962–1965)
  • Candy Bologna (1965–1969)
  • Virtus Bologna (1969–1970)
  • Norda Bologna (1970–1974)
  • Sinudyne Bologna (1974–1983)
  • Granarolo Bologna (1983–1986)
  • Dietor Bologna (1986–1988)
  • Knorr Bologna (1988–1993)
  • Buckler Beer Bologna (1993–1996)
  • Kinder Bologna (1996–2002)
  • Virtus Bologna (2002–2003)
  • Carisbo Bologna (2003–2004)
  • Caffè Maxim Bologna (2004–2005)
  • VidiVici Bologna (2005–2007)
  • La Fortezza Bologna (2007–2009)
  • Canadian Solar Bologna (2009–2012)
  • SAIE3 Bologna (2012–2013)
  • Oknoplast Bologna (2013)
  • Granarolo Bologna (2013–2015)
  • Obiettivo Lavoro Bologna (2015–2016)
  • Virtus Segafredo Bologna (2016–presente)

Xogadores

editar

Elenco actual

editar
Virtus Segafredo Bologna 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Idade
B 1   Mannion, Nico 1,90 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb)
E 3   Belinelli, Marco (C) 1,96 m (6 ft 5 in) 100 kg (220 lb)
B 6   Pajola, Alessandro 1,94 m (6 ft 4 in) 95 kg (209 lb)
B 11   Ruzzier, Michele 1,83 m (6 ft 0 in) 80 kg (176 lb)
P 14   Jaiteh, Mouhammadou 2,11 m (6 ft 11 in) 112 kg (247 lb)
E 19   Lundberg, Gabriel 1,93 m (6 ft 4 in) 92 kg (203 lb)
B 23   Hackett, Daniel 1,96 m (6 ft 5 in) 97 kg (214 lb)
AP 24   Menalo, Leo 2,08 m (6 ft 10 in) 95 kg (209 lb)
AP 25   Mickey, Jordan 2,03 m (6 ft 8 in) 107 kg (236 lb)
P 29   Camara, Gora 2,14 m (7 ft 0 in) 114 kg (251 lb)
A 34   Weems, Kyle 1,98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb)
B 44   Teodosić, Miloš 1,96 m (6 ft 5 in) 90 kg (198 lb)
A 55   Abass, Awudu 1,98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb)
AP 37   Ojeleye, Semi 1,98 m (6 ft 6 in) 109 kg (240 lb)
E 00   Cordinier, Isaïa 1,96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb)
P   Bako, Ismaël 2,08 m (6 ft 10 in) 95 kg (209 lb)
Adestrador
  Sergio Scariolo
Asistente(s)
  Andrea Diana
  Alberto Seravalli
  Christian Fedrigo
  Iacopo Squarcina
  Edoardo Costa

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 28−082022

Destacados

editar

Adestradores

editar
  •   Renzo Poluzzi (1948–1951)
  •   Dino Fontana (1950–1951)
  •   Venzo Vannini (1951–1952)
  •   Larry Strong (1952–1953)
  •   Giancarlo Marinelli (1953–1954)
  •   Vittorio Tracuzzi (1954–1960)
  •   Eduard Kucharski (1960–1963)
  •   Mario Alesini (1963–1966)
  •   Jaroslav Šíp (1966–1968)
  •   Renzo Ranuzzi (1968–1969)
  •   Nello Paratore (1969–1970)
  •   Vittorio Tracuzzi (1970–1971)
  •   Nico Messina (1971–1973)
  •   Dan Peterson (1973–1978)
  •   Terry Driscoll (1978–1980)
  •   Ettore Zuccheri (1980–1981)
  •   Renzo Ranuzzi (1981)
  •   Aleksandar Nikolić (1981–1982)
  •   George Bisacca (1982)
  •   Mauro Di Vincenzo (1982–1983)
  •   Alberto Bucci (1983–1985)
  •   Alessandro Gamba (1985–1987)
  •   Krešimir Ćosić (1987–1988)
  •   Bob Hill (1988–1989)
  •   Ettore Messina (1989–1993)
  •   Alberto Bucci (1993–1997)
  •   Lino Frattin (1997)
  •   Ettore Messina (1997–2002)
  •   Bogdan Tanjević (2002)
  •   Valerio Bianchini (2002–2003)
  •   Giampiero Ticchi (2003)
  •   Alberto Bucci (2003–2004)
  •   Giordano Consolini (2004–2005)
  •   Zare Markovski (2005–2007)
  •   Stefano Pillastrini (2007–2008)
  •   Renato Pasquali (2008)
  •   Matteo Boniciolli (2008–2009)
  •   Lino Lardo (2009–2011)
  •   Alessandro Finelli (2011–2013)
  •   Luca Bechi (2013–2014)
  •   Giorgio Valli (2014–2016)
  •   Alessandro Ramagli (2016–2018)
  •   Stefano Sacripanti (2018–2019)
  •   Aleksandar Đorđević (2019–2021)
  •   Sergio Scariolo (2021–presente)

Palmarés

editar
 
O equipo celebrando o título da Champions League de 2019.

Competicións domésticas

editar
  • Liga de Italia
    • Campións (15): 1946, 1947, 1948, 1949, 1955, 1956, 1976, 1979, 1980, 1984, 1993, 1994, 1995, 1998, 2001
    • Subcampións (16): 1936, 1938, 1940, 1943, 1950, 1952, 1953, 1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1977, 1978, 1981, 2007
  • Copa de Italia
    • Campións (8): 1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002
    • Subcampións (6): 1993, 2000, 2007, 2008, 2009, 2010
  • Supercopa de Italia
    • Campións (1): 1995
    • Subcampións (7): 1997, 1998, 1999, 2000, 2002, 2009, 2010
  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2017

Competicións europeas

editar

Historial

editar
 
Miloš Teodosić.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa de Italia Outras copas Competicións europeas
1934 2 1ª Div. 5–1
1935 1 Div. Nac. 10–6
1936 1 Div. Nac. 10–2
1936–37 1 Div. Nac. 11–3
1937–38 1 Serie A 12–5
1938–39 1 Serie A 12–4
1939–40 1 Serie A 13–5
1940–41 1 Serie A 8–10
1941–42 1 Serie A 16–1–4
1942–43 1 Serie A 17–3
1945–46 1 Serie A 5–0
1946–47 1 Serie A 15–1–2
1947–48 1 Serie A 15–1–4
1948–49 1 Serie A 18–4
1949–50 1 Serie A 20–6
1950–51 1 Serie A 16–2–8
1951–52 1 Serie A 17–5
1952–53 1 Serie A 15–7
1953–54 1 Serie A 14–8
1954–55 1 Serie A 15–2–5
1955–56 1 Elite 19–3
1956–57 1 Elite 18–4
1957–58 1 Elite 19–3
1958–59 1 Elite 18–4
1959–60 1 Elite 19–3
1960–61 1 Elite 18–4 1 Copa de Europa 2R 3–1
1961–62 1 Elite 15–7
1962–63 1 Elite 21–5
1963–64 1 Elite 23–3
1964–65 1 Elite 15–7
1965–66 1 Serie A 15–7
1966–67 1 Serie A 10–12
1968–69 1 Serie A 16–6 Oitavos de final
1968–69 1 Serie A 10º 9–13 Cuartos de final
1969–70 1 Serie A 9–13 Cuartos de final
1970–71 1 Serie A 10º 6–18 Oitavos de final
1971–72 1 Serie A 11–11 Cuartos de final
1972–73 1 Serie A 12–14 Cuartos de final
1973–74 1 Serie A 15–11 Campión
1974–75 1 Serie A1 26–14 2 Recopa CF 2–3
1975–76 1 Serie A1 28–8 3 Copa Korać SF 6–1
1976–77 1 Serie A1 25–8 1 Copa de Europa FG 3–3
1977–78 1 Serie A1 23–11 2 Recopa 6–5
1978–79 1 Serie A1 23–11 2 Recopa SF 5–3
1979–80 1 Serie A1 26–8 1 Copa de Europa SF 9–5
1980–81 1 Serie A1 26–15 1 Copa de Europa 13–4
1981–82 1 Serie A1 24–16 2 Recopa SF 4–4
1982–83 1 Serie A1 24–11
1983–84 1 Serie A1 28–10 Campión
1984–85 1 Serie A1 18–16 Cuartos de final 1 Copa de Europa SF 5–9
1985–86 1 Serie A1 10º 17–15 Cuartos de final
1986–87 1 Serie A1 20–12 Cuartos de final
1987–88 1 Serie A1 18–14 Oitavos de final 3 Copa Korać CF 6–2
1988–89 1 Serie A1 21–15 Campión
1989–90 1 Serie A1 22–13 Campión 2 Recopa 8–3
1990–91 1 Serie A1 22–14 Cuartos de final 2 Recopa CF 6–2
1991–92 1 Serie A1 24–12 Semifinais 1 Euroliga CF 13–6
1992–93 1 Serie A1 31–6 Subcampión 1 Euroliga CF 8–8
1993–94 1 Serie A1 31–9 Semifinais 1 Euroliga CF 10–7
1994–95 1 Serie A1 33–9 Cuartos de final 1 Euroliga CF 11–8
1995–96 1 Serie A1 26–12 Semifinais Supercopa 1 Euroliga FG 8–8
1996–97 1 Serie A1 20–14 Campión 1 Euroliga T16 8–11
1997–98 1 Serie A1 32–7 Semifinais Supercopa 1 Euroliga 19–3
1998–99 1 Serie A1 24–9 Campión Supercopa 1 Euroliga 15–7
1999–00 1 Serie A1 24–14 Subcampión Supercopa 2 Copa Saporta 15–4
2000–01 1 Serie A1 38–5 Campión Supercopa 1 Euroliga 19–3
2001–02 1 Serie A 32–11 Campión Supercopa SF 1 Euroliga 17–5
2002–03 1 Serie A 14º 13–21 Supercopa 1 Euroliga T16 6–14
2003–04 2 Serie A2 25–16 2 Copa ULEB RS 3–7
2004–05 2 Serie A2 31–10
2005–06 1 Serie A 19–15
2006–07 1 Serie A 28–18 Subcampión 3 FIBA EuroCup 12–4
2007–08 1 Serie A 15º 13–21 Subcampión 1 Euroliga RS 2–12
2008–09 1 Serie A 19–16 Subcampión 3 EuroChallenge 13–3
2009–10 1 Serie A 17–15 Subcampión Supercopa
2010–11 1 Serie A 16–18 Supercopa
2011–12 1 Serie A 20–15
2012–13 1 Serie A 14º 10–20
2013–14 1 Serie A 13º 11–19
2014–15 1 Serie A 15–18
2015–16 1 Serie A 16º 11–19
2016–17 2 Serie A2 33–11 Copa LNP
2017–18 1 LBA 15–15 Cuartos de final
2018–19 1 LBA 11º 15–15 Semifinais 3 Champions League 14–5
2019–20 1 LBA 18–2 Cuartos de final Intercontinental 2 EuroCup 12–4
2020–21 1 LBA 29–9 Cuartos de final Supercopa 2 EuroCup SF 19–2
2021–22 1 LBA 34–8 Semifinais Supercopa 2 EuroCup 15–7
  1. "Virtus Segafredo Bologna". EuroCup Basketball. 
  2. "Champions Cup 1965-66". Linguasport. Consultado o 27 de xullo de 2022. [Ligazón morta]
  3. "La Virtus Bologna non c'è più" [Non ha máis Virtus Bologna]. La Gazzeta dello Sport (en italiano) (Roma). 4 de agosto de 2003. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar