Marko Jarić
Marko Jarić, nado en Belgrado o 12 de outubro de 1978, é un ex xogador serbio de baloncesto profesional. Mide 2,01 metros e xogaba na posición de escolta.
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1978 (44 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 102 kg (224 lb) |
Posición | Escolta |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 2 / Elección: 30 Por Los Angeles Clippers |
Carreira | 1996–2011 |
Historial de equipos | |
Peristeri (1996–1998) Fortitudo Bologna (1998–2000) Virtus Bologna (2000–2002) Los Angeles Clippers (2002–2005) Minnesota Timberwolves (2005–2008) Memphis Grizzlies (2008–2009) Real Madrid (2009–2010) Montepaschi Siena (2011) | |
Premios e galardóns | |
Campión da Euroliga (2001) |
Traxectoria Editar
Europa Editar
Jarić comezou a xogar coma profesional na tempada 1996-97 co Peristeri BC grego, onde disputou dúas tempadas a Copa Korać. As seguintes catro tempadas xogou na Lega Basket Serie A italiana e na Euroliga para o Fortitudo Bologna e o Virtus Bologna. Foi o primeiro xogador da historia en gañar a liga italiana dous anos seguidos para equipos diferentes, en 2000 co Fortitudo e en 2001 co Virtus Bologna.
NBA Editar
Jarić foi seleccionado na 30ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Los Angeles Clippers. Tras xogar tres tempadas cos Clippers, foi traspasado o 12 de agosto de 2005 xunto a Lionel Chalmers ós Minnesota Timberwolves, a cambio de [[Sam Cassell] e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[1]
O 26 de xuño de 2008, foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso que incluíu a oito xogadores, entre eles ós rookies O.J. Mayo e Kevin Love.[2]
Regreso a Europa Editar
Tras acordar a súa saída dos Grizzlies,[3] Jarić asinou co Real Madrid da Liga ACB o 22 de decembro de 2009.[4] O 14 de xaneiro de 2011, asinou co Montepaschi Siena ata o final da tempada 2010-11.[5]
Notas Editar
- ↑ Timberwolves Acquire Guards Marko Jaric & Lionel Chalmers from the L.A. Clippers for Guard Sam Cassell & First-Round Draft Pick.
- ↑ Wolves pick Mayo, swap him for Love in 8-player deal.
- ↑ Jaric permitted to find new team.
- ↑ "Real Madrid adds former Euroleague champ Jaric.". Euroleague.net. Consultado o 15 de marzo de 2015.
- ↑ Siena turns to veteran Jaric.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Arquivado 12 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)