Stefan Marković

baloncestista serbio

Stefan Marković, nado o 25 de abril de 1988 en Belgrado, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio. Cunha estatura de 1,97 metros xogaba nas posicións de base e escolta.

Stefan Marković
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 25 de abril de 1988 (36 anos)
Iugoslavia Belgrado
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 1,97 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 96 kg (216 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2010 / Elección: Sen draftear
Carreira 2005–2023
Historial de equipos
Atlas (2005–2006)
Hemofarm (2006–2010)
Benetton Treviso (2010–2011)
Valencia Basket (2011–2013)
Banvit (2013–2014)
Málaga (2014–2016)
Zenit San Petersburgo (2016–2017)
Khimki (2017–2019)
Virtus Bologna (2019–2021)
Crvena zvezda (2021–2023)

Traxectoria editar

Marković comezou a xogar coma profesional no KK Atlas. Dende 2006 ata 2010 xogou para o Hemofarm, e a tempada seguinte pasouna en Italia xogando co Benetton Treviso.

En xuño de 2011, asinou un contrato de dous anos con opción a un terceiro adicional co Valencia Basket da Liga ACB.[1] En xullo de 2013, rompéronse as negociacións co Valencia para asinar un novo contrato e converteuse en axente libre.[2] En outubro de 2013, asinou un contrato dun ano co Banvit BK.[3] O 27 de xuño de 2014, Marković volveu á Liga ACB tras asinar un contrato de dous anos co Unicaja Málaga.[4][5]

O 13 de agosto de 2016, Marković asinou un contrato dun ano co Zenit San Petersburgo ruso.[6]

O 23 de xuño de 2017, Marković asinou dous anos co BC Khimki ruso.[7] Na tempada 2018-19, acadou 6.1 puntos, 4.4 asistencias e 2.1 rebotes na Euroliga 2018-19, e 6.3 puntos, 5 asistencias e 3.2 rebotes na VTB United League. O 18 de xullo de 2019, Marković deixou o Khimki.

O 2 de agosto de 2019, asinou co Virtus Bologna italiano.[8]

O 8 de novembro de 2021, Marković volveu a Serbia para xogar no KK Crvena zvezda durante dúas tempadas.[9]

O 23 de xuñode 2023, anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[10]

Notas editar

  1. PE Valencia announces Stefan Markovic
  2. "Negotiations between Stefan Markovic and Valencia fall apart". Sportando. Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  3. "Marković potpisao za Banvit". Novosti.rs (en serbio). Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  4. "Stefan Markovic completa la pareja de bases del Unicaja". unicajabaloncesto.com (en castelán). 27 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  5. "Unicaja hires Eurocup assists king Markovic". Euroleague.net. 27 de xuño de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  6. "Stefan Markovic signs with Zenit". Sportando.com. 13 de agosto de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  7. "Stefan Markovic signs a two-year contract with BC Khimki". Sportando.com. 23 de xuño de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  8. "Virtus Bologna officially signs Stefan Markovic". eurohoops.net. 2 de agosto de 2019. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  9. Borghesan, Ennio Terrasi (8 de novembro de 2021). "Crvena Zvezda officially announces signing of Stefan Markovic". Sportando (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2021. 
  10. "Stefan Markovic retires from basketball" (en inglés). basketnews. 23 de xuño de 2023. Consultado o 23 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar