Semi Ojeleye

baloncestista estadounidense

Jesusemilore Talodabijesu "Semi" Ojeleye, nado o 5 de decembro de 1994 en Overland Park, Kansas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Valencia Basket da Liga ACB. Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala-pivote e ala.

Semi Ojeleye
Valencia Basket  – No. 37
Información persoal
Nacemento 5 de decembro de 1994 (29 anos)
Overland Park, Kansas
Nacionalidade Nixeria Nixeria
Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote / Ala
Información da carreira
Instituto Ottawa (Ottawa, Kansas)
Universidade Duke (2013–2015)
SMU (2016–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Boston Celtics
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Boston Celtics (2017–2021)
Milwaukee Bucks (2021–2022)
Los Angeles Clippers (2022)
Virtus Bologna (2022–2023)
Valencia Basket (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Ojeleye foi seleccionado polos Boston Celtics na 37ª posición do Draft da NBA de 2017..[1] Ojeleye debutou na NBA o 17 de outubro de 2017, na derrota dos Celtics por 102–99 contra os Cleveland Cavaliers.[2]

O 6 de agosto de 2021, Ojeleye asinou un contrato dun ano cos Milwaukee Bucks.[3]

O 10 de febreiro de 2022, os Bucks traspasaron a Ojeleye ós Los Angeles Clippers como parte dun traspaso entre catro equipos.[4] O 26 de marzo de 2022, os Clippers cortaron a Ojeleye.[5]

O 28 de xuño de 2022, Ojeleye asinou un contrato de dous anos co Virtus Bologna Lega Basket Serie A italiana e da Euroliga.[6]

O 1 de xullo de 2023, o Valencia Basket da Liga ACB fichou a Ojeleye tras pagar trescentos mil euros ó Virtus Bologna.[7]

Notas editar

  1. Forsberg, Chris (22 de xuño de 2017). "Duke's Jayson Tatum selected No. 3 overall by Celtics". ESPN.com. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  2. "Celtics vs. Cavaliers - Box Score". ESPN.com. 17 de outubro de 2017. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  3. "Milwaukee Bucks Sign Three Players". NBA.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  4. "LA Clippers Finalize Four-Team Trade, Send Ibaka To Milwaukee". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  5. Greif, Andrew (27 de marzo de 2022). "Clippers promote Amir Coffey, who is eligible for postseason". Los Angeles Times. Consultado o 27 de marzo de 2022. 
  6. "Semi Ojeleye è un nuovo giocatore di Virtus Segafredo Bologna". virtus.it. 21 de xullo de 2022. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  7. "Semi Ojeleye, experiencia y talento para el Valencia Basket". ACB.com. 1 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar