Nico Mannion

baloncestista italiano

Niccolò "Nico" Mannion, nado o 14 de marzo de 2001 en Siena, é un xogador italo-americano de baloncesto profesional que xoga no Pallacanestro Varese da Lega Basket Serie A.

Nico Mannion
Pallacanestro Varese
Información persoal
Nacemento 14 de marzo de 2001 (23 anos)
Italia Siena
Nacionalidade Italia Italia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Base
Información da carreira
Instituto Pinnacle (Phoenix, Arizona)
Universidade Arizona (2019–2020)
NBA Draft 2020 / Rolda: 2 / Elección: 48
Por Golden State Warriors
Carreira dende 2020
Historial de equipos
Golden State Warriors (2020–2021)
Santa Cruz Warriors (2020–2021)
Virtus Bologna (2021–2023)
Saski Baskonia (2023)
Pallacanestro Varese (2023–presente)
Premios e galardóns
1x Campión da EuroCup (2022)

Traxectoria editar

O 18 de novembro de 2020, Mannion foi seleccionado na 48ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Golden State Warriors.[1]

O 10 de agosto de 2021, Mannion asinou un contrato de dous anos co Virtus Bologna da Lega Basket Serie A.[2]

O 26 de xuño de 2023, Mannion asinou un contrato por dous anos co Saski Baskonia da Liga ACB.[3] En doce partidos de liga, Mannion acadou 2.0 puntos, 0.7 rebotes and 2.0 asistancias por encontro, en 10 minutos de xogo por partido. O 21 de decembro de 2023, Mannion e o Baskonia acordaron a rescisión do contrato do xogador.[4]

Notas editar

  1. Grinfelds, Dzintars (19 de novembro de 2020). "Get to Know the Dubs' 2020 NBA Draft Picks". NBA.com. Consultado o 30 de novembro de 2023. 
  2. "NICO MANNION IS A NEW PLAYER OF VIRTUS SEGAFREDO BOLOGNA". virtus.it. 10 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  3. "Nico Mannion, primera pieza del nuevo Baskonia". baskonia.com. 26 de xuño de 2023. 
  4. "Official statement: Nico Mannion". baskonia.com. 21 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar