Conversa usuario:Toliño/Arquivo 6

Discussões ativas

Revisión de modeloEditar

Boas, cando teñas un momento, ¿poderías revisar Modelo:Link GA?. É un modelo para que nos interwikis apareza un círculo co signo máis nos sitios onde haxa un artigo bo. Fixen o modelo pero por exemplo en Judy Garland non me funciona, a ver se ti sabes de que é... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:58, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Aaah, e entón supoño haberá que facer algo tamén no MediaWiki:Monobook.css, ¿non?. É que eu teño o monobook e non me sae nada... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:29, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
Perfecto, xa furrula! :). Moitas grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:36, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

Plantilla:ORDENAR de es-wikiEditar

Boas, na wiki en castelán en vez de usar DEFAULTSORT usar a palabra ORDENAR que penso que é moito máis claro para que a xente se afaga a usala. ¿Non poderíamos cambiar nós tamén este comando (ou o que sexa) da Galipedia?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:12, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

Xa a engadín onde me dixeches, a ver o que pasa, si funciona xa che aviso. Graciñas!, --Elisardojm (conversa) 20:23, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)
Xa funciona ORDENAR, non era sen tempo :), BotDHojalata xa está a cambiar os artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:09, 15 de xullo de 2012 (UTC)

ÁrboreEditar

Toliño, penso que quedaba máis neutro antes [1]. Para poder metelo no artigo de Xoan BautisTa Antrade, que non ten que ver cos Paz. --. HombreDHojalata.conversa 09:36, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Home, elocuente xa era. "Árbore xenealóxica" no artigo dunha persoa so pode ser unha cousa... Fío de debate? Preferiría non facelo ;-) --. HombreDHojalata.conversa 09:55, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Grao e doutoramentoEditar

Graciñas pola observación. --Conversa con Tiberio 21:04, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Titulos oficiais de Dragon Ball Kai.Editar

Boas Toliño! Veras. O motivo da miña mensaxe e que hai unha pequena "loita" entre grafias dos nomes dos personaxes segundo os titulos oficiais en galego do anime Dragon Ball Z Kai e os nomes supostamente "orixinais" . Eu insisto que o correcto é deixalos como veñen oficialmente na páxina de crtvg.es. Mais coido que o millor e que un administrador meta man e que decida el o correcto.

Saudos--81.33.105.134 19:42, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

Grafía nos episodios de Dragon Ball Z KaiEditar

A grafía oficial dos episodios segundo a web da TVG é a que marcabades, pero creo que é incorrecta. Isto é, baixo o meu parecer non é a oficial, posto que no guión orixinal o nome de Freezer (por exemplo) escríbese así e pronúnciase Friser, como en galego. Ó transcribilo na páxina web da TVG, o encargado de facelo tería que reparar na escritura inglesa e non na escritura coa pronuncia galega. O mesmo pasa con outras palabras.

Tanto ten coma o queirades manter xa que a decisión é vosa, pero eu consideraríao incorrecto.

Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.101.114 (conversacontribucións) o 16 de xaneiro de 2012 ás 15:27

{{info cor}}Editar

Agadecido pola oferta. En realidade teño otraballo a medio facer,coma ben sabes. Un saudo. A cousa e ben sinxella,ao meu pesar, tentaba facer unha caixa informativa e atopeime con duas estratexias, poñelo todo nun modelo ou facelo en partes. Un saudo, --Suarez ruibal 21:20, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Cambio de nome do Corrector ortográficoEditar

Boas, mira, ía poñerme a cambiar o nome e entroume unha dúbida, se cambiamos o nome desta páxina, afectará á ferramenta?. É que se hai que cambiar algo no programa non sei se pagará a pena facelo porque habería que avisar ó usuario da wiki en alemán... Ti que cres?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:44, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Xa fixen o traslado de corrector a revisor ortográfico, agora tócache :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:14, 10 de febreiro de 2012 (UTC)
Voltei a activar o revisor automático nas miñas preferencias e non me funciona, a ti vaiche?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:32, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
Oki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:39, 19 de febreiro de 2012 (UTC)

Xa funciona!, haberá que avisar á parroquia na taberna ou non fai falta activalo de novo?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:13, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Avisados quedan! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:14, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Conflito de interesesEditar

Ola Toliño. Pasou moito tempo e xa non me lembro de todos os aspectos que ía incluír, lembro que mirara a política en varias linguas antes de poñerme a escribir baseandome sobre todo nos problemas máis comúns na Galipedia. Tiña identificadas unha relación de situacións que se repetían unha e outra vez, mesmo unha listaxe de artigos nos que semellaba haber conflito de intereses: autobiografías, amizade e lazos estreitos, creación de usuarios para promocionar proxectos propios (revistas, empresas, programas de ordenador,...), campañas relacionadas coas crenzas ou a ideoloxía, mesmo seareiros de estrelas da música que van editando polas Wikipedias dun xeito que se converte nun conflito de intereses,... Outro problema que tiña identificado eran os artigos con algún deses problemas que se colaban vía traducións por causa de que na Wikipedia orixinal pasaran desapercibidos ou por falta de comprobación. Paréceme que chegara a pensar que sería boa idea poñer unha liña sobre o tema nas benvidas. O problema fundamental é que moita xente non é consciente que o que fai é un conflito de intereses e consume moita enerxía tratar con eses temas. Lembro que a redacción desa política dalgún xeito implicaba escribir a refirida a autobiografías, e que tentaba buscar precisión na redacción. Sinto non ser de máis utilidade. Un cordial saudo. --Prevertgl 16:41, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

Comentario sobre a sección: Como actuar ante un conflito de interesesEditar

Nese apartado hai diferenzas entre o modo en que tradicionalmente xestionamos os conflitos de intereses na Galipedia e como fan na Wikipedia en inglés (entre outras razóns a diferenza de tamaño fai que haxa diferentes matices). Nese sentido unha simple tradución do versión en inglés creo que non sería apropiada, na miña opinión habería que reformular algúns aspectos dese apartado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:06, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas pola resposta. Moi atinada :-) No que poida conta comigo, moito tempo non teño e coa lea de clasificar as parroquias aínda menos porque non quixera deixar a medias o que comecei. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:20, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Luces da cidadeEditar

Grazas por me correxires, Toliño! A verdade é que nunca me aclaro co formato consensuado nestes casos, porque me parece que ás veces se emprega o paréntese e noutros a coma, non si? Ou engánome? --Paradanta (Cóntame) 09:03, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

UsurpationEditar

Hello. I requested usurpation of my account on meta and they told me contact bureaucrat on glwiki. Can you help me with this? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 92.241.123.152 (conversacontribucións) o 11 de febreiro de 2012 ás 17:39

Química en progreso e funilEditar

Pois funil e funil de Büchner están moito mellor na categoría Material de vidro do laboratorio. Non fun capaz de ver que existía esa categoría. En xeral aínda non controlo moi ben o uso das categorías... Grazas --Baralloco 09:35, 15 de febreiro de 2012 (UTC)

TrebellosEditar

Toliño unha cousa, as Ferramentas Wikipedia:Detector de homónimos e o Wikipedia:Revisor ortográfico aparecen "As miñas preferencias"> "Trebellos"> "Edición". Pero creo eu que está mal que estean en "Edición" xa que se usan na navegación. Así que deberían estar en Aparencia ou en "Accesorios para interface". --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 00:39, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Modulador de vozEditar

Toliño, ti non saberás dalgún modulador de voz que lea galego. --. HombreDHojalata.conversa 14:18, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Mensaxe de MediaWikiEditar

Ola Toliño. Sería posible tecnicamente para nós poñer unha mensaxe que só se visualice ao editar as páxinas dunha determinada categoría do mesmo xeito que aparece en MediaWiki:Newarticletext cando se crea unha categoría nova? Por exemplo crear unha categoría oculta para as persoas vivas e cando se edite unha páxina que estea clasificada nesa categoría presentar o texto informando da situacións que supoñen conflito de intereses. Iso supoño que non se podería facer nas páxinas novas (referírome a que se presente só en certos artigos) polo menos eu non sei dun método simple. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:04, 1 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas. Non o sabía, teño que actualizarme. Terían que ser as páxinas que colgan de personalidades pero penso que primeiro haberá que crear unha categoría que distinga entre persoas vivas (supoño que no noso caso é mellor que sexa oculta) e as falecidas. Vexo que en inglés teñen en:Category:Living_people (tamén en:Category:Possibly living people) e como ti dis está en en:MediaWiki:Common.js. Entón, nos próximos días, crearei unha categoría e comezarei a clasificar os artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:44, 1 de marzo de 2012 (UTC)

RedirecciónEditar

Grazas. Xa está recuperada cara onde tiña que ir: o nome común Acantodios. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:02, 8 de marzo de 2012 (UTC)

Categoría oculta automáticaEditar

Ola Toliño. Estou dándolle voltas, para gañar tempo e maximizar esforzos, a que no modelo {{Lugar}} o sistema coloque automaticamente a categoría oculta Nome_Concello poboación ano co dato do ano collido do campo ano e o dato Nome_concello do campo concello e no caso de quedar baleiro que poña Galicia sen datos de poboación (porque diferenciar por provincias en principio non me parece viable). Penso que se pode conseguir con switch pero teño moi pouco tempo para facer probas. Como ti fixeches uso das posibilidades de switch en varias páxinas, antes de poñerme a facer nada, quizais xa teñas claro como facelo. Ese é o motivo desta mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:38, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Moitas grazas. Unha solución simple e efectiva. O que non teño claro é se convén engadir tamén o comentario <!--Categorías ocultas--> (por cuestión da posición onde o coloca porque pode mesturalo coas categorías visibles). Ti que opinas? Algo que atopei que non depende da solución que deseñaches é que naqueles modelos que engadiron unha referencia a carón do ano non funciona (A Ponte, Arante, Ribadeo). Haberá que evitar que se engadan as referencias nesa posición (polo de agora hai poucas). Por outra banda, para poder aplicalo ás parroquias teriamos que crear un modelo Parroquia2 provisorio para facer a transición e engadir o campo ano que no actual modelo falta e tamén un campo condicional para os mapas de situación. Como ves o de Parroquia2? Ademais esa solución tamén pode ser boa para todos os casos con información que hai que anovar periodicamente. Para finalizar outra vez moitas grazas, eu estaba enleandome. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:37, 12 de marzo de 2012 (UTC)
De acordo. Acabo de comprobalo. --Prevertgl 15:48, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Vendo a solución que desenvolveches decateime que tamén se podia aplicar cando o campo imaxe estea baleiro que escriba Parroquias de Nome_concello sen imaxes. A complicación aí poder ser A/As/O/Os e da/das/do/dos . Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:09, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Vaia! Non fixera a comprobación, pensaba que só eran un par de ducias e son 3.680!. --Prevertgl 16:18, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Tes razón. De acordo con facelo no mesmo modelo. A diferenza está que no canto de facer unha transición lenta só hai que engadir os anos cando se teña tempo. --Prevertgl 16:24, 12 de marzo de 2012 (UTC)

En {{Concello}} engadín a categoría oculta e dun xeito sinxelo clasifica as páxinas no propio concello pero creo que é máis útil clasifícalas na provincia para ter unha visión de conxunto. Tentei facer unha comparación co parámetro preposisión1 para que nuns casos poña Lugo, Ourense e Pontevedra e cando a preposición sexa da poña A Coruña pero aínda estou enfurruxado e non conseguín facelo. A ver se ti podes conseguir algo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:36, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas de novo. Se podes mirar algún día desta semana o do modelo Parroquia ao mellor o fin de semana podería comezar a poñer o campo ano e facer as correccións precisas nos datos. En canto ao engadir o campo para o mapa supoño que haberá que propoñelo aínda que neste caso sería o mesmo que en concello coa diferenza que en concello xa se inclúe por omisión porque xa temos todas as imaxes e aquí tería que ser condicional. Sobre a inclusión da categoría automática Parroquias de Nome_concello sen imaxes cres que pode haber algunha solución sinxela? Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:44, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Estieven facendo probas para poñer a categoría oculta automática Lugares de/da/das/do/dos Nome_concello sen imaxes e Parroquias de/da/das/do/dos Nome_concello sen imaxes, atopei unha posibilidade relativamente doada para comprobar se o concello comeza por A/As/O/Os facendo uso de mw:Extension:StringFunctions pero non está activada. Fixen outras probas pero ningunha con éxito. Ao final cando xa me ía retirar atopei en:Template:First word e en:Template:Remove first word, aínda non tiven ocasión de miralos. Unha solución sinxela é que a categoría nos lugares pase a chamarse Nome_concello sen imaxes. As parroquias xa están todas clasificadas e non convén mesturalas cos lugares. Esta solución non é consistente en canto os nomes das categorías pero ten a vantaxe de non implicar máis traballo. Que opinas? Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:41, 13 de marzo de 2012 (UTC)

De acordo, encárgaste ti de engadilo a {{Lugar}}? Por certo, con respecto á ligazón do INE que falamos arriba a maioría das ligazóns están fóra da caixa entón non afectan á categoría oculta agás unhas cantas (non sei cantas pero a ollo non me parece que sexan moitas). Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:25, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas. Pois non falabamos do mesmo no do INE. Polo que vin hai dous tipos de ligazóns: as que son referencias á páxina en concreto e as xenéricas. Como axuda o que podo facer é que cando pase por unha desas páxinas convertela nunha referencia e múdala pola ligazón interna. De todos os xeitos non creo que poda facelo en moitas páxinas, só unha pequena axuda cando vaia editar outra cousa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:55, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Non está funcionando o de agochar a poboación: agocha nos dous casos. Vese nestas páxinas: Dompiñor, Piñeira, Ribadeo, As Anzas, Covelas, Ribadeo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:19, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Recuperei de xeito provisorio ata que ti poidas miralo a versión de {{Lugar}} que non agocha o ano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:53, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Re: Wikipedia:Conflito de interesesEditar

Recibido. En principio ata o fin de semana non terei tempo de mirala polo miúdo. Hai varios fíos de discusión que lin nos últimos tempos na Wikipedia en inglés sobre esta cuestión que me pareceron inetresantes porque sinalaban moitos dos problemas asociados coa xestión dos conflitos de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:16, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Modelo de lugarEditar

Boas Toliño, vexo que fixeches algúns cambios no Modelo:Lugar. Estou facendo os lugares das Pontes de García Rodríguez e levaba algúns días sen traballar neles. Acabo de facer a páxina do lugar de Fragachá e vexo que ao comezo aparece (ano 2010)}}. Entrei noutras páxinas de lugares e tamén teñen iso ao comezo. Supoño que será algo que che quedou solto por ahí pois non teño idea do asunto. Poderías amañalo? Saúdos e parabéns!--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:51, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Non dixen nada, xa vexo que está amañado, grazas!--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:58, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Modelo para ligazóns mortasEditar

Ola Toliño. Tentei facer un modelo para as ligazóns mortas pero semella que hai un problema entre os parámetros que fai que ás veces funcione e outras non. Por favor podes borralo. Chameille por erro Ligazón rota. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:24, 19 de marzo de 2012 (UTC) Engadido: esquecera darche as grazas por arranxar o modelo Lugar. --Prevertgl 15:38, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Elimouno HombreDHojalata. Agora é {{Ligazón morta}}, bótalle unha ollada a ver se podes melloralo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:40, 19 de marzo de 2012 (UTC)

EtcEditar

Ola, Toliño. Poderías editar a páxina de estatísticas[2] para lle quitarmos a coma previa ao etc.? En galego non a leva. Un saúdo e grazas. --Atobar (conversa comigo) 03:11, 20 de marzo de 2012 (UTC)

CódigoEditar

Ola Toliño. Temos algún código na Galipedia que nos permita usar imaxes como a que hai neste artigo? Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:29, 23 de marzo de 2012 (UTC)

Eu estes días estiven pensando o mesmo, precisamente cando fixen o artigo Monmouth no que tiven que crear unha imaxe para poñer a situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:59, 23 de marzo de 2012 (UTC)
Xenial!, xa contarás :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:03, 25 de marzo de 2012 (UTC)
Galipedia10anos

Neste ano que falta para a Galipedia10anos paréceme que podiamos darlle a volta a que a Galipedia é unha Wikipedia pequena en comparanza con outras Wikipedias e tirar vantaxe diso. Iso pode servir para conseguir maior unidade visual, coherencia entre modelos e certa estandarización. Nas localidades doutros países podiamos aproveitar os mapas de localización que teñen eles para transferilos aquí con pouco traballo (en principio non se albiscan problemas de tradución nin de falta de rigor). Polo pouco que vin eses modelos teñen nomes diferentes en cadansúa lingua (podemos mantelos de xeito provisorio para facer a migración e logo múdalos cos bots, tendo a versión en galego desde o principio aínda que teña pouco uso). Para que o proceso sexa rápido podiamos basearnos en {{Concello}} coas variacións precisas (por exemplo, cun nome que indique o tipo de entidade e o apelido o nome do país, e os axustes precisos nos campos naturalmente) e con outras cores (as cores dese modelo, na liña que viñemos traballando, serven para identificar e darlle unidade a todos os contidos relacionados con Galicia, tamén axuda a revalorizalos). No punto no que estamos calquera modelo debería engadir automaticamente as categorías que informan da falta de imaxes, dos datos de poboación e todas aquelas que permitan unha mellora da xestión. Ao mesmo tempo o nome dos campos tería que ser o mesmo en todos e evitar ter que escribir Ficheiro: para inserir unha imaxe. Todos aqueles procesos que se poidan estandarizar, sen caer na falta de flexibilidade nin nunha rixidez extrema, penso que han facilitar a aprendizaxe do uso, melloras nas actualizacións e un aspecto visual unitario e coherente que beneficiaría o conxunto. Se podes comezar co proceso sería unha boa nova e na miña opinión unha gran mellora para o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:38, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Modificación para o marcador sen referenciasEditar

Ola Toliño e HombreDHojalata. Fixen una modificación que engade a data (en certa medida a data pode servir dun xeito semellante a {{SenOrixe}} ou {{SenLicenza}} nas imaxes) para incluír en {{Sen referencias}} baseada no modelo en inglés en:Template:Unreferenced. Polo de ágora está nun modelo para probas que creeí, o resultado pode verse en Wikipedia:Zona de probas. Hai tres situacións: poñer o modelo sen parámetros, úsalo mediante subst (esta é a opción que temos que usar) ou escribir manualmente o parámetro data. Creo que é importante marcar a falta de referencias por data, a cuestión é que todos os artigos nos que se marque a partir de agora con subst a data e a categoría quedaría ben marcada, tamén cos que se use o parámetro data pero os antigos mentres non se engada o parámetro data ou aqueles nos que non se poña aparecerán nunha categoría truncada Artigos que requiren referencias desde ou coa data incorrecta (iso pode servir tamén para saber en que páxinas queda por actualizar a data). Quixera coñecer a vosa opinión sobre se ir adiante coa mudanza ou non (naturalmente se algún outro compañeiro le esta mensaxe e quere opinar benvida sexa a súa opinión). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:31, 24 de marzo de 2012 (UTC)

Paréceme que xa está solucionado. Grazas. --Prevertgl 18:44, 24 de marzo de 2012 (UTC)

Modelo ParroquiaEditar

Ola Toliño. Engadín o campo mapa no modelo {{Parroquia}}. Quizais habería que engadir un texto por omisión co pé de imaxe algo así como "Mapa de situación da parroquia no concello" do estilo do campo lenda que apareza cando haxa o mapa. Non me decidín, bótalle unha ollada se queres para ver se llo poñemos ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:06, 25 de marzo de 2012 (UTC)

HotCatEditar

Ei Toliño, foi boa a túa mensaxe. O HotCat fai mais sinxelo o choio de engadir categorías nos artigos. Se non me dis nada non o tería empregado nunca. Tiña a idea de que era unha ferramenta para administradores e burócratas, mira tí. Grazas polo consello, e sinto que tiveras que perdelo tempo estes días rompendo os cornos co asunto do meu nome de usuario antigo: Rugbya15. Un saúdo. JonnyJonny (conversa) 20:48, 25 de marzo de 2012 (UTC)

{{Ligazón morta}}Editar

Non tiña nin idea de que xa temos ese modelo. Grazas Prevert e grazas a ti polo aviso.

Proximamente seguirei traballando en Castelao, non sei se empregando o modelo, reparando as ligazóns ou retirando as que non se podan reparar. --. HombreDHojalata.conversa 21:10, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Wikipedia:Libro de estiloEditar

Toliño, é unha parbada pero noto que neste tema eu fago e ti desfás ou viceversa: No apartado "Outros artigos" cada liña ten que terminar en punto ¿ou non?

Así ven no WP:LE:

===Outros artigos===
Ligazóns entre [[ e ]].

Hai un punto e a parte, e a liña seguinte comeza en maiúsculas, non?

De paso: Grazas pola revisión do Auditorio Mar de Vigo. E outra pregunta ¿O «& n b s p ;» para que hai que meterllo? --. HombreDHojalata.conversa 21:55, 25 de marzo de 2012 (UTC)

CIEditar

Ola Toliño. Quería desculparme por non intervir aínda en Wikipedia:Conflito de intereses como dixera. Son moitas tarefas por facer e pouco tempo para repartir entre elas. A ver se nas vacacións paso pola conversa. Noutra orde de cousas penso que o que fixemos con {{Sen referencias}} podemos aplicalo en {{Atención}}, {{Ligazón morta}} e mesmo nalgún marcador máis dese estilo. Por certo pasei o bot polas ligazóns externas e xa teño o primeiro grupo de ligazóns mortas, en principio vounas publicar nunha subpáxina persoal logo vós diredes se hai que pasalas ao espazo Wikipedia: ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:19, 30 de marzo de 2012 (UTC)

En {{Ligazón morta/Probas}} probei a actualizar o modelo segundo o esquema de {{Sen referencias}} e deime de conta que cando se pon o parámetro url non se clasifica a páxina na categoría. Non atopei o problema a ver se ti podes atopalo. Tamén actualicei {{Cómpre referencia}}, semella todo ben de todos os xeitos revísao por se acaso. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:36, 30 de marzo de 2012 (UTC)

En Usuario:Prevert/Ligazónsmortas está a primeira lista de ligazóns rotas, o filtro antispam impedíume gardalo co formato correcto. Podes retirar os nowiki da sección lista para que se vexa correctemente? (Nota: se algún outro administrador ve esta mensaxe antes que Toliño por favor que faga a corrección). Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:39, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Xa está solucionado. --Prevertgl 23:53, 30 de marzo de 2012 (UTC)

RenomearEditar

Hola, perdóname por no hablar gallego pero podrías renombrar a mi cuenta si es posible acá, saludos y muchas gracias. Super braulio (conversa) 18:19, 3 de abril de 2012 (UTC)

Muchas Gracias SuperBraulio13 (conversa) 12:30, 4 de abril de 2012 (UTC)

modelo:AMPERIOEditar

Moitas grazas pola túa axuda Toliño!. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 22:06, 10 de abril de 2012 (UTC)

Como se chamaba o modelo?Editar

Toliño, creo recordar que tíñamos un modelo equivalente ao {{DEFAULTSORT}}, pero en galego. Como se chamaba?--. HombreDHojalata.conversa 17:06, 15 de abril de 2012 (UTC)

Xa o atopei. Non é modelo, é unha magicword [3], grazas. --. HombreDHojalata.conversa 17:13, 15 de abril de 2012 (UTC)
Pois estiven probando {{ORDENAR}} no canto do {{DEFAULTSORT}} e non me da funcionado. A que pode ser debido? --. HombreDHojalata.conversa 17:24, 15 de abril de 2012 (UTC)
E non actualizaron o software en febreiro ou en marzo, que pasou entón?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:54, 16 de abril de 2012 (UTC)
Ok, non estou apuntado nese boletín e non me enterara diso. Grazas pola información e se te enteras de cando se pode comezar a usar o de ORDENAR danos un toque :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:08, 19 de abril de 2012 (UTC)

RenameEditar

Hi. I'd like to ask you to rename my account to Defender so I can use the same name I use everywhere. Thanks in advance, Striker (conversa) 22:49, 22 de abril de 2012 (UTC)

peticiónEditar

Ola, Toliño! Ao borrar unha imaxe, aparece como opción "Violación dos dereitos de autor". É posible corrixilo para que apareza "Violación dos dereitos de autoría", para evitar o uso de masculinos xenéricos? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:35, 27 de abril de 2012 (UTC)

Boa tarde, meu! Graciñas polo borrado; mirei que o que fixeches foi modificar MediaWiki:Deletereason-dropdown (onde de feito vou modificar tamén "autor" por "persoa autora") e MediaWiki:Filedelete-reason-dropdown; mais estas páxinas non están categorizadas; como chego a elas? O mundo de Media e MetaWiki escápaseme bastante; tiñamos que ter un encontro en vivo para aprender todos eses segrediños. Saúde!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:48, 28 de abril de 2012 (UTC)

Modelo FichaEditar

Boas rapás! :). Mira, que trouxen o modelo Ficha da es.wiki e o modelo Ficha/fila para crear o modelo Sistema Operativo. Funciona a medias, resulta que ó metelo no artigo Android o modelo ponse á esquerda do artigo en vez da dereita, non sae o recadro, e ademais hai unha imaxe de fondo do modelo orixinal da es.wiki que non sae, creo que iso todo é por culpa das clases ou algún tinglado deses pero é que iso todo a min xa se me escapa. ¿Poderías botarlle unha ollada a ver o que lle pasa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:34, 30 de abril de 2012 (UTC)

Moi ben, moitas grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:31, 7 de maio de 2012 (UTC)

Varias columnas para as referenciasEditar

Como era isto que me pregunta Piquito? Sei que é uha chorrada pero é que non me acordo de como se pasaba de listaref a listaref en vairas columnas, malia que o fixen moitas veces. A ver se llo podes dicir ti. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 13:12, 8 de maio de 2012 (UTC)

Xa as vexo perfectamente, moitas grazas!! Un saúdo, Piquito (conversa) 14:14, 9 de maio de 2012 (UTC)
Que conste que eu fixera iso mesmo e non vía a diferenza (penso que o mesmo que lle pasaba a Piquito), e foi daquela cando recorrín a ti. En todo caso, fas ben en dar o tirón de orellas. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:59, 10 de maio de 2012 (UTC)

MetaEditar

Ola, meu! Deixeiche unha mensaxe en Meta, ok?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:53, 14 de maio de 2012 (UTC)

Mapa de situaciónEditar

Boas, mira teño un problema coa visualización do mapa de situación do concello de Viana do Bolo e non sei o que lle pasa. Cando teñas un momento, podes darlle un repaso? :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:28, 18 de maio de 2012 (UTC)

Moitas grazas ós dous!! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:29, 19 de maio de 2012 (UTC)

Modelo TeatroEditar

Vin que quitaches o modelo do mapa de localización do modelo Teatro. Só unha nota, non o borrei do modelo porque cando teña outro rato vou tentar traelo tamén para ver se dou feito que funcione :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:12, 1 de xuño de 2012 (UTC)

Si, xa tiña pensado en traducilo como Mapa de localización, o que non sabía era que xa existía, e en principio, parece que funciona e todo! :). Non vin como está por dentro pero, que queres dicir con que hai que actualizar os códigos?. Eu vou tentar revisalo e tentar facer que funcione co modelo teatro e coa páxina de Monmouth - Trefynwy, para facer probas. Da caixa de información non te preocupes que cando funcione xa a actualizo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:24, 1 de xuño de 2012 (UTC)
Ok, tomo nota. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:06, 1 de xuño de 2012 (UTC)

Páxina especial perdida :)Editar

Boas, na wiki en castelán teñen a páxina especial Especial:MiPágina, temos esa páxina por aquí?, como se chama?. É para poñer na axuda do revisor ortográfico. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:55, 4 de xuño de 2012 (UTC)

Ah!, moitas grazas!, e outra preguntiña, na páxina en castelán ten unha ligazón a esa páxina especial/skin.js, e iso lévate, aparentemente, ó ficheiro .js de configuración da aparencia. Puxen o mesmo na páxina do revisor e non me funciona, ¿sabes se hai que poñelo doutra forma?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:12, 5 de xuño de 2012 (UTC)
Moi ben, grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:25, 5 de xuño de 2012 (UTC)

Cadro resumoEditar

Toliño, en Wikipedia:Verificabilidade encantábame o cadro que había [4]. Era moi clariño, conciso e directo. Ideal. Comprensiblemente, moita xente non se para a ler extensas políticas.

Non podería recuperarse, e quedar, a maiores do que estás engadindo?

Bo traballo, por certo. --. HombreDHojalata.conversa 13:18, 12 de xuño de 2012 (UTC)

Modelo CADC, dos artigos candidatos a calidadeEditar

Mira, o modelo CADC según Wikipedia:Escolla do artigo de calidade no apartado 3.1 hai que cambialo polo modelo de artigo de calidade, pero o que pasa é que en ningún sitio se di cándo hai que poñelo. Supoño que haberá que engadir un paso máis no proceso nesa páxina, antes da votación, e nesta, ¿non?. ¿Hai algún sitio máis onde metelo?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:27, 14 de xuño de 2012 (UTC)

Iso é o que hai que facer pero non se está facer porque penso que non está ben explicado no apartado de "Como presentar unha candidatura" xa que ese paso falta. Nese apartado só di I. Crear unha proposta, II. Inserir a ligazón na páxina de escolla e III. Votación. Eu creo que nesas páxinas, e noutras que podan ter esa información se hai, o apartado III tería que ser: III. Engadir modelo de Candidato a destacado', que explique cómo poñer o modelo e ónde, e logo pasar o das votacións a un apartado IV.
O do modelo CADC só se menciona no sitio que dis para indicar que o administrador vai a cambialo polo modelo de artigo de calidade pero en ningún sitio se fala de que hai que poñelo nin quén, ou polo menos eu non o atopo. Pode asumirse lendo toda a historia pero penso que deberíamos poñelo na táboa dos pasos a seguir, se é que debe facerse así, que ó mellor estou a liarme... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:45, 14 de xuño de 2012 (UTC)
Si, e ti o metiches na outra :). O que non me decatara era que estaba na páxina que dis ti. Vale, pois xa está, graciñas ós dous!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:02, 14 de xuño de 2012 (UTC)

previa imaxesEditar

Ola, Toliño; a ver se sabes como solucionar unha cousa.

Ao pasar o rato por riba dunha imaxe, aparéceche a info da mesma (resumo, licenza, e artigos cos que liga); pero no apartado dos artigos cos que liga pon "ligazóns cara ficheiros", e debería ser máis ben "ligazóns cara a artigos" (incluír o 'a' e modificar 'ficheiros' por 'artigos'); bótaslle un ollo, por favor?

Graciñas! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Estevoaei (conversacontribucións) o 15 de xuño de 2012 ás 04:22

RenameEditar

Hello. I'd appreciate it if you could rename me to Mh7kJ. I am renaming globally. Confirmation: here. Thank you! -Orashmatash (conversa) 16:33, 15 de xuño de 2012 (UTC)

ToloBotEditar

Graciñas por poñer a andar ao ToloBot co asunto de Narsés! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:53, 17 de xuño de 2012 (UTC)

Actualizar pywikipediabotEditar

Eu traballo en Windows. Instalara primeiramente o TortoiseSVN. A partires de aí é todo semiautomático, para actualizar so teño que darlle co botón dereito na carpeta pywikipedia do meu disco duro -> TortoiseSVN -> Actualizar a la versión... -> Actualizar --. HombreDHojalata.conversa 14:05, 19 de xuño de 2012 (UTC)

Máis info en mw:Manual:Pywikipediabot/Installation--. HombreDHojalata.conversa 14:10, 19 de xuño de 2012 (UTC)

re:Cursiva e comiñasEditar

Boas Toliño ! Pois tés toda a razón ! Pensando amañar conforme ao libro de estilo non decatei que só van en cursiva "Composicións musicais longas (p.ex. óperas ou álbums): Madamme Butterfly de Puccini - Poemas longos que poidan aparecer publicados sós nun libro: Os Lusíadas". Non hai problema, xa que me paraches, vou desfazer o que fixen mal e graciñas polo aviso. (Non sabia do verbo acougar, e fun consultar o DRAG). --Elvira (Conversa comigo) 11:02, 21 de xuño de 2012 (UTC) P.S. : Miña beizon pola axuda. Ata outra --Elvira (Conversa comigo) 11:17, 21 de xuño de 2012 (UTC)

Serie de TVEditar

Perdón, culpa miña. Non me fixei que era para series de televisión e que había un modelo para programas. --Imxavitooh (conversa) 12:13, 22 de xuño de 2012 (UTC)

Grazas e perdoa as molestias.--Imxavitooh (conversa) 12:17, 22 de xuño de 2012 (UTC)

Véxase taménEditar

Si, é certo que moitas veces non me acordo de poñer o Véxase tamén. É que cando hai unha cousa soa (por exemplo Ligazóns externas) non me pide o corpo poñelo e ás veces se me esquece. Cando hai varias cousas (Outros artigos, Ligazóns, etc.) sempre o poño. Xa corrixín algunhas das páxinas que levo feito estes días e púxenlle o Véxase tamén, pero seguro que me quedan moitas. Xa as irei corrixindo conforme volva a elas. A verdade é que fixen tantas páxinas que me é difícil ter todas baixo control. Outra cousa é ter que poñer Véxase tamén DEBAIXO de Notas. Seguro que hai un acordo para facelo así e eu sempre o fago, pero vexo que cando hai decenas de notas, o Véxase tamén queda tan abaixo que probablemente pasará desapercibido e ás veces son cousas importantes ou interesantes. Eu creo que o Véxase tamén debería ir ANTES de Notas. Porque o Véxase tamén, se está ben á vista, fai que a xente o consulte, entanto que Notas normalmente só a consultan aqueles que premen o número azul (e xa chegan directamente). Ademais, non é exactamente o mesmo unha nota a rodapé ca unha referencia bibliográfica ou dunha revista científica, pero todas van na mesma sección.--Miguelferig (conversa) 22:54, 28 de xuño de 2012 (UTC)

ReportandoEditar

Tolobot adiantóuseme de novo! Pretendía eu mudar reporte por informe. Xa vin que fixeches ese e outros retoques. Bo traballo ;-) --. HombreDHojalata.conversa 21:16, 2 de xullo de 2012 (UTC)

TelevésEditar

Mira unha cousa: ¿Que ten que ver unha regleta de pares cunha ferramenta de instalación?

regretas de pares ou ferramentas de instalación. ¿Iso puxéchelo ti? o OU, digo

E fibra óptica ou receptores ópticos? Oes, estamos a falar do que fabrica televés. Fabrica todo iso, non unha cousa e outra non. --Nemigo (conversa)     16:29, 4 de xullo de 2012 (UTC)

Modelo PraiaEditar

Ola Toliño. Saltando dun artigo a outro, atopeime co da Praia de Barra e vendo que había datos na caixa de información incorrectos intentei correxilo. Ao intentar poñer que a praia non tiña bandeira azul, por exemplo, a caixa non me facía caso, así que optei por eliminar directamente esa liña. Fixen algo mal ou o problema está no modelo? Grazas e un saúdo. --Beninho (conversa) 20:30, 10 de xullo de 2012 (UTC)

Rename requestEditar

Hello. I'm sorry if this is not the right place to request it, but I request renaming my following accounts:

  • محمد الجداوي → Avocato
  • GedawyBot → AvocatoBot
  • Confirmation link: [5]
  • Reason: Privacy reasons

Please, delete all my userpages and talk pages of these accounts before renaming and I will create them later .Thanks in advance.--M.Gedawy 10:29, 15 de xullo de 2012 (UTC)

Liches o enlace de Iolanda Castaño?Editar

http://gl.wikipedia.org/wiki/Yolanda_Castaño Ola, ¿liches o enlace dos datos do artigo sobre iolanda castaño (referencia 3)? É ela a que di catro ou cinco dos máis de oitenta comentarios que tiña o post de aduaneiros. Se non estás de acordo cas súas palabras (ou tes outro enlace) sería bo que o aportases. Non lle vexo sentido que eu poña 4 ou 5 post (citando a Iolanda Castaño) e ti digas que non son isas cifras poñendo a mesma ligazón ca min. Non ten senso poñer en dúbida os datos que a mesma interesada da para xustificar a polémica. --Nemigo     20:51, 16 de xullo de 2012 (UTC)

Agora penso que está mellor (citando as palabras da propia Iolanda) Tratábase de achegar un pouco máis o acontecido e poñelo de un xeito máis neutral (ata onde sexa posible) Saúdos --Nemigo     21:31, 16 de xullo de 2012 (UTC)

Categoría:Nados en DacarEditar

Boas Toliño, Miña beizon por corrixir, fixelo mais rapido ca eu. --Elvira (Conversa comigo) 13:16, 26 de xullo de 2012 (UTC)

Se o teu non son as táboas...Editar

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Zona_econ%C3%B3mica_exclusiva&diff=2555306&oldid=2555303

Pode que sexa mellor que o deixes como estaba. --Nemigo     14:34, 26 de xullo de 2012 (UTC)

Dis ti que ista táboa:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Zona_económica_exclusiva
vese mellor/é mellor que esta:
http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Zona_econ%C3%B3mica_exclusiva&diff=2547236&oldid=2547233
Se es ti quen "arranxa" as táboas xa se entende mellor. ¿Onde viches ti xustificar os números á esquerda?
¿Para que pos Xurisdición encima de Lonxitude da costa? ¿Que ten que ver a xurisdición ca lonxitude da costa? Iso non é o que pon na taboa orixinal e tampouco vai aí. Son dúas taboas diferentes. Non se poden fusionar, non falan do mesmo. Por iso ían separadas. --Nemigo     19:41, 26 de xullo de 2012 (UTC)

Modelo para obas no Prxecto GutenbergEditar

Ola, Toliño. Poderías facer que funcione o modelo das obras no proxecto Gutenberg, ao estilo do que hai en en.wiki e es.wiki? Por exemplo, a ligazón externa aquí [6]. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:47, 27 de xullo de 2012 (UTC)

Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 14:40, 27 de xullo de 2012 (UTC)

Logotipo da portadaEditar

Boas!, estaba pensando que xa que chegamos ós 90.000 podiamos tentar de novo cambiar o logo da portada, non?. Eu podo poñerlle o numeriño pero precisaba saber cal é o ficheiro para facer unha copia del e modificalo (é este?). Cando foi o dos 8 anos non fomos capaces de facer que aparecera na portada, tentámolo de novo?. Se queres eu podo preguntar a algunha xente da wiki en castelán a ver se nos poden axudar, ou tamén podo preguntar na wiki en catalán que eu penso que eles si que cambian o logo de cando en vez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:13, 7 de setembro de 2012 (UTC)

P.D: Así isto valeranos tamén como proba para estar listos para cando cheguemos ós 100.000! ;)

Non son capaz de modificar o ficheiro para meterlle cores... :( Dinlle voltas por tódolos lados e non hai forma, cada vez que tento pintar algo cunha cor debúxao en escala de grises e así non hai forma de facer nada decente. Ti sabes como modificalo para facer unha proba polo menos?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:02, 7 de setembro de 2012 (UTC)

 

Conseguín modificar o ficheiro, costoume traballo pero ó final caeu ;). Podes probar a cargalo en Ficheiro:Wiki.png a ver se funciona? Se non funciona entón poreime a preguntar polo mundo adiante :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:51, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Moi ben, entón eu vou comezar a preguntar a ver o que pasa :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:21, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Entón, cal é o ficheiro que temos actualmente?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:38, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Boeno, mandei un correo a ver se nos poden axudar, vou preguntar agora na Viquipèdia a ver se me din algo. Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversacontribucións) o 8 de setembro de 2012 ás 14:31

Boas, deixaron un aviso nunha páxina para ver se volven a apuntar o logo da wiki ó ficheiro vello, pero hai que esperar ata o luns a ver se o aceptan, cando digan como vai a cousa xa che conto os detalles do tinglado, polo momento hai que deixar o ficheiro modificado porque así veremos no momento se fan o cambio ou non. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:11, 8 de setembro de 2012 (UTC)

Xa está o logotipo dos 90.000 artigos. A cousa ten retranca, un colega da asociación que parece que vive dentro dos servidores de Wikimedia, fixo unha solicitude noutro servidor, o gerrit que polo que me contou é un servidor de control de cambios, para que cambiaran o logo svg ó que usabamos sempre. Despois de revisar e aprobar o cambio ó final saleu. O caso é que agora estamos a utilizar o logo vello e parece que vai quedar así ata que voltemos solicitar o cambio. Eu penso que para nós case é mellor deixalo así porque así podemos fedellar nel cando nos pareza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:18, 10 de setembro de 2012 (UTC)
A mandar! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:23, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Modificación no modelo de lugaresEditar

Equivoqueime, pensaba que era un erro. --Imxavitooh (conversa) 10:33, 11 de setembro de 2012 (UTC)

De acordo, grazas e perdoa as molestias. Un saúdo! --Imxavitooh (conversa) 10:47, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Problema cuns modelosEditar

Acabo de corrixir os artigos *Endodermo por Endoderma, *Ectodermo por Ectoderma e *Mesodermo por Mesoderma, de acordo co que establece o DRAG. O caso é que os tres artigos rematan co modelo: Células humanas derivadas do endoderma, do ectoderma e do mesoderma, respectivamente. Tamén movín os tres modelos ás formas rematadas en “a” e corrixín nos títulos dos tres modelos as tres formas. Cambiei igualmente as iw na española (dos artigos) e na inglesa (dos modelos), confiando en que algún bot cambiará o resto das iw. Ben, cría que xa estaba todo feito cando fun comprobar os modelos e ó editalos (nesas iniciais que aparecen na parte superior V-C-E), resulta que abre ben o relacionado co endoderma pero non co ectoderma e mesoderma: levan ás formas rematadas en “o” e dime, claro, que están borradas. Non sei se fixen algo mal ou se hai que esperar un tempo. Non sei tampouco se me expliquei ben. Mira ver se falta nalgún sitio corrixir ese “o” final en “a”. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:38, 15 de setembro de 2012 (UTC)

ProblemiñaEditar

Ola, Toliño!, :)

Sabes como resolver isto: http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:P%C3%A1xinas_que_ligan_con_esta/Caprimulgiformes de xeito non manual? --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:00, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Moitas grazas! Desculpa por molestarche con esta chorrada. :( --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:00, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Suxestión de administrar GalicitasEditar

Hola Toliño mira esta proposta que fixen.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:30, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Tes unha mensaxe aquí--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:48, 1 de outubro de 2012 (UTC)
Desculpa, quería dicir aquí, trabuqueime de apartado, ese xa estaba solucionado.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:34, 2 de outubro de 2012 (UTC)

ComiñasEditar

E como foi que os artigos van agora con comiñas? --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:23, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Problema co modelo IdadesEditar

Boas, hai un problema pequeno co modelo Idades, resulta que a columna da esquerda aparecía no Explorer en horizontal por riba do texto dos artigos en vez de vertical, fíxenlle algúns cambios e conseguín amañalo para o Explorer pero o problema é que para Firefox e Chrome agora saen en horizontal, aínda que quedan dentro da caixa, iso é un avance. Fixen unha copia nesta subpáxina pero non din para máis. Xa o comparei co modelo da wiki en castelán e en alemán pero nada. Se queres votarlle un vistazo podes fuchicar nesa subpáxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:28, 3 de outubro de 2012 (UTC)

CoresEditar

Boas Toliño! Estou a voltas coas caixas climáticas, concretamente coas cores. Hai algún xeito de asociar unha cor a un número da táboa? É dicir, que só con poñer o número este se asocie directamente a unha cor. Moitas grazas de antemán, Piquito (conversa) 17:35, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Usuario:ModeradorEditar

Quen é o usuario Moderador? Como chegou a ser administrador? Eu non sei nada.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:38, 4 de outubro de 2012 (UTC)


Cantos votos necesito para ser administrador?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14:58, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Nova función e un cambioEditar

Ola Toliño. Nas tabernas pedín unha nova ferramenta e un cambio de ligazóns. A ver se os podes facer. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:06, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Deixei unha nova mensaxe en Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Nova_ferramenta e podes mirar Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Ampliar o campo de actuación do Wikipedia:Revisor ortográfico --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:40, 10 de outubro de 2012 (UTC)
Por que os modelos de aviso a partir do terceiro nivel teñen que estar en 3ª persoa? Aínda por riba que vandalizan hai que tratalos educadamente, o que faltaba.

Por que o espazo de nome da conversa de "Portal" está inglés? Isto é a Galipedia non crees que debe estar en galego?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:58, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Pois eu creo que "Portal talk" debe estar en galego. Así que vou a abrir unha votación, onde se fai? E iso podes cambialo ti ou hai que facelo en Mediawiki? Podes modificar o revisor son un par de minutos, e sobre "nova sección, editar", non entendo que ten de malo engadilo. Tamén deixei unha mensaxe na taberna.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:21, 10 de outubro de 2012 (UTC)
Xa o propuxen aquí.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 09:08, 11 de outubro de 2012 (UTC)
Deixei unha nova mensaxe en Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Nova_ferramenta, a ver se a podes mirar. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:51, 11 de outubro de 2012 (UTC)

CorreoEditar

Toliño, mandeiche un correo ao enderezo que indicas aquí. Revísao cando teñas un momento. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:57, 8 de outubro de 2012 (UTC)

Catro bots máisEditar

Toliño, cando poidas: Wikipedia:Taboleiro dos administradores (Votacións pechada. Aprobados: FiriBot, タチコマ robot, kasirbot e TjBot. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 10:58, 12 de outubro de 2012 (UTC)

Nova mensaxeEditar

Tes unha mensaxe aquí. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:49, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Nova propostaEditar

Podes mirar a miña proposta Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Engadir_unha_ligaz.C3.B3n?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:35, 17 de outubro de 2012 (UTC)

Novas mensaxesEditar

Podes mirar a nova proposta Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Nova_ferramenta e Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Nova_funci.C3.B3n_en_Preferencias.3ETrebellos.3EAparencia_2.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:06, 17 de outubro de 2012 (UTC)

Nova secciónEditar

Non entendo por qué non engades a ferramenta de nova sección en trebellos. Que política impide facer esta adición?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:53, 20 de outubro de 2012 (UTC)

Eu entendo e parece lóxico que non o engadas de forma predeterminada, xa que a maioría non queredes. Pero non entendo que non o engadas en trebellos.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10:26, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Décimo aniversarioEditar

Boas, fai tempo fixen unha proposta na taberna para tratar de organizar algún evento para o décimo aniversario da Galipedia e gustaríame que deras alí a túa opinión. Só che pido que poñas as túas impresións sobre a proposta, as túas ideas, as cousas coas que estás dacordo ou desacordo para tentar levar adiante esa idea, se é posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:08, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Xa hai consenso en poñer o aviso na cabeceira da Galipedia (podes velo na ligazón que che puxen no comentario de enriba), cando teñas un momento, podes poñer a mensaxe?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:27, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Moitas grazas, e perdoa por non poñer a mensaxe para a votación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:07, 26 de outubro de 2012 (UTC)
Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:26, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Precisamos algún concordo máis para poder facer a votación das propostas para o décimo aniversario, a ver se tes un momento e podes pasarte pola taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:29, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :) Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:40 (UTC)

GrazasEditar

[7]. En breve porei unha nota na Taberna para que outros colaboren/colaboremos tamén. --Atobar (conversa comigo) 13:28, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Precargas a subpáxinasEditar

Grazas.

É que non quero metelos como subpáxinas do WP:ACA porqué estou pensando que se poderían empregar mesmo fora do ACA.

Por iso e porque tampouco se me ocorre como disgregar o nome para dividilo nunha raíz común e dúas subpáxinas sen complicalo moito.

Mmmm.

Ou si. Poderían ser... Modelo:Lugar/Precarga e Modelo:Lugar/Intro, non si?

Non sei, porque a verdade é que a relación co Modelo:Lugar é indirecta. --. HombreDHojalata.conversa 22:07, 29 de outubro de 2012 (UTC)

Movidos cara a subpaxinas de Modelo:Artigo lugar: Modelo:Artigo lugar/Intro e Modelo:Artigo lugar/Precarga. E así serán Modelo:Artigo ponte/Intro e Modelo:Artigo ponte/Precarga, Modelo:Artigo/Intro e Modelo:Artigo/Precarga, etc. --. HombreDHojalata.conversa 15:00, 31 de outubro de 2012 (UTC)

maiúsculas minúsculas nos títulosEditar

Bos días Toliño. Miguelferig faime esta consulta que non sei responder. Trátase de saber se hai forma de diferenciar HeLa (un cultivo celular) de Hela (unha deusa rara) ou cómpre facer unha páxina de homínimos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:03, 3 de novembro de 2012 (UTC)

HeLaEditar

Grazas, xa fixen a redirección de HeLa e funciona.--Miguelferig (conversa) 17:05, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Changing usernameEditar

Hello and Sat Sri Akaal! I don't know the language so requesting here. I'm changing my username globally to "itar buttar" as per the meta request. Please check to verify and rename and oblige. Thanks a lot. --TariButtar (conversa) 13:36, 7 de novembro de 2012 (UTC)

  Feito! /   Done! --Toliño Fala aquí comigo 13:53, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Caixa de información para imaxesEditar

Toliño.

Unha cousa que temos pendente dende fai tempo, e que sería unha mellora boísima para o funcionamento da Galipedia, no eido da carga de ficheiros.

Cando se vai cargar un ficheiro en Commons (Commons:Special:Upload), no cadro "Descrición:", aparece precargada a Caixa de información para imaxes.

O noso cadro "Descrición:", pola contra, aparece baleiro. Non poderiamos, nós, telo igual que eles?

A min supérame, non sei se hai que facer un Commons:MediaWiki:Upload.js, que vin que teñen eles, ou que hai que facer.

Podes botarlle un ollo ó asunto?

Quédoche moi agradecido. --. HombreDHojalata.conversa 14:22, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Non hai presa ningunha ;-) --. HombreDHojalata.conversa 22:51, 8 de novembro de 2012 (UTC)

Curiosidade técnica DISPLAYTITLE + REDIRECCIÓNEditar

Unha curiosidade que non sei se detectaches.

A presenza de DISPLAYTITLE en ncRNA provoca que a páxina non sexa recoñecida como redirección, e iso implica que apareza, por exemplo, en Especial:Páxinas_sen_categoría.

Ocórreseche algunha solución?!--. HombreDHojalata.conversa 10:17, 10 de novembro de 2012 (UTC)

Engadir excepción para o revisor ortográficoEditar

Podes ver estas suxestións? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:45, 15 de novembro de 2012 (UTC)

Modelo:xornal/diarioEditar

Moi boas tardes Toliño, ¿poderías crear un modelo para os xornais (abc, el progreso...)? Eu tratei de facelo, pero o modelo xornal xa existe para o xornal da galipedia e non sabía que nome ponerlle. Grazas e un saúdo --AMPERIO (conversa) 15:46, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Moitisimas gracias pola túa axuda. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 15:04 (UTC)

Páxina de creación de propostas a imaxe da semanaEditar

Ola!, mira atopei un detalle na páxina de creación de propostas a imaxe da semana que penso que había que cambiar pero non sei onde hai que facelo. Imos ver, cando lle das á ligazón de propor imaxes da semana aparece unha páxina para crear a proposta e que na cabeceira ten uns pasos para seguir. A cousa é que como título nun cadro pon: "Nova proposta a artigo destacado", e iso non é correcto xa que o que se está a facer é unha proposta a imaxe da semana. O que pasa é que ese código non sei de ónde sae nin ónde modificalo. ¿Ti sabes onde está iso? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:25, 21 de novembro de 2012 (UTC)

Moitas grazas! Podes cambiar tamén a mensaxe das cabeceiras? Fixen a petición no taboleiro dos biblios pero non se fixo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 23:51 (UTC)
Pois non me decatara, é que mensaxe parece a mesma, sería ben cambiarlle a cor de fondo ou algo así para que se diferencie da mensaxe antiga? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 09:27 (UTC)
E estaría ben que na mensaxe se puxeran as datas de votación para que todo o mundo o tivese claro, non? Se queda moi longa a mensaxe pode reducirse algo a outra parte do texto, penso eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 09:41 (UTC)
Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2012 ás 18:55 (UTC)
Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 14:00 (UTC)

Páxina de usuarioEditar

Ola! Podo preguntar porque non se me permite ter a miña páxina de usuario ao meu gusto? Non creo que sexa tanto pedir que teña a páxina de conversa do meu usuario como me pareza máis oportuno e, se hai algún motivo polo que isto non pode ser, creo que o propio sería comentarmo persoalmente non andar desfacendo o que editei unha e outra vez como se isto fose unha disputa de primaria.--Mauna (conversa) 29 de novembro de 2012 ás 11:28 (UTC)

“Basicamente, é un tema de respecto cara á persoa que deixou a mensaxe orixinalmente. Non se poden eliminar as mensaxes deixadas por outros usuarios nas páxinas de conversa, a menos que haxa un motivo xustificado para facelo (vandalismo)”.
Isto é un pouco estraño; se non se pode borrar a menos que haxa un motivo xustificado entón non é unha cuestión de respecto a quen puxo a mensaxe, e unha norma interna, que é algo bastante distinto.
“Non creo que sexa tanto problema deixar a caixa”
Non, non é. Tampouco é pedir tanto (sobre todo se se ten tanto en conta aos outros compañeiros), explicar porqué se fan as cousas, sobre todo tratándose de novatos, e non desfacer unha e outra vez o que un usuario cambiou na súa páxina sen explicar porqué.
Un saúdo!--Mauna (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 18:56 (UTC)

Modelo:EnfermidadeEditar

Ola,Toliño derixome a ti para haber si me podes axudar; pois ben estou a editar, máis ben a traducir, algo sobre enfermidades e atopome conque non temos modelo para as enfermidades -a menos que eu sepa- e estiben haber se eu era quen de traducilo e facelo funcionar desde a wiki en castelán pero algo se me escapa que non son capaz, polo que se poideras facer un modelo -se esta nas tuas mans!- quedariache agradecido e creo que os artigos sobre enfermidades tamén. Un saudo--Alfonso mande 2 de decembro de 2012 ás 14:43 (UTC)

Bandeira para Makecat-botEditar

Boas, o bot Makecat-bot xa ten os tres votos para ter a bandeira e realmente está facendo bastantes edicións, polo que vin sen problemas. Como está traballando bastante está metendo moitas filas nos cambios recentes co que dificulta a revisión, pódeselle dar xa a bandeira? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2012 ás 13:27 (UTC)

Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 22:42 (UTC)
Volver á páxina "do usuario Toliño/Arquivo 6".