Ola, benvido á Galipedia. Engadinlle algo máis de texto ó artigo que creaches, Salto, Uruguai. Tiña moi pouco texto e corría o perigo que o borrasen. Seguro que ti tes máis información sobre esa cidade co que poder completar o artigo, eu non sei nada dela, o que puxen copieino da wikipedia en castelán. Anímote a que sigas a aprender a nosa lingua, podes consultarnos calquera cousa ós que aquí andamos, será un pracer axudarche.--Biógrafo 15:24, 9 xaneiro 2009 (UTC)

Ligazóns que che poden ser útiles editar

Benvido á Galipedia, SuperBraulio13!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

  Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.    
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación  Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

interwikis editar

Ola, meu! Por favor, cando crees artigos traducidos doutras wikis, amais de meter unha interwiki no artigo en galego, estaría ben que foses ao artigo noutra lingua e lle meteses unha interwiki cara ao propio artigo en galego, para que así os bots o recoñezan e completen a lista de iws. Onte fíxencho cos artigos de .gs e .gt, se completases os que fixeches hoxe sería fantástico. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:49, 15 de xullo de 2012 (UTC)