O ectoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas fases iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o endoderma (capa interna) e o mesoderma (capa media), en tanto que o ectoderma é a capa máis externa.[1] É a capa que primeiro se forma a partir das capas externas do embrión en desenvolvemento durante a fase de blástula, e del xurdirán o endoderma e o mesoderma durante a gastrulación.

Ectoderma nas fases de blástula e gástrula.
Sección do disco embrionario dun espertello.
Sección dun embrión humano implantado no útero.

En xeral, pódese dicir que o ectoderma se diferencia formando o sistema nervioso (medula espiñal, encéfalo e nervios periféricos),[2][3] o esmalte dentario e a epiderme (capa externa da pel ou integumento). Tamén forma o revestimento interno da boca, ano, fosas nasais, as glándulas sudoríparas, pelos e uñas.[3]

Nos vertebrados, o ectoderma ten tres partes: ectoderma externo ou superficial, crista neural, e tubo neural. Os dous últimos forman o neuroectoderma.

Elementos derivados do ectoderma

editar

Son os seguintes:

Ectoderma externo. Orixina
Células da crista neural. Orixinan
Tubo neural. Orixina
  1. Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar