Conversa usuario:Toliño/Arquivo 1

Benvido á Galipedia, Toliño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 14:52, 10 maio 2007 (UTC)

Saúdo de benvida e imaxes editar

Benvido á Galipedia Toliño. Grazas por crear e acrencentar o artigo Garfield e mailos seus amigos, resulta moi valioso para a Galipedia dispor dese xénero de artigos. Por desgraza hai un problema coas imaxes, teñen copyright e non están no dominio público. Ao teren copyright non se poden utilizar libremente e imos ter que retiralas. Sintoo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:25, 11 maio 2007 (UTC)

Imaxes editar

Ola, Toliño, reitero o dito por Prevert, estas a facer un bo traballo cos artigos pero as imaxes que estas a cargar teñen dereitos de autor que deben ser respetados polos editores para non poñer ewn perigo a continuidade deste proxecto. Só se poden cargar imaxes que respeten as normas recollidas na Política de uso de imaxes. Entendo que as imaxes melloran moito un artigo pero debemos respetar os dereitos dos creadores e as normas de uso na Galipedia, xa que senón o facemos xeramos mais traballo aos administradores que cando teñan tempo acabarán por borrar as imaxes ou ainda peor xeraremos conflictos xurídicos por facer un uso indebido das imaxes. de tódolos xeitos parabéns polo teu traballo e anímote a seguir traballando dentro dos límites da Galipedia. PD. Se tes algunha dúbida sobre a política de uso de imaxes despois de ler a páxina ponte en contacto con calquera administrador ou editor que tratarán de aclararchas. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 14:14, 17 maio 2007 (UTC)

Imaxe sen licenza editar

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Kiteretsu.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)

Por favor, tenta só subir imaxes que non vulneren os dereitos de autor. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:03, 4 xuño 2007 (UTC)


Non te preocupes, o que ocorre é que wikipedia inglesa permite mais licencias de imaxes que as outras wikis polo que non todas as imaxes que están nela poden usarse nos outros proxecto wiki. De tódolos xeito se usas a caixa de datos os administradores saberían a fonte que utilizaches e poderían facer unha comprobación mais doada. Nada mais, parabéns polo teu traballo e anímote a seguir colaborando. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:59, 5 xuño 2007 (UTC)

Dobraxe de Garfield e Código Lyoko editar

Ola Toliño! Estiven mirando polo foro de www.adobraxe.com que é onde adoito buscar ese tipo de información e non atopei nada sobre estas series. Síntoo. De tódolos xeitos a ver se atopo algo por outra parte e vamos completando pouco a pouco as fichas da dobraxe. Saúdos! ----Shinichi(talk) 13:58, 10 xuño 2007

Good Evening Toliño,

Could you please help write a stub http://gl.wikipedia.org/wiki/Auckland_Grammar_School - just a few sentences based on http://es.wikipedia.org/wiki/Auckland_Grammar_School? Only 2-5 sentences enough. Please. --Per Angusta 09:05, 24 xuño 2007 (UTC)

Ola Toliño, vin a mensaxe que che deixaron. Semella un modo indirecto de facer spam aproveitandose da amabilidade dos colaboradores. Un recurso que a miúdo utilizan algunhas personas que pretenden publicitar certos temas. Por favor ignora dita mensaxe. Por outra banda moitas grazas polas túas contribucións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:22, 24 xuño 2007 (UTC)

Imaxe de Martin Mystery editar

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Martin Mystery.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Martin Mystery.jpg, {{{2}}} cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. {{{3}}}

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

{{{4}}} Lansbricae (Ti dirás) 15:08, 2 xullo 2007 (UTC)


Grazas pola resposta, trátase dunha imaxe con copyright. Tes que ter coidado xa que non todas as imaxes da wiki en inglés valen para o resto dos proxectos. Neste caso a imaxe non é válida polo que terá que ser borrada. O caso da wiki en inglés é especial xa que aceptan mais licenzas que o resto como a Galipedia. Para subir imaxes a Galipedia teste que basear en que se adapten a ela. Aproveito para felicitarte polo teu traballo. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 15:20, 2 xullo 2007 (UTC)

Ola Toliño. O artigo O Detective Conan no que tes colaborado a miúdo foi elixido artigo destacado de setembro. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:38, 5 xullo 2007 (UTC)

Bastardos editar

Pois a verdade é que o mudei pensando que esa é unha tradución máis literal, e porque xa me puxera a mudar os outros. Fai como vexas, ;). Cando saia a tradución galega, se é que sae, xa moveremos o artigo. Levan bastante retraso, e cónstame que non é por motivos de tradución nin da editorial galega, senón do control que exerce a editorial española sobre as versións galegas.

Tamén quería repasar algúns dos termos que empregaches nos teus supercompletísimos artigos, porque quizais na tradución galega sexan diferentes, pero non teño as traducións galegas aquí... Pensei tamén en crear unha caixa como esta, con páxinas á parte para os personaxes, etc. Ti como o ves? --Xabier Cid 15:26, 6 xullo 2007 (UTC)

Copiei a template do catalán, así que bótalle un ollo porque pode haber algúns erros gordos. Tamén creei unha páxina nova cos personaxes e unha categoría para agrupar todas as páxinas. --Xabier Cid 16:27, 6 xullo 2007 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Kiteretsu.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Kiteretsu.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Lmbuga Commons - Galipedia 18:26, 4 agosto 2007 (UTC)

Ola Toliño. En primeiro lugar agradecerche a túa colaboración. Quería indicarche que o caso Galicia / Galiza é especial. Foi decisión da comunidade manter dúas páxinas idénticas, polo que non cabe a opción de fusionalas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:40, 6 agosto 2007 (UTC)

  • Desculpa. Debín confundir o usuario. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 06:43, 7 agosto 2007 (UTC)

Efemérides editar

Ola, vin que fixeches moitas efemérides destacadas e hoxe non hai ningunha na portada. Non te animas? Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 10:43, 20 agosto 2007 (UTC)

Bo traballo, parabéns de novo. Lansbricae (Ti dirás) 12:39, 3 setembro 2007 (UTC)

  • Feito, xa creei a páxina de efemérides para hoxe. Únome ós parabéns. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:44, 3 setembro 2007 (UTC)

Ola, hoxe non hai efemérides destacadas na portada, como fixeras a outra vez, para facelas cando xa estaba bloqueada a Portada?? Alma 13:11, 9 setembro 2007 (UTC)

Persoais editar

Tes razón. Os persoais púxenas para o portal que estou facendo e non quero tocalas por se se amola todo, se sabes facer persoais, por favor tradúceleas ao galego. --Chabi 09:08, 12 setembro 2007 (UTC)

Votación editar

Ola, só quería decirche que o voto que fixeras en relación a proposta de artigo burócratas non é válido xa que non abrira a votación seguindo a política oficial da Galipedia, polo que se queres votar podes facelo en Wikipedia:Votacións/Burócratas. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:14, 14 setembro 2007 (UTC)

Desculpas editar

Metín a pata con respecto a un texto que fixeras ti. Vou modificar o texto, subsanando algúns erros de expresión, pero creo que me expresei con demasiada contundencia. Síntoo. --Xabier Cid 18:45, 15 setembro 2007 (UTC)

Grazas por avisar. Efectivamente, non lle puxen o acento. Correxirei o que fixo mal. Deixa-me a min as mensaxes para o bot (se non, podo non ver que teño mensaxe nova). --Xosé (✉) 17:38, 18 setembro 2007 (UTC)

Bloqueo IP editar

  • Xa o fixen. Grazas por avisar, non me dera conta. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:08, 19 setembro 2007 (UTC)

Monobook.js editar

  • Que che pasou? Hai algo que fai que non queres? Pode-la deixar estar simplemente eliminando todo o contido. --Xosé (✉) 18:24, 21 setembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Tiles e efemérides editar

Vai ser boa idea a que puxera o Maañón por algures de valorar dar medallas ao esforzo. Para tí habería que crear a de Tíles e de Efemérides Destacadas. Parabéns de novo polo teu traballo e involucración co proxecto. Un saúdo e ao teu dispor. Lansbricae (Ti dirás) 20:15, 26 setembro 2007 (UTC)

erro na portada editar

Acabo de ver que temos un nas efemérides da portada: "morre Rudolf Diesel, enxeiro mecánico alemán". Como a páxina está protexida non podo cambiar ese "enxeiro" por "enxeñeiro". ¿Podes facelo ti? Saúdos. Pedro --Lameiro 15:27, 30 setembro 2007 (UTC)

  • Como non vexo ningún adminstrador esta tarde por aquí, díxencho a ti. Haberá que esperar. Nas efemérides do 1 e 2 de outubro non lle vexo problema ningún. Saúdos. Pedro --Lameiro 15:36, 30 setembro 2007 (UTC)
  • Cal era o problema das imaxes das categorias? Non entendo o da marca branca no fondo. As novas quedan por riba do cadro e pérdese o efecto que tiñan. --Xosé (✉) 15:50, 30 setembro 2007 (UTC)
  • As imaxes estarán centradas a partir da semana en que apareza a Portada nova. Non modifiquei as anteriores por non pasar traballo pero si comprobei que se centra. Ademais, desaparecerá o de "Imaxe da Semana" repetido porque na nova portada xa ten un título propio, deses bonitos. O das iconas é que me gustaba máis antes, así "esborrado", pero non entendín o que dicías da marca branca no fondo - é un problema do teu navegador ou algo así? --Xosé (✉) 13:12, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Penso que che entendo, ainda que o que eu vexo é diferente: o fondo da columna da esquerda véxoo branco, pero podo entender o que dis porque os distintos navegadores mostran as cousas algo distinto. De todas maneiras é importante que se vexa ben en todos, asi que se a ti che daba problemas, mellor deixalo como está agora. O que si, vou tentar crear imaxes novas con ese efecto "esborrado" (as anteriores era jpg e estas png; jpg non permite transparencia) ao longo desta tarde e logo probamos a ver que tal queda. Para min, por suposto, a última palabra é que se vexa sen problemas en todos os navegadores por encima de que quede máis ou menos bonito nuns si pero noutros non. --Xosé (✉) 13:34, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Substituín a icona do globo por unha versión nova, para comparar. Mira a ver se se ve ben e se che gusta. Deixa o comentario na páxina de discusión (en "Imaxes"). --Xosé (✉) 14:37, 1 outubro 2007 (UTC)

Efemérides editar

Ah, non sabia que deixaban marcas brancas. Pero se o fan na portada, non o fan tamén en todas as demais páxinas, incluída a actual? Confirma-mo, porque se só é na portada reviso-a enteira a ver se atopo o porque. Pensei que copiaras a etiqueta doutro sitio e que non te dabas conta de que non se via o texto. --Xosé (✉) 19:09, 5 outubro 2007 (UTC)

  • Acabo de mirar co Explorer. Co de marcas brancas que queres dicer, unha moldura gris e uns cadradiños á dereita para aumentar a imaxe? --Xosé (✉) 19:13, 5 outubro 2007 (UTC)
  • A ver se dás coa solución para o índice. eu onte queimei a última neurona que me quedaba intentándoo. Sorte. AlberteSi, digame? 20:12, 5 outubro 2007 (UTC)
    • Vaites, foi falar eu e fastidiala. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:15, 5 outubro 2007 (UTC)
  • Só faltan por facer parte das efemérides de outubro (por fin, levou máis de dous anos!). Apetéceche rematalas? Despois poderíamonos pór a buscarlles foto ás que non a teñen. --Xosé (✉) 09:44, 7 outubro 2007 (UTC)

Portal da comunidade editar

Ola Toliño, vexo que fixeches unhas boas mudanzas no Portal da comunidade. Están moi ben, pero por que non creamos unha páxina experimental para o Portal da comunidade para facer un lavado a fondo? Wikipedia:Páxina Experimental/Portal da comunidade. Podemos comezar con tal como a deixaches agora e ir consensuando modificacións. Que opinas? Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:18, 7 outubro 2007 (UTC)

  • Vale, pois cando acabemos coa portada poñémonos con iso. A data para a aparición da nova portada non é fixa. Supoño que a poremos cando todos estean máis ou menos de acordo con como quedou. Non creo que teñamos que autoimpoñernos unha data límite. Aínda que supoño que para Nadal xa debería estar en acción. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:35, 7 outubro 2007 (UTC)

Discordo editar

Cal é exactamente o problema que che dá? --Xosé (✉) 16:16, 11 outubro 2007 (UTC)

  • Vale. Vou mirar se o amaño. --Xosé (✉) 16:29, 11 outubro 2007 (UTC)

xornal/periódico editar

boa tarde!!

"xornal" é cunha periocidade diaria; os semanais, mensuais... son "periódicos".

¿podes desfacer o traslado do CNT?

saúde, e pola sombra! --Estevoaei 15:54, 16 outubro 2007 (UTC)

volver + infinitivo editar

Acabo de fixarme que hai días incluíches entre os erros que "volver + infinitivo (non leva a preposición a)". ¿de onde quitas isto? Que eu saiba só é aplicable a "ir+infinitivo". Pedro --Lameiro (conversa) 22:54, 22 outubro 2007 (UTC)

Efemérides editar

Parabéns: por fin están creadas todas as efemérides! --Xosé (✉) 23:32, 30 outubro 2007 (UTC) Únome ao saúdo e parabéns. Bo traballo. Quedan as imaxes como dixo Xosé. jeje Un saudiño. Lansbricae (Ti dirás) 23:37, 30 outubro 2007 (UTC)

  • Oh, vaia, pensei que xa o fixera cando o dos artigos destacados, Sobre Galicia e Imaxe da Semana. Poño-me agora con iso. --Xosé (✉) 14:07, 31 outubro 2007 (UTC)
    • Non vira a de hoxe, e iso que revisei a páxina das categorias. Saúdos. --Xosé (✉) 18:35, 31 outubro 2007 (UTC)

Ola, parabéns, é incrible o traballo que fas coas efemérides, sigoo, de feito son unha afeccionada e hoxe estaba lendo na páxina Wikipedia:Efemérides Destacadas e se te fixas pon as de hoxe: 31 de outubro e as de mañá: 1 de outubro, e dicir, non salta de mes, eu non sei como facelo, ti non saberás como facer para que en días como hoxe apareza xa o 1 do mes seguinte?? Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 20:09, 31 outubro 2007 (UTC)

    • Que queres que che diga, eu levo 6 meses na Gali e nestos 6 meses houbo moitos, moitísimos días que se non houbera sido por ti, a portada no apartado de efemérides houbera estado baleira. Iso é para estar ben orgulloso, ;), e falando do do cambio de mes que non fai, entón, deixalle ti o recado a Xosé para ver se o pode amañar (e que eu xa lle dou a paliza dabondo co de beta), :) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:51, 31 outubro 2007 (UTC)
      • Penso que o arranxei pero... igual hai que esperar un mes para comprobá-lo! --Xosé (✉) 13:01, 1 novembro 2007 (UTC)

4 de novembro editar

Ola Toliño. Nas Efemérides destacadas de mañá, 4 de novembro, pos que en "1978, as cortes españolas aproban o Estatuto de Autonomía de Galicia".

Polo que vexo na Gran Enciclopedia Galega, en 1978 a Xunta nomeou unha comisión para elabora-lo texto do Estatuto pero este non foi aprobado ata 1981. O 4 de novembro de 1980 (¿de aí a orixe do erro no día?) publicouse o texto "definitivo" no Boletín Oficial das Cortes, votado en referendum o 21 de decembro de 1980, aprobado no Congreso o 17 de febreiro de 1981 e asinado polo rei o 6 de abril, publicado no BOE o 28 de abril e no DOGA o 1 de outubro.

En conclusión: que tes que eliminar esa efeméride ou redactala de novo (quizais mellor). Algo así como: "1978: créase a Comisión que redactará o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, aprobado definitivamente o 17 de febreiro de 1981".

Como non che vexo activo esta tarde e a cousa urxe, envío a mesma mensaxe a Albert, para que decida os cambios. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 20:14, 3 novembro 2007 (UTC)

  • Grazas por avisarme. Nin me decatara do dobre voto. Saúdos. AlberteSi, digame? 17:59, 7 novembro 2007 (UTC)

8 de novembro editar

Boas. Na efeméride de 8 de novembro consta que o Louvre se abríu ó público en tal data. Non obstante, na web oficial do museo [1] din que foi o 10 de agosto:

  • Ouverture du Museum central des Arts
  • Le Museum central des Arts ouvre ses portes le 10 août 1793. Placé sous l'autorité du ministre de l'Intérieur, il est administré par les peintres Hubert Robert, Fragonard, Vincent, le sculpteur Pajou et l'architecte de Wailly. Gratuit, il est ouvert en priorité aux artistes, et au public en fin de semaine. Les oeuvres, pour la plupart des peintures des collections royales ou des saisies des biens des émigrés sont disposées dans le Salon Carré et la Grande Galerie.

Na páxina francesa do Louvre [2] explican algo que pode dar algo de luz:

  • Le projet se transforme en loi le 6 mai 1791, et le 10 août 1793 a lieu l'inauguration du nouveau musée, créé d'abord comme lieu de formation pour les artistes de l'époque qui étaient les seuls, jusqu'en 1855, à pouvoir y entrer en semaine, le public n'étant admis que le dimanche.

Enténdese que o 10 de agosto creouse como museo e que en 1855 abriuse ó público tódolos días, que ata entón só podía i-los domingos. Poida ser que este 8 de novembro se abrese para eses domingos, pero non atopo forma de confirmar esta data por ningures.

Pedro --Lameiro (conversa) 18:45, 7 novembro 2007 (UTC)

    • Os franceses din "inaugurar"; españois e ingleses din que se "abre ó público". Aí pode esta-la diferencia, aínda que da web oficial deduzo que se creara como museo para os artistas en agosto e que (deus sabe cando) se abrira ó público os domingos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:24, 7 novembro 2007 (UTC)
      • Expoñe-las dúbidas na Taberna podería servir para calma-los ánimos, pero ¿paréceche ben esta redacción de compromiso? "1793, en París, o goberno revolucionario francés abre ó público parte das coleccións do Palacio Real do Louvre, inaugurado como museo para formación de artistas o 10 de agosto anterior". Pedro --Lameiro (conversa) 20:00, 7 novembro 2007 (UTC)
        • Toliño, bótalle un vistazo ós cambios que fixen nas efemérides do 8 de novembro (a falta do que decidas do conto do Louvre). Pedro --Lameiro (conversa) 20:09, 7 novembro 2007 (UTC)
  • Ola, o libro "Su visita del Louvre" (típico libro para guiris de escasos recursos e moi boas imaxes) (edit. Art Lys. ISBN 2-85495-106-9) fala textualmente "En 1792, en el año I de la República, Roland plantea así los principios de lo que se convertirá el 27 de julio de 1793 en el Museo Central de las Artes.... (segue falando dunha primeira comisión baixo o reinado de Luís XVI en 1776 para inventariar as coleccións reais). Cuando el 10 de agosto de 1793 se inaugura el Museo en el Salón Cuadrado y en la Gran Galería...." para seguir falando da historia do museo. Pouco aporta ao esclarecemento do acontecemento pero póñocho por ser unha referencia escrita. De ela e do que teño lido eu deduzo que as coleccións reais xa eran "visitables" antes da data, pero só visitables para os elexidos polo rei e a data agora a valorar é o nacemento do Louvre como museo moderno que permite o libre acceso ao coñecemento a calquera que queira pagar o custe da entrada e esté disposto a madrugar ou facer colas, ou as dúas cousas, sic. A data de creación logo sería o 27 de xullo de 1793, e a apertura ao público outra data que é a que se procura agora. Pouco aporte, máis ben engadir outra fonte que sinala o 10 de agosto. Bo traballo o que segues a facer e agora con Lameiro tamén traballando ben nas efemérides destacadas van quedar niqueladas. Tentarei entre berborrea e berborrea que voto mirar imaxes en commons e buscar datas de acontecementos galegos, é dicir traballar convosco. Lansbricae (Ti dirás) 21:12, 7 novembro 2007 (UTC)

Imaxes editar

Xa o fixen. Para calquera outra cousa aquí me tes. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:29, 8 novembro 2007 (UTC)

Aturando editar

Grazas a ti por te tomares a molestia de revisar as mensaxes do sistema. --Xosé (✉) 19:41, 13 novembro 2007 (UTC)

Uff Toliño, que bo traballo de revisión o que estás a facer. Correxín moitas das túas peticións, outras sen embargo non as fixen (o wiki, a wiki) porque non estou seguro. Quizais Xosé poida axudar no tema. Un saúdo, bo traballo! AlberteSi, digame? 17:57, 15 novembro 2007 (UTC)

O wiki editar

Ola, Toliño, vin que estás a facer un bo traballo coas extensións do sistema e que tes a dúbida do ou da wiki, é o wiki (en masculino), a min explicoumo Xosé en Betawiki (hoxe Translatewiki). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:44, 15 novembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Grazas polas correcións. Unha pregunta, o tamaño da imaxe non ten que ser sempre o mesmo non? (pódese adaptar ao contido non?), saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 20:45, 16 novembro 2007 (UTC) P.D. Tentarei ter máis coidado e non usar o infinitivo..

Espazos de nomes editar

Non te molestes en ir cambiando os espazos de nomes das páxinas. Estou-no a facer eu co bot. Saúdos. --Xosé (✉) 14:45, 21 novembro 2007 (UTC)

23 e 24 de novembro editar

Toliño, fixen cambios nas efemérides dos próximos días. Bótalle un vistazo e cambia o que consideres oportuno. Pedro --Lameiro (conversa) 22:54, 22 novembro 2007 (UTC)

24 de novembro e Tutankhamon editar

Se te fixas nas efemérides do pasado 4 e de mañán 24 parece haber certa confusión con Tuthankamon. En primeiro lugar, o nome: no 4.11: Tutankhamon, e no 24.11: Tutankamón.

Pero ¿Qué pasou un día e outro? Polo que vexo, o 4 de novembro Carter descubriu os escalóns dunha tumba que resultou te-los selos de Tutankhamon. Mandou tapar todo e o 6 mandoulle un telegrama a Lord Canavon anunciándollo. O 24 de novembro chegou este a Exipto e abriron a porta da tumba. “En la mañana del 4 de noviembre, los obreros se detuvieron frente a un escalón excavado en la caliza. Los largos años de espera parecieron disiparse de golpe cuando, al final de una escalinata anteriormente oculta por los escombros, el arqueólogo se encontró frente a los sellos intactos de la tumba de Tutankamón. Carter se contuvo a duras penas de romperlos y llegar hasta el interior. En lugar de eso, volvió a ocultar todo lo que con tanta dificultad había descubierto, hizo proteger la entrada por soldados armados y envió a Carnavon el siguiente telegrama: "Finalmente hecho maravilloso descubrimiento en el valle. Magnífica tumba con sellos intactos. Vuelta a cerrar esperando su llegada. Enhorabuena". El lord partió inmediatamente acompañado por su hija, y el 24 de noviembre se encontraba en el lugar, cuando se apartó la puerta.” [3]

Dun libro que teño sobre Exipto, o telegrama dicía: “Al final se ha hecho un maravilloso descubrimiento en el valle: una tumba magnífica con los sellos intactos; recubierta hasta la llegada de usted; felicitaciones”.

Noutra web di que o descubrimento do acceso foi o 24: “La exploración de la tumba, cuyo acceso fue descubierto el 24 de noviembre de 1922 se prolonga durante los próximos 4 años” [4]

Por iso, na efeméride de mañán cambiei o de "atopan" (que foi o que fixeron o pasado día 4) por "abren" (que parece que foi o que fixeron o 24). Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 23 novembro 2007 (UTC)

Tódalas editar

Ola, Toliño. Vin que mudaras tódalas na páxina dos Cinco piares. Non ha de haber mal porque o autor desa páxina creo que foi Alberte, e non creo que lle preocupe demasiado, pero en xeral non debemos corrixir formas do galego que son correctas por outras que nos gusten máis, particularmente nestes casos de ao/ó, íbel/ible, etc. Hai xente que lle dá moita importancia a estas cousas ortográficas e podemos gañar un enfado sen querelo, ;) Saudiñas.--Xabier Cid 19:03, 4 decembro 2007 (UTC)

Non, as dúas formas son válidas. Non creo que pague a pena reverter nada, ho, era máis ca nada pró futuro. Parabéns polo traballo! --Xabier Cid 19:13, 4 decembro 2007 (UTC)

  • Grazas, non te preocupes, as túas correccións sempre son benvidas :D. Un saúdo --Banjo tell me 19:19, 4 decembro 2007 (UTC)

Mediawiki editar

Creo que están feitos todos os trocos, ;) Saudiños. --Xabier Cid 13:22, 22 decembro 2007 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Toliño/Arquivo 1".