Carmesí
O carmesí,[2] é unha cor que corresponde especificamente á coloración do po que resultaba de triturar os corpos secos das femias do insecto chamado quermes (Kermes vermilio),[3] que se recollían principalmente dos arbustos Quercus coccifera, e que se comercializaba nos países mediterráneos como pigmento para tinguir teas.
Carmesí | |
---|---|
Coordenadas de cor | |
Triplete hexadecimal | A51C30 |
Orixe | Carmesí (crimson), cor oficial da Universidade Harvard, baseado en Pantone 187.[1] |
Tamén se chamaron "carmesí" ás cores subministrados pola tintura do quermes —que se asemella ao "carmín" das pinturas artísticas que hoxe en día se comercializan baixo esa denominación de cor— e os panos de seda ou de la tinguidos de cor escarlata nos que, polo xeral, se empregaba como mordente alume, e se tinguían con carmesí. Máis amplamente, por carmesí pode entenderse a cor escarlata ou calquera tea tinguida de vermello vivo.[3]
Etimoloxía
editarO vocábulo "carmesí" aparece na lingua castelá a mediados do século XV, aínda que foi precedido por clemesín, utilizado durante o século XIV.[5] Deriva do latín medieval cremesinus,[6] por vía do árabe hispánico qarmazí, "da cor do quermes".[7][8] E do castelá pasou ao galego
Cor web
editarAs cores web establecidos por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen os carmesí (Crimson) que se mostran abaixo. En programación á posíbel invocalo polo seu nome, ademais de polo su valor hexadecimal. Véxase Triplete hexadecimal.
Carmesí | Carmesí | |
---|---|---|
HTML | #DC143C | #A20025 |
RGB | (220, 20, 60) | (162, 0, 37) |
HSV | (348°, 91 %, 86 %) | (346°, 100 %, 64 %) |
Referencia | X11 | Windows Phone 8.[9] |
Historia e usos
editarNa Europa do século XV a cor escarlata era considerada a máis suntuosa e cara, e a carmesí, a ser similar, compartía ese privilexio. Foi un colorante de primeira orde na industria tintureira toscana da época, e á vez a principal cor das roupas de luto, seguida da escarlata e a pavonazo (unha púrpura escura).[3]
Vexiloloxía española
editarA carmesí é considerada a cor vexilolóxico tradicional de Castela (España). Os pendóns de moitas vilas e pobos casteláns defínense, actual e tradicionalmente, por esa cor. Porén, a confusión acerca da cor precisa deste "carmesí" deu lugar a variantes.
Cómpre recordar que "carmesí" non é só unha denominación de cor, senón que tamén designa aos tecidos de seda ou de la tinguidos desa cor ou de escarlata e, por extensión, a calquera pano tinguido de vermello vivo.[3]
Nos séculos XVIII e XIX xulgouse que a chamada carmesí representaba a púrpura heráldica, levando a considerar o pendón castelán portado polos comuneiros como púrpureo, aínda sen ter probas diso. Posteriormente varios especialistas xustificaron o erro na decoloración de moitas bandeiras e estandartes de tafetá carmesí que, co paso dos anos, toman un ton violáceo ou purpúreo.
Na actualidade, numerosos territorios e localidades de España definen a cor das súas bandeiras como "carmesí", algúns simplemente de forma nominal e outros precisando a súa coloración de maneira exacta mediante especificacións técnicas, dando lugar a variacións. O máis habitual son as construcións coas armas do organismo ou municipio sobre un pano carmesí, como é costume cos reposteiros.
Vermello Cartagena
editarNa rexión española de Murcia, a carmesí vexilolóxica denomínase vermello Cartagena; recibe ese nome debido a que é a cor da bandeira do municipio de Cartagena.[12]
Oficialmente normalizouse como Pantone 202, código pertencente ao sistema de cor Pantone Matching System.
Trátase dun vermello purpúreo escuro.
Comunidades autónomas de España
editar-
Bandeira de Castela-A Mancha, onde a metade da hasta defínese como "vermello carmesí", aínda que non se inclúe definición técnica
-
Pendón oficial de Castela e León, que leva o escudo da comunidade «sobre un fondo carmesí tradicional»
-
Bandeira da Comunidade de Madrid. Defínesw como "vermello carmesí", indicando con iso a súa castelanidade, aínda que se especifica tecnicamente como "vermello bandeira", adoptando a mesma cor que a bandeira de España
-
Bandeira da Rexión de Murcia, de cor "vermello carmesí ou vermello Cartagena", definido como Pantone 202
-
Estandarte oficial da Xeneralidade Valenciana, que fixa o escudo «sobre fondo carmesí tradicional rebereteado de ouro»
Provincias españolas
editar-
Bandeira de Araba, de cor carmesí definido como Pantone 220
-
Bandeira da Provincia de Albacete
-
Bandeira da Provincia de León. A pesar de definirse habitualmente como "púrpura", a maioría dos exemplares actuais mostran o fondo en cor carmesí
-
Bandeira da Provincia de Segovia, de "vermello carmesí"
-
Bandeira da Provincia de Valladolid, de "vermello carmesí"
-
Bandeira de Biscaia
Municipios españois
editarMunicipios cuxas bandeiras se inscriben nun único campo carmesí:
-
Bandeira de Lleida
-
Bandeira de Toledo
-
Bandeira de Albacete
-
Bandeira de Cuenca
-
Bandeira de Cartagena
-
Bandeira de Jorquera
-
Bandeira de Vera
-
Bandeira de Muñana
-
Bandeira de Miranda de Ebro
-
Bandeira de Chiclana de la Frontera
-
Bandeira de La Granjuela
-
Bandeira de Aracena
-
Bandeira de Sahagún
-
Bandeira de Alpedrete
-
Bandeira de Getafe
-
Bandeira de Madrid
-
Bandeira de Paredes de Nava
-
Bandeira de Sevilla
-
Bandeira de Teruel
-
Bandeira de Alzira
-
Bandeira de Corbera
-
Bandeira de La Pobla del Duc
-
Bandeira de Aguilar de Campos
-
Bandeira de Abanto Zierbena
-
Bandeira de Valladolid
-
Bandeira de Peñafiel
Municipios cuxo compoñente carmesí é parcial:
-
Bandeira de Granada
-
Bandeira de Almería
-
Bandeira de Pulpí
-
Bandeira de Jaraicejo
-
Bandeira de Alcalá de los Gazules
-
Bandeira de Benamejí
-
Bandeira de Hinojos
-
Bandeira de Andújar
-
Bandeira de Cármenes
-
Bandeira de Móstoles
-
Bandeira de Navalcarnero
-
Bandeira de Baztán
-
Bandeira de Barruelo de Santullán
-
Bandeira de Lantadilla
-
Bandeira de Arroyo de la Encomienda
Galería
editar-
Follaxe de Parthenocissus quinquefolia
-
Telón do gran teatro de Angers
-
Raíña María Luísa de Bélxica
-
Bandeira de Arequipa
-
Tellado xaponés
Notas
editar- ↑ Exemple de charte graphique : Harvard Arquivado 26 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Brand and Visual Identity Guidelines, Harvard U. 2014. Crimson en Pinterest.
- ↑ carmesí no Dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2005). Guía de coloraciones. Madrid: H. Blume. ISBN 84-8984-031-8.
- ↑ PANTONE PQ-19-1762TCX Crimson Arquivado 27 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Pantone LLC, 2018
- ↑ carmesí, no Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ crimson, no Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ carmesí en DiGalego. Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ carmesí no DRAE. Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ Windows Phone 8 Theme Colors Creepyed 2012
- ↑ "PANTONE 202 C" (en inglés). Pantone LLC. 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Find a PANTONE Color" (en inglés). Pantone LLC. 2014. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ Durán Rodríguez, Adolfo (1989). "Murcia. Ciudad, reino, provincia, región" (PDF). Comunicaciones del IV Congreso Nacional de Vexilología (Alcalá de Henares ed.): 6. Consultado o 25 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmesí |
Bibliografía
editar- Cardon, Dominique (2003): Le monde des teintures naturelles Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.. París: Belin. ISBN 978-2-7011-6143-3.
- Greenfield, Amy Butler (2005): A perfect red: Empire, espionage, and the quest for the color of desire. Nova York: HarperCollins. ISBN 978-0-0605-2275-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Center for Science in the Public Interest (nota de prensa) (1 de maio de 2006): Bug-Based Food Dye Should Be ... Exterminated, Says CSPI Arquivado 02 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (en inglés).
- Carmine. Natural organic pigment known since antiquity en ColourLex (en inglés).