Vera, Almería

Vera é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. Atópase a 92 km de Almería, no leste da provincia. En 2014 tiña 15.018 habitantes.

Igrexa da Nosa Señora da Encarnación

O termo municipal limita ao norte con Cuevas del Almanzora, ao sur con Garrucha, Mojácar, Turre e Los Gallardos, e ao oeste con Antas. O concello ten sete quilómetros de praia (a de Puerto Rey e a de El Playazo). Preto da costa atópase a lagoa de Puerto Rey, declarada recentemente reserva natural.

Entre os seus monumentos destacan a igrexa fortaleza da Nosa Señora da Encarnación, o Convento dos Pais Mínimos, a Capela de San Agustín, as ermidas da Nosa Señora das Angustias, San Ramón e a Virxe das Hortas, a praza de touros, a Fonte dos Catro Caños, o Cerro do Espírito Santo e a Glorieta. Ademais, en Vera hai un museo etnográfico e arqueolóxico.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar