Árabe andalusí

dialecto do árabe de Al-Andalus

O árabe andalusí,[1] tamén chamado algarabía,[2] foi un dialecto da lingua árabe falado en Al-Andalus, o territorio da Península Ibérica (modernos España e Portugal) que formou parte do mundo islámico entre os séculos VIII e XV. É unha lingua morta xa que trala expulsión dos mouros no século XVII, estes integráronse coas poboacións do norte de África perdendo co tempo a súa variedade distintiva, que seguiu á conquista cristiá, pero aínda se emprega na música andalusí e exerceu unha influencia considerable nos dialectos de cidades como Tetuán, Fez, Rabat, Tánxer, Nedroma, Tilimsen, Mostaganem, Cherchell e Alxer.[3] Na Comunidade Valenciana foi a lingua predominante das rexións interiores até comezos do século XVII.

Árabe andalusí
عربي أندلسي
Outros nomes:al-arabiya al-andalusīya
Falado en: Al-Andalus
Extinción: século XVII
Familia: Semítica
 Semítica central
  Arábiga
   Árabe
    Magrebí
     Árabe andalusí
Escrita: alfabeto árabe
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xaa
Mapa
Status

Exerceu algunha influencia no mozárabe, no castelán (particularmente en Andalucía), no ladino, no catalán, no portugués, no bérber, e nos dialectos árabe marroquí, árabe tunisiano, árabe hassani e árabe alxeriano.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para andalusí.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para algarabía.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2016.