Joan Coromines

lingüista catalán
(Redirección desde «Joan Corominas»)

Joan Coromines i Vigneaux, nado en Barcelona o 21 de marzo de 1905 e finado en Pineda de Mar (Maresme) o 2 de xaneiro de 1997, foi un lingüista, autor do Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana e do Onomasticon Cataloniae.

Joan Coromines
Nacemento21 de marzo de 1905
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento2 de xaneiro de 1997
Lugar de falecementoPineda de Mar
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona e Universidade Central
Ocupaciónlingüista, filólogo, profesor universitario e escritor
PaiPere Coromines i Montanya
NaiCelestina Vigneaux i Cibils
IrmánsErnest Corominas e Júlia Coromines
Coñecido porDiccionari etimològic i complementari de la llengua catalana, Onomasticon Cataloniae, Diccionario crítico etimológico de la lengua castellana e Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Premio de Honor das Letras Catalás, Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha, Gold Letter, Serra d'Or Critics Award, Premi de la Institució de les Lletres Catalanes, Premio Nacional das Letras Españolas, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona, Premi Nacional a la Projecció Social de la Llengua Catalana, Vives University Network Medal of Honor, Premio de Honor Lluís Carulla, Bolsa de estudos Guggenheim e Bolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

Coromines foi un dos principais especialistas en lingüística. Tiña un gran coñecemento do catalán, castelán e occitano, e máis da lingüística indoeuropea e arábiga.

Traxectoria editar

Era fillo do político Pere Coromines e da pedagoga Celestina Vigneaux, e irmán do matemático Ernest Corominas. Xa de novo comezou a amosar un forte interese na lingüística. Estuda na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Barcelona, completando posteriormente estudos en varias cidades, entre 1925 e 1929: Montpellier, Madrid (onde cursa o doutoramento), e máis Zürich. Na cidade helvética amplía estudos con Jakob Jud, que inflúe nel profundamente. No ano 1930 comezou a traballar no Institut d'Estudis Catalans, colaborando no equipo lexicográfico de Pompeu Fabra. Publica a súa tese de doutoramento Vocabulario aranés en 1931. No mesmo ano comezou a preparar o Onomasticon Cataloniae.

Logo da guerra civil española exiliouse en diversos países, ata que consegue unha cátedra na Universidade de Chicago en 1948. En 1950 foi nomeado membro do Institut d'Estudis Catalans, aínda que de feito non se incorporou ao mesmo ata 1952, logo dunha breve estada en Cataluña, após trece anos de exilio. Volveu para Cataluña en 1967 e radicou en Pineda de Mar, onde pasaría os últimos anos da súa vida, traballando aínda con intensidade sobre lexicografía. Entre 1980 e 1991 preparou o Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana. No 1994 acabou o Onomasticon Cataloniae.

Coromines mantivo posturas profundamente catalanistas, rexeitando unha cátedra en Madrid e premios do goberno español a causa do tratamento da situación da lingua catalá polo estado español.

Obras editar