Bertram Mackennal

escultor e deseñador de moedas e selos australiano

Edgar Bertram Mackennal nado en Melbourne, Australia, o 12 de xuño de 1863 e finado en Torquay, Devon, Inglaterra, foi un escultor e medallista australiano coñecido polos seus deseños de moedas e selos postais británicos e dos seus territorios coa efixie do rei Xurxo V.

Infotaula de personaBertram Mackennal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1863 Editar o valor em Wikidata
Melbourne, Australia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1931 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Torquay, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista , escultor , deseñador de selos , medallista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1882 Editar o valor em Wikidata - 1931 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalJohn Pinches (en) Traducir: John Pinches Ltd. (en) Traducir
Erik Lindberg (pt) Traducir: Lindeberg en (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Mackennal-4

Mackennal foi o artista australiano de maior recoñecemento internacional do século XIX e de principios do século XX.[1]

Foi un artista próximo á casa real británica e realizou estatuas de Vitoria, Eduardo VII e Xurxo V, tanto en Inglaterra como en Australia e na India Británica. Foi condecorado por Xurxo V como cabaleiro da Real Orde Vitoriana.

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Bertram Mackennal naceu o 12 de xuño de 1863[2] en Fitzroy, un suburbio de Melbourne, Victoria, o segundo fillo dunha familia orixinaria de Escocia. A súa nai era Annabella Hyde e o seu pai John Simpson Mackennal (1832-1901), un destacado artista e escultor de Melbourne.[3][4] O irmán de Bertram, Horace John Mackennal, chegou a ser un destacado arquitecto, responsable do deseño de moitos grandes proxectos en Victoria, como director de obras nese estado.[5]

O seu pai, John Mackennal, proporcionoulle a Bertram a súa formación inicial, á que seguiron os estudos na Melbourne Model School,[2] no King's College e na escola de deseño da Galería Nacional de Melbourne —a actual Galería Nacional de Victoria—, baixo a dirección de O. R. Campbell, á que asistiu entre 1878 e 1882.[3][4]

Marshall Wood, un escultor inglés de visita en Australia en 1880, aconselloulle que viaxase a Europa e prometeulle un emprego. Daquela, Mackennal marchou a Londres en 1882, e ao chegar descubriu que Wood falecera; alí estudou nas escolas da Royal Academy,[2] onde compartiu estudos con Charles Douglas Richardson e Tom Roberts. Logo desprazouse a París para recibir clases e asistir aos estudios de varios escultores. En 1884, ao recibir unha encarga para realizar unha escultura dun membro do exército británico, regresou a Londres, onde casou cunha compañeira de estudos, Agnes Spooner.[3][4]

Carreira artística editar

Logo do seu matrimonio, visitou Italia e novamente París,[2] xunto coa súa esposa. Cando estaba nunha situación económica delicada, Mackennal foi nomeado xefe de modelaxe e deseño na compañía de porcelanas Coalport Potteries, no condado de Shropshire, a principios de 1886. Ese mesmo ano gañou un concurso para esculpir os relevos da fachada da Sede do Parlamento de Victoria en Melbourne, polo que regresou a Australia en 1887 para os executar,[4] e instalou un estudio nesa cidade, en Swanson Street.[3]

Durante a súa estadía en Australia, Mackennal acadou outras encargas, entre elas a figura sobre a porta da Cámara de Comercio de Melbourne. Mackennal tamén coñeceu a actriz teatral Sarah Bernhardt, quen lle aconsellou encarecidamente que abandonase Australia e regresase a París. Seguindo os seus consellos, Mackennal pediulle prestado diñeiro ao parlamentario Frank Stuart e chegou a París en 1891.[3][4]

La Tete d'une Saint ("Cabeza dun santo") foi esculpida en 1892, pouco despois do seu regreso a París. A versión en mármore desta escultura, que representa unha muller contemporánea, exhibiuse no Salón de París de 1892, e coñécese tamén a existencia dunha única versión en bronce. En 1892, o xornal Argus informaba de que "o relevo en mármore, polo seu tamaño, é o mellor do seu xénero no Salón". En 1893 acadou o seu primeiro éxito cando a súa figura de corpo enteiro Circe, actualmente na Galería Nacional de Victoria, mereceu unha "mención" no Salón Antigo e suscitou un grande atención. Posteriormente expúxose na Royal Academy de Londres,[2] en 1894, onde tamén espertou interese,[4] o que confirmou a Mackennal como un dos escultores máis importantes do momento.[3]

Foi o primeiro australiano que expuxo na Academia Real de Londres. A partir de aí comezaron a chegarlle as encargas privadas, entre elas as figuras Oceana e Grief para o Union Club de Sydney. Dúas encargas de Melbourne levárono novamente a Australia en 1901: o monumento ao baronete William Clarke nos Xardíns do Tesouro de Melbourne e as esculturas para o Springthorpe Memorial en Kew.[4]

 
Medallas dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.

[6]

Mackennal regresou despois a Londres e comezou a recibir encargas de organismos públicos, entre elas varias estatuas da raíña Vitoria para Inglaterra, a India e Australia.[3] Entre as súas obras dese período están o fermoso frontón para a oficina da xunta do Goberno local en Westminster, un monumento conmemorativo da Guerra dos Bóers para Islington, Londres, e estatuas da raíña Vitoria para Ballarat, Lahore e Blackburn. En 1907 o seu grupo de mármore The Earth and the Elements ("A Terra e os elementos") foi adquirido para a Tate Gallery, de Londres, en virtude do legado Chantrey, e en 1908 a súa Diana Wounded ("Diana ferida") tamén foi comprada para os fondos nacionais. Grazas a este duplo éxito, Mackennal adquiriu unha gran notoriedade e en 1909 foi elixido membro asociado da Royal Academy de Londres, converténdose no primeiro australiano en recibir esta honra.[4] Tamén deseñou as medallas dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.[3][7]

En 1910, Mackennal deseñou a medalla da coroación do rei Xurxo V e tamén obtivo a importante encarga do deseño da cabeza do monarca para o anverso das novas moedas para o seu reinado de Xurxo V,[7] a partir de 1911, sobre a base do cal do cal desenvolveu o novo deseño tamén para os selos postais británicos e doutros territorios de soberanía británica, que se converteron nos seus deseños máis perdurables.[3][4]

A súa seguinte obra importante foi o monumento ao pintor Thomas Gainsborough en Sudbury, Suffolk, e posteriormente a tumba conmemorativa do rei Eduardo VII na capela de San Xurxo, no castelo de Windsor. Mackennal tamén esculpiu estatuas dos reis Xurxo V e Eduardo VII para Londres, Melbourne, Calcuta e Adelaida.[3][4]

Mackennal foi nomeado membro da Real Orde Vitoriana en 1912, e en 1921 Xurxo V concedeulle o título de cabaleiro desa mesma orde, con motivo da inauguración da estatua euestre de Eduardo VII en Londres,[7] o que o converteu no primeiro artista australiano en recibir o título de cabaleiro no Reino Unido. Tamén foi elixido membro de pleno dereito da Royal Academy en 1922.[3][4]

En 1923 erixiuse en Londres o seu grupo pedimental de bronce titulado Phoebus Driving the Horses of the Sun ("Febo conducindo os cabalos do sol"), na Australia House, a misión diplomática de Australia na cidade.[3]

Derradeiros anos editar

En 1926 visitou Australia e Nova Zelandia, e en outubro dese mesmo ano expuxo nas Macquarie Galleries de Sydney, e logo volveu definitivamente a Inglaterra, onde continuou cunha abundante produción escultórica.[3]

Entre as obras posteriores de Mackennal destacan a figura masculina espida Here I Am ("Aquí estou"), para o monumento de guerra do Eton College; o monumento de guerra a aos membros de ambas as cámaras do Parlamento do Reino Unidoo, en Londres; as figuras do soldado e o mariñeiro para o cenotafio de Martin Place, en Sydney; a estatua de bronce do rei Xurxo V na antiga sede do Parlamento, en Camberra, e a cabeza da Vitoria, regalada ao Goberno australiano polo artista, tamén en Camberra. Pouco antes da súa morte, completou o monumento conmemorativo do Corpo Montado do Deserto no Canal de Suez a partir dos deseños de Charles Web Gilbert.[4]

Bertram Mackennal morreu repentinamente por mor dunha ruptura de aneurisma abdominal na súa casa, Watcombe Hall, preto de Torquay, en Devon, o 10 de outubro de 1931,[4][8] e foi soterrado no cemiterio de Torquay.[3][9]

Os arquivos de Bertram Mackennal están conservados na Galería de Arte de Nova Gales do Sur.[10]

Escolma de obras editar

Moedas editar

Selos postais editar

Escultura editar

 
Circe (1893).[16]
  • Five Foolish Virgins, relevo (exposta en 1886).
  • Relevos escultóricos no Parlamento de Melbourne (1887).
  • Lyric poetry, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1888).[17]
  • Busto de Louis Buvelot, Galería Nacional de Victoria (1892).[18]
  • La Tete d'une Saint, busto en mármore e relevo en bronce (1892).
  • Circe, figura en bronce, Galaría Nacional de Victoria (exposta en 1893).[16]
  • Plaqueta co busto de Sarah Bernhardt, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1893).[19]
  • Truth, estatuíña de bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1894).[20]
  • Salome, estatuíña en bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1895).[21]
  • For She Sitteth on a Seat in the High Places of the City (Rahab), Localización descoñecida (exposta en 1895).
  • Figura sobre a porta da Cámara de Comercio de Melbourne, en Collins Street.
  • Frontón do novo edificio gobernamental en Whitehall, Westminster, Londres (1898).[22]
  • Busto de Nellie Melba, Galaría Nacional de Victoria (1899).[23]
  • Figura sedente da Raíña Vitoria, Bronce, xardíns da embaixada británica en Bangkok (1900).
  • Estatuas da raíña Vitoria en Ballarat, Lahore e Blackburn (ca.1901).
  • Oceania, en University & Schools Club, Sydney
  • Esculturas no monumento a John Springthorpe, cemiterio xeral de Boroondara, Kew, Melbourne (1901).
  • Estatua de William John Clarke, Xardíns do Tesouro, Melbourne (1901).
  • Victory, monumento á Guerra dos Bóer, entrada a Highbury Fields, Islington, Londres (1903).[24]
  • The Dancer, estatua de bronce de tamaño real, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (1904).[25]
  • War (Bellona ou Victory), escultura no xardín do Monumento de Guerra Australiano, Camberra (1906).
  • Madonna, Mármore, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1906).[26]
  • Monumento a Peter Nicol Russell no cemiterio East Finchley, Londres e Universidade de Sydney (1906-1909).
  • The Earth and the Elements, grupo de mármmore, Tate Gallery (exposta en 1907).[27]
 
Monumento á guerra en Blackburn, Lancashire, Inglaterra (1922).
  • Diana Wounded, bronce, Tate Gallery (adquirida en 1908).[29]
  • Sappho, estatuña en bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1909).[30]
  • Lady Diana Duff Cooper, estatuíña en bronce, Galería de Arte de Nova Gales do Sur (ca. 1909-1918).[31]
  • Tumba de Eduardo VII (con Edward Lutyens), capela de San Xurxo, Castelo de Windsor (encargada en 1910).
  • Monumento nacional a Thomas Gainsborough, Sudbury, Suffolk.
  • Apollo, no edificio Taplow Court, Buckinghamshire.
  • Estatua de Xurxo V, mármore, situada na residencia do presidente da India (Rashtrapati Bhavan), Nova Deli (1916).
  • Estatua ecuestre de Eduardo VII, bronce, no Victoria Memorial de Calcuta (1916).
  • Estatua ecuestre de Eduardo VII, bronce, nos xardíns da Raíña Vitoria, Melbourne (inaugurada en 1920).
  • Estatua de Eduardo VII e figuras adxacentes, bronce, Adelaida (inaugurada en 1920).
  • Estatua ecuestre de Eduardo VII, bronce, en Waterloo Place, Londres (1921).[32]
  • Monumento de guerra, escultura en pedra, Westminster Hall, Londres (inaugurado en 1922).
  • Monumento de guerra, en Corporation Park, Blackburn, Lancashire, Inglaterra (1922).[33]
     
    Phoebus Driving the Horses of the Sun (ca. 1912-1924).
  • Phoebus Driving the Horses of the Sun, na misión diplomática de Australia en Londres (instalada en 1923).
  • Here I Am, estatua de bronce a tamaño real, Galería Nacional de Victoria (1923).[34]
  • Mother Courage, monumento á 1ª guerra mundial, no Caledonian Club, Belgravia, Londres (inaugurado en 1923).
  • Monumento de guerra, en Cliveden House, Buckinghamshire, Inglaterra.[35]
  • Estatuas do cardeal Moran e do arcebispo Kelly na catedral de Santa María de Sydney.
  • Down of a New Age, bronce, Royal Academy de Londres.[36]
  • Monumento a Shakespeare, en Shakespeare Place, Sydney (1926).
  • Estatua a Lord Forrest, en Kings Park, Australia Occidental (inaugurada en 1927).[37]
  • The Cenotaph, monumento á 1ª guerra mundial en Martin Place, Sydney (1929).
  • Efixie sepulcral de Mary Curzon, baronesa Curzon de Kedleston, na igrexa de Todos os Santos, Kedleston, Derbyshire (1913).
  • Monumento a George Curzon, marqués Curzon de Kedleston, na igrexa de Todos os Santos, Kedleston, Derbyshire (1931).[38]
  • Estatua ao marqués Curzon, statue, en Carlton House Terrace, Londres (1931).[39]
  • Monumento ao Corpo Montado do Deserto, en Mount Clarence, Albany, Australia Occidental (1931).

Notas editar

  1. Bertram Mackennal. The Fifth Balnaves Foundation Sculpture Project. Art Gallery of New South Wales. Páxina 2.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Forrer, L. (1930). Páxina 2.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 Hutchison. N. (1986).
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Serle, P. (1949).
  5. "Obituary: Mr H. J. Mackennal". En The Argus. Melbourne, 1 de xullo de 1949. Páxina 9.
  6. Fourth Olympiad 1908 London Official Report. British Olympic Association. 1909.
  7. 7,0 7,1 7,2 Forrer, L. (1930). Páxina 3.
  8. "Sir Bertram Mackennal. Sudden Death". En The Argus. Melbourne, 13 de outubro de 1931. Páxina 7.
  9. "Sir Bertram Mackennal. Buried at Torquay". En The Argus. Melbourne, 16 de outubro de 1931. Páxina 7.
  10. "Bertram Mackennal archive". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  11. "1 Shilling - George V". Numista.com
  12. "1 Penny - George V". Numista.com
  13. "½ Sovereign - George V". Numista.com
  14. "1 Cent - George V". Numista.com
  15. "1 Cent - George V". Numista.com
  16. 16,0 16,1 "Circe 1893". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au).
  17. "Lyric poetry 1888". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  18. "Louis Buvelot 1892". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au).
  19. "Sara Bernhardt (circa 1892-1893)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  20. "Truth 1894". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  21. "Salome (circa 1895)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  22. "Pediment Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  23. "Melba 1899". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au).
  24. "Boer War memorial, Gloria Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  25. "The dancer (1904)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  26. "Madonna (circa 1906)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  27. "The Earth and the Elements". Tate Gallery (Tate.org.uk/).
  28. "Monument to Sir William Howard Russell Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  29. "Diana Wounded c.1907". Tate Gallery (Tate.org.uk/).
  30. "Sappho (ca. 1909)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  31. "Lady Diana Duff Cooper (1909-circa 1918)". Art Gallery of NSW (Artgallery.nsw.gov.au).
  32. "Statue of Edward VII Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  33. "War Memorial. Lancashire Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  34. "War Memorial for Eton College (1923)". National Gallery of Victoria (NGV.vic.gov.au).
  35. "War Memorial". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  36. "Down of a New Age 1924". Royal Academy (Royalacademy.org.uk).
  37. "Lord Forrest (Sir John Forrest)". Monument Australia (Monumentaustralia.org.au).
  38. "Monument to Lord Curzon of Kedleston Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).
  39. "Statue of Lord Curzon Arquivado 30 de agosto de 2023 en Wayback Machine.". Art and Arquitecture. The Courtauld Institute of Art (Artandarchitecture.org.uk).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
George William de Saulles
 
Moedas da libra esterlina
Autores dos anversos

1910 - 1936
Sucesor:
Humphrey Paget