Segunda guerra bóer

A segunda guerra bóer (en inglés: Second Boer War, en neerlandés: Tweede Boerenoorlog, en afrikaans: Tweede Vryheidsoorlog, Tweede Boereoorlog, Anglo-Boereoorlog ou Engelse oorlog —'segunda guerra de liberación', 'segunda guerra bóer', 'guerra anglo-bóer' e 'guerra inglesa' respectivamente), foi unha guerra que durou dende o 11 de outubro de 1899 ao 31 de maio de 1902.

As tropas bóer prepáranse para a batalla

Historia editar

Lugar da guerra editar

Desenvolveuse no territorio do sur de África, no que serían os actuais estados de Suráfrica, Lesoto e Eswatini.

Bandos belixerantes editar

O Imperio Británico loitou contra os colonos holandeses africáneres[1] de fala afrikáans de dúas repúblicas bóer independentes, a República Surafricana (República de Transvaal) e o Estado Libre de Orange.

Desenrolo editar

Winston Churchill, que máis tarde se fixo famoso como estadista (primeiro ministro do Reino Unido) e escritor, foi capturado pero escapou.

Nese momento, os británicos fixeron uso dos campos de concentración. Isto debilitou aos bóers e axudou aos británicos a evitar que a guerra durase máis.

As tropas británicas gañaron a guerra. Como resultado, ambas repúblicas foron anexionadas ao Imperio Británico. Máis tarde, ambos foron finalmente incorporados á Unión de Suráfrica, un dominio do Imperio Británico, en 1910. O conflito coñécese comunmente como guerra dos bóers ou dos bóeres[2], pero tamén se coñece como a guerra de Suráfrica fóra de alí, a guerra anglo-bóer entre a maioría dos surafricanos e en afrikáans como Anglo-Boereoorlog ou Tweede Vryheidsoorlog ("segunda guerra de liberación" ou "Second Freedom War") ou o Engelse oorlog (guerra inglesa).[3]

A segunda guerra dos bóers forma parte das coñecidas como guerras dos bóers. Estes inclúen a menos coñecida primeira guerra bóer que tivo lugar desde decembro de 1880 até marzo de 1881.

Notas editar

  1. "Dicionario; termo 'africáner'". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-18. 
  2. "Dicionario; termo 'bóer'". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-18. 
  3. Die ontplooiing van die Engelse Oorlog 1899–1900 en Google Books.