George William de Saulles
George William de Saulles, nado en Birmingham o 4 de febreiro de 1862 e finado en Londres o 21 de xullo de 1903, foi un medallista e deseñador de moedas inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1862 Birmingham, Reino Unido |
Morte | 21 de xullo de 1903 (41 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | escultor, medallista |
Período de actividade | (Con vida en: 1899 ) |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, second supplement (en) |
O máis sobranceiro da súa obra son os anversos das moedas do Reino Unido na derradeira etapa do reinado de Vitoria (1837-1901) e baixo Eduardo VII (1901-1910), así como diversas moedas para os territorios coloniais británicos dese período.[1][2][3]
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarDe Saulles naceu o 4 de febreiro de 1862 en Villa Street, no distrito de Aston Manor, ao norte de Birmingham. O seu avó Samuel fora un cidadán suízo que traballara no servizo da casa de Xurxo IV (1820-1830), e o seu pai, William Henry de Saulles, era un comerciante do vidro en Birmingham.[2][3]
Sendo aínda un neno comezou a súa formación artística na Birmingham School of Art, onde tivo como mestre a Mr. Taylor, e alí acadou xa varios premios. Logo foi aprendiz do gravador de cuños Mr. Wilcox, tamén en Birmingham,[2] con quen aprendeu a gravar grandes etiquetas para produtos comercializados na cidade.[1][3][4]
Carreira profesional
editarEn 1884, de Saulles trasladouse a Londres, onde traballou co gravador de cuños John H. Pinches, establecido en Oxenden Street, Haymarket. En 1888 regresou a Birmingham e traballou para o medallista Joseph Moore.[1][2][3][4]
En 1892 trasladouse novamente a Londres, para ocupar o posto de gravador xefe da Royal Mint, que quedara vacante logo do falecemento de Leonard Charles Wyon.[6] Desde ese momento e ata a súa morte encargouse da produción dos cuños para as moedas do Reino Unido e dos seus territorios coloniais, así como das medallas oficiais.[1][2][3]
Entre os anos 1898 e 1903 foi un dos expositores na Royal Academy.[6]
Vida persoal
editarDe Saulles casou en xuño de 1884 con Myra Hill, con quen non tivo descendencia.[2][3]
O día 21 de xullo de 1903,[1] faleceu no distrito londiniense de Chiswick, logo duns días de doenza, aos seus 41 anos.[2] Foi soterrado no cemiterio do adro da igrexa de Chiswick.[3]
Obras
editarMedallas
editarComo artesán, de Saulles encargouse do proceso completo de deseño, modelaxe e gravado da maioría dos seus cuños. Nas súas creacións deixouse influír, en certa medida, polos gravadores da Escola Francesa Louis-Oscar Roty e Jules-Clément Chaplain.[2] No entanto, nas súas producións oficiais non deixou terreo para a a innovación.[3]
A súa obra medallística privada entre 1894 e 1903 abrangue polo menos tres placas e 30 medallas, entre as que están as seguintes:[1][3][8]
- 1899: Profesor Stokes (con J. H. Pinches).[9][10]
- 1901: Samuel Carnegie (con J. H. Pinches).[10]
- 1901-1910: Real Instituto de Arquitectos Británicos.[11]
- 1902: coroación de Eduardo VII.[12]
- 1903: Institución Nacional de Botes Salvavidas.[13]
Ademais destas, tamén gravou outras con carácter oficial, producidas na Royal Mint, entre elas:[1][3][8]
- 1899-1902: Medalla de Suráfrica.[14]
- 1900: Medalla Ashanti.[15]
- 1902: Medalla do Servizo de Transporte.[16]
- 1902: Medalla ao Longo Servizo.[7]
- 1902: Medalla ao Mérito de Nova Gales do Sur.[17]
- 1902-1903: Medalla ao Mérito de Victoria.[18]
Moedas
editarNa súa condición de gravador xefe da Royal Mint, De Saulles encargouse en primeiro lugar de realizar os cuños para a nova emisión de moedas da raíña Vitoria, en 1893, que foran deseñados por Thomas Brock. A de Saulles débeselle tamén o deseño da Britannia característico dos reversos das moedas de bronce británicas de 1895, así como o deseño das moedas emitidas a partir de 1902, logo da entronización de Eduardo VII.[1][3][8][20]
Tamén foi responsabilidade de De Saulles o deseño e o gravado dos cuños para as emisións das moedas coloniais da súa época, como o dólar de comercio británico, as moedas de cobre da África Oriental Británica (1897), as moedas da Honduras Británica (1894), o dólar británico para os territorios da India (1895), moedas para Chipre (1890) e o dólar dos Establecementos do Estreito (1903),[1][3][8] ademais doutras emisións para Terra Nova, Jersey, Australia, a Guiana Británica, o Canadá, Ceilán, Hong Kong ou Xamaica, baixo soberanía británica.[2][20]
As súa marcas de gravador nestas moedas foron DES, DS e WS.[2][20]
Outros
editarDe Saulles realizou tamén o derradeiro Gran Selo para a raíña Vitoria (1898), así como outros moitos selos oficiais para as colonias.[8] No momento do seu falecemento estaba a preparar os modelos para os grandes selos de Eduardo VII do Reino Unido e os de Irlanda e Escocia, executados posteriormente por Frank Bowcher.[1][3]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Forrer, L. (1904).
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Tout-Smith, D. (2004). "George William de Saulles, Sculptor, Designer & Engraver (1862-1903)". Museums Victoria.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 Wroth, W. W. (1912).
- ↑ 4,0 4,1 Pinches, J. H. (1903). Páxina 311.
- ↑ "1 Sovereign - Edward VII". Numista.com
- ↑ 6,0 6,1 Pinches, J. H. (1903). Páxina 312.
- ↑ 7,0 7,1 "Medal, long service". Auckland War Memorial Museum.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Pinches, J. H. (1903). Páxinas 312-313.
- ↑ "Bronze medal commemorating George Gabriel Stokes". Science Museum Group.
- ↑ 10,0 10,1 Catalogue of the international exhibition of contemporary medals. American Numismatic Society. Nova York. 1911, Páxina 72.
- ↑ "Specimen Royal Gold Medal for the Royal Institute of British Architects 1901-10". Royal Collection Trust.
- ↑ "Edward VII Coronation 1902". Museums Victoria Collection.
- ↑ "6. Royal National Lifeboat Institution Gallantry Medal". En Besly, E. (2004). For Those in Peril. Civil decorations and lifesaving awards at the National Museums & Galleries of Wales. National Museum of Wales. Páxina 8. ISBN 0 7200 0546 9
- ↑ "The Queen's South Africa Medal 1899-1902". www.northeastmedals.co.uk
- ↑ "Ashanti Medal (1901) Arquivado 16 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.". Forces War Records.
- ↑ "Transport Medal (1902) by George William de Saulles". Museum of Applied Arts & Sciences.
- ↑ "Victoria Meritorious Service Medal 1902-1903". Museums Victoria Collection.
- ↑ "Victoria Meritorious Service Medal 1902-1903". Museums Victoria Collection.
- ↑ "1 Dollar - Edward VII". Numista.com
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Moedas deseñadas por De Saulles. Numista.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George William de Saulles |
Bibliografía
editar- Forrer, L. (1904). "De Saulles, George William". En Biographical Dictionary of Medallists. Volume I. Páxinas 563-564.
- Pinches, J. H. (1903). "George William de Saulles, Chief Engraver to the Royal Mint". En Numismatic Chronicle. Vol. 3. Royal Numismatic Society. Páxinas 311-313.
- Wroth, W. W. (1912). "De Saulles, George William (1862-1903)". En Dictionary of National Biography. Supplement. Vol. 1.
Outros artigos
editarPredecesor: Leonard Charles Wyon |
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) 1892 - 1903 |
Sucesor: Walter Newman |
Predecesor: Thomas Brock |
Moedas da libra esterlina Autores dos anversos 1901 - 1910 |
Sucesor: Bertram Mackennal |