85ª edición dos Óscar

(Redirección desde «85ª edición dos Oscar»)

A 85ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2012 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 24 de febreiro de 2013. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia celebrouse no Dolby Theatre en Hollywood, California.[1] Seth MacFarlane foi o encargado de presentalos.[2]

Life of Pi gañou catro premios (o máis premiado da noite), incluíndo Mellor director para Ang Lee,[3] e Argo gañou tres premios, incluíndo Mellor filme.[3] Les Misérables tamén gañou tres premios; Django Unchained, Lincoln e Skyfall gañaron dous cada un. Outros gañadores da noite foron Silver Linings Playbook, Brave, Zero Dark Thirty, Anna Karenina, Searching for Sugar Man, Inocente, Curfew e Paperman con cadanseu premio. Jennifer Lawrence gañou o premio á Mellor actriz polo seu papel en Silver Linings Playbook,converténdose na segunda máis nova gañadora desta categoría.[3] Daniel Day-Lewis gañou o seu terceiro Oscar ó Mellor actor (máis do que conseguiu ninguén nunca) por interpretar a Abraham Lincoln en Lincoln.[4][5][6]

Gañadores e nomeados editar

 
Ang Lee, Mellor director
 
Daniel Day-Lewis, Mellor actor
 
Jennifer Lawrence, Mellor actriz
 
Christoph Waltz, Mellor secundario.
 
Anne Hathaway, Mellor actriz secundaria.
 
Michael Haneke, Mellor filme en lingua non inglesa
 
Quentin Tarantino, Mellor guión orixinal
 
Adele, Mellor canción orixinal

Os nomeados da 85ª edición dos Óscar foron anunciados o 10 de xaneiro de 2013 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills (California) por Seth MacFarlane, presentador da cerimonia, e pola actriz Emma Stone. Esta foi a primeira vez dende 1973 (cando presentou Charlton Heston) que o presentador da cerimonia anunciou tamén ós nomeados.[7]

O filme que recibiu máis nomeamentos foi Lincoln con doce, seguido por Life of Pi con once.[8][9]

Premios editar

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[10]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais
Predecesor:
84ª edición dos Óscar
Premios Óscar
85ª edición dos Óscar
Sucesor:
86ª edición dos Óscar

Notas editar

  1. Wang, Yamei. "85th Academy Awards to be held at former Kodak Theater: AMPAS". Consultado o October 11, 2012. 
  2. "Seth MacFarlane to Host 85th Oscars". AMPAS. 1 de outubro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Oscar winners at the 85th annual Academy Awards". Fox News. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  4. "Oscars 2013 awards ceremony - as it happened". Guardian UK. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  5. "Oscars presenter Seth MacFarlane hits a bum note with jokes about Adele's weight, actresses boobs, and 'Chris and Rihanna's date movie'... Django Unchained". Daily Mail. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  6. "Oscars 2013: As it happened". Daily Telegraph UK. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  7. Fleming Jr, Mike. "Seth MacFarlane, Emma Stone To Announce Oscar Nominations Thursday". Deadline. 
  8. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 
  9. "Oscar nominations 2013: Lincoln campaign pays off". Guardian UK. 10 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  10. THR Staff. "Oscars: Winners List". The Hollywood Reporter. Consultado o 25 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar