Jennifer Lawrence

actriz estadounidense

Jennifer Shrader Lawrence, nada o 15 de agosto de 1990 en Indian Hills, Kentucky,[1][2][3] é unha actriz estadounidense de cinema e televisión.

Infotaula de personaJennifer Lawrence

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jennifer Shrader Lawrence Editar o valor em Wikidata
15 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Indian Hills, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles
Beverly Hills
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura1,75 m Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
MovementoTime's Up Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado120 M$ (2018) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCooke Maroney (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
ParellaDarren Aronofsky (2016–2017)
Chris Martin (2014–2015)
Nicholas Hoult (2010–2014) Editar o valor em Wikidata
PaiFrancis Lawrence (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2225369 Allocine: 212326 Rottentomatoes: celebrity/jeniffer_lawrence Allmovie: p562566 0 Metacritic: person/jennifer-lawrence TV.com: people/jennifer-lawrence
Twitter: JLawrence_RepUs Spotify: 3oCIYpmkFw8KGWwMNPKgXh iTunes: 345789005 Last fm: Jennifer+Lawrence Musicbrainz: d2d2baa6-f386-4136-acbd-4717e54dfb96 Discogs: 4210193 WikiTree: Lawrence-5315 Genius: Jennifer-lawrence Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sendo a máis pequena de tres irmáns, o seu interese pola interpretación comezou cando era moi pequena. Na súa nenez tamén tivo interese polos deportes. Cando tiña 14 anos fixo unha viaxe a Nova York que cambiou a súa vida. Uns axentes quedaron impresionados coa rapariga cando lle fixeron unha proba para un pequeno papel.[4][5] Dicían que nunca viran unha lectura en frío tan ben feita polo que aconsellaron aos pais a que pasara un verán facendo unha curso de interpretación. Graduouse en secundaria dous anos antes do normal co fin de comezar canto antes co seu traballo como actriz.

Carreira artística editar

2006-2008: comezos na televisión e o cine independente editar

Os seus comezos caracterizáronse polas espontáneas aparicións nas series de televisión, sendo a maioría series de moito éxito en audencia e que aínda son recordadas a día de hoxe polo público. Estas series eran: Monk, Caso aberto ou Medium. No 2007 obtivo o seu primeiro papel importante, un dos papeis do elenco como protagonista da comedia The Bill Engvall Show, serie que estivo en emisión durante dous anos e na cal a presenza de Jennifer mantívose durante trinta capítulos. A serie rematou cando o seu produtor, Troni Mcburger, decidiu orientar os seus intereses noutros proxectos.

Lawrence meteuse no mundo do cine en 2008, interpretando papeis estelares de corte independente como The Poker House, no cal actuou con Selma Clair. Ela interpretaba a unha rapaza nova que era vítima do maltrato e de abusos; Garden Party, proxectos que pasaron desapercibidos para o público. Tras a realización de varios proxectos sen moito éxito, Jennifer volveu probar sorte no cine independente na longametraxe Lejos de la tierra quemada, na cal compartiu créditos con grandes estrelas de cine como Charlize Theron e Kim Basinger. Ela interpretaba a Mariana, unha adolescente marcada pola morte da súa nai. A película tivo malas críticas e non lle foi ben nos portelos, porén a interpretación da actriz tivo comentarios positivos, recibindo así o premio no Festival de Cine de Venecia á mellor actriz revelación.

2009-2010: Winter´s Bone, revelación e primeiro nomeamento aos Óscar editar

Trala boa aceptación recibida por parte da crítica grazas ao seu papel como Mariana, Lawrence seguiu probando sorte noutras películas. Entre os proxectos nos cales formou parte destaca a longametraxe da directora Debra Granik, Winter´s Bone, na que compartía protagonismo con John Hawkes e Garret Dillahunt. No filme interpretaba a Ree Dolly, unha moza de 17 anos que estaba a cargo da súa empobrecida familia e que se viu obrigada a emprender un perigoso camiño para atopar ao seu pai e evitar que a súa familia quedase na rúa, debido a que o seu pai usou o título da casa para ter liberdade provisional e debía presentarse a un xuízo para conservala. A película foi galardoada con numerosos e prestixiosos premios da crítica cinematográfica e foi considerada como unha das mellores do ano. Así mesmo, Lawrence recibiu moitas loanzas grazas á súa interpretación, facendo así que fose considerada como unha das promesas cinematográficas da súa xeración, recibindo moitos galardóns da industria cinematográfica, destacando os premios de festivais de gran recoñecemento como Festival de Cine de Detroit e o Festival de Estocolmo e nomeamentos aos premios Óscar, SAG e Globos de Ouro na categoría de mellor actriz protagonista. Para prepararse para este papel, Lawrence tivo que aprender a disparar unha arma e a cazar animais.

Filmografía editar

Filmes editar

Ano Título Personaxe Notas
2008 Garden Party Tiff
2008 The Poker House Agnes
2008 The Burning Plain Mariana
2010 Winter's Bone Ree Dolly
2011 Like Crazy Sam
2011 The Beaver Norah
2011 X-Men: First Class Raven Darkholme/Mystique
2012 Os xogos da fame Katniss Everdeen
2012 House at the End of the Street Elissa Cassidy
2012 Silver Linings Playbook Tiffany Maxwell Óscar á mellor actriz
2013 Devil You Know Zoe (de moza)
2013 The Hunger Games: Catching Fire Katniss Everdeen
2013 American Hustle Rosalyn Rosenfeld
2014 Serena Serena Pemberton
2014 The Amazing Spider-Man 2 Raven Darkholme / Mística
2014 X-Men: Days of Future Past Raven Darkholme / Mística
2014 Dumb and Dumber To Fraida Felcher Cameo
2014 The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 Katniss Everdeen
2015 The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 Katniss Everdeen
2015 Joy Joy Mangano
2016 X-Men: Apocalypse Raven Darkholme / Mística
2016 Passengers Aurora
2017 Mother! Nai
2018 Red Sparrow Dominika Egorova
2019 Love, Antosha Ela mesma Documental
2019 Dark Phoenix Raven Darkhölme / Mystique
2021 Don't Look Up Kate Dibiasky
TBA Red, White and Water

Televisión editar

Ano Título Personaxe Notas
2006 Monk Mascot 1 episodio: "Mr. Monk and the Big Game"
2007–08 Medium Claire Chase
Allison
2 episodios: "Mother's Little Helper" e "But for the Grace of God"
2007 Cold Case Abby Bradford 1 episodio: "A Dollar, a Dream"
2007–09 The Bill Engvall Show Lauren Pearson 30 episodios
2013 Saturday Night Live Ela mesma (convidada) Episodio: "Jennifer Lawrence/The Lumineers"
2017 Jimmy Kimmel Live! Ela mesma (convidada) Episodio: "November 2, 2017"

Vídeo musical editar

Ano Título Artista Personaxe Notas
2010 "The Mess I Made" Parachute Moza [6]

Premios editar

Premios Óscar editar

Ao longo da súa traxectoria, Lawrence gañou un Óscar á mellor actriz e foi candidata noutras tres ocasións.

Ano Título Categoría Resultado Notas
2011 Winter's Bone Mellor actriz Candidata [7]
2013 Silver Linings Playbook Mellor actriz Gañadora [8]
2014 American Hustle Mellor actriz secundaria Candidata [9]
2016 Joy Mellor actriz Candidata [10]

Notas editar

  1. Murray, Lorraine. "Jennifer Lawrence". Encyclopedia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016. 
  2. Van Meter, Jonathan (12 de agosto de 2013). "The Hunger Games' Jennifer Lawrence Covers the September Issue". Vogue (Nova York). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  3. Eells, Josh (9 de febreiro de 2011). "Oscar nominee: I was a tomboy". CNN. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  4. Windolf, Jim (febreiro de 2013). "Girl, Uninterruptible". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  5. Schneller, Johanna (11 de xuño de 2010). "Interview with Winter's Bone star Jennifer Lawrence". The Globe and Mail. pp. 1–2. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2011. 
  6. Reynolds, Simon (5 de marzo de 2012). "Jennifer Lawrence: 'The Hunger Games' star's career in pictures". Digital Spy. pp. 2; 5. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 29 de marzo de 2014. 
  7. "Winners and Nominees for the 83rd Academy Awards". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  8. "Winners and Nominees for the 85th Academy Awards". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  9. "2014 Oscar Nominees". oscars.org. 16 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  10. "Nominees for the 88th Academy Awards". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar