Silver Linings Playbook
Silver Linings Playbook é un filme estadounidense escrito e dirixido por David O. Russell que se estreou no 2012.[3] O filme é unha adaptación da novela The Silver Linings Playbook de Matthew Quick. Está protagonizado por Bradley Cooper e Jennifer Lawrence, xunto con Robert De Niro, Jacki Weaver, Chris Tucker, Anupam Kher e Julia Stiles nos papeis de elenco.
Silver Linings Playbook | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Silver Linings Playbook |
Director | David O. Russell |
Produtor | Donna Gigliotti Bruce Cohen Jonathan Gordon |
Guión | David O. Russell |
Baseado en | The Silver Linings Playbook de Matthew Quick |
Intérpretes | Bradley Cooper Jennifer Lawrence Robert De Niro Jacki Weaver Anupam Kher Chris Tucker |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Masanobu Takayanagi |
Montaxe | Jay Cassidy Crispin Struthers |
Estudio | The Weinstein Company Mirage Enterprises |
Distribuidora | The Weinstein Company |
Estrea | Festival de Toronto: 8 de setembro de 2012 16 de novembro de 2012 |
Duración | 122 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, drama |
Orzamento | $21.000.000[2] |
Recadación | $236.412.453 |
Na rede | |
http://www.silverliningsplaybookmovie.com e https://www.lionsgate.com/movies/silver-linings-playbook | |
Cooper interpreta a Patrick "Pat" Solatano, Jr., un home con desorde bipolar que acaba de saír dun hospital psiquiátrico e volve a casa dos seus pais, interpretados por Robert De Niro e Jacki Weaver. Determinado a recuperar de novo a súa muller, Pat coñece a Tiffany Maxwell, a viúva intepretada por Jennifer Lawrence, que lle ofrece axuda se accede a participar con ela nunha competición de baile. Os dous fanse cada vez máis íntimos a medida que adestran, e Pat, o seu pai, e Tiffany examinan as súas relaciones cos demais, para facer fronte ós seus problemas.
Sinopse
editarLogo de oito meses nun centro de saúde mental por agredir ó amante da súa muller, Pat (Bradley Cooper) regresa a casa dos seus pais (Robert De Niro e Jacki Weaver). Aínda que está decidido a facer todo o posible para recuperar a súa exmuller, a situación cambia cando coñece a Tiffany (Jennifer Lawrence), unha rapaza viúva con problemas e mala reputación. Malia a mutua desconfianza inicial, axiña xorde entre eles un estreito vencello que os axudará a atopar o lado bo das cousas.
Personaxes
editar- Bradley Cooper como Patrick "Pat" Solatano, Jr., un antigo profesor acabado de divorciar[4][5][6]
- Jennifer Lawrence como Tiffany Maxwell, a moza viúva[7][8]
- Robert De Niro como Patrizio "Pat" Solatano, pai de Pat[5][6]
- Jacki Weaver como Dolores Solatano, nai de Pat[9]
- Shea Whigham como Jake Solatano, irmán de Pat
- Julia Stiles como Veronica, irmá de Tiffany[10]
- John Ortiz como Ronnie, marido de Veronica
- Cheryl Williams como Mrs. Maxwell, nai de Tiffany e Veronica Maxwell[11]
- Patrick McDade como Mr. Maxwell, pai de Tiffany e Veronica
- Brea Bee cmo Nikki, a exmuller de Pat
- Chris Tucker como Danny McDaniels, amigo de Pat
- Anupam Kher como Dr. Cliff Patel, doutor e amigo de Pat[12]
- Dash Mihok como Oficial Keogh
- Matthew Russell como Ricky D'Angelo
- Paul Herman como Randy
- Patsy Meck como Nancy
Galardóns e nomeamentos
editar- 2012: Oscar: mellor actriz (Jennifer Lawrence). 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2012: Globos de Ouro: Mellor actriz comedia/musical (Lawrence). 4 nomeamentos.
- 2012: 4 Critics Choice Awards: Mellor comedia, actor, actriz de comedia e elenco. 10 nomeamentos.
- 2012: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. 3 nomeamentos.
- 2012: Festival de Toronto: Mellor filme (premio do público).
- 2012: Independent Spirit Awards: Mellor filme, director, guión e actriz.
- 2012: Premios Gotham: Nomeado a mellor elenco.
- 2012: Satellite Awards: 5 premios, incluíndo mellor filme e director. 7 nomeamentos.
- 2012: National Board of Review (NBR): Top 10, mellor actor (Cooper) e guión orixinal.
- 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz (Jennifer Lawrence).
- 2012: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano.
- 2012: Hollywood Film Festival: Director, actor (Cooper) e actor secundario (De Niro) do ano.
- 2012: Asociación de Críticos de Chicago. 2 nomeamentos.
Notas
editar- ↑ "Silver Linings Playbook". BBFC. 11 de novembro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Connelly, Brendon (28 de marzo de 2009). "David O. Russell to Direct Silver Linings Playbook". /Film. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ Wales, George (2 de agosto de 2011). "Bradley Cooper joining the Silver Linings Playbook?". TotalFilm.com. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 Anderton, Ethan (2 de agosto de 2011). "Bradley Cooper Back on Silver Linings Playbook with Robert De Niro". FirstShowing.net. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ 6,0 6,1 Fleming, Mike (1 de agosto de 2011). "Bradley Cooper Back In Silver Linings Playbook Talks, Robert DeNiro Too". Deadline.com. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ "Jennifer Lawrence to Star in the Silver Linings Playbook". Zimbio.com. 21 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ "Silver Linings Playbook Interview – Jennifer Lawrence (2012) Comedy". Youtube.com. 21 de novembro de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2011.
- ↑ Kit, Borys (26 de setembro de 2011). "Oscar-Nominated 'Animal Kingdom' Actress in Talks to Join 'Silver Lining Playbook'". The Hollywood Reporter. Consultado o 19 de novembro de 2011.
- ↑ Dew, Blake (6 de outubro de 2011). "Julia Stiles Joins David O. Russell's Silver Linings Playbook". WeGotThisCovered.com. Consultado o 23 de outubro de 2011.
- ↑ http://temple-news.com/living/people-you-should-know-cheryl-williams/ 8/11/14
- ↑ Klein, Michael (23 de outubro de 2011). "Bollywood star steps out at Tashan". Philly.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web
- Silver Linings Playbook na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)