The Hunger Games: Mockingjay – Part 1
The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Mockingjay, a terceira parte da triloxía The Hunger Games. O filme é unha secuela de The Hunger Games: Catching Fire, e o penúltimo dos catro baseados na triloxía.
The Hunger Games: Mockingjay - part 1 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hunger Games: Mockingjay - part 1 |
Director | Francis Lawrence; axudantes de dirección: John Collins Adam Davis |
Produtor | Nina Jacobson Jon Kilik |
Guión | Danny Strong |
Baseado en | Mockingjay de Suzanne Collins |
Intérpretes | Jennifer Lawrence Julianne Moore Josh Hutcherson Liam Hemsworth Woody Harrelson Elizabeth Banks Sam Claflin Jena Malone Donald Sutherland Jeffrey Wright Mahershala Ali |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Jo Willems |
Montaxe | Alan Edward Bell |
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | Estrea mundial: 21 de novembro de 2014 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción, Aventuras Ciencia ficción, Drama |
Orzamento | 125 millóns $ USD |
Recadación | 560.5 millóns de $ |
Filme anterior | The Hunger Games: Catching Fire |
Filme seguinte | The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 |
Na rede | |
http://www.mockingjaythefilm.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A estrea en Londres foi o 10 de novembro de 2014, mentres que nos Ánxeles realizouse o 17 de novembro. Estreouse oficialmente o 20 e 21 de novembro en gran parte do mundo, incluído Galicia, coa dobraxe castelá. A dirección estivo a cargo de Francis Lawrence.
Enredo
editarKatniss Everdeen (Jennifer Lawrence) atópase no Distrito 13, o foco de resistencia contra o Capitolio, despois de remataren os Xogos da Fame. Baixo o liderado da presidenta Coin (Julianne Moore) e co consello dos seus amigos máis leais, Katniss convértese no “mimogaio” e estende as súas ás mentres loita por salvar a Peeta Mellark (Josh Hutcherson), que foi capturado polo Capitolio e a unha nación alentada pola súa valentía.
Elenco
editar- Jennifer Lawrence coma Katniss Everdeen.
- Josh Hutcherson coma Peeta Mellark.
- Liam Hemsworth coma Gale Hawthorne.
- Woody Harrelson coma Haymitch Abernathy.
- Elizabeth Banks coma Effie Trinket.
- Sam Claflin coma Finnick Odair.
- Philip Seymour Hoffman †[n. 1] coma Plutarch Heavensbee.
- Jeffrey Wright coma Beetee Latier.
- Julianne Moore[1] coma Presidente Alma Coin.
- Willow Shields coma Primrose Everdeen.
- Jena Malone coma Johanna Mason.
- Donald Sutherland coma Presidente Snow.
- Stanley Tucci coma Caesar Flickerman.
- Natalie Dormer[2] como Cressida.
- Stef Dawson como Annie Cresta.
- Patina Miller[3] coma Comandante Paylor.
- Evan Ross coma Mesalla.
- Mahershala Ali coma Comandante Boggs.
- Wes Chatam coma Castor.
- Elden Henson coma Pollux.
|
Preprodución
editarO 10 de xullo de 2012, Lionsgate anunciou que o libro de Mockingjay se dividiría en dúas partes; a primeira parte tiña data de estrea para o 21 de novembro de 2014, mentres que a segunda estrearía o 20 de novembro de 2015. O 1 de novembro de 2012, Francis Lawrence, director de ‘’The Hunger Games: Catching Fire’’, anunciou que ía volver para dirixir as dúas últimas partes da tetraloxía. O 6 de decembro de 2012, Dany Strong anunciou que el escribiría as últimas dúas partes. Máis tarde, en agosto, anunciouse que a rodaxe comezaría en setembro de 2013. A produción do filme comezou o 16 de setembro de 2013 en Boston, para despois pasar a Atlanta e Os Ánxeles. O 13 de novembro de 2013, Nina Jacobson revelou que Peter Craig tamén fora contratado para escribir o guión das dúas adaptacións.
Rodaxe
editarA rodaxe do filme comezou o 23 de setembro de 2013 en Atlanta e concluíu o 20 de xuño de 2014 en Berlín, Alemaña. A parte 1 foi filmada xunto coa parte 2. A mediados de outubro, a produción de filmación trasladouse a Rockmart. A tripulación e o elenco tomou un descanso para promover The Hunger Games: Catching Fire, e a rodaxe rematouse o 2 de decembro de 2013. O 18 de decembro, comezouse a rodar en Caldwell Tanks de Newnan, Xeorxia.
Philip Seymour Hoffman, quen interpretou a Plutarch Heavensbee na segunda entrega, finou o 2 de febreiro de 2014 en Nova York. Lionsgate emitiu un comunicado afirmando que Hoffman completara a rodaxe das súas escenas para a parte 1 antes da súa morte.
Música
editarA banda sonora do filme foi realizada unha vez máis por James Newton Howard, que xa gravara nos dous filmes anteriores. A música da película foi creada xustamente para contrastar a sensación de escuridade que se atopa constantemente na mesma.
Recepción
editarO filme ten un 69% de aprobación, baseado en 27 comentarios na páxina Rotten Tomatoes cualificándoa como "Fresca". Mentres que en Metacritic 67 de 100 comentarios foron positivos, indicando "Críticas xeralmente positivas".
Notas
editar- ↑ "Julianne Moore confirmada para ser Alma Coin en Los Juegos del Hambre: Sinsajo 1 y 2.". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 08 de decembro de 2014.
- ↑ "Natalie Dormer ficha para Los juegos del hambre: Sinsajo, parte 1 y parte 2.". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 08 de decembro de 2014.
- ↑ ""Los juegos del hambre": Patina Miller nueva incorporación de Sinsajo.".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Trailer Oficial The Hunger Games: Mockingjay – Part 1. Consultado o 23 de novembro de 2014.