Prometheus (filme)

Prometheus é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2012. Foi escrito por Jon Spaihts e Damon Lindelof, e está protagonizado por Noomi Rapace, Michael Fassbender, Guy Pearce, Idris Elba, Logan Marshall-Green e Charlize Theron. Está ambientado a finais do século XXI e a historia céntrase na tripulación da nave espacial Prometheus, que está a seguir as indicacións dun mapa estelar descuberto en numerosas civilizacións antigas. Na procura da orixe da humanidade, a tripulación chega até un mundo distante e descobre unha ameaza que podería causar a extinción da raza humana.

Prometheus
Prometheus.svg
Ficha técnica
Título orixinalPrometheus
DirectorRidley Scott
ProdutorRidley Scott
David Giler
Walter Hill
GuiónJon Spaihts
Damon Lindelof
IntérpretesNoomi Rapace
Michael Fassbender
Guy Pearce
Idris Elba
Logan Marshall-Green
Charlize Theron
MúsicaMarc Streitenfeld
FotografíaDariusz Wolski
MontaxePietro Scalia
EstudioScott Free Productions
Brandywine Productions
Distribuidora20th Century Fox
Estrea2012
Duración124 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$130 000 000[1]
Recadación$403 400 000[2]
Filme seguinteAlien: Covenant

A súa secuela, Alien: Covenant, foi estreada no 2017.

ArgumentoEditar

Un grupo de científicos e exploradores emprende unha viaxe espacial a un remoto planeta, onde os seus límites físicos e mentais serán postos a proba. O motivo da misión é que os humanos cren que aló poderán atopar a resposta ás preguntas máis profundas e ó maior dos misterios: a orixe da vida na Terra.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Prometheus". Box Office Mojo. Amazon.com. 2 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar