Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 19

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Comarcas en Galipedia e política de Toponimia editar

Boas, con motivo desta conversa decateime que a política de Toponimia remite ao Nomenclátor de Galicia, pero este só recolle concello, parroquia e lugar e por tanto non serve para aplicarllo á denominación das comarcas dentro da Galipedia

O problema reside en que a fonte xerarquicamente máis oficial/fiable para establecer os nomes das comarcas en Galicia semella ser o Decreto 65/1997 do 20 de febreiro onde se establece o Mapa Comarcal de Galicia. [1]Engado aquí o documento dixital máis completo e fidedigno do devandito decreto:

Este decreto ten un par de problemas:

  1. Os concellos fusionados non aparecen incluídos en ningunha comarca, xa que as fusións son posteriores, sendo o caso máis anormal o correspondente a Cerdedo-Cotobade (concellos que, por separado, pertencían a comarcas diferentes)
  2. Na redacción deste decreto as comarcas aparecen en forma de lista. Dentro desta lista atopamos comarcas como : O Ribeiro, A Baixa Limia etc. que darían no título formal na Galipedia de "Comarca do Ribeiro" ou " Comarca da Baixa Limia". Porén, outras que comunmente levan artigos (por referirse a entidades xeográficas, ríos, terras..) neste decreto non o levan:
Terras
de Caldelas, de Trives, de Celanova, Terra Chá, Terra de Melide, Terra de Soneira
Outros
Ortegal (=Comarca de Ortegal), Deza (=Comarca de Deza), Xallas (=Comarca de Xallas), Barcala (Comarca de Barcala)

Ademais os termos listados non coinciden co DRAG en canto ao xénero do artigo ou o uso do artigo:

Barcala[2]; Deza[3]; Xallas [4]

Na Galipedia pola contra, temos este modelo de comarcas, con artigos para moitos destes casos.

Á vista de todo isto, e a menos que alguén dea cunha versión oficial máis recente do mapa comarcal ou outra fonte que non teña estas eivas, propoño incluír na política de toponimia un apartado específico de comarcas co seguinte:

  1. Para todas aquelas comarcas nas que o DRAG nos permita deducir o nome da comarca, tomarase o DRAG como fonte.
  2. Para o resto (Ortegal, Terras varias) haberá que decidirse por unha fonte, neste caso a min a que me parece adecuada é o Decreto 65/1997 do 20 de febreiro.

En función do que se decida habería que cambiar os modelos de Comarcas de Galicia e os títulos afectados. En principio abro debate, porque pode haber outras solucións, pero máis adiante abro votación se resulta necesaria.

Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 4 de setembro de 2019 ás 22:04 (UTC)[responder]

Referencias

  1. "Decreto do DOG nº 63 do 03/04/1997 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-09-04. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Barcalés.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Dezao.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xallao.
Ao non coincidir o decreto que establece as comarcas coas definicións do DRAG nalgunhas comarcas creo que o que cómpre é unha consulta á RAG. Pero establecer a toponimia de Galicia por votación non me parece acaído: hai que ter claro que lle "Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente" Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Os topónimos teñen a forma oficial en galego pero esa forma non a establece a RAG, aínda que a Xunta adoita seguir o seu criterio .--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 08:05 (UTC)[responder]
É dicir que coa lei na man a fonte que vale é a lexislación da Xunta, outra cousa é que decidamos non seguila pero sería un precedente que baixo o meu criterio non sería recomendable.--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 08:18 (UTC)[responder]
Unha nota, é posible que haxa algunha rectificación de erros posterior xa que a disposición inclúe texto en castelán: "comprende los ayuntamientos de".--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 08:45 (UTC)[responder]
Na base de datos Aranzadi indica que o decreto é lexislación consolidada. Pero certamente, localicei unha corrección de erros [1]
Na páxina 3.007, columna da dereita, no apartado referente ás comarcas da provincia da Coruña, onde di: «A BARBANZA», debe dicir: «BARBANZA»; onde di: «BARCALA», debe dicir: «A BARCALA» e onde di: «O EUME», debe dicir: «EUME». Na páxina 3.008, columna da esquerda, no apartado referente ás comarcas da provincia de Ourense, na comarca de ALLARIZ-MACEDA, onde di: «... Xunqueira de Espadanedo.», debe dicir: «... Xunqueira de Espadañedo.» e onde di «A BAIXA LIMIA», debe dicir: «BAIXA LIMIA»

.Quedan así:

A Barbanza>Barbanza
Barcala> A Barcala
O Eume> Eume
Xunqueira de Espadanedo> Xunqueira de Espadañedo
A Baixa Limia> Baixa Limia

Referencias

  1. "Corrección do DOG nº 71 do 15/04/1997 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-09-05. 
.--Maria zaos (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 11:36 (UTC)[responder]
Esa corrección de erros é moi importante, xa que é a que establece esas formas como as correctas, e polo tanto as oficiais, no caso das comarcas; para o caso do concello é no nomenclátor onde se establecen as formas oficiais, e todo o que non coincida con iso é sempre erro.--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 12:03 (UTC)[responder]
Pero como poñen Xunqueira de Espadañedo se é Xunqueira de Espadanedo? Iso non me ten senso... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 14:33 (UTC)[responder]
No caso do concello para a forma oficial non ten influencia xa que está se recolle no seu propio decreto[1], e o que non coincida é sempre erro, aínda que sexa nunha corrección de erros doutro decreto. Agora ben, no caso das comarcas non están no nomenclátor e o único xeito de coñecer o seu nome oficial é no decreto de creación, e nas súas correccións, (ou claro, nun decreto posterior onde se mude o nome dalgunha comarca) se as correccións están erradas nós non o podemos saber se non hai unha nova corrección, en caso de dúbida o único que quedaría facer sería consultar á propia Xunta.--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2019 ás 17:52 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Nova Fonte: Oza-cesuras pertence á comarca de Betanzos pero Cerdedo - Cotobade semella conservar as dúas : Cerdedo  en Terra de Montes e Cotobade na de Pontevedra segundo o mapa comarcal de Agader.[1] A devandita "Xunqueira de Espadañedo" aparece nestes mapas como "Xunqueira de Espadanedo", pero como diciamos antes, referíndose ao concello.[2]. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de setembro de 2019 ás 06:39 (UTC)[responder]

Referencias

  1. "Conoce las Comarcas de Galicia". AGADER (en castelán). Consultado o 2019-09-09. 
    "Conoce las Comarcas de Galicia". AGADER. Consultado o 2019-09-09. 
  2. "Allariz - Maceda". AGADER (en castelán). Consultado o 2019-09-09. 
    "Allariz - Maceda". AGADER. Consultado o 2019-09-09. 

Ferramenta tradución en artigos que xa existen editar

Non se podería solicitar a Meta ou a quen corresponda que non se poida utilizar a ferramenta de tradución en artigos que xa existen. Paréceme mal que de súpeto alguén que nin sequera tivo que ler o artigo elimine todo o traballo feito.--HacheDous=0 (conversa) 31 de marzo de 2020 ás 16:58 (UTC)[responder]

@HacheDous=0: Si, poden aplicarse limitacións usando o filtro de abusos (aínda que tería que investigar un pouco como aplicalas). Isto está sacado dunha conversa sobre a ferramenta en mediawiki:
  • Unmodified contents. Publishing is prevented when the initial machine translation is not edited enough based in certain limits. If your translation does not consist mostly (99% or more) of just machine translation or have more than 50 paragraphs with more than 85% of unmodified contents, you should be able to publish. For some languages such as Indonesian, Telugu and Assamese, the threshold for the overall translation has been adjusted to 70% instead of 99%.
  • Community edit filters. Each community can define a set of automatic edit filters. These apply to all contents created on that specific wiki, including those created with Content Translation. These filters are based on rules defined by editors of a particular Wikipedia. They are defined to prevent vandalism, but they may result in some false positives and prevent valid contributions by accident. You can report issues with edit filters in the corresponding discussion forums of the community. Similarly, if your user is blocked for creating new articles, you won't be allowed to do so either using Content Translation.
  • Additional community limitations. Some communities like English Wikipedia have limited the publication of articles with Content translation to those users with more than 500 edits on English Wikipedia. You can find more details about this restriction and some alternatives you can consider.
Por exemplo na wiki inglesa limitaron o acceso a ferramenta para que só os usuarios "confirmados estendidos" (con conta de +30 días e +500 edicións feitas) poidan utilizala, e ademais solicitaron eliminar a integración da ferramenta co tradutor automático. Sería cuestión de acadar un consenso de se se quere limitar o uso da ferramenta, que condicións se aplicarían para esta limitación, e unha vez acadado un acordo revisar no filtro de abusos como se pode implementar. Banjo tell me 31 de marzo de 2020 ás 17:16 (UTC)[responder]
   Moi a favor de impedir o uso da ferramenta do tradutor automático aos editores noveis. --. HombreDHojalata.conversa 2 de abril de 2020 ás 09:26 (UTC)[responder]
Ola. Entendo que se está a falar de dous temas diferentes. Coido que o que formulaba @HacheDous=0: era que non se permitira o uso cando xa existía un artigo previo; de tal xeito, que se un usuario novel emprega a ferramenta, pode eliminar contido existente ao non saber, quizais, incorporalo. Eu, niso, tamén estaría de acordo. E,por outra banda, a opinión de . HombreDHojalata., entendo que sería impedir, en tódolos casos, a ferramenta aos usuarios noveis. Nese caso, eu non estaría de acordo. Certo é que ocasionan traballo engadido e problemas pero penso que é importante que se lancen a facelo e despois a comunidade que os vaia educando e levando polo rego. Sen ir máis lonxe, como me pasou a min. E estou a ver que tamén outros usuarios, e sobre todo usuarias, que chegaron recentemente, están a mellorar moitísimo nas súas edicións. Penso que paga a pena, asumir ese plus de traballo e, en troques, incrementar o número de editores e editoras. Outra cuestión sería, se é posible separa, tecnicamente, eses dous usos.Un sáúdo.--MAGHOI (conversa) 2 de abril de 2020 ás 18:43 (UTC)[responder]
@MAGHOI: Non o revisei polo miúdo, pero en teoría co filtro de abusos debería ser posible definir as cousas por separado, ben limitar o uso da ferramenta a usuarios novos, ben limitar que coa ferramenta se fagan cambios que eliminen máis de X cantidade contido preexistente. Se se chega a un acordo para aplicar algunha medida concreta revisarei máis detenidamente o necesario para implementala. Banjo tell me 2 de abril de 2020 ás 18:52 (UTC)[responder]
Eu non estou en contra que usuarios novos empreguen a ferramenta, se a tradución presenta numerosos erros pódese borrar se ningún outro usuario a corrixe. Pero si que se empregue en artigos que xa teñen unha extensión mínima ou nos que participaron xa un bo número de usuarios.--HacheDous=0 (conversa) 2 de abril de 2020 ás 19:01 (UTC)[responder]
Tes parte de razón, Maghoi, pero ten en conta que cando na wikipedia inglesa tomaron esa medida foi porque se acumulaban tal cantidade de artigos traducidos así sen revisar con problemas que non pagaba a pena. Eran tantos que non daba tempo de arranxalos nun tempo prudencial e acumulábanse dando unha imaxe de pouca calidade do proxecto. E nós non temos tantas posibilidades de facer arranxos e revisións coma na wikipedia inglesa. Eu non teño unha opinión clara ao respecto, pero en xeral falo negativamente das traducións automáticas sen revisar. Teño dito que en bioloxía molecular, por exemplo, as traducións automáticas son case inútiles e dá máis traballo a revisión (aínda que o faga o propio autor desa tradución automática) que traducilas "á man" frase por frase.--Miguelferig (conversa) 2 de abril de 2020 ás 19:05 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────A miña opinión, que baseo no pouco ou moito que coñezo este proxecto, é que a realidade aseméllase máis ao que acaba de expresar Miguel que ao que dixo Maghoi. Ou dito doutro xeito, para min, son moito maiores os prexuízos que causa o tradutor automático en mans dos editores noveis que os beneficios. A idea de que os demais usuarios revisamos e corriximos tódalas traducións automáticas (e tamén a idea de que se borran as non revisadas) non se corresponde coa realidade, é unha utopía. --. HombreDHojalata.conversa 2 de abril de 2020 ás 22:43 (UTC)[responder]

  Discordo absolutamente con negar o acceso a fermentas a editoras novas,   Concordo 100% con MAGHOI e non comparto en absoluto o argumento de Miguelferig, polo simple feito de que aquí non entra un volume de xente tan grande a editar como na Wikipedia en lingua inglesa (que teima temos de compararnos con quen non nos podemos comparar, cunha realidade radicalmente distinta á nosa, por certo), en todo caso eu son contrario a poñer a venda antes da ferida, se finalmente se ve que esta ferramenta (aplicada coa limitación a artigos novos) xera un traballo extra inasumible pola comunidade e que as editoras novas non mostran interese en mellorar e facer da ferramenta algo útil, sempre se está a tempo de dar marcha atrás, pero curtalo de entrada creo que non é unha opción. Creo que na situación na que se encontra a Galipedia actualmente o que interesa de verdade é que se incorpore xente e que a que se incorpore se manteña, porque eu teño demasiadas veces a impresión de ver os mesmos matro ou cinco nomes sempre que miro a páxina de "cambios recentes", e non hai nada peor que iso para este proxecto. Un saúdo, Piquito (conversa) 2 de abril de 2020 ás 23:13 (UTC)[responder]

Volvendo a un tema pasado editar

Ola a todas! Veño de pechar dúas votacións para artigos destacados que foron elixidos para saír na portada (sección "Artigo destacado") os meses de novembro de decembro deste ano, o que significa que xa temos artigos suficientes para esa sección o resto do ano, e aquí vén a proposta: o que quero debatir (e se é preciso votar) é a eliminación das votacións para artigos destacados para esta sección da portada, pasando a elaborar entre toda a comunidade unha listaxe que ordene os artigos "bos" e "de calidade" para que varan aparecendo na portada de xeito automático como xa se está a facer coa "imaxe do día". Tamén propoño que esta sección cambie con maior frecuencia, apareciendo un artigo destacado distinto na portada cada semana e non cada mes como viña pasando ata agora.

Actualmente na Galipedia temos 200 artigos de calidade e 80 artigos bos, dos cales 22 artigos de calidade (23 se contamos o do Campionato de Europa de hóckey a patíns que se celebrou na Coruña) e 17 bos son relacionados con Galicia, polo que non entrarían nesta lista ao pertencer á outra sección (o que provocaría dous artigos sobre Galicia na portada de xeito simultáneo). Temos en torno a 240 artigos para destacar na portada nestas dúas seccións excluíndo os relacionados con Galicia, o que nos daría moita marxe para ir ampliando a lista (de feito agora mesmo temos artigos para cubrir máis de catro anos poñendo un artigo distinto por semana).

Que vantaxes ten isto? A primeira é que suprimimos unha votación, o que nos pode permitir centrarnos máis na escolla de artigos de calidade e bos. Por outra banda, isto pode obrigarnos a manter actualizados os artigos de calidade (algo que non sempre pasa, pero que está ben manter). De cara á xente que visita a Galipedia, dá boa imaxe que os contidos da portada sexan artigos de calidade.

Excepcións por posibles acontecementos. Sempre pode pasar que a actualidade poida alterar a orde da listaxe e a posibilidade de incluír como destacado na portada un artigo que non estea en ningunha desas dúas categorías, nese caso podería realizarse unha votación rápida na taberna, poñer o artigo de actualidade (sempre e cando teña un nivel mínimo, se é un bosquexo obviamente non) e na seguinte semana proseguir coa listaxe.

Aniversarios e conmemoración. Este sistema nos pode dar a posibilidade de poñer un artigo coincidindo cunha data relacionada co mesmo. Eu non concordo con esta opción porque penso que pode chegar a darnos problemas de organización e o que pretendo con isto é simplificar e non liar máis todo, pero todas as opcións son debatibles, por suposto.

Repetición de artigos. Evidentemente con este sistema se repetirían periodicamente artigos que xa saíron na portada (aínda que cada vez tardarán máis tempo en repetirse. Para min non é un problema, xa que os artigos evolucionan e moitas das persoas que entran na Galipedia non saben que eses artigos xa saíron na portada.

Este sería o paso previo a eliminar tamén as votacións para os artigos destacados sobre Galicia, aplicando sobre esta sección o mesmo procedemento que na dos artigos destacados, aparecendo así en ambas só os artigos bos e de calidade. Pero esta parte xa se debaterá cando teñamos un número amplo de artigos destas categorías.

Creo que non se me queda nada, espero ter explicado ben a miña idea, e se non estarei encantado de aclarar o que a comunidade demande. Un saúdo, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:22 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Grazas pola sosa participación, Agremon, Xabier Cid, MAGHOI, Alfonso, Sobreira e Servando2, logo de tres meses de realizar a proposta e case dous meses dende a última achega ao debate dou por concluído o mesmo. Agradézovos a vosa participación, como entendía que era un tema importante encargueime eu mesmo de deixar unha mensaxe nas conversas das usuarias que vía máis activas (pode que se me quedara algunha, claro), foron moitas as persoas ás que avisei coa intención de que houbera unha alta participación e un consenso sobre como proceder e/ou ideas distintas. Considero que, se ben as valoro as vosas opinións, non creo que seis comentarios nun fío que leva aberto tres meses sexa suficiente como para emprender unha mudanza desta categoría que, por outra banda, para min supón un esforzo enorme ao ter que consultar e aprender moitísimas cousas para poder materializalo. Xa que logo, pola miña banda, retiro a proposta, se algunha de vos o considera pode apropiarse total ou parcialmente da idea e continuar coa proposta ou presentala de novo noutro momento, pero eu xa non teño ánimo para continuar con este asunto, a pesar de que considero que sería altamente positivo para a Galipedia. Un saúdo e grazas a todas, Piquito (conversa) 2 de xullo de 2020 ás 15:07 (UTC)[responder]

Afondando, mais non demasiado, na cuestión, observo que en bastantes ocasións levamos a cabo un debate, moitas ou poucas persoas, e ao final non se decide nada e isto, é normal, leva cada vez máis a un certo pasotismo. Eu asumo a miña parte de responsabilidade porque non coñezo o suficiente todo o proceso para sermos algo máis áxiles. Por outra banda, tampouco é que sexamos moitos polo que tamén córrese o risco de que todo se decida por catro amigos, coma nunha seita. O certo, é que non chego a ver onde está o punto óptimo pero si que entendo a Piquito. Sería posible que neste tipo de cuestións se marcara un tempo determinado e se procedera á unha votación para resolvelo? Quizais os administradores poderíanos dar algo máis de luz? Un saúdo.MAGHOI (conversa) 2 de xullo de 2020 ás 18:14 (UTC)[responder]
MAGHOI, tes razón, discútense moitas cousas sen chegar a nada, pero tampouco creo que sexa cuestión de pasotismo senón máis ben unha cuestión de interese, e na miña opinión este tema simplemente non interesa. A min resúltame incrible que non interese alixeirar votacións para tentar ser máis eficientes, pero é así e é respectable. Non creo que as administradoras poidan darnos luz porque non poden facer que un tema interese á comunidade, e menos cando non lles interesa nin a elas mesmas como foi o caso (tan só unha de sete manifestou a súa opinión). Tampouco creo que haxa que fustigarse por sentirse responsable de nada, cada quen participa no que lle interesa, se non hai xente para opinar nas propostas, votar un artigo de calidade, sobre Galicia, bo... non é máis que unha consecuencia da falta de usuarias, algo que ameaza o futuro do proxecto, quizais a cuestión é traballar nesa dirección (xa falei disto a principios de ano noutra sección), xerar contido en redes sociais, crear eventos presenciais, clubs de editoras... que sei eu, en todo caso a min non me corresponde iso. Grazas pola túa resposta, a túa reflexión e interese. Piquito (conversa) 2 de xullo de 2020 ás 19:30 (UTC)[responder]

Modelo “Este usuariO... “ editar

Acabo de inscribirme no Proxecto Wikimulleres (aínda que en realidade levo traballando neste tema desde que empecei a editar na Wikipedia, non me dera de alta ata agora). O caso é que quería poñer na miña páxina de usuaria o modelo de participación no Wikiproxecto e me atopo que está en masculino: “Este usuario participa no Wikiproxecto mulleres”. Se estamos traballando para rachar co nesgo de xénero na wikipedia, creo que sería interesante visibilizar as mulleres que estamos editando. Xa que é posible cambiar o nome UsuariO por UsuariA, quero propoñer que nestes modelos se poda elexir entre “Este usuario...” ou “Esta usuaria..”. Se non se quere duplicar o modelo, caben outras posibilidades como “Esta persoa”, “Wikipedista participante en...” ou algunha opción similar que utilice unha linguaxe inclusiva.--CoroRP (conversa) 30 de novembro de 2020 ás 20:24 (UTC)[responder]

@CoroRP: Os modelos, ao igual ca os artigos, tamén poden modificarse. Síntente libre para corrixir Modelo:Usuario Wikiproxecto Mulleres e os que consideres oportuno :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de novembro de 2020 ás 21:07 (UTC)[responder]

}}

@Estevoaei:Xenial, non o sabía... Quédame moito por aprender ;-) Grazas e un saúdo!--CoroRP (conversa) 30 de novembro de 2020 ás 21:14 (UTC)[responder]
  Feito! grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 30 de novembro de 2020 ás 21:17 (UTC)[responder]
@CoroRP:, ao ler a proposta pensei que por defecto nos modelos podemos ser wikipedista no lugar de usuario. Lles (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 10:53 (UTC)[responder]

Fantástico que podamos ter os modelos en feminino, a min o de wikipedista gústame menos. Pero estaría ben que apareceran xa feitos os dous modelos, en masculino e en feminino, para elixir cada quen o que desexe, mellor que ofrecer o modelo so en masculino con opción de cambio, non?, que vos parece? --AmeliaVR2019 (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 12:19 (UTC)[responder]

A min paréceme perfecta a proposta de @AmeliaVR2019:. Non entendo nada de modelos pero paréceme que non sería moito problema dar as dúas opcións, non si?. Sobre todo para aquelas mulleres que, como me pasaba a min, non saben que existe a posibilidade de cambiar o modelo. E aproveito para preguntar se non existe un modelo para indicar a colaboración no Wikiproxecto feminismo. Grazas pola vosa paciencia para atender estas cuestións que ao mellor xa están máis que faladas en outros tempos.--CoroRP (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 13:18 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Bo día,CoroRP, AmeliaVR2019 , Lles, perdón pola demora, ando a revisar cousas pendentes. Se ben é certo o que indicou @Estevoaei: de que os modelos son editables, hai que puntualizar varias cousas.

A nivel técnico
para que un modelo funcione nunha das páxinas principais debe ser editado previamente no espazo de nomes Modelo, ou sexa na súa páxina. Nesa páxina adoita haber unhas subpáxinas indicando como se usa ou unha subpáxina de documentación que cómpre consultar de entrada. Como os modelos son utilizados en moitas páxinas e a súa edición xera un montón de cambios automáticos en Galipedia, xa está indicado nun aviso no modelo que as modificacións deben facerse previamente nunha supáxina de probas para comprobar que logo das modificacións o modelo funciona correctamente e non xerou cambios inesperados. En este sentido a min sempre me axudou @Elisardojm: e me consta que tanto @Banjo: coma @HombreDHojalata: teñen amplos coñecementos e neste tema poden axudarvosscomo xa se viu arriba.
A nivel formal
hai distintos tipos de modelos. Hai modelos que mostran datos que son só locais (é dicir datos só presentes na Galipedia) e outros que ademais permiten traer datos dende Wikidata se existen. Hai modelos que teñen como función axilizar a comunicación coas persoas na Galipedia, outros que axudan á navegación dentro do espazo de nomes principal (Artigos), outros que avisan doutras escritas ou de contidos de saúde no corpo do artigo, outros que explicitan o cumprimento de políticas como odas traducións dende outra wiki ou o as biografías de persoas vivas, outros que avisan de tarefas pendentes etc.
A nivel comunidade
por exemplo, os modelos de parroquias e os de lugares seguen a fonte establecida pola política de Toponimia. Os modelos das mensaxes de comunicación convén que vaian acorde ás políticas e consensos da comunidade, polo que é recomendable abrir unha consulta na conversa do Modelo ou na Taberna se o cambio previsto é moi significativo ou potencialmente controvertido. En canto ós modelos para ser usados nas páxinas de usuario, están regulados nesta política e tamén se mencionan nesta outra. Revisando nos arquivos da Taberna, penso que non tiveron maiores modificacións, segundo vexo aquí.

Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 15:56 (UTC)[responder]